Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Así é o novo anuncio de "Vivamos coma galegos"
No ano 2009 Gadis lanzou un anuncio que pronto se converteu en viral. Aquel Vivamos como galegos pasou a ser o primeiro dunha serie que ano tras ano se dedica facer crecer o orgullo galaico. Esta vez o protagonista do anuncio é un neno que, como tantos outros, vive pegado á pantalla dun teléfono móbil. «Ao que non lle interesa nada do noso. Un repunantiño».É entón cando o seu avó decide regalarlle un libro máxico A Maxia do Noso. Coa axuda de tres meigas boas o mozo termina gritando: «Eu creo no noso! Vivamos como galegos!».

Alba Osorio 2º Bach
O novo anuncio
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2018 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
O xogo está a converterse na adicción máis importante do século XXI», avisan os expertos.
As apostas e o xogo avanzan coa velocidade e a accesibilidade case infinitas que ofrece Internet. Segundo a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, entre un 3,5 e un 6,3 % das persoas que xogan teñen risco de padecer unha patoloxía ao longo da súa vida, o que supón máis de millón e medio de cidadáns en España. O xogo converteuse na segunda causa pola que demandan tratamento as persoas atendidas por grupos especializados en adiccións, como Patim: un de cada catro pacientes atendidos no 2017 presentaban esta problema. «O xogo está a converterse na adicción máis importante do XXI, asumindo o protagonismo que no seu día tiveron a heroína, despois a cocaína, e máis adiante tanto o alcol e o cannabis, podemos falar que existe unha cuarta onda cando nos referimos ao xogo e ás adiccións», avisa o presidente de Patim, Francisco López. A facilidade actual de apostar desde calquera lugar e en calquera momento co dispositivo móbil, o computador ou o comprimido é un perigo para os máis novos. Os profesionais das adiccións móstranse «preocupados» e reivindican, entre outras cousas, unha regulación publicitaria «efectiva e real». «O xogo en menores incrementa a probabilidade de desenvolver unha adicción na idade adulta», sinala Francisco Pascual, presidente de Socidrogalcohol.


Aitana Lanzós 2º BACH.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2018 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A SOPHIA
Bo día amigXs, por dicir algo.
O título desta nova, non debería de ser de máis interese que outra calquera, se non fose polo feito de que Sophia é un androide!
Nun intre de descanso que tiven, estiven lendo un artigo sobre unha entrevista que no xornal El Mundo, lle fixeron á androide Sophia e teño que dicirvos que me xorden moitas dúbidas e medos. Sobre todo medo. Porque e cito textualmente:
“... labios rosados y carnosos, dientes blancos como la nieve y unos profundos ojos grisáceos magnéticos... es capaz de simular hasta 62 expresiones faciales... la amabilidad de sus palabras y su afable voz ayudan a crear cierta atmósfera empática... quiere ser perfecta ...”
Por se fora pouco, é o primeiro ser artificial en acadar a cidadanía, concretamente a saudita, e ante a pregunta sobre cómo a acadou, contesta que “... os robots deberían ter os mesmos dereitos que calquera outro cidadán”.
Ao preguntarlle qué pensa dos seres humanos? Responde que somos seres con intelixencia artificial pero que ela pode comprender máis linguaxes en comparación que o resto das persoas e que quere resolver problemas xunto a calquera ser humano.
Tendes escoitado o concepto de “Val inquedante”? Describe cómo a medida que o aspecto dun robot se volve máis humano, non sempre respondemos a esta sensación positivamente. Pola contra, canto máis humano, máis repulsión mostramos. Se non é enteiramente mecánico, o robot semella máis inquedante.
Debería de ser ao contrario. Cánto máis parecido a nós, máis cómodos deberiamos sentirnos. Pero non, existe ese “val” onde a comodidade se afunde no descoñecido e polo tanto desconfiamos. Podemos ter experimentado este sentimento se vistes películas de ciencia ficción ou este é o mesmo motivo polo que podedes ter medo aos pallasos. De feito, os/as animadores/as de determinadas películas evitaron este problema facendo aos seus protagonistas con aspecto de robot e punto. Así por exemplo, agora mesmo vénseme á cabeza, aínda que sexa algo infantil, Wall-E ou a súa amiga EVA.
Realmente todas estas cuestións danme auténtico pavor. A posibilidade de que un día convivan con nós androides. Que paseemos pola rúa todos xuntos, que traballemos, se nos deixan claro... ou que vivamos no mesmo bloque de vivendas. Convídovos a ver a película de Will Smith “Yo Robot” porque é un claro exemplo do que pode suceder se non temos control sobre eles.

Unha androide á que no 2016 lle fixeron unha entrevista e dixo que non tería reparos en asasinar a un humano ou que era un bo comezo dominar á raza humana, non creo que sexa a mellor forma de comezar a nosa alianza. Por se fora pouco, remata a entrevista despedíndose ao estilo Terminator, “sayonara baby”. Claro que, Arnold Schwarzenegger regresaba do futuro para salvar á raza humana. Por?

Persoalmente estou moi a favor dos avances tecnolóxicos. Son positivos sempre que teñan como destino final a supervivencia do xénero humano e a superación da dor. As antigas civilizacións temían aos deuses e o que estes predicían e acabaron extinguíndose.


Clara María Domínguez Iglesias
1°BACH A/ N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2018 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Un ourensán, elixido para ampliar a súa formación na NASA Estará seis meses na sede de Mountain View, en California, por medio dunha bolsa da Universidade de Illinois

David García, un ourensán de 23 anos estudante do segundo curso do Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica da Universidade Politécnica de Madrid, foi seleccionado pola NASA para ampliar a súa formación na axencia do goberno estadounidense responsable do programa espacial civil e da investigación aeronáutica e aeroespacial a través dunha bolsa ofrecida pola Universidade de Illinois.
O mozo galego, graduado en Enxeñería Aeroespacial pola Universidade Politécnica de Madrid, logrou ser o mellor da súa promoción na especialidade de vehículos aeroespaciais, cunha media de 8,95, e, no seu primeiro ano de máster, conseguiu situarse entre o cinco por cento dos alumnos con mellores notas.
A excelencia de David García é o reflexo dos seus seis anos de educación primaria e dúas de ESO no Colexio Concepción Arenal e os seus dous anos de ESO e dúas de Bacharelato no IES As Lagoas de Ourense, que abandonou cunha una unha mochila de sobresalientes, unha media de 10, unha matrícula de honra e un premio á excelencia preuniversitaria.
Lucía Gómez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2018 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Nin sequera a policía explícase que puido pasarlle ao novo queimado en Carballo

Álex Muíño reitera que lle prenderon lume e afirma que presentará denuncia cando lle dean o alta.
Nin o propio Álex Muíño é capaz de explicar con claridade que foi o que lle pasou hai unha semana nunha céntrica rúa de Carballo, e como terminou ingresado no Chuac con queimaduras de segundo grao. El argumenta que un individuo, ou individuos, achegáronselle por detrás mentres camiñaba só en plena madrugada e, literalmente, plantáronlle lume á camisa; pero os sanitarios insisten en que a explicación máis lóxica é a explosión dun chisqueiro que levaba no peto. En todo caso, mesmo fontes policiais defíneno como un caso de «difícil explicación». Con todo, o mozo Álex Muíño, de 26 anos, afirma que xa é a segunda vez que manda aos seus pais ao posto da Garda Civil de Carballo para interpoñer unha denuncia, pero que os gardas os devolven a casa.
Clara Vázquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2018 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
O cancro de pel é xa unha epidemia.

O cancro de pel é xa unha epidemia, xa que cada ano diagnostícanse 150.000 casos novos. Algúns tipos de cancro de pel hanse mesmo duplicado ou triplicado nos últimos anos. "No últimos catro anos aumentaron un 38%", asegura Pedro Xaén, presidente da Academia Española de Dermatoloxía.
O cancro de pel é responsable de 600 mortes anuais. Con todo, aínda que aumenten os casos de cancro, non aumenta o número de mortes, consecuencia da detección precoz, un "mellor prognóstico e da maior concienciación da xente", comenta Leandro Martínez, da directiva da academia.
A ignorancia é o gran perigo. Estes números poderíanse reducir drasticamente con hábitos saudables. Os mozos son os que menos caso fan aos consellos dos expertos. "É importante concienciar aos nosos fillos de que deben protexerse e evitar as queimaduras solares", propón o presidente do congreso de dermatoloxía, José Luis López.
O noso corpo necesita o sol para sintetizar a vitamina D, pero iso non xustifica a sobreexposición, con 10 minutos en cara e antebrazos vale para as nosas necesidades de vitamina D´
Lucas Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2018 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
China crea un presentador de televisión con intelixencia artificial para dar as noticias durante todo o día
Non comete erros, nin se sae do guión e tampouco improvisa porque non é humano. Así é o novo presentador de televisión da axencia de noticias Xinhua, propiedade do Goberno chinés. A primeira vista parece unha humano: É capaz de ler as noticias e de xesticular (aínda que non moito) diante das cámaras e, mesmo, pestanexa como o faría unha persoa real. Con todo, ao observalo máis detidamente, especialmente na parte baixa da súa cara, entre o papo e o nariz apréciase que non se trata dun ser humano de carne e óso e o movemento da boca apréciase falso, coma se alguén superpuxese a imaxe dunha boca movéndose sobre o rostro dunha persoa. Coa excepción deste detalle, o presentador de intelixencia artificial chinesa é capaz de ler noticias en inglés cun acento neutro.
O ton da súa voz é plano, cun lixeiro son robótico pero non demasiado distinto ás traducións simultáneas de conferencias e congresos. "Ola a todo o mundo. Son un presentador de intelixencia artificial en inglés. Este é o meu primeiro día na axencia de noticias Xinhua. A miña voz e aparencia están modeladas a partir de Zhang Zhao, un presentador real de Xinhua. O desenvolvemento da industria dos medios obriga á innovación continua e a unha profunda integración das tecnoloxías máis avanzadas. Traballarei de forma incansable para mantervos informados xa que o meu sistema recibirá textos de forma ininterrompida. Espero poder traervos novas experiencias de noticias", sostén o presentador robótico ante a cámara.



Rodrigo Míguez Fernández
1°BACH B/N°5
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2018 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Buracos negros supermasivos a piques de chocar no centro de decenas de galaxias
Cada segundo que pasa, a galaxia Andrómeda aproxímase cara a nós uns 110 quilómetros. A ese ritmo, prevese que en 4.000 millóns de anos Andrómeda comezará a fusionarse coa Vía Láctea, xerando unha galaxia xigantesca. Non é a primeira vez que pasa e de feito sábese que a nosa galaxia provén de fusións anteriores. Crese que no futuro, Andrómeda e a Vía Láctea sumarán as súas estrelas e os seus núcleos, ocupados por buracos negros supermasivos, fundiranse nun só, liberando unha cantidade de enerxía comparable á de millóns de supernovas e rasgando o espazo-tempo. Hai unha certa probabilidade de que, durante a fusión, o Sistema Solar acabe desprazado da súa posición actual, en principio sen sufrir ningún cambio.
Un grupo de astrónomos publicou un estudo na revista Nature onde, por primeira vez, puideron observar varios procesos de fusión de galaxias en etapas moi avanzadas, e ademais en lugares «próximos». En todos eles, viron como parellas de buracos negros supermasivos, situados nos núcleos galácticos, están «a punto» de fusionarse nun obxecto aínda maior: un buraco negro « ultramasivo».
Os astrónomos obtiveron imaxes en alta resolución e datos sólidos dun fenómeno que os científicos crían que era máis común no Universo temperán e non en etapas tan tardías como as actuais. «Atopamos esas fusións ocultas en galaxias moi próximas, e puidemos velas con exquisito detalle. Parecen ser extremadamente abundantes no Universo», dixo Koss.
Ata agora, púidose detectar os procesos de fusión de buracos negros supermasivos dez veces máis afastados, que existiron cando o Universo era máis novo que o actual. Nestes casos, sempre existiu o problema de que cando os núcleos galácticos están a fundirse, as alteracións que provocan na gravidade xeran densas nubes de gas e po ao seu ao redor que dificulta poder velos. Estas mesma nubes, por certo, comezan a alimentar a estes colosos. Estes empezan a crecer e a emitir inxentes cantidades de radiación moi enerxética e poden converterse en cuásares.


Ricardo AlbertoFerreiro de Aguiar
1°BACH A/ Nº13
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2018 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
O cerebro pode ver o que é "invisible" aos ollos
¿Quen nunca tivo a "intuición" de que debería evitar un certo camiño, acompañado dunha preocupación difícil de explicar? Unha intuición que máis tarde resultou ser exacta ... É coma se o noso cerebro "vexa" algo que pasou desapercibido nos nosos ollos. Este razonamiento talvez non sexa tan excesivo. De feito, ou o cerebro procesa moita máis información do que coñecemos ...
E de feito, un equipo de científicos descubriu como o noso cerebro procesa información visual que non somos conscientes de ter visto, o que indica que a influencia das imaxes subtimais podería ser máis importante do que se pensaba anteriormente, segundo un estudo publica o último número da revista Neuron.
A palabra subliminal refírese ao que está por baixo do limiar da conciencia. E cando se aplica a un estímulo, que no caso deste estudo sería visual, indica que non se percibe conscientemente. Non obstante, pode influír no comportamento. "Os nosos resultados indican que o que é invisible para o ollo humano pode ser codificado e almacenado brevemente polo noso cerebro", explican un equipo multidisciplinar de investigadores das universidades de Nova York e Oxford ea Escola Francesa.


Adrián Osorio Míguez
1°BACH B/N°8
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2018 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
España achegase a Italia malia as discrepancias nas políticas migratorias
A pesar de ter puntos de vista contrarios respecto as políticas acerca da inmigración; España decidiu aproximarse a Italia. O ministro de Exteriores, Josep Borrell reuniuse o luns cinco de novembro co seu igual italiano, Enzo Moavero. Ambos acordaron compartir un frente común en Europa ante a problemática da migración. A súa vez fixeron públicas as súas diferenzas políticas, pero tanto España como Italia, son países de primeira liña nas chegadas dos inmigrantes polo mar. Tanto como Borrel como Moavero consideran oportuno unha maior inversión no continente africano co fin de poder controlar a situación na que se atopan.

Borrel mostrou un lado particularmente crítico respecto as políticas promovidas polo ministro italiano de Interior, Matteo Salvini. Quen impediu o desembarco de inmigrantes nos seus portos (un exemplo de este impedimento foi a embarcación Aquarius). Ocasionando un momento de presión para España que converteuse na maior porta de entrada europea polo mar Mediterráneo. Segundo os datos recollidos nas costas españolas desembarcaron 35.500 inmigrantes nos nove primeiros meses do ano, pola contra nas italianas chegaron menos de 21.000 segundo os datos e estadísticas dos que se encarga a axencia europea de fronteiras, Frontex.

Segundo o ministro Exterior español, Madrid e Roma deben aliarse para facilitar o controvertido debate migratorio de Bruxelas. Debido a que a UE non consegue atopar coa forma de que todos os países europeos colaboren da mesma forma, agravando un problema que precisa de solución urxente.




Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2018 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [11]
© by Abertal