EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O apalpador percorre as rúas de Allariz

O xoves pasado chegou o Apalpador ás rúas de Allariz para satisfacción xeral de maiores e nenos. Vindo das terras orientais do Courel, distribuíu castañas e sorrisos a quen acreditou nel e con fe escribiu unha carta de modesto pedimento para este Nadal.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-12-2011 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Dinamizar un museo baleiro.

O Museo Galego do Viño (MGV) naceu como o proxecto dun centro especializado na cultura tradicional relacionado co cultivo da vide e a elaboración deste produto, a súa pegada no territorio e o patrimonio material e inmaterial relacionado con esta cuestión. O novo centro dependerá do Museo Etnolóxico de Ribadavia (á súa vez xestionado desde a Consellaría de Cultura) e estará situado no mesmo concello, en concreto na Reitoral de Santo André de Camporredondo. Aínda que estaba previsto que o centro abrise as súas portas xa a comezos de 2010, a falta de investimentos para realizar a montaxe museográfica ten desde aquela paralizado o proxecto. Segundo lembra Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico, “logo de dous anos de parálise, a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, auxilida informativamente por técnicos do Museo e sectores sociais da Comarca e de Ourense” iniciou contacto coa Xunta para “manifestar o seu desacougo diante do horizonte que se albiscaba”

desde o Museo Etnolóxico están a preparar “unha pequena exposición sobre o proxecto arquitectónico e museográfico o MGV, que intentamos ter preparada para os vindeiros meses”. Ademais “está a piques de saír do prelo un libro sobre catalogación dunha escolma de fondos da colección vitivinícola do Museo Etnolóxico, que se integrarán na exposición do MGV e que constitúe o número 1 dunha serie monográfica”. Estas serán só as primeiras de toda unha serie de accións que tanto o Etnolóxico como a Asociación de amigos queren desenvolver ao longo de 2012.Mentres, no Museo continúan co traballo de obtención e traslado de pezas para fondos do futuro centro e na revisión do proxecto museográfico.

A historia do MGV vén de longo comeza xa en 1996, cando o Etnolóxico de Ribadavia comeza as negociacións para conseguir que o arcebispado ceda á Xunta da Reitoral de Santo André con vistas a instalar alí o novo equipamento. No 97 asinouse o convenio, entre 2003 e 2004 desenvolvéronse as liñas museolóxicas xerais e realizáronse diferentes estudos xeográficos, antropolóxicos, historiográficos, filolóxicos e agronómicos para complementar o proxecto. En 2005, unha vez superados os pertinentes concursos e proxectos, a Consellaría de Cultura acordaba iniciar as obras de rehabilitación arquitectónica da reitoral con vistas a adaptala á súa futura función. En total foron 1.150.000 euros os que se investiron neste proceso. Canda a isto tamén se encargou a elaboración do proxecto museográfico do centro (150.000 euros) que a empresa E-Burbulla elaborou ao longo dese ano e que foi supervisado polo Museo Etnolóxico. Naquel documento, aprobado xa daquela, prevíase un prazo de nove meses para o equipamento do centro e a súa apertura, para o que cumpría un investimento de 1.551.000 euros. Segundo lembra o director do Museo de Ribadavia o proxecto implicou “16 anos de traballo constante e ininterrumpido” no que se inclúe desde a elaboración do proxecto e as reformas ata a adquisición de novos fondos temáticos desde o centro que dirixe, ou a catalogación e incorporación de bibliografía específica á biblioteca do mesmo.

Noelia Fernández Paradela nº5
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Vida en branco e negro.


Se tes certo lado snob e te sentes de marabilla unha paréntese de frivolidade a determinada hora do día para relaxarte e cambiar `o chip´, editorial Nórdica acaba de sacar un libro á túa medida: "Vanity Fair, cuestionarios Proust". Está luxosamente ilustrado polo caricaturista que traballou para Warhol e reúne as enquisas publicadas por esa revista coa flor e nata da jet mundial. Todas seguian o célebre guión que se atribue a Proust, pero que en realidade era un xogo de salón que destacou en París do século XIX, porque perfilaba un retrato do mais cabal e sospeitoso de todo o que se prestaba a respondelo. Por exemplo, a pregunta: ¿qué cambiaría vostede de sí mesma se puidera?, Brigitte Bardot respondeu: "De mín nada. Dos demais , todo". E a de: ¿A qué lugar foi na súa viaxe favorita?, Gore Vidal dixo: "Á cama; Doris Day: "Ao supermercado"; Walter Matau: "Á cociña"...Falando de viaxes, unha bonita e estimulante maneira para viaxar ao Magreb esta fin de semana, sen moverse de Madrid, é darse unha volta polo Círculo de Belas Artes. A exposición "Magreb, dos orillas" trasládanos a un mundo de impactante beleza. A dos países do té e do xazmín. As paredes de cal branca e azúl. As mezquitas, as pateras e a confrontación de culturas. Case por arte de maxia, os nove artistas reunidos nesta mostra convocan con deslumbrante precisión a sensibilidade ancestral dos seus países de orixe: Marrocos, Arxelia, Túnez... E o fan na mais exquisita linguaxe contemporánea.

Tania Airas 1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2011 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
O PARLAMENTO DESPIDE 2011 COA CONMEMORACIÓN DOS SEUS 30 ANOS
última semana na que habitualmente se concentra parte da actividade parlamentaria máis importante do curso acollerá, nesta ocasión, xornadas de intenso traballo con tres sesións, a que servirá para conmemorar os 30 anos desta institución, a que dará luz verde aos presupostos da Comunidade Autónoma para o próximo ano e, finalmente, un pleno ordinario no que, entre outras cuestións, comparecerán os conselleiros de Medio Rural e de Mar, para informar sobre a ampliación da Rede Natura e dos acordos no seo do Consello de Ministros de Pesca.
Así, esta semana parlamentaria comezará cun pleno solemne, este luns, no que está previsto que interveñan os voceiros dos tres grupos parlamentarios --Pedro Puy (PPdeG), Abel Losada (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG)--, así como a xefa do Lexislativo galego, Pilar Rojo.
Para Pilar Rojo, ao cumprirse 30 anos da vida do Parlamento de Galicia, queda acreditado que a Cámara "está consolidada como primeira institución da vida democrática da Comunidade Autónoma" e que se "esforza, a miúdo, por lexislar e buscar solucións, dende un espírito de concordia, aos problemas que máis preocupan aos galegos".

Ao acto deste luns foron invitados exdeputados que, ao longo destas tres décadas, ocuparon un escano no lexislativo autonómico, así como aos representantes das primeiras institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xa o martes, o proxecto de lei de presupostos subirá o último chanzo ata a súa aprobación despois de que se debatan de novo as emendas presentadas polos grupos da oposición a este texto lexislativo. Este proceso culminará o mércores pola mañá, día en que pola tarde empezará o pleno ordinario co debate final da Lei de Acompañamento aos presupostos de 2012.
Tras o trámite desta lei que modifica varias normativas galegas para a aplicación dos números presentados pola Consellería de Facenda, comparecerá o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, seguido da súa compañeira de Mar, Rosa Quintana. Informarán da ampliación da Rede Natura e dos resultados da negociación no seo do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea.

RAQUEL IGLESIAS MEIRIÑO
2ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Nace un museo municipal vivo sobre as Artes do Libro

Madrid conta dende este venres con un novo patrimonio: unha factoría literaria, a nova sede da Imprenta Artesanal Municipal, convertida en museo vivo, donde os libros que alí se imprimen contan ao visitante a súa historia e a da súa feitura. O alcalde inaugurou ao mediodía o recinto e remarcou que Madrid, “unha das capitales culturales de Europa, precisaba de un centro coma éste”. Prensa manual, maquinaria mecánica, linotipias, minervas…mais encadernación, ilustración, deseño e tipografía trazan o curso seguido por a principal ferramenta cultural hasta ahora coñecida, o libro, cuios hitos narra con relato gráfico e prosa amena este museo de novo cuño ubicado no corazón de Madrid. Atópase na rúa de Concepción Xerónima. Apenas a uns metros do edificio tuvo a sua casa o inmortal Diego Velázquez. A fachada da gran fábrica de libros mostra un rótulo onde se le en grandes caracteres Imprenta Municipal. Hoxe traballan no seu recinto casi 50 persoas, doce delas de maneira eventual, baixo a direción de Xosé Bonifacio Bermejo.É un dos principais expertos en Artes Gráficas de todo o país.

Tania Airas 1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2011 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
UN CENTENAR DE PERSOAS A FAVOR DO GALEGO
Un centenar de persoas concentráronse este xoves ante a sede do Valedor do Pobo para pedir a dimisión de Benigno López e denunciar que dende a súa chegada ao alto comisionado perpetrouse unha "auténtica caza de bruxas" contra o idioma galego, poñendo como último exemplo diso o escrito remitido á Consellería de Educación no que ditou unha recomendación contraria ao uso dun libro de texto no que unicamente se recollía o punto un do artigo cinco do Estatuto de Autonomía, en tanto en canto o seu contido "non fose corrixido".
Concretamente, o artigo cinco do Estatuto de Autonomía aborda distintos aspectos sobre as linguas en Galicia. O 5.1 di que "lingua propia de Galicia é a galega", artigo que se reproduce no libro de Coñecemento do Medio de Educación Primaria, da Editora Vicens Vives, no apartado de signos distintivos e Galicia.
Ante unha denuncia presentada na sede do alto comisionado por un militante de UPyD, Benigno López recomenda que a Consellería de Educación "adopte as medidas oportunas para que nos e utilice o libro de texto citado, en tanto o seu contido non sexa corrixido no sentido xa comentado (na exposición de motivos, e que sinala a necesidade de que o departamento que dirixe Jesús Vázquez "actúe dean o sentido de impedir con carácter inmediato que continúe trasladándose ao alumnado unha información inexacta e incompleta, e, polo tanto, falsa"), ademais de transmitir aos alumnos un coñecemento axeitado da regulación constitucional e estatutaria das linguas oficiais.
No artigo cinco, noutros apartados, recóllese que os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e de usalos (2); que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento (3); e que ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua (4).
Ante esta instancia do Valedor do Pobo, e despois de que a propia Consellería de Educación anunciase que se adoptarán medidas para que se envíen aos colexios anexos á páxina deste libro, varios colectivos como o BNG, CIG ou A Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse, convocados pola Plataforma Queremos Galego, na que se integran para denunciar esta situación.
Deste xeito, en declaracións aos medios, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez dixo que para el é "absolutamente lamentable" que as institucións de Galicia estean "en caza de bruxas permanente contra o idioma do noso país". "Nós demandamos ao señor Núñez Feijóo, que ten capacidade de facelo, que pare este despropósito, este absoluto insulto á intelixencia dos galegos", reclamou.
Pola súa banda, o voceiro da Plataforma Queremos Galego e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, argumentou a petición de cesamento ou dimisión do valedor, posto que, ao seu entender, "non está a cumprir coas obrigas do seu cargo". "Dende que foi nomeado, fixo declaracións contra o galego no ensino e na xudicatura, e agora apoiando tamén unha caza de bruxas contra o Estatuto de Autonomía, que recoñece no artigo 5.1 que o galego é a lingua propia de Galicia", incidiu.


María Álvarez Álvarez
2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG sinala que non todos vos anos pódese «ter un Lois Pereiro»
Ferrín: «Pode haber autores menos divertidos, pero todos son importantes»

A Real Academia Galega está a piques de pechar ou libro Lois Pereiro para abrir ou libro Valentín Paz Andrade.

A institución clausurou onte ou congreso sobre ou poeta case como punto final a un ano que distintas voces sinalaron como diferente non histórico dás celebracións do Día dás Letras Galegas.

Ou presidente dá academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, apuntou ao finalizar ou congreso que a institución «escolle ben aos homenaxeados, pode haber autores menos divertidos, pero todos son importantes e todos vos anos non podemos ter un Lois Pereiro.

Para ou presidente dá RAG ou congreso finalizado onte culminou un ano intenso arredor do poeta e non que se demostrou que a academia «pensa ben».

Ferrín explicou que dedicarlle ou día «a Lois Pereiro non era un ningún risco, risco foi cando llo dedicamos a María Mariño».

Admitiu que este ano foi distinto «como é cada ano» engadindo que vos autores poden gustar máis ou menos, pero a academia «é un tanque de pensamento dous mellores do país».

Puxo de exemplo a importancia de Valentín Paz Andrade con que, explicou, «imos poder repasar case todo ou século XX en Galicia e creo que é un asunto moi importante aínda que pareza menos divertido».

Na valoración do congreso, ou presidente apuntou dúas características fundamentais.

«A participación maioritaria non mesmo foron poetas, co que a interpretación dá poesía desde dentro e por tamén tivemos a ollada externa que nos deu Gimferrer e que colocou a Pereiro como un dous grandes de Europa».

Para ou escritor Manuel Rivas ou congreso e as celebracións de Lois Pereiro demostraron que era un poeta que ligaba «ou individual e ou colectivo, unha ponche entre ou eu e ou nós».

Este carácter dá poesía de Pereiro «escenificouse dunha maneira na que as celebracións non foron un culto á personalidade, senón un campo fértil e moi creativo e participativo».

ANDREA ESTÉVEZ 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
O partido foise no inicio

Dous goles do Real Oviedo nos primeiros quince minutos foron determinantes para a derrota do Xuvenil A
REAL OVIEDO (2): Marcos, Tati, Sinchi, Sanchi, Pablo, Borja, Miki, Diego (Viti, m.89), Ernesto, Héctor Méndez (Luis, m.56), Héctor (Cheri, m.70) e Belar (Jordi, m.68).

PABELLÓN (1): Diego, Joshua, Javi, Pablo, David, Toni (Esteban, m.85), Omar (Miguel, m.57), Calviño (Borja, m.6¡57), Antón, Karim e Brian (Vilachá, m.80).

ÁRBITRO: Pablo Nanclares (Oviedo). Amonestó a Luis nos locais e David nos visitantes.

GOLES: 1-0, m.7: Diego. 2-0, m.15: Ernesto. 2-1, m.73: David.

INCIDENCIAS: Partido da 16ª xornada da División de Honra Xuvenil xogado nas Instalacións do Requexón en Oviedo.

COMENTARIO: Derrota do Pabellón no comezo da segunda volta en Oviedo. Os branquiverdes estiveron ausentes na primeira metade, parecía que non baixaran do autocar, e encaixaron dous tantos nos primeiros quince minutos diante dun cadro local preparado para xogar en herba natural. Puido incrementar a vanatxe o conxunto astur antes do descanso pero fortuna non se moveu máis o marcador nunha fase na que os xogadores pabellonistas non dispararon á meta local.

Na segunda parte as cousas estiveron máis equilibradas e o gol de David con dezasete minutos por diante meteu ós pabellonistas no partido. Intentaron salvar un punto nun par de ocasións. A máis clara nunha falta con todos os pabellonistas ao remate e un xogador ourensán disparou petando na barreira -cando todos esperaban un centro á área local- e o árbitro asubiou o final e as cusas quedaron finalmente no 2-1. Agora chega un parón de dúas semanas, suficientes para que o equipo cargue pilas de cara á cita co Atlético Perines do 8 de xaneiro nos Remedios. Bo Nadal a todos.


ARÓN MIRANDA 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cantabile pecha o Galicia Classics con «Dido e Eneas»

A edición do Galicia Classics 2011 concluirá cunha produción integramente galega, a posta en escena de Dido e Eneas, a obra mestra de Henry Purcell, que ofrecerá a coral xuvenil Cantábile en dúas únicas funcións, mañá en Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia, 19.00 horas) e o próximo día 27 na Coruña (Teatro Colón, 20.00 horas). Pablo Carballido dirixe a orquestra, mentres J. Carlos Guerra Silva asume a dirección de escena. Os decorados e o vestiario realizáronse na Coruña.

Henry Purcell (1659-1695) estreou Dido e Eneas nun internado para señoritas de Chelsea. O seu libreto débese ao dramaturgo Nahum Tate (1652-1715) e está baseado na Eneida de Virgilio. A ópera conta a historia de amor de Dido, raíña de Cartago, e Eneas, heroe troyano. Só hai catro papeis principais e unha gran profusión de danzas e coros. Nesta ocasión, os roles de Dido e Eneas recaen en membros da propia Cantábile, Alberto Miguélez (alto) e David González (barítono), respectivamente, dúas novas promesas do canto en Galicia.

É a primeira vez que Cantabile ten a oportunidade de realizar unha produción operística propia. «Trátase dunha proposta na que músicos, coro, cantantes, bailaríns e directores saíron de conservatorios e centros de formación galegos», explica Pablo Méndez, responsable da agrupación. «Nunca antes unha formación deste tipo afrontara un proxecto de tal envergadura en Galicia e esperamos que sexa o primeiro de moitos outros destas características». As entradas para A Coruña xa están esgotadas.

JULIÁN IGLESIAS 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
O moañés Xosé Daniel Costas gaña o décimo Premio de Poesía de Novacaixagalicia
O poeta Xosé Daniel Costas Currás (Moaña, 1981) resultou gañador da décima edición do Premio de Poesía de Novacaixagalicia pola súa obra Monicreques.

O certame, organizado pola entidade financeira e o PEN Clube de Galicia, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase na colección Arte de Trobar, que na actualidade está composta por 18 volumes. A entrega do galardón se celebrará en primavera.

O fallo dérono a coñecer onte a representante de Novacaixagalicia, Paloma Vela, e o presidente do Centro Pen de Galicia, Luís González Tosar, que exerceu de presidente do xurado. O tribunal encargado de ditaminar a obra gañadora entre os 71 orixinais presentados estivo integrado tamén por Emma Pedreira, gañadora da 9.ª edición do certame; Ana Salgado, crítica literaria; Edelmiro Vázquez Naval, escritor; Antón Pulido, artista, e Xabier Castro como secretario.

O xurado, que elixiu o poemario de Costas por unanimidade, quixo destacar «a aposta arriscada por unha estrutura autenticamente novidosa, a teatralidade da mesma, un ritmo e unha musicalidade singulares e unha plasticidade que vai máis alá das imaxes e cromías para construír un mundo poético e pletórico de modernidade, que non por iso deixa de lado a tradición». O premiado forma parte da xeración máis nova de poetas galegos, é membro fundador da Lonxa Literaria de Moaña e autor doutras dúas obras que tamén obtiveron recoñecementos.


Laura Iglesias Vidal 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal