Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos estadounidenses crean unha prótese que pode transmitir a sensación de tacto
Un grupo de científicos da Universidade de Case Western Reserve e a Universidade de Chicago conseguiu que dous pacientes coas mans amputadas volvan ter a sensación do tacto.

Científicos da Universidade de Case Western Reserve e a Universidade de Chicago conseguiron crear prótese que transmiten ao amputado a sensación de tacto necesaria para determinar a presión que deben aplicar. A investigación foi publicada na revista científica Science Translational Medicine, tras experimentar a utilidade da invención con dous pacientes con mans amputadas.

Os científicos e enxeñeiros que traballaron nesta investigación recrearon con impulsos eléctricos o modo en que o sistema nervioso interpreta a percepción táctil, especialmente á hora de determinar o nivel de presión que se aplica.

"A capacidade de determinar canta presión aplícase é clave para a manipulación complexa de obxectos e para interaccións humanas", explicou nun comunicado Dustin Tyler, enxeñeiro biomédico e profesor da Universidade Case Western Reserve, da cidade de Cleveland (Ohio).

A estimulación eléctrica dá aos suxeitos que experimentaron con esta tecnoloxía a sensibilidade necesaria para saber canta presión aplicar á súa prótese, algo que lles permitiu interaccións con familiares e seres queridos máis fluída.

O sistema consta dun sensor de presión na prótese, un estimulador portátil que envía a sinais eléctricos a eléctrodos conectados a nervios dentro do brazo do amputado, o que permite ao cerebro discernir o nivel de presión aplicada.

O experimento conduciuse con dúas persoas que sufrían amputación da man e determinouse que ambos poden agora discernir ata 20 niveis diferentes de presión. Con todo, o maior avance que os amputados destacaron foi a posibilidade de realizar apertóns de mans, caricias ou manexar obxectos coa confianza que non se aplica demasiada presión.

Raquel Vázquez Reza, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2016 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal