Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rubín ve no cómic un medio ''con postura crítica''
O historietista galego David Rubín (Ourense, 1977) destacou nunha entrevista concedida a Efe o papel que desempeña o cómic na sociedade actual, ao considerar este xénero como "un medio de comunicación" que transcende a mera ficción para mostrar unha "postura crítica" da sociedade actual.

Rubín fixo esta reflexión con motivo da presentación pública da súa nova criatura O Heroe. Libro Dous, a segunda e definitiva entrega dos 12 traballos de Heracles.

Nesta obra, reinventa a historia do mítico Hércules e as súas 12 probas, ao longo de dous volumes de case 600 páxinas nas que o protagonista "loita contra vento e marea para escribir o seu propio destino". Neste relato, recoñece, introduce unha importante "carga política, que non panfletaria".

Tras a promoción e a boa acollida da obra noutros países europeos, como Francia ou Italia, esta semana presentou na librería Komic, en Santiago de Compostela, o segundo tomo desta historia.
"Unha aposta a unha soa carta", coa que espera "recoller o sementado", tras catro anos dedicado a este traballo, "deixando outros de lado".
Fronte ás correntes que apuntan a que o cómic está dirixido ao público infantil, Rubín desmitifica este punto e afirma que é apto para todos os segmentos.

"Cada vez ten máis repercusión nos lectores, nos medios de comunicación e na sociedade, en xeral", sostén, e engade que o público é máis diverso, "xente maior, mulleres ou xente nova". Ademais, o acceso a estas obras é, desde o seu punto de vista, máis fácil agora que "as bibliotecas teñen seccións de cómic, cando hai dez anos non existían". Ao longo da súa carreira, Rubín viu como se multiplicaron as temáticas que ocupan as páxinas destes relatos.

"Agora podes atopar un cómic que fale do holocausto ou enfermidades como o alzheimer", chegando a un público variado "xa que o que non atopa un cómic dun tema que lle guste é porque non lle interesa buscalo".

Por todo isto, afirma que traballa para conseguir "un cómic divertido no que insuflar algo máis. Ideas e reflexións sobre cuestións serias e conseguir así segundas e terceiras lecturas", algo se cabe aínda máis necesario en momentos como os actuais onde "os poderes intentan destruír a sociedade na que vivimos e gobernar só para eles".
Nesta liña, define, polo tanto, o cómic como "unha arma máis de combate e protesta".

O CÓMIC EN GALICIA
No que respecta a Galicia, di que o cómic estase convertendo nun terreo moi fértil no que se refire a creadores.
"Somos das comunidades con máis persoas publicando", a pesar de que "no momento actual, o cómic é cultura, e a cultura non interesa".
Admite que nunca necesitou unha subvención para publicar.

Con todo, "penso que é necesario, igual que noutros sectores, como o teatro ou o audiovisual, abrir frontes de colaboración", aínda que se trate dunha "batalla difícil de librar", concreta.
Rubín séntese afortunado polo feito de poder vivir dun traballo que o apaixona. "Vaise tirando, senón sería inviable".

A pesar de que conta que "hai cousas que dan máis diñeiro", aclara que "hoxe en día estudar unha enxeñería tampouco é garantía de atopar traballo". Así, afirma que o seu é unha carreira de fondo. "Ninguén pode pretender facerse rico da noite para a mañá cun só cómic", ironiza.
Durante o proceso de creación, as xornadas poden chegar a 10 "ó 12 horas". Desde as 7:00, a súa mente comeza a traballar "e aínda que poidan parecer demasiadas horas -precisa- terminas coa satisfacción de traballar para ti mesmo e no que che gusta".

Tan só a creación do guión do heroe supuxo seis meses de dedicación. Logo chega a etapa do debuxo a lapis "e logo de ter a visión global é o momento do entintado e a cor".

Agora, esta carta "de amor ao xénero" trata de devolverlle "o favor" que considera que o cómic lle fixo. Unha paixón á que está entregado desde a infancia, pero di que non sabería explicar como decidiu emprender este camiño. "Supoño que polo mesmo proceso que decides ser escritor ou músico".
Xa de neno recoñece que o pasaba mellor debuxando os seus cómics que lendo os que compraba. Grazas a isto, "agora son creador e nunca me expuxen ser outra cousa".

Consciente de que a "paixón innata" é importante, acepta que, principalmente, "a aprendizaxe éo todo". Por iso, espera "seguir facendo cómics aos 60 anos e ir aprendendo dos acertos e os erros".

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
A NOVA DEPURADORA DE REZA CUSTARÁ 36,5 MILLÓNS DE EUROS

Oito días despois da apertura do último sobre coas ofertas dos seis grupos de empresas que optaban á construción da nova depuradora de Reza, o consello de administración da sociedade estatal Acuanorte formalizou onte a adxudicación. Será a unión temporal de empresas (UTE) formada pola ourensá Copasa e Degremont Passavant España S.A. a que se encargue de executar a obra. O seu orzamento é de 36,5 millóns, un 31,85 % por baixo das cifras de licitación.

A nova estación depuradora de Reza, que deberá estar terminada nun prazo de tres anos, construirase ó amparo dun convenio subscrito entre a empresa estatal Acuanorte, a Xunta, Augas de Galicia e o Concello de Ourense. A cota máis importante de gasto asúmea a administración central. A obra inclúe a derriba da actual depuradora, que se atopa en situación de ilegalidade por sentenza firme. Aínda que a instalación debería ter desaparecido, as administracións incumpriron as resolucións xudiciais que o esixen. Ao concurso para a redacción do proxecto e construción da nova depuradora optaron catorce grupos de empresas, das cales seis alcanzaron a fase final. A apertura do último sobre fíxose na Delegación do Goberno o pasado día 11 deste mes de decembro.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-12-2012 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Unha muller ameaza a Radio Galega, con escribirlle unha carta ó Presidente da Xunta, por falarlle en Galego.
Unha oínte de Ferrol chamou este luns pasado ó programa da Radio Galega “Pensando en ti" para expresar en castelán, a súa protesta polo uso da nosa lingua no programa da canle pública. Amalia, que así se chama a oínte, acusou ó presentador do programa, Alberte Freire de falta de educación, por dirixirse en galego ós membros do grupo musical galego Los Españoles. De este xeito, a oínte que se confesou “española” e simpatizante de Alberte Núñez Feijóo, enimiga da esquerda e do centro, definíuse de dereitas e “española”.Comezando a proferir unha serie de recriminacións ó locutor, nunha conversa que foi subindo de ton, até que finalmente a oínte ameazou ó presentador con escribirlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, para queixarse polo uso do galego, na Radio Galega.
Ademais a susodiota individua proferiu unha serie de argumentacións falsas, ó afirmar que os nosos compatriotas ferroláns non son coñecedores da lingua galega, e que só falan castelán .
Unha clara falta de principios e de respeto cara a nosa lingua nacional, e cara o pobo galego, e unha mostra máis de que a desharmonía das linguas oficiais, segue viva nunha parte da poboación que anceia voltar a etapas pasadas, nas que o noso país vivía no retroceso e na prohibición da nosa lingua, símbolo da nosa identidade.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.

Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 22-12-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Once preguntas para unha adicción.
Un sistema baseado nun test permite a detección precoz do uso patolóxico da Internet polos adolescentes.
O valedor do pobo, Xosé Xulio Fernández Rodríguez, presentou este mércores un sistema pioneiro, baseado nun test, para a detección de uso problemático que os adolescentes fan da Internet. O proxecto levouse a cabo logo de coñecer os resultados do informe extraordinario 'Adolescentes e Internet en Galicia', elaborado en 2011, que alertou sobre os hábitos de consumo que os mozos na rede.
Ante esta realidade, o Valedor creou, un "instrumento de detección precoz do uso problemático de Internet entre os adolescentes", destacou Fernández.
Pola súa banda, Antonio Ruibal Boubeta, profesor de psicoloxía da USC e director do proxecto, explicou que o instrumento é unha ferramenta de cribado, non de diagnóstico, que funciona mediante unha "sinxela enquisa" de 11 piares a través da cal pódense discriminar casos de risco e emprender as actuacións necesarias.
Ademais, Ruibal advertiu que asociacións e colexios que colaboran co proxecto trasladaron que realmente existe un problema e que se pode falar de "alerta social" neste segmento da poboación "especialmente vulnerable". Doutra banda, fixo un chamamento aos pais para que teñan control de cando e como navegan os menores.
O director do proxecto explicou que a ferramenta creada é "breve e sinxela" para que todo o mundo póida utilizala. Abonda con que os adolescentes respondan ao cuestionario adaptado ao contexto cultural galego e tamén á lingua utilizada.
O uso deste instrumento non só permite detectar aos suxeitos que mostran risco alto de uso da Internet senón tamén profundar na caracterización dunha posible adicción. Ademais Ruibal explicou que se trata dunha ferramenta que se ten que "actualizar e mellorar".

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-12-2012 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ramoncín imputado na causa, polas irregularidades da SGAE.
O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz citou a declarar coma imputado o próximo 14 de xaneiro ó cantante José Ramón Márquez Martínez, 'Ramoncín', no marco da causa na que se investigan as irregularidades na Sociedad General de Autores (SGAE). 'Ramoncín' podería ser autor dos delitos de apropiación indebida e/ou administración desleal así coma falsedade documental. A investigación parte dun informe da Garda Civil no que se realizaron facturas por un importe de 170.552,56 euros que foran emitidas polo denominado 'Rei do Polo Fritido' e a súa editora musical, Jupiter Music S.L., ao grupo SGAE entre os anos 2004 e 2012, e que no se corresponderían ós bens ou servicios prestados. Entre as operacións que habería realizado 'Ramoncín' encontraríanse, según fontes xurídicas, a factura correspondente ao programa de televisión 'El creador' que 'Ramoncín' cargou á sociedade Portal Latino S.L., a cal se sospeita que non se chegou a emitir. Na causa tamén constan correos electrónicos entre o cantante e o presunto líder da trama, o exdirector xeral da Sociedade Dixital de Autores de España (SDAE), Xosé Luís Rodríguez. Neri, dos que, segundo a Garda Civil, se podería deducir que este último asumiu a decisión de pagar polo programa.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta opta a un dos Premios Nacionais de Artesanía

O labor de fomento e promoción do sector artesán galego da Xunta vén de ser recoñecido polos Premios Nacionais de Artesanía, cunha candidatura na categoría Promociona, destinada a entidades públicas.

En concreto, destácase o traballo que se impulsa dende a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que opta a un galardón que valora iniciativas artesás e profesionais que resulten exemplares no eido da artesanía contemporánea. «O principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento e a competitividade das pequenas e medianas empresas artesás españolas incentivando a innovación, o deseño e a capacidade de adaptación ao mercado, os tres valores principais que serven de guía ao comité na súa selección», segundo explicou a Xunta.

Nesta sétima edición tamén obtivo unha candidatura a empresa de Boiro Asteleiros Triñanes Domínguez, unha carpintaría de ribeira cuxa traxectoria combina tradición e innovación.

Deste xeito, conserva a sabedoría tradicional, mais actualizada ao contexto dunha economía sostible nestes tempos.


Noelia Fernández Paradela
2ºBACHB
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-12-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
«Blancanieves» cumpre 75 anos

Na historia do cine existen unhas cantas películas inmortais, cuxo recordo perdura indeleble na maioría dos espectadores a través dos anos. Unha delas é o clásico de Walt DisneyBlancanieves e os sete ananiños, estreada o 21 de decembro de 1937 no Carthay Circle Theater de Hollywood. Nestes 75 anos, a película reestreouse en cines oito veces e segue recadando millóns de dólares polas súas vendas en soportes dixitais. ¿Que outra película da historia segue sendo unha máquina de facer diñeiro tantas décadas despois da súa estrea?
Walt Disney rodou Blancanieves, a súa primeira longametraxe de animación, a pesar da oposición de toda a industria e, incluso, das salas de exhibición, que inicialmente boicotearon o seu pase ata que, ao cabo, tivéronse que render á evidencia dun éxito que se demostrou imperecedero. Esta intemporalidad é unha característica de todo o cine de Disney. Afortunadamente para a actual Walt Disney Company, o seu fundador fixo caso do consello do seu admirador (e admirado) Charles Chaplin, que lle recomendou comprar de novo os dereitos daqueles curtos de debuxos animados que vendese no pasado por falta de liquidez.
Na súa procura de financiamento para concluír a rodaxe de Blancanieves , Walt Disney non dubidou en arriscar todo o seu patrimonio persoal para poder concluír unha obra de arte que o «todo Hollywood» cualificaba de tolemia. Os mandamases da Meca do cine auguraban que era imposible que a xente aguantase hora e medio vendo debuxos animados.
Disney sabía que era factible pois, nunha viaxe a Europa, en 1935, quedou sorprendido ao comprobar que en París algúns cines programaban sesións exclusivas das súas creacións, empalmando varias curtametraxes.
Multitude de incertezas cerníanse sobre Blancanieves durante a súa rodaxe: ¿Como reaccionaría o público nos momentos dramáticos? ¿Rirían por non ser reais os personaxes? E estas dúbidas se solapaban cun financiamento cada vez máis difícil: o que estaba previsto que custase 600.000 dólares da época, acabou incrementándose a 1.700.000 dólares. Pero o diñeiro, para Disney, nunca fora unha preocupación, senón unicamente unha ferramenta necesaria que lle permitía facer cousas.
A proba é que, cando se estreou Blancanieves, e recadou oito millóns de dólares en todo o mundo, un ano despois Walt Disney debía novamente diñeiro ao banco, esta vez, a inxente cifra de catro millóns de dólares: comprara os terreos para construír o novo estudo, o seu mobiliario e acometido o esforzo de rodar Pinocho, Bambi e Fantasía, sen esquecer os clásicoscartoons.
Blancanieves e os sete ananiños, aos 75 anos da súa estrea, segue cativando a millóns de persoas, adultos e nenos, de distintas culturas. E converteuse na proba de que os soños, incluso os máis inalcanzables, como a Disney lle gustaba repetir, «poden volverse realidade»

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os funcionarios galegos verán recortada a súa paga extra de 2013
A Xunta pagará en 2013 só parte da paga extra de Nadal, que este ano foi suprimido por parte do Goberno central para o conxunto das administracións públicas. Desta forma, os funcionarios non cobrarán integramente esta retribución, pero o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, defende que os empregados públicos gañarán "máis" con respecto a 2012. Na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo reivindicou que esta medida supón que, sobre o total do que se aboa en 2012, "non vai baixar a retribución" final dos funcionarios e, pola contra, alega que "cobrarán máis". Con todo, supón unha redución con respecto ao soldo que os empregados públicos terían se o Goberno central decide manter completas todas as pagas e non adoptar a mesma medida que este ano. A proposta da Xunta, que será presentada este venres aos sindicatos na mesa de negociación, abrangue un abano que vai ata o 7 por cento. Así, o pagamento levarase a cabo en función do salario, de forma que "recuperen máis os que menos cobran; e menos, os que máis, en palabras do mandatario autonómico. Esta decisión do Executivo autonómico enmárcase na necesidade de cumprir o obxectivo de déficit, que para o ano que vén se situará no 0,7 por cento fronte ao 1,5 autorizado en 2012. Iso implica, como destacou Feijóo, que Galicia "vai a non seguir incrementando a débeda pública". Deste xeito, o presidente autonómico recordou que o próximo ano Galicia vai reducir a débeda pública á metade, unha cuestión que considera "unha boa noticia dende o punto de vista da solvencia". Consecuentemente, explicou, hai medidas que se adoptaron neste exercicio que agora "se"teñen que manter en parte".
"RECUPERARÁN PARTE DO QUE PERDERON"
Malia iso, Feijóo puxo en valor que Galicia "incrementará prioritariamente o apoio e as partidas" para os colectivos máis desfavorecidos" e, por outro lado, que os funcionarios "cobrarán en 2013 máis que en 2012", xa que este ano perderon unha paga extra que agora será aboada nunha determinada porcentaxe. Deste xeito, subliñou que os empregados públicos "recuperarán parte do que perderon". "A pesar de ter que diminuír a débeda á metade, cobrarán máis que en 2012. Ese é o obxectivo e é o que imos formular mañá", abundou o presidente autonómico, quen insistiu nesa lectura. A xeito de conclusión, o mandatario autonómico sentenciou que "os funcionarios da Comunidade non verán diminuídos os seus salarios sobre o que percibiron en 2012". "Non imos baixar outra vez os salarios públicos, imos recuperar parte da paga extraoridnaira que deixaron de recibir este ano", incidiu Feijóo, quen sentenciou que Galicia "non vai pedir máis que noutras comunidades autónomas".
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO
Sen saír do ámbito do emprego público, o Consello da Xunta deu luz verde este xoves á oferta de emprego público (OPE) para o ano 2012, na que a Administración saca 124 prazas, das cales dez, de acceso libre, están destinadas a técnicos da Axencia Tributaria de Galicia, que precisamente se creará e porá en marcha en 2013. O resto das prazas, 114, serán de promoción interna, o cal respecta as limitacións da Lei de Presupostos do Estado, ao tempo que ofrece "oportunidades" para que os funcionarios poidan, por exemplo, cambiar de grupo. Neste sentido, Feijóo tamén sinalou que responde á aposta da Xunta por "fomentar" a carreira dos funcionarios. Ademais, preguntado por se vai haber despedimentos na Administración pública, Feijóo sinalou que se "tomarán decisións" na Lei de Presupostos galegos, que se aprobarán a próxima semana en conselo, no sentido de "ofertar aos empregados da comunidade autónoma maior estabilidade, interinos incluídos".
CUMPRIMENTO TAXA DE REPOSICIÓN
A oferta de emprego público cumpre coa taxa de reposición establecida por lei e, tal e como destacou Feijóo, concéntrase nos corpos responsables do "control e loita" contra a fraude fiscal. Destas dez prazas, tres correspóndense ao corpo superior da Administración e sete ao corpo de xestión de administración. En canto á promoción interna, implican ao corpo superior de administración da Xunta (subgrupo A1); corpo de xestión da Xunta (subrupo A2); corpo administrativo (subrupo C1); e corpo auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2). Todas as prazas ofertadas están ocupadas provisionalmente por persoal interino ou laboral indefinido adscritos a unha praza de funcionario, e dotadas presupostariamente, incluídas nas relacións de posto de traballo vixentes, polo que, explica a Xunta, non suporía un maior custo para a Administración nin incremento de efectivos.

Isabel Férnandez
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-12-2012 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
O Gordo chámase 76.058 e toca Galicia

O número 76.058 resultou agraciado co Gordo, o primeiro premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 4.000.000 euros á serie, foi vendido en diversas autonomías españolas, entre elas Galicia.
O 76.058 deuse a coñecer ás 10.07 horas e foi cantado por Ismael Rastrelli e Sherley Fonseca.
O número foi vendido na Coruña cidade e o municipio coruñés deCarballo, Meira (Lugo), Chiclana, Barbate, Alxeciras (Cádiz),Albacete, Castelló, Barcelona, Alicante, Las Palmas, Murcia e Navarra, entre outras localidades.
O 'Gordo', repartidísimo, caeu en administracións de Alcala de Henares (Madrid), Barcelona, Madrid, Burgo de Osma (Soria),Alaquas (Valencia), Cullar Baza (Granada), Oviedo, Almendral(Badaxoz), Tudela (Navarra), Benidorm (Alicante), Chiclana de la Frontera (Cádiz), Albolote (Granada), Gandía (Valencia), Pinto(Madrid), A Coruña, Valladolid, Salamnca, Nova Carteya (Córdoba), Málaga, Aranda do Douro (Burgos); Carballo (A Coruña), Baeza(Xaén), Santa Pola (Alicante), Cabezo de Torres (Murcia), Alvariza Vello (Madrid), Igualada (Barcelona), Barbate (Cádiz), Bilbao, Badaxoz, Derio (Biscaia), Telde (Las Palmas), Albacete, Ripollet(Barcelona), Porto da cruz (Tenerife), Priego de cordoba (Córdoba), Ceuta, La Alberca (Murcia), Olmedo (Valladolid), El Ejido (Almería),Arganda-Alta Arrecife (Las Palmas), Callosa de Segura (Alicante), Santa Cruz de Tenerife, Marbella (Málaga), Outeiro Villalba (Madrid),Meira (Lugo), San Vicente del Rapeig (Alicante), Castelldefels(Barcelona), Almuñecar (Granada), Eivissa, Porto do Rosario (Las Palmas), Casas Ibáñez (Albacete), Onda (Castelló), Cehegin(Murcia), Meliana (Valencia); Humanes (Madrid), Zaragoza, Huesca,Alicante, Los Relajos (Tenerife), Vallarrasa (Huelva), Gijón, Alxeciras (Cádiz), La Robla (León), Castelló de la Plana, Lameira (Asturias),Torre-Pacheco (Murcia), Fuentepelayo (Segovia) e Manises (Valencia).

Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os Bolechas dinamizarán o idioma galego este Nadal

A popular familia de Os Bolechas percorrerá este Nadal oito localidades da Comunidade para dinamizar o idioma galego entre os máis novos co espectáculo 'Brincabolechas. Circo de Nadal'.

A iniciativa foi presentada este venres en Santiago nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da directora da TVG, Rosa Vilas, do responsable da Editorial Bolanda, Antonio Couto; e de Ana Salgado, representante de Novagalicia Banco.

Os populares personaxes literarios creados por Pepe Carreiro estarán acompañados por moitos amigos cos que interpretarán números cómicos, de malabares e de música, con especial protagonismo da banda sonora de Os Bolechas. O espectáculo, producido por Bolanda, a Xunta e TVG; conta coa produción artística de Pistacatro e a participación de máis de 40 persoas.

O evento percorrerá oito localidades galegas entre o 26 de decembro e o sete de xaneiro. A primeira cita terá lugar o próximo mércores no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, mentres que o día 27 o equipo se trasladará ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. Posteriormente, o 28, o espectáculo representarase no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago e o último pase de 2012 terá lugar o día 29 no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra.

Xa en 2013, Os Bolechas actuarán o día 2 no Auditorio Municipal de Ourense, o día 3 no Auditorio Municipal de Lalín e o día 4 no Teatro Jofre de Ferrol. A iniciativa concluirá o luns sete de xaneiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Todos os espectáculos se iniciarán ás 18.30 horas.

Durante a presentación da iniciativa, Valentín García destacou a importancia do éxito de Os Bolechas para achegar a lingua propia de Galicia a todos os fogares galegos con nenos, a través de "historias narradas de modo ameno e próximo" para os máis pequenos. Pola súa banda, Antonio Couto sinalou que o espectáculo está "concibido para divertir" e para que os nenos sexan "partícipes" deste.


Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-12-2012 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal