Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Protagonista na Galiza”
A actriz galega María Casares volve estar de actualidade após o anuncio, esta segunda feira, de que en 2022 será homenaxeada amplamente a través dunha extensa programación de actividades que se poderá gozar tanto na Galiza como fóra dela. A intención desta iniciativa da Consellaría de Cultura da Xunta -que vén sumarse á axenda do Ano Internacional María Casares que está a ultimar o Concello da Coruña- é “dar visibilidade ao legado da artista”, que aínda hoxe non é tan coñecido socialmente.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicou onte nun acto público que a figura de Casares vaise pór de relevo apostando nas propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes.
No seu discurso, recoñeceu que existe unha “débeda histórica” coa galega, unha “artista universal que é, ademais, unha das grandes imaxes do teatro galego, español e europeo”.
Así, na presentación comentouse, entre os seus méritos, a posta en marcha dunha “escola interpretativa propia que abriría oportunidades para moitas mulleres da súa época”. Aliás, a artista que dá nome aos premios do teatro máis importantes da Galiza, tamén deu a man a novas e novos creadores e producións consideradas transgresoras para o momento.
“Consideramos que, con estas credenciais debemos renderlle unha homenaxe que permita abordar con xustiza, respecto e profundidade unha figura tan poliédrica como a de Casares”, expresou o conselleiro, polo que todas as institucións que colaboran traballarán para tecer unha programación “o máis ambiciosa posíbel, diversificada e plural”.



Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas noticias sobre o covid
A Organización Mundial da Saúde (OMS) mostrou este domingo o seu rexeitamento ás restricións de voos impostas en todo o mundo aos voos do sur de África e instou aos gobernos a reabrir as súas fronteiras. "As restricións de viaxe poden xogar un papel para reducir lixeiramente a propagación do covid-19, pero supoñen unha gran carga para as vidas e os medios de vida", dixo nun comunicado de prensa. A OMS afirma que Sudáfrica cumpriu o establecido na devandita normativa e informou da variante omicron tan pronto como tivo coñecemento o pasado 24 de novembro. Esta declaración prodúcese despois de que varios países anunciasen a cancelación de voos con países do sur de África debido á propagación da variante omicron do coronavirus. Ademais, Marrocos e Israel suspenderán a partir deste luns e durante dúas semanas todos os voos do estranxeiro. En Europa, os Países Baixos confirmaron este domingo polo menos 13 casos entre os 61 pasaxeiros procedentes de Sudáfrica que deron positivo en coronavirus ao chegar este venres a Amsterdam, mentres que Dinamarca detectou dous. Alemaña, Italia, Bélxica e a República Checa tamén confirmaron a existencia de casos de omicron e están a analizarse outras infeccións sospeitosas en Austria. O Reino Unido, con tres casos confirmados, anunciou o sábado novas medidas, como o uso obrigatorio da máscara en interiores e a imposición de realizar unha proba PCR a todos os viaxeiros dentro dos dous días seguintes á súa chegada. Australia, pola súa banda, confirmou o domingo os seus dous primeiros casos.



Elena Méndez Cuquejo 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
O 17 de maio regresa a carreira ‘Camiño das Letras’ para homenaxear a Xela Arias na Cidade da Cultura
Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras. Sairá o 17 de maio do Pico Sacro e terá como meta a Cidade da Cultura para festexar a lingua galega a través da práctica deportiva e poñer en valor o Camiño de Santiago.
A iniciativa foi presentada hoxe polos secretarios xerais de Política Lingüística e Cultura, Valentín García e Anxo M. Lorenzo. Como expresou Valentín García, trátase dun acontecemento deportivo e cultural que concita ano a ano o interese e a participación da cidadanía e é tamén “un instrumento axeitado para achegar a xente ás Letras Galegas e poñer en valor a obra e a figura de Xela Arias, autora homenaxeada pola Real Academia Galega e pola sociedade”.



Patricia del Valle Guede Ochoa 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de persoas claman na rúa contra o desmantelamento do hospital de Valdeorras
Preto de 4.000 persoas encheron as rúas do Barco de Valdeorras para exixir unha asistencia sanitaria "digna e pública" no hospital comarcal.
Manifestación en defensa da
sanidade pública e da mellora do hospital de Valdeorras (Rosa Veiga / Europa Press).
Manifestación en defensa da sanidade pública e da mellora do hospital de Valdeorras (Rosa Veiga / Europa Press).
Nós Diario
Redacción
16:23 do 28 de novembro de 2021
Milleiros de persoas encheron este domingo as rúas do Barco de Valdeorras ─unhas 4.000, segundo estimacións do comité de empresa─ nunha manifestación para exixir unha asistencia sanitaria "digna e pública" no hospital comarcal.


O portavoz de UXT neste centro, Víctor Parente, que se amosou "moi contento" coa resposta da veciñanza, colectivos e partidos políticos a esta convocatoria da xunta de persoal, lamentou que os valdeorranos teñan que estar a protestar "con tanta asiduidade na rúa" por un "desmantelamento" do hospital que vén arrastrado, segundo explicou, "desde o ano 2010", polo que "non é unha cuestión da pandemia".


Foi nese ano cando se creo a estrutura de organización de xestión integrada (EOXI) de Ourense-Verín-Valdeorras, o que agora ─após a reforma aprobada no ano 2017─ se corresponde coa área sanitaria. "A partir de aí os servizos empezan a empeorar", asegurou Parente.


O principal problema, tal e como denuncia, é que os cadros de persoal que ten orzados o hospital comarcal "xa non se cobren". A modo de exemplo, sinala que xa non hai nin cardiólogos nin urólogos, mentres que se antes había tres traumatólogos, agora hai "só un".

Anuncio vacío
Así, sobre o recente anuncio do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da incorporación de tres especialistas en Traumatoloxía neste hospital, o sindicalista insiste en que ese non é o "problema". Ademais, sinala que non serán profesionais "contratados para o hospital", senón que farán "as gardas".


Así mesmo, Parente critica que o titular de Sanidade da Xunta acudise ao hospital "tres días antes" da manifestación, tendo en conta que as medidas prometidas non anticipan, ao seu xuízo, "unha situación moi aduladora".

"Tomaremos as medidas que consideremos que son máis apropiadas", advirte, para avanzar posibles futuras manifestacións, xa que "quen ten a pelota no tellado é a Consellería".


Fartos de promesas
Na manifestación deste domingo no Barco tamén participaron varias deputadas e deputadas do BNG, entre eles Noa Presas, Iago Tabarés e Maria Albert. Esta última, en declaracións aos medios, exixiu a Xunta que finalice co "proceso de demolición do distrito sanitario de Valdeorras" e "garanta os servizos básicos que se lle requiren a calquera hospital comarcal digno de tal nome".

Neste sentido, pediu ao Goberno galego que escoite á cidadanía de Valdeorras, mobilizada porque está "farta de promesas na prensa cando no seu día a día se enfronta á dura realidade da falta de atención sanitaria básica".


Sobre o anuncio do conselleiro da incorporación de tres especialistas en Traumatoloxía, tamén se mostrou crítica: "Primeiro, haberá que ver que ocorre en realidade con este novo anuncio e, segundo, aínda que se faga efectivo, non soluciona, nin moitísimo menos, un problema que se concreta nun desmantelamento estrutural da asistencia sanitaria na comarca".

De igual modo, a deputada do BNG enmarcou este anuncio nun "intento pouco democrático de parar a mobilización social por parte dun Goberno que debería ocuparse de buscar solucións e non facer anuncios publicitarios que, por outra banda, a cidadanía non compra". "O que estamos a ver é que a Xunta está disposta a acabar co hospital comarcal e aí terá sempre enfronte á cidadanía de Valdeorras e, xunto a ela, ao BNG", concluíu.

O Sergas respecta mais non entende
Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, pronunciouse este domingo, en declaracións a Radio Galega , sobre a manifestación de Valdeorras. Aínda que afirmou que "respectan claramente" a concentración, non "entenden" unhas mobilizacións que apuntan a que a Xunta "non quere unha sanidade pública, cando é todo o contrario". "Queremos que a sanidade pública galega sexa a mellor de España; estamos orgullosos dela, como o están os seus profesionais e os pacientes", asegurou.

Flores insistiu en que a mobilización "atende a un tipo de queixa que se fai extensivo á xente, pero non hai razón", posto que o Goberno galego "é o primeiro convencido dunha sanidade pública de calidade".

Porén, o xerente do Sergas recoñece que no Barco de Valdeorras existen "determinadas dificultades para ter o persoal que permita ofrecer os servizos desexados", pero remarcou que é "algo que ocorre en toda Galiza". Neste sentido, lembrou que os problemas no servizo de Traumatoloxía, "o máis crítico", xa se solucionaron.



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Navia, o barrio de Vigo que se atopa en perigo de extinción.
Fronte aos edificios de pisos levantados ao principio da rúa Teixugueiras, aínda queda un pequena parte de campo afastado do asfalto. Hai unha vintena de familias que seguen vivindo nun ambiente rural de hai 50 anos. Pero desde fai máis dunha década, a paisaxe cambiou radicalmente. Onde estaba dende sempre o monte, agora hai edificios de máis de dez alturas. E este novo panorama de desenvolvemento urbano, é o que está a piques de suprimirllas.

Residen nas zonas previstas para a ampliación do polígono residencial de San Paio de Navia. Ocupan vivendas que haberá que sacrificar para construír outras mais, en concreto 1.600. Só cinco lugares salvaránse despois de que os seus propietarios aceptasen a exclusión parcial dos seus eidos proposta pola Xunta. Un sexto propietario salvará toda a súa propiedade.

A conta atrás comezou fai uns días. Moitos residentes viven alí os seus últimos meses ou o tempo que tarden as administracións en axilizar todos os trámites. Xa hai propietarios que venderon e marcháronse. Os últimos acordos aseguran que cinco das últimas casas habitadas serán despoxadas. As outras seis poderán seguir en pé e quedarán integradas na futura configuración urbana. Ninguén está satisfeito. Os primeiros porque non están convencidos cos prezos que oferta a Xunta e os segundos porque ven moi limitadas as posibilidades de ampliación ou de realizar reformas nas súas vivendas.

As cooperativas están a esperar a aprobación do proxecto de urbanización por parte do Concello. A nova ampliación do barrio de San Paio de Navia en 265.000 metros cadrados, aos que se engadirán aos 450.000 actuais, ademais mobilizará 250 millóns de euros no ámbito da construción no próximos tres anos, segundo as estimacións da administración autonómica.

As novas construcións serán unifamiliares e vivendas de catro alturas como máximo, menos un deles que terá sete alturas.; e o novo barrio estará composto por 23.000 metros cadrados de zonas verdes e plantaránse 2.000 árbores, ademais posuíra un carril bici.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Nova enquisa da AELG para coñecer a situación dos escritores e o impacto da pandemia no sector
A consulta pregunta sobre relacións coas editoras, propostas para o Día das Letras, a relación co ensino e como a COVID afectou o mundo literario


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) informa de que está realizando unha nova enquisa para coñecer a situación do oficio de escribir en Galiza e completar a elaboración do Libro Branco sobre o sector que se iniciou o pasado ano e que daba a coñecer os principais datos sobre o perfil e circunstancias dos escritores e escritoras galegas. Os datos que recolle esta enquisa, indican, amplían os recollidos na anterior convocatoria e pretenden completar o mapa de situación do sector autoral con novos argumentos. O vindeiro 1 de decembro pecharase a enquisa.
As preguntas relacionadas coa Covid pretenden coñecer cal é situación do oficio autoral despois da pandemia e até que punto os procesos de escribir e a publicación están afectados pola situación actual.
A nova situación tras a pandemia protagoniza a primeira parte da enquisa, que está organizada nunha serie de bloques argumentais en que, ademais das preguntas relativas ao oficio, consúltanse algunhas actividades arredor da literatura e dos libros.
Entre estas preguntas figuran as relativas á organización do Día das Letras Galegas e de como se escolle a figura principal de cada ano. Tamén se consulta a opinión das autores sobre as feiras do libro en Galiza, os premios literarios e a súa utilidade.
Outros dos bloques que figuran nesta enquisa tenta coñecer aspectos sociais arredor da actividade literaria. A visibilidade da figura de escritoras e escritoras é outra das preguntas que realiza esta enquisa.


Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Sorpresa en Lugo por un camión do lixo que baleirou a súa carga nun lugar
Ás nove da mañá deste domingo, un veciño do barrio lucense de Abella quedou abraiado ao erguer a persiana da súa habitación, viu como un pequeno camión do lixo descargaba a súa carga a campo aberto nun solar próximo. A sorpresa foi tal que ata se achegou ata o lugar para ver que era o que baleirara, e foi entón cando atopou unha inxente cantidade de vasos e botellas de plástico, sobre un leito de follas. Coma se se tratase dos restos dunha botella.
O veciño denunciou á Policía Local, que investiga os feitos. Ao mediodía na zona non quedaban restos do lixo, pero si había uns anacos de vidro difíciles de retirar.
Segundo varios veciños do barrio, o acontecido esta mañá ten precedentes. Contan que dende que comezou a caída da folla estes pequenos camións, tamén chamados satélites, foron vistos en varias ocasións descargando alí os restos vexetais para despois pasar un camión máis grande para recollelos. En todo caso, insisten na veciñanza en que ata agora esta circunstancia só se dera con restos de follas, non con botellas e vasos, e que fora en momentos puntuais.
O edil de Medio Ambiente de Lugo, Miguel Fernández, apuntou que “en canto teñamos constancia do sucedido, comunicamos á empresa a incidencia, e somos os primeiros en acondicionar a zona así como unha explicación das causas que levou a unha situación que propiciou malestar a nós veciños e veciñas da nosa cidade». Neste punto, dende o concello subliñan que "non hai explicación do que pasou, porque están para investigar pero esixiremos que Urbaser sexa responsable".



Érika Mera Quintas 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Marrocos suspende os voos do estranxeiro durante dúas semanas debido á propagación da variante omicron
Marrocos suspenderá a partir deste luns e durante dúas semanas todos os voos do exterior para protexerse da variante omicrón do coronavirus, segundo informou este domingo o goberno marroquí. Unha decisión que segue á anunciada por Israel que, tras detectar un caso de omicron no país, pechará as fronteiras a todos os viaxeiros estranxeiros non residentes tamén durante os próximos 15 días. A nova variante do coronavirus continúa o seu avance no mundo. En Europa, os Países Baixos confirmaron este domingo polo menos 13 casos entre os 61 pasaxeiros procedentes de Sudáfrica que deron positivo en coronavirus ao chegar este venres a Amsterdam, mentres que Dinamarca detectou dous. Alemaña, Italia, Bélxica e a República Checa tamén confirmaron a existencia de casos de omicron e están a analizarse outras infeccións sospeitosas en Austria. O Reino Unido, con tres casos confirmados, anunciou o sábado novas medidas para tratar de frear a propagación da nova variante, como o uso obrigatorio da máscara en interiores e a imposición dunha proba PCR a todos os viaxeiros dentro dos dous días seguintes á súa chegada. . Australia, pola súa banda, confirmou este domingo os seus dous primeiros casos; Trátase de dous viaxeiros, vacinados co horario completo e asintomáticos, que chegaron a Sidney nun voo procedente de Doha, onde fixeran escala tras saír dun país do sur de África.



Eva Fernández Ferro 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Sergas sitúa o pico da nova vaga de covid en Galicia en 2 ou 3 semanas
O xerente do Sergas, José Flores, indicou que prevén o pico desta sexta onda de covid para dentro de "dúas ou tres semanas", aínda que incidiu en que o coronavirus xa demostrou que ten un comportamento moi variable en función do circunstancias, polo que foi cauteloso.

En declaracións á Radio Galega, Flores explicou que esta onda, aínda que presenta un "perfil similar" ás anteriores, se comporta de forma diferente en canto á presión sanitaria e, sobre todo, a síntomas de gravidade nos pacientes, "no que ten moito que ver". vacinación".

Ademais do propio comportamento do virus, o xerente sinalou que as vacacións de Nadal, o "Black Friday" e outros motivos para reunirse en espazos pechados "poderían influír" no desenvolvemento desta sexta onda.

Igual de cauteloso mostrouse ante a nova variante sudafricana, sobre a que incidiu na necesidade de "esperar" para "non alarmar á sociedade". "Non sabemos exactamente que é nin se a vacina o cobre", comentou.

O titular do Sergas tamén abordou as novas condicións para a entrada en vigor do certificado covid, do que sempre foron "partidarios" para "deter a transmisión do virus". A súa extensión noutros parámetros "está sempre sobre a mesa", aínda que subliñou que hai que estudar a evolución da situación.

Non se descartan máis medidas

"Obviamente, todas as medidas anteriores que funcionaron son medidas que en calquera momento poden estar de novo en vigor para tratar de paliar a propagación do virus", dixo Flores.

Respecto da obriga de presentar o certificado noutros ámbitos, como xa sucede nas visitas a ingresados ​​en centros hospitalarios, apuntou que tampouco se descarta. As posibilidades centraríanse en locais pechados, como eventos deportivos ou centros comerciais, pero apuntou que "a día de hoxe aínda non é necesario".

Outra das posibilidades sería a aplicación dun paquete de medidas preventivas para "anticipar" o previsto aumento de contaxios no Nadal. "É unha posibilidade de que haxa medidas especiais. O Nadal son datas de especial risco, con máis faladoiros nos que participan persoas maiores, con maior circulación do virus. Estudarase en función dos datos, pero hai que agardar", apuntou. ", explicou.

Dentro destas posibles medidas poderíase estudar limitar as actividades de pé. "Estar de pé é difícil facer que a xente manteña a distancia", dixo Flores.

Plan de vacinación

Así, José Flores asegurou que a previsión é rematar a vacinación de reforzo do grupo de 70-79 anos e do reforzo de Jannsen a finais de novembro ou, "como moi tarde", a principios de decembro. Será a partir dese mes cando se inicie o proceso para o seguinte grupo de idade, 60-69 anos, e para os sanitarios.

En canto ao reforzo xeral de todas as persoas adultas, o xerente do Servizo Galego de Saúde non adiantou datos nin prazos concretos, posto que aínda non teñen "o anuncio real do número de doses".

"As cifras non están sendo boas"

Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tamén se expresou este domingo na Estrada sobre a situación sanitaria.

Rueda recoñeceu que as cifras "non están a ser boas". "Como vimos dicindo, a pandemia segue aí e agora vémolo", lamentou o vicepresidente, quen tamén pediu que se sigan as novas medidas e que se visiten os centros de vacinación.



Beatriz Pacetti Arias 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
O carballo de Conxo imponse na final e loitará por ser Árbore Europea de 2022
O carballo coñecido como 'O Avó', situado no bosque do Banquete de Conxo, en Compostela, supera ao resto de árboles candidatas do Estado español e loitará por ser a Árbore Europea 2022.

'O Avó', o carballo situado no bosque do Banquete de Conxo, en Compostela, vén de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022, polo que agora competirá por converterse na Árbore Europea de 2022.
O exemplar, que conta con máis de 250 anos de historia, 30 metros de altura e case 4 metros de perímetro de tronco, impúxose cun total de 22.974 votos, por encima da sabina de Blancas, situada na comarca de Jiloca (Teruel), que recibiu 21.523 apoios.
Esta árbore atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Compostela e da Galiza.
O espazo forma parte da obra e textos que Rosalía de Castro dedicou a esta contorna, que acolleu o 2 de marzo de 1856 a celebración do chamado Banquete de Conxo, unha comida onde estudantes universitarios de alta clase social serviron a obreiros e artesáns como símbolo de fraternidade e nun momento de importantes desigualdades sociais entre clases na capital galega.

O bosque de Conxo chegou a albergar a máis dun milleiro de árbores deste tipo, dos que na actualidade sobreviven menos de medio centenar, debido especialmente aos danos provocados polos incendios forestais que derivaron nun proceso de substitución por outras especies foráneas, sobre todo eucaliptos



Lucía Nogueiras Vergara 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0