Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Agustín Fernández Paz volve ao seu colexio cunha novela póstuma
«Onte regresei a Valverde, a vila onde transcorreron os primeiros doce anos da miña vida». Así empeza A casa do medo (Rodeira) a novela póstuma de Agustín Fenández Paz, falecido o pasado verán. A figura do escritor tamén regresou onte ao Colexio Fogar Santa Margarida da Coruña. Alí foi onde empezara a dar clases. «Despois marchou a Guernica», lembraba Alfonso G. San Martín, un dos responsables do centro. Durante dúas horas, alumnos, familiares, amigos e, sobre todo, lectores de Agustín Fernández Paz participaron en diversos actos arredor da presentación desta novela póstuma que o autor «foi escribindo aos poucos, entre visitas aos médicos», lembraba Isabel Soto, tradutora das súas obras. A crítica Chus Fernández contaba, nun salón de actos do cheo, como esta novela goza do «rigor literario que teñen todas as súas obras» e salientaba a «prosa limpa, falsamente sinxela, porque detrás hai un grandísimo traballo». Explicaba que este é «un relato de terror dos que tan ben se lle daban a Agustín», moi do estilo de H.P. Lovecraft, «ese terror que está no ambiente, inmaterial». E xunto co misterio e as aventuras, o libro ten «unhas pinguiñas de romance» e tamén «un certo toque de fantasía épica», como é A illa da Lúa, da que inclúe un mapa. Para Chus Fernández, esta novela tamén evoca o gran clásico de Tolkien, xa que nela aparece O señor da serpe e hai algúns obxectos máxicos, como é unha chave, que axudan na aventura que conta.
A novela parte, explicou Isabel Soto, «dun relato previo, que era A casa da bruxa», un caseto que estaba nas aforas de Vilalba, a terra do escritor, e que lles daba moito medo aos nenos, algo ao que tamén axudaban os maiores coas súas historias. Ademais, a escritora Fina Casalderrey e a editora Chus Gómez falaron de Agustín Fernández Paz, quen, desde onte, dá nome á biblioteca escolar do fogar. A inauguración deste espazo foi o primeiro dos actos celebrados e nos que os alumnos do colexio foron interpretando algúns dos temas musicais que máis gustaban ao escritor. Os escolares fixeron un folleto en homenaxe ao que recibiu, entre outros moitos, o Premio Nacional de Literatura. Para esa publicación compuxeron «titultextos», xogando cos títulos das obras do escritor: «Nesta operación axudárannos o raio veloz e as fantasmas de luz. Hoxe trasnoitaremos na escola dos piratas, xunto ao laboratorio do doutor Nogueira. Trasladarémonos por medio dun tren cargado de misterios. Collede a vosa equipaxe e os contos por palabras para ler polo camiño...», escribiron cinco alumnos. Outros fixeron debuxos ou escribiron cartas a quen foi, sen dúbida, un gran mestre da literatura infantil e xuvenil.

Antía Ramos Gallego, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2016 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
"Érase unha vez o home"
A Sala Muralla de Baluarte acolle a exposición `Human Bodies`, unha mostra didáctica que ofrece ao público unha viaxe ao interior do corpo humano.
A través de 12 cadáveres humanos, conservados mediante a técnica de plastinación, e máis de 120 órganos vitais, `Human Bodies` pretende ensinar a mellorar a calidade de vida e previr enfermidades.
Dividida en oito salgas, a mostra transporta ao visitante, desde a xestación ata a morte, polo sistema óseo, muscular, respiratorio, circulatorio, dixestivo e urinario-reprodutor, informaron os organizadores.
A mostra permite coñecer, en primeira persoa, as consecuencias de hábitos tan estendidos na sociedade como a falta de exercicio físico, a mala alimentación e o consumo de alcol, drogas ou tabaco. Desta maneira, na exposición aprécianse órganos sans comparados con órganos de persoas enfermas.

María Millán Borrajo, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2016 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
E entón… o fotógrafo converteuse en Claudia Schiffer
O artista Pachi Santiago leva cinco anos meténdose na pel da súa musa, a top model alemá, e dando forma ao seu proxecto de autorretrato Copying Claudia.
Pachi Santiago é un dos artistas contemporáneos de referencia no autorretrato e o apropiacionismo. O seu proxecto Copying Claudia, no que recrea consigo mesmo fotos e vídeos da modelo alemá Claudia Schiffer, transforma a fotografía de moda nunha linguaxe híbrida para construír un discurso sobre a identidade.
‘’A persoa que ve o proxecto por primeira vez pode ver un exercicio de identidade no que un home copia a unha muller, pero en realidade é un exercicio de autoretrato, onde contar quen son eu e as cousas que me gustan e construíronme desde a miña infancia’’, di Pachi Santiago, quen desde pequeno viu a Claudia Schiffer como unha musa máis aló da súa imaxe de bombón louro.
‘’Coñecina en 2009 cando veu a Madrid a presentar unha fragrancia. Creo que ese foi o revulsivo para crear o proxecto’’.
Pachi púxose na pel da súa musa en máis de duascentas fotografías e vídeos que mostrou recentemente na madrileña Galería Cero, pero que se viron tamén en centros de arte de Nova York, Berlín ou México.
‘’Dalgunha maneira, contar quen es ti a través do disfrace parece unha contradición, pero no fondo venerar a Claudia é algo que fixemos toda a vida. Buscar o noso ídolo’’, asegura.

Iria Padrón López, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2016 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense contará co terceiro xulgado de Primeira Instancia
Ourense contará para o ano 2017 cun novo xulgado de Primeira Instancia. Así o anunciaron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Roda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Anxo Cadeas, que mantiveron onte unha reunión coa Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nesta reunión acordaron cales serían as novas unidades xudiciais que se poñerán en marcha en Galicia o próximo ano. A apertura deste sétimo Xulgado de Primeira Instancia en Ourense desconxestionará a carga de traballo dos xulgados de Familia e Mercantil, que non teñen competencia exclusiva na cidade. Esta é a primeira sé que se crea na provincia desde o ano 2010, cando entrou en marcha o Xulgado do Social número 4, segundo destacan desde Alternativas na Xustiza-CUT. Alfonso Roda explicou trala reunión que "unha vez trasladada a dispoñibilidade do Goberno central á creación de cinco novas unidades xudiciais" e co apoio e consenso dos representantes da Xustiza galega, crearanse esas cinco seccións "baseando a decisión en criterios obxectivos de carga de traballo". Ao mesmo tempo, quixo resaltar de xeito positivo este tipo de comisións entre Xunta e representantes xudiciais, que "permiten reforzar a cooperación entre ambos e ofrecer unha xustiza mellor dotada e máis eficaz, ou que redunda nun mellor servizo para vos cidadáns". Pola súa banda, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Anxo Cadeas, destacou que a posta en marcha destas novas unidades supoñerá "un grande esforzo orzamentario". En concreto, segundo informou Cadeas, cada xulgado supoñerá "25.000 euros cada ano para as arcas autonómicas". Entre outros puntos do día, tamén falaron do balance da situación do Plan de Infraestruturas Xudiciais, no que se destacou o funcionamento das novas infraestruturas en Ourense, entre outras. Tamén falaron do Plan Senda de modernización e dos avances do expediente xudicial electrónico e así conseguir o obxectivo de "papel cero na Xustiza".

Nuria Vázquez Gómez 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2016 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornada de Normalización Lingüística
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 18-11-2016 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os da vergoña do Galego
Xa o comprobara a Real Academia Galega nun estudio publicado no 2004: boa partes dos mozos e mozas galegos cren que as persoas que falan castelán con acento galego proxectan unha imaxe de “pailarocos” (paleto, palurdo,...) e se viven nas zonas urbanas, e falan o noso idioma, manifestan unha “postura política nacionalista”. Ademais, está máis asociado á ignorancia e ao rural un castelán falante con ortofonía galega, ca un galegofalante con ortofonía castelá.
Os prexuízos cara ó galego mantéñense na mocidade.

Wuimer Álvarez Célix. 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2016 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Un can convértese no guía doutro can cego: Perdeu a vista tras un glaucoma con 11 anos
Un can convértese no guía doutro can cego:
Perdeu a vista tras un glaucoma con 11 anos.



Hoshi quedou cego tras un glaucoma cando tiña 11 anos. Por sorte, os seus donos adoptaron a outro can meses antes da cirurxía que pronto se converteu no seu guía e mellor amigo.
Zen, un pomerania, acompaña a Hoshi, un esquimal americano, en cada paseo, a pesar de non ser oficialmente un can guía, segundo publica metro.co.uk.

Os donos dos animais ás veces atan aos dous cans, para que o traballo de Zen sexa máis sinxelo. Con todo, cando non o fan, o can non perde de vista a Hoshi.
Aitana Lanzós 4º b




Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2016 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un biólogo vigués recibe un premio internacional


O consumidor coma con total seguridade para a súa saúde é o obxectivo do biólogo Daniel Velázquez. O vigués acaba de recibir un premio de carácter internacional polo traballo que desempeña na Universidade de Sao Paulo sobre a incidencia dunha bacteria na tilapia, un dos peixes de moda no mundo.


A contaminación do alimento ocorre principalmente durante a manipulación do peixe, xa que o ser humano pode ser portador desta bacteria sen sabelo. "Por iso, é moi importante manter unhas boas prácticas durante o procesamiento do produto, tanto na industria, no mercado como en casa", abunda o experto que recomenda un simple xesto antes de tocar os alimentos: "Lavarse ben as mans".
O congreso salientou a importancia que supón para o benestar da sociedade o avance na innovación e a sustentabilidade na área de microbiología de alimentos. O obxectivo que persegue tanto Vázquez como a organización que lle premiou é pór coto ás enfermidades que se transmiten por vía dos alimentos alertando a Gobernos e empresas dos perigos existentes. O vigués destaca que estudos como o seu pon de manifesto "a importancia da colaboración entre a industria alimentaria e os investigadores para mellorar o control de bacterias patógenas e así garantir a seguridade do produto ao consumidor".



Sara González Belloso 4º E.S.O. – B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cáritas Salamanca rechaza os donativos dunha asociación taurina.

Cáritas Salamanca rechazou este mércores os donativos dunha campaña solidaria da Asociación Xuventud Taurina de Salamanca. A ONG informou nuha nota de prensa que non quere vincular a sua imaxe cos toros, un tema que xera "gran controversia na sociedade". Cáritas confirmou que en outras ocasiones colaborou en actividades relacionadas co mundo taurino.
Rubén Gudino, secretario de Xuventude Taurina, explicou ca ONG rechazou aa colaboración entre ambos ao entender que "podía afectar á sensibilidade dos seus donantes e que as axudas económicas do mundo do toro poderian estar mal vistas".





Aitana Almarcha. 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2016 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
O que debes saber antes de pintar as paredes da casa
A elección das cores é fundamental
Debemos optar polos que mellor se adapten á nosa personalidade.
As cores da casa son fundamentais para crear os ambientes que nos interesan. Cando imos decidir os tons, temos que ter en conta unha serie de consellos.
Moitas veces, non nos atrevemos coas cores máis rechamantes e optamos polos clásicos de toda a vida. En realidade uns dos puntos máis importantes para saber a cor debemos utilizar é a iluminación da estancia. É dicir, canta luz temos e canto tempo podemos gozar dela. Si temos moita luz, poderemos permitirnos cores máis escuras e atrevidos, como verdes, vermellos ou morados.
O espazo tamén vai xogar un papel importante, neste sentido a parte dos metros cadrados do espazo tamén conta a altura do teito. Debemos ter en conta a altura dos teitos. Si son altos, podemos contar con tons escuros.
A continuación debemos seleccionar a combinación de cores, que pode ser unha mestura de tons suaves con outros máis fortes. A cor suave sempre debe ser o protagonista para dar claridade ao espazo. Si utilizamos tons parecidos ao dos mobles, conseguiremos aumentar a profundidade visual. Outro dato importante é utilizar únicamente os tons brillantes en baños e cociña.
Pero ante todo, o máis importante é que as cores representen a personalidade de quen vai vivir na casa para que se senta cómoda. Porque cada casa é única.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-11-2016 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal