EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O black friday adiante case un mes os contratos da campaña de Nadal
O Black Friday, esa moda importada de Estados Unidos que se extendeu como a pólvora en España durante o último lustro, non só cambiou os hábitos de consumo da campaña navideña, na que se adiantan compras para aproveitar os fortes descontos que ofrece o comercio en estas fechas. Tamen alterou os ritmos de contratación de grandes superficies, tendas en liña e plataformas loxísticas, que se ven obligadas a incorporar antes os reforzos para atender o pico de ventas que xenera o vernes negro.«Antes, a contratación de Nadal comenzaba en torno á primeira ou segunda semana de dicembro», explica Eduardo Adán, director comercial da axencia de colocación Nortempo, que apunta que eses plazos adiantaronse polo menos duas ou tres semanas na hago mayoría de empresas. Ainda que hai algunhas donde esos empleos temporais duran casi un mes máis do que era habitual. É o caso, por exemplo, de Seur, que contratou a 2.300 eventuales para a campaña navideña. Máis de 90 de eles, en Galicia, donde a plantilla do grupo aumenta un 34 % durante estas datas. A maior parte destos traballadores xa se incorporaron para que cando esta semana chegue a avalancha de pedidos esten xa formados e plenamente operativos.

Laura Pérez Meixengo 4ºC
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Morriña!
Bo día. Aquí estou de novo .
Hoxe para introducir o meu blog, comezo por citarvos estas frases: “Galicia Calidade”, “Galicia un paraíso para visitar”, “Quero Galicia” ou “Enamórate dun Galego”... Fánsevos
coñecidas?

Esta fin de semana estiven fóra de Ourense, e durante a viaxe en coche deume tempo para ver, pensar e conversar.

Como xa imaxinaredes o resultado dos meus pensamentos salta á vista: Como en Galicia, en ningún outro lado!

Nalgún momento vos parastes a pensar na riqueza que temos ao noso redor? Somos únicos! E non me estou referindo á riqueza económica precisamente, senón a esa outra que está ao alcance e lecer de todos: temos paisaxes verdes, mares incribles, as nosas costas...
monumentos como a Catedral de Santiago, cumio da peregrinación de millóns de persoas que
realizan o Camiño; en Ourense, As Burgas, as Pontes, as nosas Termas, o Cañón do Sil, o
Mosteiro de Santo Estevo, Manzaneda..., Museos, a Casa da Auga e o Museo das Ciencias na
Coruña... en definitiva, faríame falta toda esta páxina e quedaríame curta ao enumerar todos e cada un dos elementos do noso patrimonio cultural e de seguro que me deixaba algún.

As nosas festas, ás que tantos estranxeiros se acercan todos os anos moitas delas enlazadas
sabiamente coa nosa gastronomía. Que dicir da nosa gastronomía! Sabedes que soamente en
Galicia temos 32 produtos con selo de calidade de orixe? Entre viños, licores, carnes, vexetais, queixos e doces. Algúns preto que vos soarán moito: o Licor Café, a Augardente de Herbas, o viño D.O. Ribeiro, o Lacón Galego, o Capón de Vilalba, a Tenreira Galega, as Patacas e os Grelos, o Queixo de Arzúa, o Pemento e Padrón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia, o Pan de Cea, a Castaña de Galicia, os Mexillóns... son todos eles produtos da nosa terra e do mar, que supoñen unha verdadeira delicia para o noso padal e que non se poden atopar alimentos tan bos en calquera lugar. Desto último podo dar fe!

Hoxe podería ter feito referencia a outros acontecementos:

Á Catástrofe do Prestige, que o pasado día 13 de novembro fixo quince anos cando un buque
petroleiro chamado Prestige se afundiu a uns 250 quilómetros da costa galega, resultando un
desastre ecolóxico para a natureza pero, como diría a miña aboa, sempre hai alguén que das
desgrazas alleas saca bo proveito.

Á conmemoración o vindeiro día 25 de novembro do día “Contra a Violencia de Xénero”.

Á celebración este domingo día 19 de novembro da XLI Carreira de San Martiño en Ourense.
...
Pero non, gustoume facer este parón e deixar a miña pegada neste blog para dicir que me
considero unha privilexiada por vivir nunha terra de tanta riqueza cultural e persoal, porque non hai que esquecerse que un lugar, unha terra, fano as xentes que viven nel.

Apertas e ata a semana vindeira.

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
A biblioteca máis futurista de China
Unha das bibliotecas máis visitadas do mundo, pero non porque teña moitos libros senón pola
súa estrutura futurista.

Decenas de miles de internautas en China e o estranxeiro quedaron marabillados coas imaxes
da nova biblioteca Tianjin Binhai, situada nesta cidade do norte do país asiático. O edificio, que se inaugurou hai pouco máis dun mes, conta cunha impoñente sala principal con varias filas de andeis brancos ata o teito, todas elas cheas de libros. Ou, polo menos, isto é o que parece mirando de lonxe.

A sala principal, cunha altura de case 30 metros, conta cun deseño futurista. No centro está unha enorme esfera branca, chamada O Ollo, cuxo interior acolle un auditorio para
presentacións e conferencias. Esta bola está rodeada de andeis brancos de forma ondulada.

"Este sitio é o soño de calquera amante da lectura", resumía un usuario de Weibo, unha plataforma chinesa similar a Twitter, tras ver as instantáneas da biblioteca. No propio Twitter, os comentarios eran moi similares.

Pero a realidade é algo distinta. A estética do edificio, de seis plantas e 33.700 metros cadrados, é sen dúbida espectacular. Pero nalgunhas imaxes, tomadas desde máis preto,
apréciase como en varias filas non hai libros, senón simplemente imaxes destes impresas no fondo de cada estante. Trátase, en gran medida, dun efecto óptico.

Miles de persoas visitan cada día o centro atraídos polo seu deseño e, sobre todo, a súa
popularidade en redes e medios de comunicación. Este súbito éxito disparou os préstamos de
libros, que se cuadriplicaron desde o día da inauguración. Quizais este balbordo axudará
tamén a que as autoridades cambien de opinión para que a considerada por moitos como "a
biblioteca máis bonita do mundo" teña tamén libros reais na súa sala principal.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Anuncio da Lotería de Nadal 2017
Unha extraterrestre e Daniel, un mozo terrícola, son os protagonistas do anuncio da Lotería de Nadal 2017, que está dirixido polo director Alejandro Amenábar.

O director español realizou unha curtametraxe títulado 'Danielle' que dura 20 minutos e que se presentará na televisión en tres partes para anunciar o Sorteo da Lotería de Nadal.

'Danielle' é unha extraterrestre que coñece a Daniel mentres compra Lotería de Nadal. Daniel Luque e Charlotte Veiga son os actores que dan vida aos protagonistas deste "conto de Nadal", como denomina Amenábar ao anuncio de Lotería de Nadal.

"Hai algo que os humanos non entendedes, e é que xa nacedes con sorte. É a sorte de vivir nun planeta así, de sentir as cousas que sentides, a de necesitarvos os uns aos outros", explica a extraterrestre nun dos anuncios. E é que precisamente, o director quere lembrar con este anuncio que o importante é ter amor e non diñeiro.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Sobrevive cinco días nunha greta glacial

Un alpinista alemán sobrevivera cinco días atrapado nunha greta glacial nos Alpes austríacos, informou a axencia de noticias APA. O home caera 30 metros na greta e durante catro días intentou sen éxito comunicarse có exterior mediante o seu teléfono móvil, ata lograr
finalmente colocar unha chamada de emerxencia, grazas ao que foi rescatado esta madrugada.

O accidente ocurreu durante unha excursión alpina cerca da localidade de Gosau, no estado federado da Alta Austria. A familia do alpinista, de 45 anos de idade, alertara o pasado luns ás autoridades austríacas despois
de non recibir noticias do home. O equipo de rescate enviado á zona non logrou encontrar ao alpinista accidentado debido ás malas condicións climatolóxicas, cunha capa dun metro e medio de nieve. So cando o home logrou enviar varios mensajes de texto có seu teléfono móvil aos equipos de emerxencia, éstos pudieron determinar a súa localización aproximada.

Os equipos de rescate iniciaron de madrugada a
búsqueda e tres horas máis tarde conseguiron salvar ao home, que sufrira lesións nun hombro.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Premio ourensanía 2017

O sábado día 11 de novembro, día de San Martiño, no Teatro Principal de Ourense , fíxose entrega do Premio Ourensanía 2017 a Miguel Ángel González Súarez , o lendario porteiro do Real Madrid entre 1968 e 1986, por ser un dos deportistas ourensáns que máis altas cotas de recoñecemento acadou como compoñente dalgunhas das formacións madridistas que forman parte historia do fútbol español , chegando a participar como porteiro titular da Selección Española no campionato mundial de fútbol de Arxentina de 1978.

Este ourensán natural do barrio de O Couto, onde transcorreron os seus primeiros pasos no mundo do fútbol base, ten sido, o deportista con máis recoñecementos internacionais da provincia de Ourense. Recoñecementos que, non obstante , nunca lle fixeron esquecer as súas raíces ourensás,que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense.

“O gato de Ourense” , alcume co que é coñecido , destaca pola súa humildade e bonhomía,valores que reflicte de forma cotiá no seu contacto co
fútbol base ourensán, razón pola que no seu momento xa lle foi outorgado o seu nome o campo de fútbol do Pavillón dos Remedios.Así mesmo, tamén hai que salientar o seu compromiso coa nosa cultura e nosa lingua ,tal e como queda confirmado coa súa intervención na campaña “Sinte Galicia, fala o teu idioma”.

Por todo isto o gardameta foi homenaxeado nun acto no que participaron diferentes personalidades do mundo da cultura ourensá e do mundo do fútbol como Butragueño, Casillas, Michel, Sanchís …

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Tentou roubar un banco e só obtivo suspiros

O intento de asalto a un banco en Vila Campestre de Barranquilla, está a dar a volta ao mundo, pois o asaltante resultou ser un mozo de 20 anos, quen ao saír detido da instalación fíxoo sen camisa, polo que causou furor en redes sociais.

Os feitos rexistráronse o mércores pasado, ao mediodía, cando un delincuente armado tentou cometer un roubo na sede do banco no barrio Vila Campestre, México.

Cristian Camilo Agudelo García, de 20 anos, armado cun coitelo, intimidou a un dos caixeiros e tras ameazalas tentou apoderarse do diñeiro en efectivo. O caso foi rapidamente atendido pola Policía, que logrou a captura deste mozo, a quen en redes socailes cualifican como o ladrón máis sexy de Colombia.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a exposición oficial de Harry Potter a España

O pasado xoves 16 de novembro inaugurouse en IFEMA (Madrid) a tan esperada exposición de Harry Potter.

Foron moi poucos os que tiveron acceso á mesma este día, posto que só se lles permitiu a entrada aos invitados que a organización da exposición seleccionara, entre os que se atopaban, escritores, youtubers, actores... Estes invitados non só puideron ser os primeiros españois en ver a exposición, senón que tamén tiveron o privilexio de coñecer a James e Oliver Phelps, actores que interpretan aos xemelgos Weasley nas películas da saga.

Para o resto de nós, as portas a este mundo fantástico foron abertas por primeira vez o sábado 18 pola mañá, e estará á nosa disposición ata o 2 de abril de 2018.

A exposición, aparte de material utilizado nas películas e réplicas de vestuario e obxectos de atrezzo, está ambientada para que os seus visitantes sintan que forman parte do mundo máxico durante unha hora.

Este acontecemento levou a Madrid a miles de potterheads de todas as partes de España, só nunha fin de semana. Segundo aseguran algúns dos visitantes, "é unha das maiores concentracións de fans que vin na miña vida".

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2017 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Telelixo a todas horas

O termo “telelixo” utilízase comunmente para definir unha forma de facer televisión caracterizada pola utilización do morbo, o sensacionalismo e o escándalo como estratexias de atracción da audiencia. En España, o programa máis criticado é actualmente Sálvame.

Estímase que o telelixo existe dende os anos oitenta en Estados Unidos e dos noventa no resto do mundo audiovisual. E dende entón o telelixo vén experimentando un elevado ascenso na súa presenza dentro da televisión española.

O asunto chegou, mesmo, ao debate académico con dous libros significativos: Telelixo e democracia (2002), do filósofo Gustavo Bueno, e Telelixo e periodismo (2004) do xornalista e catedrático Carlos Elías. Neste último, Elías critica aos xornalistas de prestixio que se pasan "ao lado escuro" do telelixo. Considera que as televisións pagan a estes xornalistas tele-recolledores de lixo "sumas astronómicas de diñeiro co que compran a súa ética profesional".

Segundo un estudo publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas en xuño de 2014, oito de cada dez españois consideraban que a programación da televisión tiña pouca ou ningunha calidade. En relación con este tipo de programación o grupo Mediaset é o máis criticado.

Unha das queixas máis comúns en España sobre este tipo de televisión tamén é a elevada porcentaxe de programación que ocupan nas grellas televisivas, o que prexudica a emisión de programas con outro tipo de contido.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta prevé a instalación de 34 cámaras nos montes para previr incendios.

A Xunta prevé poñer en marcha a partir de maio unha rede de 34 cámaras para vixiar os montes e previr incendios. Alberto Núñez Feijóo tamén explicou hoxe que o PPdeG proporá no Parlamento incorporar na lei de acompañamento dos presupostos doce medidas contra os incendios, entre as que se inclúe que os propietarios teñan que pagar os gastos de extinción en caso de teren as leiras abandonadas.
As medidas, xa presentadas á Fegamp, serán incorporadas como emendas á Lei de orzamentos e modifican outras catro leis. Das doce, destacan as que abren a porta a limpar os montes sen autorización xudicial ou a expropiar parcelas se os custos de limpeza son superiores ao valor catastral. Tamén a de prohibir eucaliptos, piñeiros e acacias a menos des 50 metros de solo urbano e núcleos rurais e pasarlles os custos da extinción dun incendio aos donos de leiras abandonadas.
Feijóo anunciou que prevén que no mes de maio comece a funcionar a rede dixital de vixilancia nos montes. Instalarán 34 cámaras, que cubrirán case a mertade do territorio, incluídas as zonas consideradas de alta actividade incendiaria.
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal