EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O alumnado galego mellora os seus resultados no informe Pisa
O alumnado galego melloró os seus resultados no derradeiro informe Pisa, realizado pola OCDE no 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.

Deste modo, tal e como desprendese dos resultados feitos públicos este martes, Galicia sitúase por enrriba do promedio español en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis que no informe de 2006, e 5 máis que os 481 do promedio español. Nesta principal competencia analizada, e respeto das demáis Comunidades Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, có que sitúase no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademáis, neste campo o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por enrriba do promedio de España e 5 puntos superior o promedio de la OCDE.

En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por enrriba do promedio do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

Tras coñecerse os resultados hoxe deste informe, o director xeneral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, expresou a satisfacción da Consellería de Educación pola mellora na comprensión lectora, competencia que centraba a proba. Ademáis,o director xeneral valorou positivamente a tendencia alcista que se ven rexistrando nestos resultados do alumnado galego, e se comprometeu a que a Consellería seguirá traballando para obter mellores resultados nas próximas probas.

María Gabriela Cortés Díaz, 2ºB bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
De bibliotecas a concellos e vivenda
Na provincia de Ourense o proxecto do Consello da Cultura catalogou 14 escolas de emigrantes

O proxecto de catalogación das chamadas «escolas de americanos» xa cubriu unha primeira fase co inventariado de 113 centros de ensino nas provincias de Ourense e Lugo. No caso da ourensá aparecen referenciadas catorce escolas, repartidas por doce municipios: Boborás, O Carballiño, Coles, Cortegada, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Piñor, A Pobra de Trives (2), Punxín, Ramirás, Verín (2) e Vilamarín. A intervención escolar dos ausentes circunscribiuse a dúas modalidades: de modo individual e de modo colectivo. Segundo o estudo «a modalidade individual comezou a agromar xa non primeiro período dá emigración americana, na altura do século XVII. Vos seus promotores foron vos filántropos indianos, que fixeron achegas económicas en forma de doazóns ou legados testamentarios moi variados»; pola súa banda a modalidade colectiva «alentárona as sociedades de instrución que se foron creando en América desde comezos do século XX. As devanditas sociedades custearon a implantación, dotación e financiamento dás chamadas escolas de americanos, que representaban unha alternativa complementaria e renovada á rede oficial de establecementos públicos de ensino».

Na súa gran maioría os centros promovidos por emigrantes eran «escolas laicas, gratuítas, con programas de estudos modernos e mesmo ás veces con certa orientación técnica, inspirados nos existentes nas repúblicas americanas de acollida». Os proxectos plasmáronse en diferentes modalidades e tipoloxías, desde a construción de novos edificios ao aluguer de locais, pasando polas remesas económicas ocasionais para a mellora das infraestruturas ou de útiles e materiais escolares. Na formulación arquitectónica dos edificios primaron criterios de funcionalidade e hixiene e os recursos pedagóxicos eran pouco comúns nos espazos escolares da época, de feito «con certa frecuencia mesmo este material era enviado desde América». Segundo o Consello da Cultura as accións «dás sociedades de instrución funcionaron como resorte fundamental para a expansión dá rede educativa pola Galicia rural e como axente de modernizador dás aldeas e parroquias destinatarias». As vellas escolas son na actualidade, salvo a de Punxín que aínda alberga actividade docente, edificios públicos, están abandonadas ou pasaron a vivendas privadas ou restaurante.

Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Todas as cidades galegas superan os valores límite de contaminación por óxidos de nitróxeno.
Segundo os datos compilados por Ramón Varela, expresidente de ADEGA e un dos maiores expertos en contaminación de Galiza, a concentración de óxidos de nitróxeno (NOx) no ar das principais cidades galegas superou este ano os límites legais (220 ug/m3 e hora).
Todas as áreas urbanas estiveron nalgún momento por riba dos valores máximos recomendados. Particularmente graves son os casos de Ourense, Compostela, Vigo, Ferrol e Pontevedra, cidades nas que ademáis estes valores máximos superáronse máis veces das legalmente permitidas (18). Estes compostos, altamente tóxicos para a saúde e nocivos para o ambiente, proveñen fundamentalmente dos motores de combustión(tráfico) e da queima de combustíbeis fóseis(térmicas).
Estes compostos, especialmente o NO e o NO2 son altamente tóxicos para a saúde e poden causar danos pulmonares graves. No ambiente, actúan redutores de pH e defoliantes, formando parte da chuvia ácida. A contaminación atmosférica por Nox pode estenderse a zonas moi alonxadas dos centros de produción (principalmente fábricas e cidades) causando a acidificación do solo e contribuindo ao incremento do ozono troposférico.
Para reducir esta perigosa contaminación compriría unha actuación decididas das administracións, nomeadamente a Xunta, que dispón de amplas competencias. Precísase controlar as emisións das industrias na periferia das cidades: FINSA en Compostela, ENCE en Pontevedra, REPSOL na Coruña, OREMBER en Ourense, MEGASA en Ferrol...; as emisións das calefaccións das institucións, grandes instalacións e comunidades e, sobre todo, das emisións provintes do tráfico que nos últimos anos teñen aumentado espectacularmente en Galiza. Por parte da Xunta séguese a apostar por un modelo de transporte baseado no automóbil privado(Plano MOVE, subvencións á merca de coches...) en detrimento do tren, do transporte público e da mobilidade sustentábel. As consecuencias destas políticas, como estamos a ves cos óxidos de N, afectan tamén á saúde, ao ambiente e á fertilidade dos ecosistemas.

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seis personalidades galegas reciben os Premios da Cultura da Xunta

O presidente da Xunta entregou os Premios da Cultura Galega a seis das sete personalidades e entidades distinguidas polo seu traballo e traxectoria noutros tantos campos da creación e a promoción cultural en Galicia. O séptimo premio foi o que concedeu o xurado ao escritor Agustín Fernández Paz, no apartado de letras, queo rechazou por «coherencia idiomática» tras facerse público o fallo.
A ceremonia, que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago o mediodía de onte. Foi un acto de recoñecemento que, en palabras do presidente da Xunta, celebrouse «de xeito humilde e pouco fachendoso, pero certamente sentido. Así é a cultura galega, sen aditamentos propios doutras que se engalanan cheas de vaidade. A nosa cultura aprendeu a arte de facerse grande en silencio, sendo poderosa na súa substancia».
Foi, en efecto, un acto con poco artificio, conducido polo presentador da TVG Alfonso Hermida e cun intérprete para persoas xordas no escenario, no que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, leu a acta do xurado para dar paso inmediatamente á entrega dos galardones, unha escultura original de Silverio Rivas e o diploma acreditativo do premio, que non ten dotación económica, por parte do presidente Núñez Feijoo a Menchu Lamas, Eduardo Alonso, á Fundación Barrié da Maza, a editorial Galaxia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e á productora audiovisual Vaca Films.
Un vídeo recordou a tres das personalidades do mundo da cultura de Galicia fallecidos este ano, á cantante Ana Kiro, o intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego e ao historiador Marcos Valcárcel, cuxas semblanzas arrancaron o aplauso do público, que ocupou medio aforo da sala, integrado por amigos e familiares dos homenaxeados, e con rostros famosos do mundo das artes escénicas, visuais e plásticas como os actores Luís Tosar, Antonio Durán, Manuel Olveira, Rosa Álvarez, o escultor Francisco Leiro, e os pintores Antón Patiño e Quintana Martelo, entre outros.
A orquesta de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba fillo, abriu o acto tocando dúas obras de Rogelio Groba, e o Coro da Ra sorprendeu aos asistentes surxindo do patio de butacas para cantar unha canción que deu paso ó broche ceremonial, que foi o himno galego, interpretado pola orquesta de Cámara e coa voz da soprano Susana Lorenzo.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Callón comparece no Xulgado por criticar a un xuíz que usou «A Coruña»
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Carlos Callón, compareceu hoxe nos Xulgados de Santiago de Compostela tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, ao que criticara por utilizar a «ilegalidade» do topónimo A Coruña.
Callón chegou esta mañá aos xulgados da capital galega, onde se concentrou un grupo de persoas como mostra de apoio, entre as que se atopaba o deputado do BNG Bieito Lobeira e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
En declaracións aos medios de comunicación, Callón explicou que o xuíz Mandián denunciou en 2008 a un veciño da Coruña por solicitar que se lle remitise a documentación en galego e co topónimo oficial, e no xuízo contra el, o maxistrado declarou, «segundo transcendeu nos medios de comunicación», que non tiña «ningún rubor en usar a ilegalidade da Coruña».
«Como presidente da Mesa pregunteille publicamente que outras leis como xuíz non ten ningún rubor por incumprir», sinalou Callón quen asegurou que foi denunciado «por defender o cumprimento da lei que ampara o noso dereito a poder vivir en galego» e por «recordar aos xuíces que, como representantes públicos da Xustiza, deben ser os primeiros en dar exemplo».
«Se é unha inxuria ou unha calumnia dicir que os xuíces ten que cumprir a Lei, terían que procesar a unha boa parte da sociedade galega», apuntou.
Así mesmo, o representante da Mesa indicou que «é a segunda vez» que é citado a declarar como imputado, xa que hai un ano e medio compareceu ante o xuíz «polos mesmos feitos».
«Espero saber cal é o procedemento que se está seguindo neste caso, cando xa hai dous anos que o xuíz decano fixo estas declaracións tan graves e cando xa hai un ano e medio que vin aquí por primeira vez», agregou.
No entanto, Callón apuntou que este «non é un caso illado» de «criminalización» das persoas que defende «o dereito a poder vivir en galego» e asegurou que, «por moito que nos demonicen, seguiremos con esta batalla cívica e xusta» e «non nos calarán».
Neste sentido, Callón acusou á Xunta de andar «a fartar» co noso idioma e criticou a actitude dalgúns conselleiros que se negan a utilizar o galego oralmente, e ata por escrito», e a responder entrevistas en galego na Televisión de Galicia, o que cualificou de «inédito» na historia da Comunidade.
«Isto dános a medida da defensa da lingua galega e do galeguismo que profesa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo», criticou Callón, que lamentou que «quen debería dar exemplo de uso e de defensa do noso idioma realmente estea a servir como exemplo contrario».
«O artigo quinto do Estatuto de Autonomía é clarísimo, é obrigación dos poderes públicos, xa que logo da Xunta de Galicia, potenciar e defender o uso do noso idioma», concluíu.

Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nefasta I+D+i da Xunta
Centos de persoas denuncian en Santiago o "desmantelamento" da investigación en Galicia •• Das 289 prazas convocadas de media polo bipartito, pasouse ás 15 actuais, din
Laboratorios baleiros e proxectos que se paralizan. Este é o futuro que lle auguran os mozos inves¬tigadores á ciencia en Galicia. Baixo o lema "A sociedade galega rexeita a nefasta política de I+D+i da Xunta porque lastra o desenvolvemento de Galicia", máis de medio milleiro de persoas manifestáronse onte ante a Xunta para protestar pola "mísera" convocatoria de 15 prazas para o programa Parga Pondal que realiza a Xunta para este ano. Precarios-Galicia estima que uns trescentos investigadores descoñecen se terán traballo nos vindeiros meses.
A principios do seu mandato, o Bipartito puxo en marcha o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite). O documento deseñaba un itinerario para poder desenvolver unha carreira inves¬tigadora na comunidade con seis tipos de contratos pagados pola Xunta para que os investigadores e técnicos escalasen dun a outro ata obter un emprego estable. Podían traballar tanto para as universidades como para os Organismos Públicos de Investigación (OPIS), entre os que se atopan o CSIC ou no Instituto Español de Oceanografía. Actualmente hai en Galicia unhas 850 que se benefician dos programas financiados pola Xunta de Galicia.
Pero o Incite caduca a finais deste ano e a Xunta aínda non aprobou o seu substituto. O mércores o presidente Alberto Núñez Feijóo referíase no Parlamento ao novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento como arma para sacar a Galicia da crise. Pero de momento só existe un borrador que o venres pasaba polo Consello de Universidades e no que non se detalla se se manterá a carreira investigadora deseñada polo Bipartito. "Non sei que vai pasar", confirma o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long. "Temos as grandes cifras, o que se quere facer, o para que, pero fáltanos o como", ex¬plica. O compromiso da Xunta é que entre 2011 e 2015 investirá en I+D+i 184,2 millóns de euros. Destes, só o 35% irá ás universidades, que son as que contratan ó groso dos investigadores.
Os investigadores que onte protestaban en San Caetano non son optimistas ante o novo plan. "Falan de millóns de euros, de grandes edificios pero queremos saber o número de contratos e de proxectos científicos", explicaba onte Beatriz Blanco, voceira de Precarios-Galicia. Os mozos investigadores móstranse escépticos ante os pasos dados polo Executivo de Feijóo nos últi¬mos 18 meses. En 2009 produciuse a primeira caída na convocatoria de prazas e este só sacan 15 para o Parga Pondal destinado a doutores con varios anos de experiencia e formación no estranxeiro. Ademais os contratos pasan de cinco a tres anos.
Segundo Precarios Galicia, este ano deberían de entrar no sistema uns 70 investigadores e outros tantos tecnólogos. Ademais, unhas 135 persoas non poderán ascender no itinerario da carreira científica por ter que pasar dun programa a outro para o que non hai convocatoria.
Pero o problema transcende o ámbito laboral e temen que se desmantele o sistema científico galego que estaba comezando a asentarse coa escusa da crise. "No canto de emular a países como Alemaña ou Reino Unido que están preservando a investigación dos recortes presupostarios, conscientes de que é a receita de futuro contra a crise económica, a Xunta decide aniquilar o noso sistema científico", subliña o manifesto de Precarios-Galicia.
Beatriz Blanco, incidiu, tras o consello Galego de Universidades do pasado venres, no "temor" provocado por que o Goberno galego "dea a entender que se vai borrar dun plumazo a investigación básica", ao facer promoción da aplicada. O titular de Economía, Javier Guerra, resaltara que a nova orde de subvencións primará aqueles proxectos "con rendibilidade empresarial". "A investigación que se fai nas empresas aplicadas é necesaria, pero vive da básica, que non dá diñeiro pasadomañá senón a longo prazo e tense que facer nas universidades e nos centros públicos, que dependen do Plan Incite e dos fondos públicos", explicou.
A consellería de Economía defende a implicación da Xunta
A consellería de Economía e Industria, con competencias na materia, defendíanse onte dos ataques. "A Xunta leva investidos 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación, o que demostra a aposta do Goberno galego neste campo", subliña o gabinete que dirixe Javier Guerra e salientou como "próxima" a convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, que "será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios para obter un sistema dimensionado". Tamén o presidente Feijóo dixo que que as prazas de investigadores convocadas para o próximo exercicio responden a un "acordo" coas tres universidades.

Sara Velasco, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega rende homenaxe a Luis Seoane no centenario do seu nacemento
O acto desenvolverase o vindeiro sábado 18 de decembro, a partir das 12.30 horas, no cemiterio coruñés de Santo Amaro
A Real Academia Galega está a preparar unha homenaxe pública a Luis Seoane polo centenario do seu nacemento. O acto desenvolverase o vindeiro sábado 18 de decembro, a partir das 12.30 horas, no cemiterio coruñés de Santo Amaro, o que permitirá á RAG estender a homenaxe «a todos os galegos ilustres» soterrados no camposanto coruñés, entre os que se atopan, ademais de Luis Seoane, persoeiros como Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Antón Villar Ponte.
Esta homenaxe está organizada pola RAG en colaboración co Concello da Coruña e a Fundación Caixa Galicia. Na sede desta entidade terá lugar o mesmo día, ás 19.30 horas, outro acto no que intervirán o presidente da Academia, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e o presidente da fundación, José Luis Méndez López.

Andrea Estevez Álvarez, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
O colapso dos aeroportos europeos cancela 69 voos con España

O temporal de frío que azouta a gran parte de Europa obrigou a varios aeroportos españois a cancelar 69 voos con orixe ou destino en seis aeródromos de Reino unido, Alemaña e Italia, segundo fontes de AENA.

O máis afectado ás 15.00 horas era o aeroporto de Gatwick, coa cancelación de 32 voos, seguido de Heathrow, con 28 voos suspendidos. O mal tempo en Frankfurt tamén levara a cancelar 5 voos, mentres que se rexistraban 2 voos afectados con orixe ou destino en Florencia e 1 en Bristol e en Munich.

Os principais aeroportos de Reino Unido, Bélxica e Holanda rexistran cancelacións e importantes atrasos, mentres que Alemaña recupera lentamente a normalidade e os maiores aeroportos do país están en funcionamento, aínda que de forma algo precaria, xa que moitos acumulan atrasos e anulacións en moitas das súas rutas.

En Italia, o aeroporto de Orio ao Serio, próximo a Milán, aos poucos recupera a normalidade, despois do peche de onte pola tarde de dúas horas de duración que levou á aeroliña de baixo custo Ryanair a suspender 28 voos, entre eles varios con destino a España.


Julian Iglesias 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Valle-Inclán paséase pola Alameda 74 anos despois da súa morte
Estes días estivo a pasear pola Alameda de Santiago de Compostela. Como se o tempo non pasase. Alí estaba el, cos seus quevedos, coa súa barba, a capa, o chapeu... Porque cando un ve a don Xerardo Pardo de Vera caracterizado como Valle-Inclán, realmente se cre que está ante o pai do esperpento, malia que a súa razón lle diga que é totalmente imposible.
A explicación a tan surrealista escena era a rodaxe do docudrama Este que vedes aquí, dirixido polo realizador José Luis García Sánchez, dobre gañador do Premio Goya e responsable de fitas clásicas do cine español como Las truchas ou Tranvía a la Malvarrosa, amen de dúas obras do xenio de Vilanova de Arousa, Divinas palabras e Tirano Banderas.
O filme está financiado pola Sociedade Española de Conmemoracións Culturais, e no seu equipo figuran dous pesos pesados como Juan Luis Galiardo e Juan Diego, que interpretan a Juan Manuel de Montenegro e ao Marqués de Bradomín, respectivamente. O único membro do reparto que non é un profesional da actuación é o propio Valle-Inclán.
Xerardo Pardo de Vera non é actor. Si é escritor, xornalista e ex alcalde de Becerreá. Pero, a pesar da súa falta de formación, é perfecto para interpretar a Don Ramón.
“Ser Valle-Inclán é moi emocionante, conmóveme, porque dende neno fun admirador seu”, sinala Pardo de Vera. “Antes de descubrilo, eu xa vestía como el, e cando un día vin imaxes dese señor tan raro, pregunteille a miña avoa que quen era ese señor que viste coma min”, engade entre risas.
O temporalmente actor síntese moi cómodo no papel do escritor vilanovés, apuntando que “levo vestindo a capa, o sombreiro e as gafas dende que teño 16 ou 17 anos. De feito, a capa coa que estou interpretando a Valle-Inclán era do meu avó e ten máis de 100 anos”.
Tras o seu paso por Compostela, a rodaxe trasladarase até as localidades de Cambados, Vilanova de Arousa, torre Xunqueira e a Pobra do Caramiñal, onde é posible que, como sucedeu en Santiago, máis dun leve un susto ao ver un morto no mundo dos vivos.

Antía Rivas Oural, 1ºA‏
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Peche da Biblioteca Social de Allariz
A confederación Galega de Persoas con discapacidade ( COGAMI) confirmou onte o peche temporal da Biblioteca Social Integratex de Allariz. Tres anos despois da sua posta en marcha, David Silva, coordinador de area confirmaba que " estamos nun momento de reflexión o que chegamos tras constatar que a oferta da biblioteca especializada non tiña unha demanda real.
A biblioteca social, ubicada na primera palta da tenda Massimo Dutti, foi un espazo de consulta especializada e de acceso a internet, ademais de crear un centro de documentación e promover exposicións, conferencias visitas e talleres con asociacións e centros educativos. " As instalacións non perderan o seu valor social pero seran restructuradas para incrementar o seu uso" dicia David Silva, quen non descartou realizar unha ampliación da tenda que manteña as exposicións e puntos de acceso a internet.

Elena Fernández Silva 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal