EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Santiago reclama á familia Franco que devolvan as dúas estatuas que pertencen ao Pórtico da Gloria.

O 30 de agosto de 1961, Francisco Franco e a súa esposa Carmen Polo
paseaban polos corredores do Palacio de Xelmírez, en Santiago de
Compostela, entre os mellores expoñentes da arte románico. Dúas figuras
detiveron o seu paso naquela mostra organizada polo Consello de Europa:
Isaac e Abraham, retiradas séculos atrás do Pórtico da Gloria, obra cume do
Mestre Mateo e, nese momento, propiedade da cidade. O matrimonio quixo
asegurarse a gloria tomando un anaco dela. As pezas foron a parase a familia
do ditador tras un obsequio do concello do que non se garda rexistro algún.
Máis de medio século despois, o concello gobernado pola coalición
Compostela Aberta decidiu recuperar as obras. Aproveitando que as dúas
tallas atópanse de novo expostas no Palacio de Xelmírez, a poucos metros de
onde se asenta o Pórtico, a concelleira Marta Lois presentará no próximo pleno
municipal unha moción para poñer fin ao "espolio" e demandar a devolución
das obras “subtraídas” polos Franco. A iniciativa recolle trasladar o acordo, de
chegar a aprobarse, á Xunta de Galicia e ao Goberno español.
O Concello prepara ademais unha reclamación por vía xudicial para declarar
nula a doazón realizada en 1961, ao non figurar no consistorio ningún
documento que a recolla. “Entendemos que, como ben público que son estas
estatuas, non poden ser doadas a mans privadas”, engaden. Polo momento, o
conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pide ao Goberno local “pescudar que
pasou na súa casa”. “Terán que poñerse a traballar para recuperar o
patrimonio. Se pasan a dominio público, estamos absolutamente a favor: son
dignas de estar nos mellores museos do mundo”, engade.
Na Fundación Francisco Franco, con todo, din sentirse “sorprendidos” pola
petición. “Non nos advertiron de nada e non fixemos ningún trámite.
Sinceramente, sorprenderíame moito que chegue a producirse esa entrega”,
recoñece a este diario un portavoz da fundación, que lembra que as estatuas
foron “obsequiadas no seu momento” e, por tanto, “pertencen á familia Franco”.
Decenas de persoas convocadas polo Bloque Nacionalista Galego (BNG)
realizaron a mañá do venres unha ocupación simbólica do museo da Catedral,
para reclamar a devolución destas dúas estatuas. Os participantes na protesta
despregaron unha pancarta na balconada do inmoble, situado na compostelá
praza do Obradoiro, na que se lía "Que nos devolvan o roubado" e a etiqueta
#franquismo nunca máis, un día despois de que o Concello de Santiago
formalizase a súa denuncia contra os herdeiros da familia do ditador.

Sara González Belloso, 1ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Golpean brutalmente a unha muller sen fogar de 84 anos en Madrid.


Varios individuos golpearon violentamente a madrugada deste xoves a unha anciá
de 84 anos que durmía no oco dunha rúa do madrileño barrio de Chamberí,
segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais.
Os feitos tiveron lugar sobre as 3.30 horas deste xoves, Día Internacional das
Persoas Sen Fogar. Á altura do número 8 da rúa Cardeal Cisneros, Flor durmía
xunto á súa parella, ambos de orixe xitana romanés. Segundo contou a propia
vítima a varias persoas, catro individuos con botellas na man e actitude moi
violenta comezaron a insultalos e logo a patearlles.
O home puido correr e fuxir, pero a muller non o logrou, debido á súa idade e ao
seu estado de saúde. Entón, os mozos comezaron a golpeala na cara e a pateala
no estómago, quedando semiinconsciente. Tamén lles esnaquizaron os cartóns e
quitáronlles algunhas das súas pertenzas.
A muller non quixo atención nin ser trasladada ao hospital. Finalmente os
sanitarios do Samur conseguiron atender in situ na zona á muller, observando que
presentaba hemotomas de evolución de varios días. Volvéronlle a ofrecer os seus
recursos. Están tentado convencela para que acepte a axuda.
Os veciños envorcáronse en axudar á anciá, ofrenciéndole roupa e cremas para
aliviar os severos negróns que ten na cara, consecuencia da agresión. Ademais,
outra persoa regaloulle varias noites de estancia nun hotel para que se recupere e
comida, xa que os agresores quitáronlle tamén o diñeiro que levaban.
Alba Osorio Míguez, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
O centro de información á muller da cidade atendeu un milleiro de consultas.

O Concello de Ourense tamén quixo facer balance do seu labor contra a violencia machista. Fontes municipais explicaron que traballan con políticas transversais desde as diferentes concellerías para erradicar esta secuela. En concreto apuntan a políticas activas en Emprego, Asuntos Sociais e Policía Local. Todos os programas compleméntanse, afirmou a concelleira de Benestar Social, Sofía Godoy, co labor do Centro de Información Municpial á Muller ( CIMM), que no que vai de ano abriu un total de 256 expedientes e atendeu máis dun milleiro de consultas.«Para vos máis novos temos ou programa Vixía de educación afectiva sexual para optimiazar ou desenvolvemento persoal e social, pero tamén evitando comportamentos disruptivos», explicou a concelleira Sofía Godoy. Tamén se desenvolveron programas de cinema e saúde ou unha campaña contra o acoso escolar coa obra de teatro 100 likes. Pola súa banda, a Concellería de Educación formou a máis de douscentos alumnos de Educación Infantil do centro Mestre Vide (O Couto) nun módulo sobre igualdade e proximamente está previsto que leve esta experiencia piloto a outros centros educativos da cidade. Outro dos proxectos está relacionado co empoderamiento feminino.

Lucía Gómez, 1ºBACH.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Pontevedra, paso obrigado da heroína camiño o norte de Portugal
Como no pasado co contrabando, narcos da coca pasanse a esta droga. Nos últimos anos incrementaronse as aprehensions nas Rías Baixas

Ainda que a escala nacional no maior número de alijos de heroína seguese intervindo no Levante, o certo e que, tanto no pasado ano como neste 2017, as partidas máis importantes de esta droga incautaronse na provincia de Pontevedra. No seno dos corpos policiales e da Fiscalía consideran que non se trata dun feito aislado, ainda que tampoco se atreven a fablar ainda dun cambio de tendencia.Recoñecen que, nos últimos tempos, incrementandose las aprehensions de pequenas cantidades de heroína nas Rías Baixas ata o punto de que as extrapolacions que realizan en función dos decomisos levanlles a concluir que o mercado galego non ten capacidade para consumir tal cantidade de estupefacentes. Por eso é polo que teñen claro que Pontevedra está sendo a porta pola que está entrando esta droga no norte de Portugal.

De este modo, existe a preocupación entre as forzas do orden de que esta situación se xeneralice e se produza unha evolución similar á que experimentou o contrabando na súa conversión o tráfico de cocaína. Décadas atrás, os carteis colombianos contactaron con clanes galegos para introducir a cocaína aproveitando as súas infraestructuras. Agora, parecen ser as mafias do este de Europa, principalmente de Albania e Bulgaria, as que puxeron os seus ollos nestas organizacions para utilizar as suas estructuras á hora xa non so distribuir a heroína en Galicia, senon tamén máis alá da raia, a fronteira con Portugal.

Laura Pérez Meixengo 4ºC
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Un virus informático roba diñeiro por Google Play
Un virus informático - malware- que ataca a aplicacións de banca móbil filtrouse en Google
Play e, baixo a aparencia de ser un xogo ou unha app de lanternas, colleitaba datos bancarios dos usuarios e roubáballes diñeiro, revelou hoxe unha investigación de empresas de
ciberseguridad.

Google xa eliminara versións previas deste troyano, chamado BankBot, pero varias "seguiron activas ata o 17 de novembro, o que bastou para que infectasen miles de dispositivos", afirmou nun comunicado a firma de seguridade informática Avast, sobre o informe que desenvolveu xunto con investigadores de ESET e SfyLabs.

"Estas novas versións de malware de banca móbil primeiro apareceron como aplicacións de
lanternas, e logo como xogos de solitario e unha aplicación de limpeza, todos supostamente
confiables, e así lograron enganar aos usuarios para que as descargasen", confirmaron.

Con todo, tiñan intencións ocultas, tales como espiar ás persoas, colleitar os seus datos bancarios e roubar o seu diñeiro.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Sergas avisa aos pacientes que o luns abre o ambulatorio de O Couto
Os veciños do barrio de O Couto marcan os días no calendario desde fai máis dun ano para que abra as súas portas o ansiado centro de saúde construido na zona de Os Remedios. O luns, 27 de novembro O Sergas contempla manter a data fixada para a apertura da infraestructura sanitaria y o consiguinte traslado de pacientes, pese a que todavía non teñen o decreto firmado polo concejal de Urbanismo,
José Jesús Cudeiro, no que se concede a licenza. Os técnicos municipais apuran os dous últimos informes preceptivos tras realizar unha xornada de inspección a fondo da infraestructura sanitaria. Según indicaron fontes municipais, todo se encontra co arreglo á normativa e polo tanto non houbera
impedimento técnico para a concesión do permiso, que se esperase que poida facer efectiva o mesmo luns o el martes. Tamén queda por redactar un informe do departamento jxrídico.

O escenario que planificara a administración autonómica, se cumplirá xa, que tiñan todo preparado para que o traslado se realizara o próximo luns. Incluso se colocaron diferentes carteis no centro de saúde de Nóvoa Santos alertando das consultas que se trasladarían. A maiores, os pacientes recibiron esta semana unha carta firmada polo xerente da área de Xestión Integrada da provincia de Ourense, Dionisio López Bellido. Nela se indicaba que o 27 de novembro se procedería á apertura do novo centro de saúde de O Couto na rúa Velázquez. Tamén a nivel informático traballouse dende o Sergas para ter todo previsto para o luns. De feito estaba bloqueada a aplicación informática que inclúe a información dos pacientes para realizar o traslado virtual.

Fontes sanitarias explicaron que o primer continxente de profesionais que atenderá no centro de saúde de O Couto inclúe a tres médicos de cabeceira pola mañá e dous pola tarde, coas correspondentes enfermeiras. Haberá un pediatra para atender aos nenos y dous administrativos.

Dous precedentes

No que vai de mandato as relacións entre Sergas e Concello non foron sencillas. O primer intento de apertura do centro de saúde por parte da administración autonómica en setembro do 2016 paralizouse ante a negativa do Concello a dar a licenza sen urbanizar o entorno.

Recentemente, o traslado de pacientes do novo edificio do CHUO tamén viuse ralentizado polo mesmo motivo.

O Sergas e o Concello traballaban dende tempo coa previsión de que estouvera todo listo para finais de novembro. Sen embargo, as obras de urbanización do entorno se retrasaron máis do previsto e se finalizaron o 10 de novembro. Houbo, según confirman fontes municipais, contratempos de última hora que provocaron que a empresa adxudicataria dos traballos entregase a obra esgotando o prazo ao máximo. A recepción destes traballos era imprescindible para conceder a licenza de apertura, de acordo
co criterio que mantivo dende o principio o Concello e que foi avalado pola Xusticia.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
O can é o mellor amigo do home!
Si amigos, tal que soe. Unha vez máis a frase "O can é o mellor amigo do home" se
confirma, e aos feitos me remito.

Non é a primeira vez que nun anuncio de televisión vemos unha mascota. Todos
recordamos a Pancho, o can do anuncio da lotería primitiva que mais tarde protagonizaría
unha película "Pancho, o can millonario". Pois ben, no anuncio da lotería deste ano 2018 tamén aparece un can. Nesta ocasión chámase Max.

Non vou falar do anuncio, de se gusta máis ou menos. Non. Hoxe quero falar dun artigo que lin onte no diario “La Razón” sobre como Max salvou a vida dun neno.

Max é un can que colleron da rúa cando tiña só uns días. Acolleuno unha familia que
rapidamente se librou del por ser "demasiado argalleiro". Pero tivo a sorte de cruzarse no seu camiño coa súa actual propietaria, Ainhoa ​​Larregui, que no canto de devolvelo á protectora, decidiu adestralo.

Max saltou á fama porque o seu adestrador oíu que estaban buscando un can que soubese bocexar. E así foi como lle enviaron a Alejandro Amenábar un vídeo onde Max
bocexaba. O equipo de produción describe a Max como un can enérxico, sensible e afectuoso,
que esperta en quen o ve un degoro irrefreable. E iso foi precisamente o que fixo que Max
obrara un milagre na persoa de Nico.

Nico é un neno, veciño de Max, que aos sete anos lle diagnosticaron un tumor no cerebelo. Tras a operación acabou en estado vexetativo polas numerosas complicacións que tivo. Ancorado a unha cadeira de rodas para sempre, un día recibiu a visita de Ainhoa e de Max. Nico tiña os dedos untados de Nocilla. En canto Max cheirou o doce aroma do chocolate e as avelás non dubidou en darlle unha lambetada aos dedos de Nico. Esta reacción instintiva de Max tamén supuxo para Nico outra reacción instintiva:o neno ergueu o brazo lixeiramente para tocalo e sorriu. Algo impensable para calquera que estivera ao lado de Nico e coñecera a súa enfermidade: Síndrome de
cautiverio e mutismo cerebeloso!

Dende entón a súa nai tivo claro que quería a
Max ao lado de Nico e acertou. Todo foi mellorar, ata o punto de que hoxe Nico vai á escola e pode levar unha vida máis ou menos normal.

A historia de Nico non é única. Os cans son unha das mascotas preferidas por moitos, xa que ofrecen compañía e fanse querer. Ademais teñen un modo especial de aceptar ás persoas.

A terapia con cans utilízase para mellorar a saúde e o benestar dos pacientes xa que estes chegan alá onde as menciñas e os terapeutas non dan chegado. Os que temos cans no fogar sabemos de primeira man que sempre están aí nos bos e nos malos momentos. Son terapeutas naturais. Melloran o estado de ánimo, evitan a soidade, fomentan o contacto físico e social, temos que acariñalos, asealos, darlles de comer, xogar con eles... serven como incentivo e motivación porque te obrigan a saír da casa. Tes que sacalos a pasear e como consecuencia, melloran a túa capacidade motora e sensorial. Nunha palabra, son especiais pero con todo, son seres vivos e como tal hai que respectalos e coidalos. En contrapartida, devolveranche cariño, afecto, compañía, xogo... un amigo co que sempre podes contar!

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
O río Barbaña é contaminado por reiterados vertidos no seu cauce
O río Barbaña recibiu onte unha nova vertedura industrial que cubriu boa parte da canle de escuma branca. A situación prodúcese cando aínda non desaparecera o forte cheiro a cloaca que desprendía na tarde do xoves.

Técnicos da Confederación Hidrográfica Miño Sil recolleron novas mostras de auga, que unha primeira análise (estudaranse con profundidade en laboratorio) non se detectaron materiais pesados como o chumbo, cromo, cadmio ou
mercurio, que puidesen ocasionar a morte de peces.

O presidente do organismo de conca, Francisco Marín, recoñece as sucesivas verteduras ao Barbaña, que se "incrementan os fins de semana. Hai xente con pouca sensibilidade ambiental e saben que os fins de semana hai menos persoal para vixiar e aproveitan para verter", asegurou Marín.

O río presentaba onte un estado lamentable. A auga discorría ennegrecida e desprendendo un forte cheiro. O tramo entre Ponche Noalla (San Cibrao) e Taboadela está practicamente seco, pero cara á cidade arrastraba abundante
auga. Á depuradora de San Cibrao chegan 800.000 litros cada hora. Segundo o seu encargado, Enrique Igrexas, as instalacións funcionan perfectamente. "A auga sae completamente limpa. A contaminación baixa polo río, non é da
depuradora", asegurou.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Sergio Ramírez, Premio Cervantes 2017
O nicaragüense Sergio Ramírez (Masatepe, Nicaragua, 1942), escritor, xornalista, político, avogado e vicepresidente do seu país de 1984 a 1990, durante o goberno sandinista; foi recoñecido co Premio Cervantes 2017.
É a primeira ocasión nos máis de 40 anos da súa historia que este galardón,o máis importante en lingua castelá, viaxa a Centroamérica para
recoñecer a un autor que converte a realidade nunha obra de arte.

O xurado concedeu o premio a Ramírez "por unir na súa obra a narración e a poesía e o rigor do observador e o actor, así como por reflectir a viveza da vida cotiá convertendo a realidade nunha obra de arte, todo iso con
especial altura literaria e en pluralidade de xéneros, como o conto, a novela e o columnismo xornalístico".

Aos seus 75 anos, Ramírez é un dos narradores máis significativos de América Latina coa súa mestura ficción e realidade na súa produción literaria, que conta con novela, ensaio e contos, con alto contido político.

A súa vida estivo marcada pola ditadura dos Somoza, a revolución sandinista e os seus máis de cincuenta libros. Non en balde defínese como un narrador a tempo completo e un apaixonado da literatura que combinando na súa vida as letras e a política.O seu paso pola política, di, foi circunstancial: "pasei por ela porque foi unha necesidade trala revolución sandinista".

Desde moi novo a súa vocación fora a literatura (aos 14 anos publicou o seu primeiro conto e o seu primeiro artigo), pero meteuse na política para librar a Nicaragua da ditadura dos Somoza (1937-1979).

Recibiu galardones como o Alfaguara de novela por "Margarita, está linda la mar" (1998), el Dashiell Hammett (1990) por "Castigo divino" ou o Iberoamericano das Letras José Donoso (2011) e o Carlos Fuentes (2014).

Publicou máis de 55 libros, que foron traducidos a varios idiomas.

Entre as súas obras figuran "La marca del Zorro", "Oficios compartidos",
"Charles Atlas también muere", "Un baile de máscaras" (Premio Laure-Bataillon 1998), "Adiós muchachos", "Mentiras verdaderas", “Sara” e as dúas novelas negras protagonizadas polo inspector e exguerrillero Dolores Morales.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-11-2017 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense no día contra a violencia de xénero
Hoxe véñovos falar dun tema que leva sendo oprimido séculos e que dende 1999 pode saír ás rúas abertamente cada 25 de Novembro: a violencia de xénero. Todos nós sabemos da existencia desta crúa realidade, unha lembranza constante do machismo que se cerne sobre esta sociedade dende centos de anos, e que non nos remata de abandoar.

Onte na nosa cidade non foron poucas as persoas que saíron á rúa a protestar polas agresións constantes que sufren as mulleres da nosa cidade, de feito Ourense ao longo deste 2017 rexistrou arredor de 300 casos de violencia de xénero, nos cales só 30 dos agresores foron denunciados e encarcerados. Isto débese, sobre todo á necesidadede protexer aos agresores que, por desgracia, senten as vítimas.

Algo que si podemos dicir a favor da nosa cidade con respecto a este tema, son os centos de denuncias postas por persoas alleas ás chamadas relacións tóxicas, persoas que escoitaron, presenciaron ou que dalgunha maneira chegoulles a noticia dalgún caso de maltrato á muller, e que en lugar de no facer nada tiveron o valor de deixar constancia delo na policía.

Foron polo menos cinco as manifestacións que houbo onte polas rúas ourensás protestando polos dereitos e as desigualdades ás que segue sometida a muller hoxe en día.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-11-2017 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal