EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xornal A Nosa Terra, lanza o I Certame de Relatos Curtos.

Por primeira vez o xornal A Nosa Terra, na defensa do galego e da literatura, lanza o I Certame de Relatos Curtos.
É unha iniciativa proposta dende o Departamento de Cultura e Literatura, co fin de que o relato curto se achegue tamén ós noso lectores, aínda que o concurso esta aberto a tódalas idades, vai dirixido especialmente a mocidade.
O concurso consiste en rematar un relato que dende o noso xornal vos propomos, para animar os nosos lectores a que se adentren no maravilloso mundo da literatura.
Non fai falta ser escritor para escribir, non o esquezades.
O prazo de entrega de relatos é dende o día 1 de xaneiro o día 22 de febreiro, e serán enviados a dirección de correo electrónico karyoutomuro@gmail.com .

O día 23 de Febreiro procederase a escolla dos tres mellores, é o día 24 poderemos gozar destes relatos na edición semanal.
Esperemos que sexan moitos os relatos, e os participantes.

Moita sorte a todos, e Próspero Aninovo.
Para máis información consulten: I Concurso de Relatos Curtos.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 30-12-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Oscar Niemeyer.
Niemeyer, un dos arquitectos máis influintes do século XX, faleceu no Hospital Samaritano de Río De Xaneiro, no que xa levaba varios días ingresado a causa dun agravamento do seu delicado estado de saúde que levou ós médicos que o atendían a conectalo a un repirador automático e mantelo sedado. Tiña 104 anos e do seu xenio naceran algúns dos edificios máis belos construidos nas últimas décadas.
Gañador do premio Pritzker de Arquitectura en 1988, do Premio Principe de Asturias das Artes en 1989, do León de Ouro da Bienal de Venecia en 1996 e do UNESCO da Cultura en 2001, por citar so algúns dos seus moitos galardóns que recibiu ó longo da súa lonxeva e fructífera traxectoria, foi unha das figuras máis influintes da arquitectura moderna grazas a edificios coma a Catedral de Brasilia, o Pestana Casino Park da cidade de Funchal, o Museo Contemporáneo de Niterói, ou o Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer en Asturias, a súa única obra feita en España. Nado en Río de Janeiro o 15 de decembro de 1907, graduouse na Escola de Belas Artes de Brasil coma enxeñeiro arquitecto en 1934. Niemeyer curtiuse no estudo do arquitecto Lúcio Costa e Carlos Leão.
Militante comunista dende mediados dos anos corenta, adquiriu fama grazas a unha pequena igrexa erixida en homenaxe a San Francisco ás beiras do Lago de Pumpulha baixo os auspicios do alcalde da cidade de Belo Horizonte e máis tarde presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
A Nosa Terra.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-12-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Falece a moza india violada nun autobús na cidade de Nova Delhi.
Falece na madrugada deste sábado a moza india, que fora violada o pasado 16 de decembro por seis homes, un deles menor de idade.
Esta estudiante de fisioterapia viaxaba no autobús acompañaba por un amigo, cando os seis violadores a levaron a forza a parte traseira do vehículo, despois de azoutar cunha barra de ferro o seu acompañante, que quedou inconsciente, agredírona sexualmente máis dunha hora e proferíndolle ademais, unha brutal paliza, finalmente ceibarona pola porta contra o asfalto, cando o vehículo ía en marcha.
A pesaren de que foi trasladada rapidamente a un hospital de Singapur, os danos que sufría eran moi graves, afectándolle a maioría de órganos internos.
No centro médico foi intervida en varias ocasións, na última das intervencións onde se dispuñan os facultativos a extirparlle o intestino delgado gravemente afectado, a operación non tivo o éxito esperado, e a moza acabou falecendo.
Os seis implicados na agresión sexual, un deles o propio conductor do vehículo, foron arrestados pola polícía, e todos eles comparecerán perante a xustiza o próximo 3 de xaneiro, debido a presión popular, que obrigou as autoridades a axilizaren o proceso.
A propia policía chamou a calma o pobo hindú, asegurando que os culpabeis recibirán o máis duro dos castigos posibeis, para esto serviuse da súa conta de Twiter.
Aínda así, as protestas seguen a sucederse por todo o territorio hindú, con máis de cen feridos e un policía morto.
O pobo hindú non esquece á outra moza violada o pasado 13 de novembro por dous asaltantes, e como a moza de tan so dezasete anos viuse na obriga de suicidarense tras non atopar o amparo da policía nin do poder xudicial, trala agresión.
De xeito que esta moza que fora violada en Paliala, despois dos feitos foi ameazada novamente polos violadores e pola propia policía, estes últimos presionárona para ocultaren o delito,chegando incluso a sometela á aldraxe de casaren con un dos criminais que a violaron.
Ante esta situación sen saída, a moza acabou rematando coa súa vida o pasado 26 de decembro.
Trala xeira de manifestacións por estes feitos, o goberno hindú anuncia unha serie de medidas para convertiren a Nova Delhi nun lugar máis seguro para as mulleres.
O pobo hindú solicita cadea perpetua para estes violadores, e moitos esixen pena de morte,recordemos que neste ano rexistráronse máis de 630 violacións nesta cidade india, coñecida como a capital das violacións.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
A Nosa Terra.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-12-2012 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Fomento non financiará as obras da catedral de Santiago no 2013
A Fundación Catedral esperaba que o seu plan para a mellora das torres da fachada do Obradoiro recibise financiamento do Ministerio de Fomento, concretamente do 1 % cultural, para o exercicio 2013. Pero o departamento de Ana Pastor comunicou á institución que durante o ano próximo as partidas están xa esgotadas con plans anteriores e a catedral non poderá contar con esa achega. O pasado verán, a Fundación Catedral presentou un plan de recuperación integral para as dúas torres da fachada, seriamente afectadas o paso dos anos, por algunhas intervencións anteriores erróneas e o constante ataque da humidade, que baixa ao longo da estrutura das torres e que acaba por filtrarse cara ao interior do edificio.

O proxecto foi presentado no verán polo responsable da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e polo arquitecto do plan director, Javier Alonso. Nel figuraban todas as intervencións necesarias para pór ao día a saúde de ambas as torres. O custo total destas melloras era de 1,9 millóns de euros e, segundo anunciouse, as negociacións apuntaban naquel momento a que o Ministerio de Fomento podería achegar o 75 % do financiamento necesario para a rehabilitación. Pero o ministerio xa dixo que non. Que o orzamento do 1 % cultural do que dispón o ministerio está esgotado xa para o 2013. Segundo explicaron desde Fomento á fundación catedralicia, as partidas para o próximo exercicio están pechadas tras o recorte orzamentario.

Segundo o plan presentado o pasado mes de agosto pola Fundación Catedral, as obras nas dúas torres da principal fachada do monumento son das máis urxentes do conxunto monumental catedralicio.

Hai varios elementos fundamentais que dependen do bo estado das torres. En primeiro lugar, a inclinación que rexistra a torre sur debe ser monitorizada e corrixida no caso de que se amplíe. Por outra banda, é clave para a conservación do templo eliminar as humidades que chegan a el baixando polas torres e as fachadas, unha das obras previstas no plan. Neste caso, ademais, estas humidades existentes impiden que se poidan continuar as obras de restauración do pórtico da Gloria que promove a Fundación Barrié.

Daniel Lorenzo explica que o financiamento das obras correspondentes ao 2014 está case asegurada, polo que se está «buscando financiamento para que o próximo ano non sexa un ano perdido nas melloras necesarias para a catedral». Considera que perder un ano enteiro «é un luxo» que non se poden permitir.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-12-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
"Woody Allen ten unha tendencia á baixa autoestima, é a verdade."
A súa nai quería que fose farmacéutico, pero a el non lle gustaba estudar. No colexio facía xovencos para irse ao cine do seu barrio, no corazón de Midwood, e inventaba chistes. Era un ás facéndoos. Tanto que xa entón empezou a enviar algúns aos xornais e estes comezaron a publicalos. Allan Stewart Königsberg decidiu buscarse un pseudónimo para que os seus compañeiros non se decatasen. Aí naceu Woody Allen. Hoxe ten 77 anos e é un dos cineastas máis coñecidos da historia, o máis prolífico dos norteamericanos vivos e un dos poucos que tivo sempre absoluto control sobre toda a súa obra. Woody Allen: o documental -que chega ás salas o día 25- repasa aqueles días ao lado do propio Allen, que por primeira vez aceptou colaborar nunha película documental sobre a súa vida e a súa obra.

Robert B. Weide, que perseguiu o cineasta durante máis de dúas décadas, finalmente lle convenceu e se converteu na súa sombra durante dous anos para facer esta película. A estrea de Midnight in París, a película máis vendedora de billetes de Woody Allen, é o punto final deste documento, que interesa especialmente na súa primeira parte, cando nel se contan os comezos artísticos do cómico. "Woody Allen sempre considerou que non pagaba a pena realizar un documental sobre el -afirma Weide-. Ten tendencia á baixa autoestima, é a verdade. Non cre ser un verdadeiro artista que merece unha retrospectiva. Escribinlle tres veces durante eses 25 últimos anos pero sempre me mandou amablemente a paseo".


Magdalena Sepa 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-12-2012 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
O himno galego, interpretado por primeira vez en A Habana, cumpre 105 anos
O himno galego cumpre 105 anos. Dende aquel 20 de diciembro de 1907 en que soou por primeira vez no ‘Teatro Tacón’ de A Habana, o poema ‘Os Pinos’, de Eduardo Pondal, ao que puxo música Pascual Veiga, serviu para unir aos galegos e para actuar como seña de identidade dun pobo eminentemente emigrante, que, máis alá das súas fronteiras, deu mostras do seu profundo amor por Galicia ao trasladar a súa cultura e as súas costumes a todos os rincóns da xeografía mundial.
Os galegos repartidos por Cuba e por todas as Américas atoparon na letra e na melodía do himno de Pondal e Veiga un antídoto contra o desarraigo e a distancia. E os galegos do interior acolleron con cariño a idea de posuír un símbolo que expresase a súa singularidade como colectividade humana, lingüística e cultural diferenciada”, destacou o expresidente Emilio Pérez Touriño durante o acto de celebración do centenario da interpretación por primeira vez do himno galego.
Coincidindo con esa fecha, o máximo representante do Goberno da Xunta por aquel entón non dudou en trasladarse a A Habana para render, ‘in situ’, un sentido homenaxe á emigración galega no país caribeño. “O himno de Galicia é fillo do amor dos emigrantes pola súa terra” asegurou Touriño ante as centos de persoas que en diciembro de 2007 abarrotaban o antigo ‘Teatro Tacón’ –hoxe ‘García Lorca’– da capital caribeña para conmemorar a efeméride baixo os acordes da Orquesta Sinfónica do Gran Teatro.
O acto, retransmitido pola Televisión de Galicia, serviu de exaltación dun himno que “expresa as ansias de mellora dun país que viviu moito tempo no silencio e a inacción, pero que soubo manter viva a súa lingua e a súa cultura, as súas tradicións e a súa personalidade histórica”, puntualizou Touriño.


Sara Álvarez González

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-12-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Atopan a porta de entrada do virus da SIDA no sistema inmunitario
Tras anos de busca, científicos do Instituto de Investigación da Sida IrsiCaixa, impulsada pola Obra Social La Caixa e o Departamento de Saúde da Generalitat, descifraron como o VIH penetra as células do sistema inmunitario que propagan o virus dentro do organismo humano. A investigación, que hoxe publica a revista "PLoS Biology", desvela un enigma que a comunidade científica había anos que intentaba resolver; achou unha nova molécula que captura o Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH) e permite a súa entrada a unhas células do sistema inmunitario, denominadas células dendríticas, que actúan como un cabalo de Troya cando o virus se dispersa dentro do organismo.

Segundo o Instituto de Investigación IrsiCaixa, o achado abre as portas a unha nova familia de fármacos contra esta enfermidade que podería ser capaz de bloquear estas moléculas e mellorar así a eficacia dos tratamentos actuais, ningún dos cales actúa sobre este mecanismo de propagación da infección. A investigación levouse a cabo no marco do Programa de investigación e desenvolvemento da vacina contra a sida HIVACAT, dirixida polos doutores Bonaventura Clotet e Josep María Gatell, e no que traballan conxuntamente o IrsiCaixa, o Hospital Clínic e laboratorios Esteve.

Unha potencial diana terapéutica

Segundo os especialistas, unha das causas polas cales aínda non hai cura para o VIH é que este infecta as células do sistema inmunitario encargadas de activar a resposta que tería que frear a infección. Concretamente, o VIH ten como principal diana uns glóbulos brancos chamados linfocitos T CD4, que reciben este nome porque teñen a proteína CD4 na súa membrana. Os máis de vinte fármacos dispoñibles hoxe no mercado actúan bloqueando o ciclo que segue o VIH para infectar estes linfocitos T CD4, pero non curan porque non conseguen eliminar de todo o virus do organismo.

A investigación demostra cal é a molécula das células dendríticas que captura o VIH para iniciar a súa rápida propagación polo organismo. "Tiñamos a chave -explica Martínez-Picado- e agora encontramos o fecho. O enigma está resolto. Xa estamos a traballar no desenvolvemento dun fármaco que bloquee este proceso e que permita mellorar a eficacia dos tratamentos actuais contra a sida". Pola súa banda, Nuria Izquierdo-Useros explicou: "observamos que a proteína que actúa como fecho para a entrada do VIH tamén podería facilitar a entrada doutros virus e polo tanto o achado tamén podería levar ao desenvolvemento de tratamentos para outros infeccións que utilizan esta vía de propagación".


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Morre o histórico socialista Ceferino Díaz
O político galego Ceferino Díaz faleceu. Así o confirmaba Laura Seara, compañeira de partido, na rede social Twitter: "Triste noticia. Morreu Ceferino Diaz, socialista e galeguista. Líder, agudo, intelixente e lúcido. Vaise unha parte dá historia do PSdeG".

A axencia Europa Press tamén confirmaba o seu falecemento este domingo aos 65 anos de idade --1947, Escairón (O Saviñao)--. Foi deputado no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados, así como secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela.

Licenciado e graduado en Ciencias Económicas na USC, Ceferino Díaz foi profesor de Economía Aplicada e autor da obra 'A esforzada conquista dá autonomía 1979-1981. Unha ollada desde ou socialismo galego'.

En 1972 afíliase ao PSG, onde desempeña o cargo de responsable das mocidades e máis tarde á fronte da educación. En 1977 forma parte da candidatura do PSG por Lugo ao Parlamento español, nas que foran as primeiras eleccións democráticas.

Foi en 1978 cando abandona o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, formando parte do Colectivo Socialista Galego. Un ano máis tarde é nomeado secretario de Relacións Políticas da formación e de 1980 a 1982 desempeña o cargo de vicesecretario xeral do partido, onde participa activamente nas negociacións para a elaboración e, nunha etapa posterior, reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.

En 1981 encabeza a lista socialista ao primeiro Parlamento galego pola provincia de Lugo, e convértese no portavoz parlamentario nesa lexislatura, prosegue como parlamentario na seguinte lexislatura 1985-89, na que é elixido presidente da Comisión de Economía do Parlamento.

Nas seguintes dúas lexislaturas (1989-93 e 1993-97) Ceferino Díaz é parlamentario galego pola provincia da Coruña, e é de novo elixido presidente da Comisión de Economía. Tamén desempeñou o labor de deputado no Parlamento estatal pola provincia da Coruña e de secretario xeral do PSdeG-PSOE de Compostela.


Jorge Vázquez Docarme 2º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Unha moza con síndrome de Down reclama o seu dereito a votar

Un xulgado civil de Ferrol debe decidir sobre a petición dunha muller de Narón con síndrome de Down que quere votar nas eleccións. Esta semana concluíu toda a fase das dilixencias e tan só queda a resolución xudicial. O asunto chegou aos tribunais por iniciativa dos pais da moza, incapacitada en grao absoluto desde a súa maioría de idade no 2001, que como teñen a súa patria potestade exercen a acción no seu nome, apoiándoa.

Ambos explicaron ao tribunal que a súa filla mostrou nos últimos anos moito interese por todos os asuntos de índole política, ata o punto de que nas últimas eleccións accederon a levala a un mitin, pola súa insistencia. Aínda que os proxenitores pensaron ao principio que sería unha inclinación pasaxeira, a muller insiste en participar activamente nos procesos electorais e coñecer todo o proceso de designación de gobernantes. O mitin ao que asistiu reforzou aínda máis este interese.

Os pais explicaron ao tribunal que non é un simple capricho e, por iso, tras asesorarse, souberon que existen precedentes de que a unha persoa incapacitada, como é o caso da súa filla, pódeselle restituír un dereito parcial, mantendo o resto da súa invalidez. Por iso pediron ao xulgado que se lle restableza o seu dereito como elector pasivo, é dicir, que apareza nos censos electorais e poida acudir a votar cando se convoquen comicios.

Apoio de doutora e fiscal

Cando a muller manifestou o seu desexo de votar, o matrimonio expúxollo en primeiro lugar á súa médica de familia do Sergas. A doutora apoiounos na súa iniciativa e incluso emitiu un informe favorable que foi entregado ao xuíz. Tampouco se opuxo o fiscal que interveu no proceso, cuxa participación resulta obrigada ao tratarse dunha persoa cunha incapacidade absoluta.

O xulgado civil completou todo o proceso. Escoitou o testemuño dos parentes máis próximos e examinado á moza, así como o ditame pericial médico oficial, é dicir, realizado por un forense. Este informe da subdirección local do Imelga é igualmente favorable á restitución do dereito ao voto da moza.

De ser acordado finalmente quedará ordenar os cambios no Rexistro Civil porque en anotación á marxe figura a declaración de incapacidade absoluta da moza e por iso non pasa logo o seu nome aos censos electorais. Ao parecer, o desta veciña de Narón non é un caso illado porque na xurisprudencia figura unha nova sentenza respecto diso ditada por un tribunal vasco.

Sentenza do ano 2001

O Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol declarou incapaz en grao absoluto no ano 2001 á moza, que demanda agora o seu dereito ao voto, aínda que non a ser elegible, ao menor por agora. Así mesmo, a sentenza outorga a patria potestade aos seus pais, tal como contémplao o Código Civil. Entón anotouse esta resolución de incapacidade na inscrición de nacemento da moza.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
POR UNHA SELECCIÓN GALEGA XA!!
Primo de Rivera, Franco e Feijóo teñen algo en común ao falarmos da historia do deporte galego: os tres prohibiron a celebración da selección galega de fútbol ao gobernaren. Desde aquel encontro en 1922 a participación internacional do noso pobo estivo proscrita e aínda hoxe segue a ser perseguida en beneficio da marca España. Galiza conta, desde 1995, cun grupo de persoas decididas a reivindicaren o dereito que teñen outras nacións do mundo, mesmo sen teren estado, a participaren do deporte con liberdade. Siareir@s galeg@s nace ese mesmo ano coincidindo coa posta en común deste desexo por parte dos grupos de apoio ás equipas máis importantes do noso país: Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, SD Compostela, o CD Lugo e o Ourense. Por esas datas reúnense Celtarras, Fendetestas, Compostolos, Radikais Vermelhos, Muralha Norte e os daquela acabados de crear Grei Gentalha.

Neses primeiros anos sucédense as actividades reivindicativas que contaron co apoio, entre outros, da Revista Bravú, creada por Xurxo Souto. Eran os tempos en que a música era quen de ir contra o mundo. As equipas galegas tiñan bos resultados, o celta quedou segundo na Copa de España en 1994 e o Deportivo campión da Copa do Rei e da Supercopa, e animaba a posibilidade de dispor dunha selección propia como Euskadi e Catalunya.

En 1997 celébrase na Estrada un partido, e posterior concerto, entre profesionais do mundo da cultura e a comunicación. Dese día quedan as imaxes de “xogadores” como Alfonso Eiré, Antón Reixa, Xosé Cid Cabido, Xosé Manuel Pereiro, Moncho Viña, Manuel Rivas, Rómulo Sanjurjo, Xurxo Souto ou Paco Lodeiro. A revista Bravú sacaba un especial acompañado dun álbum musical co nome de Selección Xa! Contaron coa participaron dos xogadores Fran, Xosé Ramón e Nacho, que despois foron vítimas dos ataques da prensa deportiva de Madrid. O cansazo e os atrancos ao proxecto fan que o decidido apoio ao deporte galego de Siareir@s Galeg@s quede en silencio por uns anos.
Catro anos de normalidade
En 2005, coa chegada ao goberno galego do BNG e o apoio explícito a termos seleccións nacionais, reactívase cunha asemblea de Siareir@s Galeg@s á cal asisten colectivos, asociacións e outros sectores da vida social galega. A transición democrática no noso deporte chega setenta anos despois e normalízanse os partidos como acontecía desde hai tempo noutras nacións como Euskadi e Catalunya.

Galiza xoga contra Uruguai en Compostela (3-2), Ecuador na Coruña (1-1), Camerún en Vigo (1-1) e Irán na Coruña (3-2). Tamén en 2007 a selección feminina comeza a súa andaina de amistosos cun primeiro encontro contra Catalunya. En 2009 a historia dálle as costas á nosa selección e a vitoria nas eleccións do PP tenta eliminar outra vez os partidos da "Irmandiña".

Siareir@s Galeg@s segue
Desde 2009 Siareir@s Galeg@s organiza todos os encontros da selección ademais de promocionar as seleccións doutros deportes, mesmo os tradicionais, como a billarda. "Falamos cos clubs, xogador@s, embaixadas e hai moitos atrancos", recoñece Xosé Viana, un dos seus membros. Galiza xogou estes últimos anos contra un combinado de Paraguai en Compostela(9-0), contra Palestina en Ourense (6-3) e contra equipo da República Árabe Saharauí Democrática en Teo. Nesta última etapa os partidos son mixtos e loitan contra os impedimentos da federación, institucións municipais e provinciais e do goberno galego. "Hai xogador@s que chaman para participar e logo os clubs prohíbenlles asistir". Este ano Kurdistán é un reto. "É unha selección oficial dunha nación ocupada e hai que conseguir visados para que viaxen...".

Manteñen contactos con ESAIT e a Plataforma pro seleccions catalanes, entidades cos mesmos obxectivos nos seus respectivos países, e apostan por deportes en que poidan xogar a nivel internacional, como é o caso do fútbol gaélico. "Haberá unha liga e unha copa propias en pouco tempo". Saben que loitan contra entidades privadas como a propia FIFA "que admiten a quen queren" e contra as federacións galega e española.

29 de decembro ás 21h, Galiza vs. Kurdistán
Este ano Siareir@s Galeg@s prepara outro encontro internacional para a selección galega. Será o 29 de decembro en Pontevedra. A xornada comezará cun xantar popular, música e deportes tradicionais (13:30 horas). Continuará cunha manifestación desde a Praza da Ferrería (19 horas) até o Campo de Fútbol da Xunqueira, na zona universitaria, onde haberá unha demostración de fútbol gaélico (20 horas) e a homenaxe ás deportistas galegas (20:50 horas).

O partido amistoso Galiza-Kurdistán (21 horas) será o remate da xornada deportiva. Despois virá a música no recinto feiral (23:30 horas), coas actuacións dos grupos Rebeliom do Inframundo, Arenga, Falperrys e Berri Txarrak.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal