Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense perde 100000 habitantes en 30 anos
A sangría poboacional en Ourense parece non ter fin. De feito, segundo os datos oficiais que onte fixo públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE) no seu censo poboacional, é unha das catro provincias españolas que perderon poboación na última década. Nese período de tempo, Ourense pasou de ter 338.000 a 328.000 habitantes, o que supón un descenso do 2,9 %. Tan só, Zamora perdeu nese mesmo período máis habitantes que a provincia ourensá. Trátase dunha evolución que non ten freo, xa que o informe estatístico que lanza cada dez anos o INE permite observar que a perda de poboación foi maior en décadas anteriores. Así, en 1991, Ourense tiña 353.000 habitantes e en 1981 430.000, o que supón ata cen mil máis que a finais do 2011.

A segunda conclusión que se extrae do estudo do INE é que Ourense é a provincia española que ten a poboación máis envellecida. De acordo cos datos oficiais, a medida de idade na provincia sitúase nos 49 anos. Sitúase catro anos por encima da media galega.

De feito, unha análise da poboación por grupos de idade mostra que o maior peso relativo de poboación atópase na franxa de idade entre os 40 e os 64 anos, á vez que se reduce nos mozos.

Dos 328.000 habitantes que ten Ourense censados, un total de 15.000 son estranxeiros. Segundo reflexa o INE, non se atopa entre as provincias nin municipios que teñan un incremento maior de poboación inmigrante, coma se sucedeu noutras zonas de España coa chegada de 3,5 millóns de estranxeiros nos últimos dez anos.

As previsións de futuro non son máis halagüeñas, xa que o INE vaticina que a provincia ourensá perderá máis de 22.000 habitantes nos próximos dez anos. De ser así confirmaríase a tendencia das últimas décadas.

Ourense é a provincia española coa poboación máis envellecida.

Julián Rey Pérez 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-12-2012 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Desenvolven un formigón biolóxico para construír fachadas

O Grupo de Tecnoloxía de Estruturas da Universidade Politécnica de Catalunya desenvolveu e patentou un tipo de formigón biolóxico, con capacidade para que crezan organismos pigmentados de xeito natural e acelerada. O material, que está ideado para fachadas de edificios ou outras construcións en climas mediterráneos, ofrece vantaxes ambientais, térmicas e ornamentais respecto a outras solucións de construción similares.

Os investigadores estudan o novo tipo de formigón biolóxico a partir de dous materiais a base de cemento. O primeiro deles é o formigón convencional carbonatado (baseado en cemento Portland), co cal obteñen un material dun pH do ámbito de 8. O segundo material está fabricado cun cemento de fosfato de magnesio (MPC, Magnesium-Phosphate Cement), conglomerante hidráulico que non require ningún tratamento para reducir o pH, posto que este é lixeiramente ácido.

O cemento de fosfato de magnesio utilizouse anteriormente como material de reparación pola súa propiedade de rápido fraguado. Ademais, tamén se empregou como biocemento no ámbito da medicina e a odontoloxía, o cal indica que non ten un impacto ambiental adicional. A innovación deste novidoso formigón (multicapa vertical) é que se comporta como un soporte biolóxico natural para o crecemento e desenvolvemento de determinados organismos biolóxicos, concretamente certas familias de microalgas, fungos, líquenes e mofos.

Unha vez patentada a idea, o equipo investiga o mellor xeito para favorecer o crecemento acelerado deste tipo de organismos no formigón. O obxectivo da investigación é conseguir acelerar o proceso natural de colonización, obtendo un aspecto atractivo en non máis dun ano. A idea é tamén que as fachadas construídas co novo material mostren unha evolución temporal mediante cambios de coloración en función da época do ano, así como das familias de organismos predominantes. Neste tipo de construción, evítase a aparición doutros tipos de vexetación para impedir que as súas raíces boten a perder o elemento construtivo.

Alba Salgado Parente 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-12-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Un inédito de Paz Andrade narra as súas viaxes a América

Nos anos 1954 e 1955 Valentín Paz Andrade viaxou por América e foi deixando testemuño das impresións daquel itinerario con paradas en Arxentina, México, Chile, Colombia, Brasil ou Estados Unidos. Os diarios permaneceron no arquivo e foron descubertos pola historiadora Emilia García López e no vindeiro mes será publicados por Alvarellos Editora.
A noticia sobre os textos inéditos das viaxes, que se publicarán baixo o título Diarios de viaje, deuse a coñecer no congreso sobre Paz Andrade que celebra a Real Academia Galega en Pontevedra.
O volume que reunirá os trinta textos inéditos do homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas incluirán fotografías e documentación destas viaxes por América e proceden do arquivo da súa viúva, Pilar Rodríguez Prada.
No congreso pontevedrés o historiador Xusto Beramendi abordou onte o papel de Paz Andrade no nacionalismo galego de entreguerras, comezando pola súa implicación nas Irmandades da Fala cando era estudante de Dereito en Santiago (1916-1918), ata o inicio da Guerra Civil en 1936.
O profesor subliñou a aportación do pontevedrés «como un afán de modernización de Galicia en todos os aspectos, económicos, políticos e culturais». Beramendi afondou no papel de Paz Andrade na construción do nacionalismo galego, a través da súa etapa estudantil, a posta en marcha do diario Galicia e a formación do Grupo Autonomista Galego, «que apostaba por unha república democrática» e logo coa fundación do Partido Galeguista.
Indicou que entre 1932 e 1933 hai un «afastamento gradual da primeira liña do nacionalismo» ata que en 1936 se sae do partido. «Sorprende que unha das persoas que máis contribuíu á consolidación dun nacionalismo democrático se aparte». Beramendi cre que na decisión tivo que ver o atentado anarquista que sufriu Andrade «e que fixo que el non vira claro que o Partido Galeguista tivese que ir coa esquerda». O catedrático tamén resaltou que este ano dedicado a Andrade contribuíu a restaurar a súa figura, «porque dentro do santoral do galeguismo era unha persoa que estaba escurecida, se cadra por esa moderación, por ese episodio do ano 36, no que rompe con Castelao, non porque se pelexasen, porque mantiveron o afecto mutuo e aí está o libro que Paz escribiría sobre Castelao».


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Falecen 27 persoas, 20 delas nenos, nun tiroteo nun colexio
A policía de Connecticut (EE UU) confirmou que o 14 de Decembro o tiroteo nunha escola primaria en Newtown deixou un saldo de 27 mortos, entre eles 20 nenos, e un adicional nunha "escena secundaria".
Durante unha conferencia de prensa, o tenente da policía de Connecticut, Paul Vance, dixo que en total morreron 18 nenos no colexio así como seis adultos e o autor do tiroteo. Outros dous pequenos faleceron ao chegar ao hospital e outro adulto nun sitio non identificado.

Vance indicou que, ao tratarse de "unha activa investigación en curso", non pode dar máis detalles sobre os mortos nin como nin por que ocorreu a masacre na escola primaria Sandy Hook. "Non é unha escena simple", observou Vance, ao detallar as medidas tomadas polas autoridades policiais para evacuar aos alumnos e resgardar o colexio e a escena do crime, localizada "nunha sección do colexio, dúas aulas".

Os corpos de seguridade recibiron o aviso do tiroteo pouco logo de empezar as clases, sobre as 09.40 da mañá hora local (14.40 GMT), polo que varias unidades trasladáronse ao lugar. Varios dos alumnos da escola Sandy Hook foron escoltados fóra das instalacións educativas polos seus profesores entre berros e saloucos. Algúns medios comentan que houbo varias decenas de disparos e que a maioría foron nas aulas de infantil.

Sara Álvarez González
2º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Música con Risco
O primeiro ciclo de Música con Risco, creada pola Fundación Vicente Risco de Allariz, vive este fin de semana a súa segunda sesión con dobre oferta: Primordiais e Xoán Curiel.
O cantante e percusionista Marcelo González e o arpista Luís Martíns, creadores de Primordiais, ofrecerán ao público que acuda ao salón da Torre Lombarda de Allariz, a posibilidade de recuperar o estilo fresco, directo e animada música tradicional que non coñece escenarios pero sabe de rúas, prazas, de calquera lugar no que espontaneamente apeteza reivindicar a propia identidade e a riqueza que gardan os pobos no seu folclore.
A súa actuación comeza ás 20h30, pero á media noite comeza a actuación neste ciclo musical no Roi Xordo , o cantante Xoán Curiel. El é un excelente representante do galego chamado pop étnico, cunha extraordinaria mestura de sons que beben de estilos tan diversos como o jazz ou regae.


Magdalena Sepa Vázquez 2ºA Bach

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Besteiro dará "un paso á fronte" para liderar o PSdeG "cando chegue o momento" de decidir
O presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do PSDEG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este sábado --ante un foro convocado para que os militantes dean a súa opinión sobre o futuro do partido-- que, "cando chegue o momento" para "decidir e comprometerse", dará "un paso á fronte".
"Vou comprometerme", desta forma pechou o seu discurso Gómez Besteiro nun acto celebrado baixo o lema 'Partido Aberto, Goberno Aberto', nun auditorio da Facultade de Veterinaria en Lugo case cheo, no que o secretario provincial dos socialistas lucenses chamou á rexeneración do partido, ó que emprazou a "baixar da cadeira e subir á rúa".
Nun acto sen precedentes no partido, sin respaldo do seu regulamento, Besteiro iniciou o debate previo ás opinións dos militantes socialistas cun ideario baseado en "un galeguismo integrador como sinal de identidade", abrir as sedes á militancia, reformas do papel das deputacións e concellos, e coa máxima de "un militante, un voto" para elixir o secretario xeral do PSdeG.
Todo iso, co fin de "volver mobilizar" á cidadanía, segundo resaltou, e "recuperar a súa confianza" para que o PSdeG sexa "partido de goberno". O presidente da Deputación de Lugo presentará "propostas novidosas" á militancia. Con propostas tanto de tipo orgánico como político, Besteiro realizará un discurso enfocado cara aos "cambios" e, a continuación, cederá a palabra a todos aqueles compañeiros de filas que queiran formular as súas propias ideas.
Trátase, como explicaron as mesmas fontes, de "escoitar o que teñan que dicir" as bases ao obxecto de "construír entre todos" a "nova etapa" que se debe abrir no PSdeG, tendo a militancia como punto de referencia. "Trátase de dar voz no partido aos que non a teñen, de darlles importancia", destacan.
E é que este tipo de acto, sen precedentes no partido nin respaldo do seu regulamento, ten como obxectivo cumprir o acordo tomado no último comité provincial sobre que Lugo chegase ao conclave socialista do próximo ano con "ideas claras e decididas entre todos".

FUTURO DE BESTEIRO

De tódolos xeitos, esta cita é o primeiro acto público en clave orgánica que protagoniza Besteiro despois de que transcendese que está a manter reunións con distintos cargos do partido, aos que sondaría para medir as opcións coas que contaría se se decide a lanzar a súa candidatura para relevar a Pachi Vázquez á fronte do PSdeG.
De feito, a súa convocatoria chamou a atención de sectores socialistas, que non descartaron a Europa Press que puidese ser a "plataforma" dende a cal anuncie a súa intención de saltar á area autonómica en función da acollida que perciba.
Tampouco falta quen interprete que podería utilizar este foro para "calibrar" o respaldo que mantén entre a militancia lucense apenas medio ano despois de ser elixido líder provincial por aclamación.
En todo caso, considerarían "unha falta de respecto" que utilice os resortes á súa disposición polo seu cargo no partido para avanzar un paso que, quizais, tamén outros afiliados lucenses poidan estar a barallar dar.
Podería ser o caso do exministro José Blanco, quen xa avanzou que achegaría "ideas" para configurar "un proxecto alternativo, motivador, aglutinador e transformador de Galicia" unha vez convóquese o congreso no que se relevará á actual cúpula do PSdeG.

"PARTIDO ABERTO, GOBERNO ABERTO"

Sexa como sexa, á cita, que se celebrará na Facultade de Veterinaria dende as 10.45 horas, están convocados os, aproximadamente, 2.400 militantes socialistas da provincia e todos eles poderán "pedir a palabra" para expresar a súa opinión.
O propio Besteiro definiuna como "unha forma distinta de traballar", coa vista posta en lograr "o reencontro coa militancia" como "paso previo" para "o reencontro coa sociedade".
Xunto con este foro, e dadas as dificultades que poidan ter os afiliados de distintos puntos da provincia para acudir, a dirección provincial puxo esta semana á súa disposición un correo electrónico para "enviar comentarios e ideas por escrito".
Esta iniciativa tivo "grande acollida e participación", segundo sinalou o partido nun comunicado de prensa, no que resalta que chegaron "decenas de correos electrónicos de militantes e simpatizantes con ideas e propostas interesantes".
Tamén destacou o envío de "felicitacións" pola celebración deste acto con toda a militancia "dende outras provincias galegas", ademais de "cartas especiais" dalgúns dos afiliados con máis antig~idade e outras dende "fóra de Galicia e de España", como un afiliado que escribe dende Bos Aires.


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Un estudo científico revela unha menor intelixencia nos amantes do reggaetón.
Cantantes de reggaetón durante unha actuación.
Un recente estudo efectuado polo departamento de psicoloxía da universidade de Bamako, Mali, revela que as persoas ás que lles gusta o reggaeton son, en promedio, un vinte por cento menos intelixentes que aquelas que se declaran amantes doutros xéneros, como a música clásica ou o Rock.
Cinco mil personas foron entrevistadas durante o transcurso do citado estudo, no que foron sometidas a baterías de preguntas que determinasen o seu coeficiente intelectual, ás que se engadiron dúas últimas, a primeira referente a todo o relativo cos gustos musicais e a derradeira, con cuestións de carácter social. Ao seren analizados e cotexados os resultados do total das mesmas, chegouse á conclusión de que os amantes do rock e a música clásica posúen personalidades moito máis receptivas co seu ambiente, así coma unha maior capacidade crítica, non así os “reggaetoneiros”, os cales deron conta dunha maior simplicidade intelectual, canto menos no papel.
Ante o debate suscitado en gran parte de Latinoamérica, cuna do reggaetón e lugar onde acada un maior número de afecionados, numerosos rostros coñecidos do mundo do reggaetón apresuráronse a confirmar que o estudo non é concluínte, posto que deben ser tidos en conta outros factores como a realidade económica e cultural. A pesar de todo, a polémica está servida, algo por outra parte habitual nun xénero mundialmente criticado pola falta de criterio artístico á hora da elaboración de letras e melodías, á par que polo vexatorio trato que recibe a muller en cancións e videoclips, de explícito contido sexual.
Aida González Vázquez, 2º B
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Jesús Vázquez valora acudir ao Supremo para intentar salvar o seu 'tocado' plurilingüismo
A Xunta activa o seu dereito de presentar recurso polos fallos e Queremos Galego critica que "menten dicindo que o TSXG lles dá a razón", mentres "recoñecen que non é así ao recorrer" ao TS. A Xunta de Galicia xa anunciou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o pasado día 7, o seu dereito a recorrer as sentenzas sobre o decreto do plurilingüismo comunicadas dez días antes. O Executivo galego asegura que o recurso de casación "non se presentou" aínda e que se tratou dunha acción "preventiva" ante o vencemento do prazo e á espera de recibir o resto de fallos. O Executivo galego busca desmentir, así, a información emitida pola plataforma Queremos Galego, que nun comunicado asegura recibir unha notificación de que a Xunta xa presentou un recurso de casación contra a sentenza do TSXG, que anula parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo. "Mentres o conselleiro e o presidente da Xunta menten dicindo que o TSXG les dá a razón, recoñecen que non é así ao recorrer ao Supremo, sinala o seu voceiro, Carlos Callón, nun comunicado, no que ironizou que Vázquez Abad acuda ao TS mentres se dedica a "presumir" de que o tribunal galego ratifica "a validez total" do decreto do plurilingüismo. Pola súa banda, fontes do departamento autonómico de Educación negaron a Europa Press que se producira tal acción, senón que se trata dunha medida preventiva ante o vencemento do prazo. "De modo preventivo, a Xunta, ante o vencemento de prazo o pasado día 7, anunciou ao TSXG o seu dereito a recorrer as sentenzas comunicadas dez días antes e á espera de recibir o resto dos fallos. Esta é a información que vén de recibir Queremos Galego, non a notificación de que estea presentado un recurso de casación, posto que non se presentou e posto que tal iniciativa aínda non depende da vontade da Xunta, senón da decisión que, ao respecto de admitila ou non, adopte ou Supremo", sinalan a Europa Press. Neste sentido "e para saberse se o TS admite ou non o anuncio da Xunta", aínda "ten que transcorrer un prazo legal". "Non hai pois presentación de recurso ningún", conclúe.

Isabel Fernández
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
O ourensán 'Chisco' Fernández Naval novela en 'A noite branca' a participación galega na División Azul

O escritor natural de Ourense Francisco Fernández Naval presentou a súa última novela titulada 'A noite branca' como o proxecto literario máis importante da súa vida a pesar de que nunca se lle ocorreu que escribiría sobre unha guerra. "Todo cambiou cando atopei nunha caixa de marmeleiro a foto dunha muller que comezou a falar comigo cada noite, sentada na miña cama", sinalou.
O autor de novelas, poesía, literatura xuvenil, teatro e guións de televisión 'Chisco' Fernández Naval, acompañou a presentación con música de piano, presente tamén no libro, nun acto público no que interviñeron tamén os escritores Fran Alonso en representación da editorial Xerais, e José Luis García Mañá e o historiador especializado en emigración e participación galega na División Azul, José Manuel Núñez Seixas, en videoconferencia dende Alemaña.
Máis dun cento de persoas asistiron á presentación e entre elas varias presentes na novela de 400 páxinas, nas que un suposto escritor chamado Marcos intenta recuperar datos sobre un familiar seu que participou na División Azul e, para iso, recorre a familiares e amigos, varios deles aínda vivos e cos seus nomes reais como Eustaquio Puga, Fidel García, Alexandre Naveira, Manuel Outeiriño, David Cortón, Marisa Crespo ou Xullo Prada, entre outros.

FOTOS E CARTAS
'Chisco' explicou que nunha vivenda da súa familia apareceu unha caixa de marmeleiro na que se gardaban cartas enviadas dende Rusia por un familiar seu que se alistou na División Azul, organizada polos falanxistas para axudar ao exército de Hitler na fronte rusa.
"A miña nai identificou as cartas e ás persoas que saían nas fotos e un primo díxolle que mo dese todo a ver se eu facía unha novela diso", explicou.
Segundo manifestou o autor, nunca tivo intención de escribir nada relacionado con guerras, pero na caixa estaba a foto dunha muller, que agora é a portada da súa novela, e que un ano despois de ver todo o material, comezou a entrar na súa vida e cada noite falaba con el sentada no bordo da súa cama.
Cando decidiu indagar e escribir a súa novela, 'Chisco' realizou coa fotógrafa Maribel Longueira a viaxe que en 1941 emprenderon os 200 galegos da División Azul dende A Coruña ata a cidade de Novogorod, a última en Polonia antes de chegar á fronte ruso. VIAXE
"Así puiden explicar con naturalidade as condicións da viaxe e indagar no que foron atopando, como un grupo de xudeus que falaban perfectamente o español porque as súas familias eran emigrantes en Cuba e en Arxentina, e entre eles un recitou a Rosalía de Castro", recordou.
O resultado recollido en algo máis de 400 páxinas é "case todo ficción, pero todo é real", e de feito, segundo puntualizou o autor, todo o que lles vai acontecendo no camiño ata Rusia e narrado no libro, "aconteceu de verdade" e nos lugares e momentos sinalados, "pero non necesariamente pasoulles a eles", aclarou.

A DIVISION AZUL E GALICIA
Segundo o investigador Núñez Seixas, antes desta novela non había un achegamento tan completo ao tema da División Azul "e con tanta sensibilidade, tendo en conta tantas voces diferentes", agregou.
Polos datos recompilados polo autor da novela, en 1941 saíu cara a Rusia un primeiro envío de soldados alistados na División Azul dunhas 18.000 persoas, das que entre 1.000 e 1.200 eran de Galicia.
O historiador Julio Prada, tamén nomeado na novela, explicou a Europa Press que nese momento saíron de España 18 trens, pero a Rusia chegou un convoi de 138 vagóns con homes, cabalos e vehículos e entre os supostos voluntarios "a maioría eran falanxistas convencidos, pero tamén había moitos presos aos que se ofrecía redución de penas se se ían á fronte ruso, e ao final o continxente chegou a sumar uns 45.000 españois".


Tania Airas
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-12-2012 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
O Hostal dos Reis Católicos estará en folga en Nadal e Fin de Ano

Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos en Santiago irán á folga nos días centrais das festas do Nadal, o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O comité de empresa anunciou que a convocatoria afectará ás 24 horas de cada unha das xornadas. Os portavoces indicaron que os representantes da empresa teñen na súa man a posibilidade de desconvocar os paros, xa que a única petición é que o comité de empresa do parador compostelán poida negociar directamente coa empresa as condicións do ERE no Hostal, que afectaría a 19 traballadores. «Somos nós os que temos que negociar o noso propio ERE», explicou onte Mercedes García, portavoz do comité.
Os traballadores insistiron en que para desconvocar a folga non será necesario iniciar as negociacións, senón só un «compromiso de negociación por escrito coa empresa». Indicaron que, aínda que consideran que o Hostal dous Reis Católicos non reúne as condicións para levar adiante un ERE, están dispostos a aceptalo, pero «queremos negociar nós as nosas condicións». Segundo os datos económicos que teñen os traballadores, o Hostal de Reis Católicos non só tivo beneficios este ano, senón que superou os beneficios do pasado exercicio. Reiteraron que descoñecen os detalles do axuste e só saben o que achegan as informacións de prensa.
Os portavoces dos traballadores explicaron que o Hostal dous Reis Católicos de Santiago e o de León son os dous únicos centros da rede de paradores españois que contan con convenio colectivo propio, polo que esixen que poidan participar nas negociacións que se están levando a nivel estatal co comité intercentros (no que non están representados) e das que non teñen ningún dato. Os traballadores explicaron que Santiago dispón de convenio propio debido a que o parador de Compostela entrou na rede de paradores moito máis tarde que os demais. Esta situación fai que os traballadores do Hostal dous Reis Católicos realicen, ata agora, as negociacións laborais de forma individualizada e independentemente do resto dos centros da rede. Algo que queren que se siga respectando.

Nuria Salgado López
2º Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 15-12-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal