Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A folga de xuíces e fiscais obriga a suspender en Galicia 265 xuízos e declaracións
Máis do 40% dos membros da carreira xudicial secundan a xornada de paro na comunidade, onde o seguimento nos fiscais é do 28%

41,1 por cento dos membros da carreira xudicial en Galicia secundaron a xornada de paro convocada polas asociacións de xuíces e fiscais para este luns, que obrigou a suspender na comunidade un total de 265 actuacións xudiciais (xuízos e declaracións).

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o número de membros da carreira xudicial que comunican á presidencia do alto tribunal galego a súa decisión de secundar a xornada de paro convocada polas asociacións xudiciais é de 144 dos 350 en activo, un 41,1 por cento.

Raúl Rodríguez, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2018 20:35
# Ligazón permanente a este artigo

O comercio ourensán entra no carrusel das promocións para salvar o ano
O comercio enfila a campaña do Nadal con promocións previas e fía ás compras do último mes a salvación dun exercicio irregular, con moitas lagoas no consumo. O black friday, o ciber monday e iniciativas semellantes tratan de incentivar o consumo tamén en Ourense. Con todo, segundo datos da Confederación Española de Comercio ao black friday as pequenas tendas adhírense porque non teñen máis alternativa: "algo máis do 40% do comercio de proximidade, o mesmo porcentaxe de 2017, verase un ano máis arrastrado a adherirse ao venres negro para non perder vendas fronte ao comercio electrónico e a outros grandes formatos comerciais, oscilando as promocións entre o 20% e o 30% de desconto, co fin de non ver lastrados excesivamente as súas marxes".

Todos os observatorios coinciden en adiantar un arrefriado do consumo ás portas do Nadal, co cal se pecharía un ano con altibaixos. Con todo, o comercio de Ourense aguantou con certa solvencia as turbulencias da última fase da crise. O Observatorio Económico da Deputación, recollendo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), certifica que o comercio por xunto e ao detalle na provincia é o que máis emprego xera, cun 15,6% do total de ocupados que ten a provincia e no segundo trimestre deste ano prodúcese un incremento do 10,6% en relación ao mesmo período do ano pasado.
Lucía Gómez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2018 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
A autovía do Morrazo abrirá no verán de 2019 Os seus dous primeiros tramos entrarán en servizo a próxima primavera

As obras da autovía do Morrazo (Pontevedra) finalizarán no verán de 2019 e os seus dous primeiros tramos entrarán en servizo na próxima primavera; posto que no treito I, entre Rande e Domaio.
En canto ao treito entre Meira e a primeira ligazón de Cangas, os traballos acaban de comezar e o prazo de execución é dun total de 12 meses.
Aínda que inicialmente estas obras suporían un corte total do tráfico durante un mínimo de dous meses, a Xunta propuxo como solución facer un desvío provisional na zona onde se farán as voaduras.
Así o comunicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que este venres supervisou as obras --que contan cun investimento da Administración autonómica de 55,5 millóns de euros-- e reuniuse cos alcaldes de Moaña, Cangas, Bueu e Vilaboa.
A conselleira agradeceu "a paciencia e comprensión dos veciños e usuarios da vía polas incomodidades e molestias que suporá este corte de tráfico" e trasladou que se porán "os medios necesarios para tratar de minimizar as consecuencias", como son o reforzo do transporte marítimo de ría, do servizo de ambulancias e da sinalización.
Lucas Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2018 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
España cae ante Croacia
Nun estadio da Guerra Fría, co reloxo polos chans, Croacia, mandou a España ás tebras. O castigo cruel, no minuto 92, rompe os cromos españois, demasiado irregulares nun partido de alta competición. Inglaterra fíxolle tres goles e Croacia, outros tres. Xa todo depende de Wembley.
O partido monta un saco de problemas na selección. O bo final non escurece a debilidade defensiva, a falta dunha dianteira fiable e a ausencia de mando no partido. Croacia mordeu ao principio e ao final. Suficiente para o desquite que tanto ansiaba. En Zagreb, terra de xenios, España amarrouse a xente de belisco para sobrevivir ata o último lategazo de Jedvaj. Un croata de Cádiz (Suso), outro de Camas ( Sergio Ramos), un máis de Benalmádena ( Isco) e algún de Utrera ( Ceballos) comandaron a reacción dunha selección instalada durante moito intre na dúbida. Os subcampións do mundo demandaron unha resposta española que só chegou na recta final.


Rodrigo Míguez Fernández
1°BACH B/N°5

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2018 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
O maior volcán de Europa va a erupcionar
É o segundo estudo en menos de dous anos que di o mesmo: Campi Flegrei, o maior supervolcán de Europa, ao sur de Italia, estase a preparar para entrar en erupción. Se o fixese, a cidade de Nápoles, a só 9 quilómetros de distancia, estaría no medio da liña de lume.
Campi Flegrei, unha enorme caldeira volcánica que conta con 24 cráteres, moitos deles baixa a auga, desatou a súa furia por última vez hai case 500 anos, pero novas evidencias revelan que podería estar a espertar de novo. A pesar diso, os investigadores insisten en que, por agora, non debe render o pánico entre os case dous millóns de habitantes da rexión. Nun estudo recentemente publicado en « Science Advances» e dirixido por Francesca Forni, do Instituto de Geoquímica e Petrología de Suíza, os investigadores escriben que «o sistema de tubaxes subvolcánicas de Campi Flegrei está actualmente entrando nunha nova fase de acumulación, que posiblemente culmine, nalgún momento indeterminado no futuro, nunha erupción de grandes proporcións».
Para chegar a estas conclusións, os investigadores analizaron diversos elementos en rocas, minerais e mostras de vidro de cada unha desas erupcións. Desta forma, puideron deducir os cambios críticos na temperatura magmática e o contido de auga ao longo da historia eruptiva da rexión.



Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1°BACH A/N°13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2018 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Trump adiacase a botarlle en cara a Macron a axuda na Segunda Guerra Mundial
Donald Trump, o actual presidente dos Estados Unidos publicou o pasado martes unha serie de mensaxes contra o presidente francés, Emmanuel Macron. O contido de estas era variado. A través delas adicábase a reprochar diversos asuntos, dende o comercio do viño ata as apartacións da OTAN (Organización do Tratado Atlántico do Norte). Dentro das queixas cara unhas das principais potencias europeas incluímos a axuda dos Estados Unidos a Francia durante a Segunda Guerra Mundial.

"Emmanuel Macron suxire construir o seu propio Exército para protexer a Europa de EE UU, China e Rusia. Pero foi de Alemaña na Primeira e na Segunda Guerra Mundial. Qué tal lle foi iso a Francia? Estaban empezando a aprender alemán en París antes de que chegase EE UU. Paguen a OTAN o no!", escribiu Trump en Twitter. Washington reclama que Europa eleve o seu gasto na Alianza Atlántica e declarase pagando a seguridade doutros. Ao mesmo tempo, critica os planes franceses para impulsar unha defensa europea autónoma da OTAN.

Debemos incluír dentro da actividade do presidente de E.E.U.U, a súa presencia na unha reunión de 70 líderes levada acabo en Francia a pasada fin de semana. Caracterizada baixo un clima enrarecido. O presidente estadounidense marcaba a súa axenda e impartía críticas cara os seus vellos aliados. Dificultando a compresión global dos presentes e representando o seu característico papel de presidente enfurecido contra o mundo.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2018 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
A ÚLTIMA XOIA DA NOSA SEÑORA MINISTRA!
Bo día queridXs.
Hoxe voume meter en camisas de once varas.
Ben sabedes que non son dada a meterme en cuestións de política, relixión ou outros temas que requiren de certos coñecementos para poder comentalos; sigo a premisa de meu bisavó, “en política e relixión, mellor non afondes”. Pero onte sentinme profundamente ofendida coa última “xoia” que soltou a “nosa” Ministra de Educación.
Dentro do pouco tempo que teño para dedicarlle ao deporte, que valga de paso, non soamente me serve para estar en forma senón que así aproveito para ordenar os meus pensamentos e conversar e deixarme aconsellar por miña nai, paramos a tomar un reconstituinte e foi aquí cando no xornal do Correo Galego puiden atopar unha referencia a un dos puntos da próxima e por enésima, reforma da LOMCE:
O alumnado de 2º de bacharelato vai acadar o título cunha materia suspensa porque, “todos temos que ter as mesmas oportunidades”, dixo a Señora Ministra.
Vamos a ver!
A Educación Secundaria Obrigatoria remata en 4º da ESO. Todo aquel que decide facer bacharelato faino de maneira voluntaria polo que se alguén non desexa estudar, ten outras alternativas. Sen ir directamente ao mercado de traballo, xa que considero que con 16 anos non se ten nin a capacidade, nin a formación, nin a madurez suficiente, existe a posibilidade de cursar Ciclos Formativos de Grao Medio e logo Grao Superior, coa posibilidade que ofrece este último, de acceder á Universidade (de forma tamén voluntaria) ao tempo que xa se dispón dun título que posibilita o acceso á vida laboral.
Os que decidimos facer bacharelato, para logo de pasar por unhas ABAU non sei ata que punto obxectivas, e ás que cada vez lle dan máis voltas coa única finalidade de empeoralas, accederemos á Universidade (esperemos que á carreira desexada) mentres que o alumnado que se decidiu por facer Ciclos Formativos de Grao Superior, accede directamente á Universidade coa nota final de Ciclo, podendo presentarse á fase específica para subir a nota de acceso á/ás titulación/s desexada/as.
Facer bacharelato supón esforzo. Si Señora Ministra, “non se collen as troitas coas bragas enxoitas”. Pero vostede esquece esta cuestión. Para o alumnado dilixente, sacar un título de bacharelato cunha media excelente supón moitas horas de duro esforzo, traballo e moito sacrificio. Sacrificio do tempo que dedicas á túa familia, aos teus amigos, á túa vida, sacrificio da túa propia saúde (horas e horas sentado, poucas horas de sono, organizarte como se foras un robot, ou pouco menos, para sacar proveito ata a ese último segundo cando te estás a cepillar os dentes para saír pola porta cara ao colexio, por permitir non te podes permitir nin poñerte enfermo...) Por encima de todo, Señora Ministra, pase polos centros educativos e comprobará como estes alumnos son os que máis participamos na vida social e cultural do centro; obras de teatro, actividades deportivas, xornais, actividades de lectura, actividades musicais, eventos externos, concursos, premios... e podería seguir citando ata aburrila. E xa para remate, sacamos tempo para practicar deporte. Aínda que claro, este é o único privilexio que nos podemos permitir e como é no meu caso particular, por cuestión de saúde física e psíquica.
Señora Ministra, non é cuestión de igualdade de oportunidades. Non se pode poñer na mesma balanza a un/a alumno/a dilixente que a un alumno “con sorte” e por suposto, non se pode premiar a vagancia. Isto non é equidade, é o premio ao esforzo vano. Se ao final vai ser mellor ser vago/a que ser traballador/a! Tes tempo para todo, non te estresas, gozas da vida, non enfermas... Si, se encima somos parvos/as porque a culpa é nosa porque non sabemos priorizar, non sabemos organizarnos... hai tempo para todo...
Ja, ja, ja...
Para todo hai que valer, ata para ser vago, Señora Ministra, e como dicía meu avó, avogado naqueles tempos en que houbo que vir ... de Cuba, Deus ao vago dálle sorte e ao traballador, traballo. Pero el morreu coas botas postas e ao galgo venlle de casta, que lle vai facer.
Espero que alguén con máis sentidiño non deixe ir para adiante este punto da reforma, xa non me quero meter noutros, tentaremos seguir polo camiño que comezamos cando so tiñamos 3 aniños e poder realizar os nosos desexos.
Queremos estudar e isto non é unha tarefa fácil, sabémolo! Desexo obter os coñecementos e a cultura suficiente para razoar e sacar conclusións coherentes por se nalgún momento da miña vida teño que tomar decisións que afecten a outras persoas. E claro, como o saber non soamente se acada nos libros, Señora Ministra, se lle parece, déixese de igualdade de oportunidades e fagan unha reforma que nos permita a todos/as VIVIR!



Clara María Domínguez Iglesias
1°BACH A/N°8
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2018 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Calviño e o seu marido
Calviño e o seu marido, o economista Ignacio Manrique de Lara, crearon a empresa Aldael Consultores en 2000 específicamente para a adquisición de vivendas. Segundo este xornal, eles esconderon o seu nome como propietarios da empresa no Rexistro Mercantil a través de dous intermediarios foron María José Fernández Rodríguez e Inmaculada Rodríguez Díaz que parecen nomeado como director de solidariedade en 8 de xuño de 2000, no constitución escrita. Quince días máis tarde, Nadia Calviño eo seu esposo alivioos no cargo.uu
O 20 de xullo do mesmo ano, esta empresa compra a casa en Mirasierra (Madrid) cunha hipoteca de 60 millóns de pesetas. O matrimonio reside ata o ano 2006. En 2004, o agora ministro causa baixa como administrador e a posición herda polo seu irmán Iván. Segundo ABC, do Ministerio de Economía respondeu que Calviño "non ten relación coa sociedade desde 2004".
A voda beneficiaría de aforros fiscais ao longo dos anos, unha práctica que é legal, como di ABC, as deducións son feitas de acordo cos criterios da Axencia Tributaria. Con todo, Pedro Sánchez rexeitou tales operacións nunha entrevista en 2015, cando dixo que, se alguén no grupo que tivo unha empresa a pagar menos impostos sería "o día seguinte" cando lle preguntaron sobre o caso de Juan Carlos monedero, que presentou unha declaración complementaria para regularizar a súa situación co Tesoro en 2013.
Ela é a cuarta ministra da que se coñece ou se cuestiona algún tipo de sociedade instrumental por supostos intentos de pagar menos impostos. Pedro Duque ten as súas casas en Madrid e Alacante en nome dunha sociedade patrimonial, pero asegura que isto non significou "ningún aforro fiscal real". O ex ministro de Cultura e do Deporte, Maxim Huerta, usou unha casa de praia para irregularmente reducir a súa factura fiscal por tres anos, entre 2006 e 2008. El renunciou cando se descubriu que levou a demandas xudiciais das autoridades fiscais para deixar de pagar 218,322 euros para financiar unha empresa que reuniu en 2006 e de Xustiza non deu ningunha razón, por iso tivo que pagar unha multa de 365,928 euros.
Ademais, a declaración de bens publicada no Diario Oficial o 29 de setembro Celaá non incluídos na avaliación dos seus bens inmobiliarios dous pisos unidos nun posúe unha mansión en Getxo (Vizcaya).



Adrián Osorio Míguez
1°BACH B/N°8


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2018 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Envían a prisión por narcotráfico á banda de Alxeciras por un caso iniciado en Ourense

Os dezasete detidos nunha operación desenvolta en Alxeciras, que se materializou o luns cando os sospeitosos preparaban supostamente un acto delituoso, disfrazados varios deles como gardas civís, ingresaron en prisión provisional, a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

Os detidos, a quen as forzas de seguridade vinculan cunha trama organizada dedicada ao tráfico de drogas, violenta e perigosa, foron trasladados a Ourense cun forte dispositivo de seguridade, co fin de evitar eventuais incidentes e mesmo intentos de fuga. O despregamento policial, apoiado por un helicóptero, deu lugar ao corte de rúas nas inmediacións do edificio xudicial, para facilitar a entrada dos detidos, que saíron de Pereiro antes das sete da madrugada do venres. Despois de prestar declaración, contestando unicamente as preguntas dos seus propios avogados, desprazados desde Andalucía, o fiscal pediu o ingreso en prisión e o xuíz ditou o auto que os devolveu a Pereiro.

A conexión entre Ourense e este grupo de Alxeciras empezouse a establecer a primeiros de ano. En maio produciuse un avance, ao parecer moi importante, coa localización de vinte e seis quilos de haxix en poder dunha parella formada por un marroquí e unha ourensá de Cartelle. A partir de aí intensificáronse os contactos entre a fiscalía de Ourense e de Alxeciras, protexidas as actuacións polo segredo sumarial ditado polo xuíz.


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-11-2018 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Nove galegos detidos como xefes dunha rede internacional de pornografía infantil
A Garda Civil ha desmantelado una importante rede internacional de produción, tenencia e distribución de pornografía infantil a través de Internet e de WhatsApp.Os axentes detiveron a 13 persoas e hai tres investigados. Nove dos arrestos producíronse en Galicia e son os xefes desta trama, segundo a Garda Civil. Os demais detidos son de Barcelona, Madrid, Salamanca e Cádiz. Identificáronse a 420 usuarios de 26 países de Europa, Asia, América e África.As detencións de Pontevedra desenvolvéronse en Ponteareas, Vigo e Bueu; as da Coruña en Sobrado e Curtis; mentres que as de Lugo foron en Carballeda, Taboada e Cospeito. Durante o quince rexistros domiciliarios realizados, interviñéronse 37 teléfonos móbiles, oito ordenadores, quince discos duros, catro cámaras e 11 soportes ópticos con imaxes extremadamente crúas de menores de 1 a 15 anos, en situacións explicitamente pornográficas, mantendo relacións sexuais entre eles, con adultos e mesmo con animais.


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-11-2018 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal