Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha subvención estatal dá continuidade a Ociourense no 2012

O concello de Ourense continuará o próximo ano con Ociourense, o programa de actividades saúdables para a xuventude. O Ministro de sanidade acaba de conceder una axuda a institución municipal de 46.550 euros con cargo cos fondos de bens recuperados por tráfico de drogas e outros delitos relacionados. O Concello destina pola súa parte 19.950 euros. Ociourense inclúe un programa de actividades lúdicas, deportivas, culturais e formativas como alternativa á diversión asociada ao consumo de drogas, principalmente, bebidas alcohólicas. As previsións apuntan a que participarán ao redor dun millar de mozos nestas actividades.
Noelia Gómez Nogueira, 1ºBac B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Novas adaptacións da normativa vial.

A normativa vial non é algo estancado no tempo, senón que cada tempada as normas varían ata adaptarse ás circustancias e, sobre todo, novas formas de conducir e moitos dos que hoxe en día están en posesión do permiso de circulación poden quedar obsoletos en coñecementos como o correcto acceso á rotonda.
Para solventar estas carenzas, a Asociación provincial de Autoescolas e a Dirección Xeral de Tráfico buscaron a colaboración da diputación no segundo proxecto 'Coñecer é vivir', que todos os xoves se impartirá nos centros de condución de Ourense de seis á oito da tarde. A el poden acceder de forma gratuita os interesados, porén os seus organizadores pensan sobre todo nos conductores de maior idade.
Para presentar a iniciativa compareceron o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; o vicepresidente da Asociación de Autoescolas, Manuel González, e o presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar.
Ademais do curso semanal, a iniciativa 'Coñecer é vivir' conta cun apartado específico para os conductores que se inician no mundo vial. Para eles, presentaron un cuestionario baseado en accidentes, situacións que se dan cada día nas cidades españolas, cuxas preguntas distan moito das convencionais .Na primeira edición do proxecto, participaron uns 500 alumnos de 30 municipios e 24 autoescolas.
Noelia Gómez Nogueira, 1ºBac. B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2011 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Auria lembrou a Blanco Amor.
Onte era o día no que se cumprían 32 anos do pasamento do autor ourensán e ninguén quixo deixar escapar a ocasión para renderlle homenaxe. No cemiterio de San Francisco déronse cita personalidades coma o presidente da Deputación, José Luis Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura, Isabel Pérez; o director da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, ou o presidente do Pen Clube (entidade organizadora), Luis González Tosar. Xunto a eles, numerosos rostros da política e a cultura ourensá, ademais dos alumnos do instituto que leva o nome de Blanco Amor. Previa á ofrenda floral, musicada pola Real Banda de Gaitas, foron pasando as palabras de loubanza á vida e obra do escritor, que resumiu a alumna Nuria Rodríguez nun repaso pola súa biografía ó que lle deu comezo cun anaco da obra cumio do ourensán, A Esmorga.
No medio de todo, González Tosar lanzoulle unha petición á institución provincial e á editorial Galaxia para sacar adiante unha publicación dos fondos sobre Blanco Amor depositados na Deputación, sobre todo da parte epistolar. Baltar recolleu a petición afirmando que é algo que debemos facer para revindicar a personalidade do autor, natural dunha cidade que pasou de ignorar a Eduardo Blanco Amor a sentirse orguiosa del.



Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2011 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para o queixo Pazo de Anzuxao

O queixo Pazo Anzuxao da Fábrica de Queixos lalinense Pazo de Anzuxao recibiu onte, durante a celebración da XIV Cata dos queixos e a X Cata dos Meles de Galicia que tivo lugar en Melide (A Coruña) baixo a presidencia do xefe do Executivo Galego, Alberto Núñez Feijóo, o primeiro posto e a distinción de ouro do concurso na categoría da Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) Arzúa-Ulloa.
Dentro do Cata dos Queixos hai catro categorías distintas, que coinciden coas catro Denominación de Orixe Protexidas que temos en Galicia: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro.
O certame está organizado pola Consellería de Medio Rural en colaboración cos diferentes consellos reguladores dos queixos e do mel de Galicia polo que o conselleiro Samuel Juárez foi o encargado de abrir a gala e dar a benvida aos asistentes, entre os que figuraba unha ampla representación de produtores, industria e distribuidores.
Durante a súa intervención, o titular de Medio Rural destacou ademais o peso económico dos queixos e o do mel con selo de calidade. Así, en relación coa produción de queixos galegos amparados por unha denominación de orixe, advertiu que na última década o seu crecemento superou o 56%, pasándose de producir algo menos de 4.000 toneladas no ano 2000 a case 6.000 no 2010.
TRADICIÓN
Se algo distingue aos queixos de Pazo de Anzuxao é a súa aposta pola tradición e pola calidade. Cando un visita as instalacións da Fábrica de Queixos Pazo de Anzuxao en Madriñán, Lalín (Pontevedra) o primeiro que lle chama a atención é o incomparable marco arquitectónico e paisaxístico no que están situadas. Enmarcada dentro dun dos maiores exemplos de arquitectura civil da comarca do Deza, as instalacións da Fábrica de Queixos forman parte do restaurado Pazo de Anzuxao, unha construcción devolta, mediante un coidado proceso de rehabilitación, á súa primitiva función de explotación agraria e agrícola.
Con este entorno é normal que a visita á Fábrica de Queixos Pazo de Anzuxao esté incluída dentro do programa da Deputación Provincial de Pontevedra “Coñece a túa provincia”. Pero é que ademais do entorno, a fábrica de queixos conta con moitas cousas que ver para o visitante, como o proceso de elaboración dos seus queixos que manteñen a esencia da tradición en todos os seus procesos, dende o tipo de leite utilizado –de explotacións agrarias da comarca- ata o moldeado final dos seus productos, que mantén a tradición de facerse de xeito manual.
PROCESO
Na actualidade a Fábrica de Queixos Pazo de Anzuxao é unha referencia para o sector dos queixos galegos, tanto pola calidade dos seus produtos, como polo seu peculiar sistema de distribución, que non se fai en tendas, senón a través da rede de vehículos comercias cos que conta Pazo de Anzuxao e do punto de venta na Fábrica.
Para os seus queixos, Pazo de Anzuxao utilíza leite pasteurizada de vacas da comarca. Ademáis, coa intención de respetar o xeito artesanal de elaborar os seus produtos en Pazo de Anzuxao úsase a tecnoloxía xusta nos procesos para non variar o seu sabor tradicional, atendendo ao tempo á máxima hixiene.Os queixos Pazo de Anzuxao, que recibiron ao longo dos anos múltiples premios e recoñcecementos, teñen un sabor lácteo, manteigoso e lixeiramente ácido. O seu olor é suave lembra, no seu conxunto, ao leite do que procede. Cunha corteza fina e elástica, dunha cor amarela palla natural. A súa pasta, blanda, cremosa e uniforme, con poucos ollos e moi repartidos. A súa cor oscila entre o branco-marfil e o amarelo.
DISTRIBUCIÓN
Actualmente, entre vendedores e empregados para a fabricación, Pazo de Anzuxao conta cun plantel de persoal formado por 16 persoas que se actualizan continuamente, en normas de hixiene e manipulación de alimentos. A venta dos queixos, como comentabamos anteriormente, realízase maioritariamente de xeito directo ao consumidor. Para elo, a firma conta cunha flota de oito furgonetas que todos os días saen a repartir o queixo directamente da cámara de conservación da Fábrica ao cliente. As rutas de distribución exténdense polas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña e permiten trasladar os produtos de Pazo de Anzuxao directamente dende a súa fábrica á boca dos clientes.
Noelia Fernández Paradela 1ºBac.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2011 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pontevedra convértese no fogar da cultura galega
Máis de 24 actuacións musicais, 20 obras de teatro en directo, unha trenitena de actividades relacioadas co mundo do libro, múltiples presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imáxenes de propostas audivisuais que axiña chegarán aos cines galegos. Todo iso e moito máis poderán ver as persoas que acudan esta fin de semana a Pontevedra, donde hoxe comezou a Feira das Industrias Culturais de Galicia.

Serán tres días moi intensos, cheos de música, audiovisuais, artes escénicas, novas tecnoloxías, literatura e progamación infantil.

No espacio adicado aos nenos terán todos os días actividades específicas, coma obradoiros de arte urbano que comezarán á primeira hora da mañá, ademais do teatro e da música. Mañá, sábado, os pais poderán levar aos seus fillos a aprender boas prácticas alimenticias coincidindo coa presentación da colección Cociña Infantil e Familiar. E o domingo, os pequenos poderán pasar un bo día no Galeoke e no espectáculo de Mama Cabra.

A literatura e os escritores ocuparán o salón principal. Haberá presentación de novedades editoriais e conversacións informais cos lectores e periodistas. Antonio Piñeiro, Federico Cocho e Xulia Alonso pasaron hoxe por Culturgal. E mañá, Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda mantendrán unha conversa sobre a adaptación ao cine do libro Todo é silencio, ofrecéndolle en exclusiva as primeiras imaxes da película.

Elena Corral Fernández 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-12-2011 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Estréase o AVE entre A Coruña e Ourense

Todo está preparado para a posta en marcha do AVE entre Ourense e A Coruña. Estrearase o próximo 10 de decembro. O pasado 2 de decembro presentouse á prensa un dos trens, Avant que estreará a liña.

A viaxe costará catro euros máis que o servizo que RENFE presta entre as dúas cidades, xa que o prezo da viaxe será de 22,50 euros. Mais existen algúns beneficios desta nova liña, por exemplo os servizos de RENFE tardaban dúas horas e 10 minutos en realizar o traxecto, sen embargo, os Avant aforrarán moito tempo, xa que eles o realizarán nunha hora e oito minutos. Máis dunha hora de desconto para os pasaxeiros.

Existen formas de conseguir unha serie de descontos. Se o viaxante compra o billete de ida e volta rebaixaranlle o 10%, quedándolle o prezo en 15,34 euros. Ademais, aqueles usuarios que realicen todas as semanas traxectos con este servizo poderán adquirir bonos de 20 ou 40 viaxes. Cos bonos de 40 viaxes custaranlle 10,51 euros e estes aforros teñen unha porcentaxe de redución entre o 32% e o 53%. Tamén terán a súa disposición a tarifa mesa, que consiste en que aqueles viaxantes que fagan o traxecto en familia de catro membros poderán realizar este percorrido polo prezo de dous.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-12-2011 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Rembrandt segue pintando

Un grupo de investigadores holandeses de arte descubriron un cadro até o de agora descoñecido de Rembrandt (1606-1669), o retrato dun home cunha espesa barba branca, segundo informou hoxe a televisión pública do país, NOS.

A obra, chamada Home con barba, foi ao parecer pintada por Rembrandt van Rijn ao redor de 1630, coincidindo coa última época da súa estadía na súa cidade natal de Leiden (sureste de Holanda.

Segundo un dos investigadores, Ernst van de Wetering, conseguiuse confirmar a autoría do mestre do Século de Ouro holandés grazas a unha avanzada técnica de escáneres coa que viron que o cadro se pintou sobre un autorretrato de Rembrandt.

O coleccionista particular que posúe a obra prestaraa temporalmente á Casa Museo de Rembrandt, en Ámsterdam, que o vindeiro maio incluiraa nunha exposición. A información non facilitou as dimensións do cadro, pero polas imaxes divulgadas parece ser de pequeno tamaño.

Dende o 2008 non se descubriu ningún novo traballo do famoso pintor holandés, coñecido polo seu dominio da técnica do claroscuro.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-12-2011 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal