Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un de cada dez accidentes laborais mortais no Estado ten lugar en Galiza
O Ministerio de emprego vén de publicar os datos de sinsitralidade laboral nos tres primeiros trimestres de 2016, entre xaneiro e setembro. En Galiza rexistráronse un total de 20.607 accidentes laborais, o que supón unha media de 76 cada día. A inmensa maioría dos sinistros que decorreron neses nove meses foi de carácter leve, 20.251.

Tiveron lugar entre xaneiro e setembro un total de 404 sinistros laborais graves no noso país, o que supón máis de 11 por semana de media. Houbo, ademais, 52 accidentes con resultado mortal. En todo o Estado houbo 461 traballadores mortos. Os 52 en Galiza supoñen máis do 11% do total, porcentaxe moi superior ao peso da poboación ocupada galega no seo do conxunto estatal.

Un recente estudo do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG amosábase contundente: “Proporcionalmente morreron na Galiza por accidente laboral o duplo de traballadores que a media do conxunto do Estado”.

En Galiza o índice de incidencia (número de sinistros por cada 100.000 traballadores en activo) nos accidentes mortais foi no primeiro semestre de 0,519. No Estado español é de 0,259. Nos primeiros 6 meses do ano rexistráronse na Galiza un total 11.513 accidentes laborais, dos cales 11.281 foron cualificados como leves, 210 foron graves e 22 foron mortais. “Galiza cos seus 22 traballadores falecidos representa o 7,31% do total de mortes por accidente laboral do Estado, 301”, indícabase no boletín. Unha porcentaxe que agora ven de aumentar ao 11%.





Candela Fernández del Pon, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Saen á boia en Belesar as aldeas de Ribó e A Ermida.

O encoro está estes días ao 23% da súa capacidade total, o que deixan ao descuberto moito terreo normalmente oculto.

O baixo nivel do río Miño no encoro de Belesar está a deixar ao descuberto moito terreo que normalmente permanece oculto. O fenómeno é especialmente rechamante nos tramos medio e final do encoro. No municipio de Taboada, quedaron á vista dúas aldeas mergulladas polo encoro.
A presa de Belesar embalsa nestes momentos 156,8 hectómetros cúbicos de auga, o que supón un 23% de ocupación porque a súa capacidade total é de 655. Esta parte do outono é a época habitual para os mínimos anuais de caudal no encoro de Belesar, así que non se trata dunha situación excepcional. En todo caso, o nivel é suficientemente baixo como para deixar ao descuberto algunhas das aldeas que quedaron alagadas fai sesenta anos cando se encheu o encoro. Estes días quedaron á vista as de Ribó e A Ermida, situadas nunha zona antes rica en viñedos.







Carlos Sánchez Cao, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
O pequeno Nicolás, a un paso do banco e o cárcere polo seu intento de estafa en Ribadeo.
Francisco Nicolás Gómez Igrexas, O Pequeno Nicolás, será xulgado polo seu intento de estafa en Ribadeo, onde se presentou o 13 de agosto do 2014 como suposto ligazón entre o Goberno e a Casa Real para consumar unha estafa a un empresario asturiano. Ribadeo é unha localidade que dificilmente esquecerá; a que lle proporcionou fama e a que lle pon ás portas do cárcere. O fiscal Alfonso San Ramón pide para el sete anos de prisión e 81.000 euros de multa polos delitos de usurpación de funcións públicas, falsidade en documento oficial e suborno activo.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, entrando na reunión na que o esperaba o pequeno Nicolás

Aínda que a fiscalía renunciara a presentar escrito de acusación ao considerar que existían deficiencias na instrución, finalmente o venres si o fixo. O fiscal avala os argumentos do xuíz Arturo Zamarriego, que instruíu a causa que agora pasará á Audiencia de Madrid para que se inicie o xuízo. Nel é moi probable que se chame a declarar como testemuñas a varios ribadenses: o propietario e persoal do restaurante onde se escenificou a estafa, o alcalde de Ribadeo, o sarxento da Policía Local e o presidente do Real Club Náutico, que xa testificaron no seu día.O 13 de agosto do 2014 o pequeno Nicolás enganounos a todos, ata ao xefe de Portos de Lugo, que accedeu a reservar prazas de aparcadoiro no peirao. Só o comandante accidental da Garda Civil de Ribadeo negouse ás peticións de Francisco Nicolás Gómez e os seus cómplices, porque a escolta que pediron non fora solicitada polos condutos oficiais.O obxectivo do pequeno Nicolás, un facilitador ou conseguidor, era pechar nun restaurante de Ribadeo os últimos flocos dun acordo que, segundo consta no sumario da causa, pretendíase selar esa mesma semana ante notario en Marbella. Chegou cun amplo dispositivo de seguridade, tras facer reserva nun restaurante para tres comensais, un dos cales sería Felipe VI. Pero foi descuberto polas suspicacias que xerou no empresario asturiano, que decidiu chamar a María Pico, xefa do gabinete de Vicepresidencia do Goberno, e a Javier Ayuso, xefe de comunicación de Casa Real, para saber se Francisco Nicolás Gómez era quen dicía. Todo o caso de Ribadeo tivo gran repercusión mediática e comezou a súa caída, onde menos o esperaba.O fiscal tamén pide penas de prisión de cinco anos e medio para os policías Jorge González Hormigos e Carlos Pérez López-Dávila, como cómplices do sainete que montaron en Ribadeo. Pero a pena pode ser maior. A Asociación de Policía Municipal Unificada de Madrid, que exerce de acusación particular na causa, pide para o pequeno Nicolás 11 anos de prisión.




José Javier Nieto Blanco, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Bruselas pide multar a España

A Comisión Europea (CE) pediu ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) multar a España polo seu "deficiente" recollida e tratamento das augas residuais en dezasete núcleos urbanos, segundo informou este xoves o Executivo comunitario.

Nunha sentenza previa de abril de 2011, o TJUE ditaminou que as autoridades españolas infrinxían a lexislación comunitaria "ao non recoller e tratar adecuadamente as augas residuais urbanas" vertidas en 37 cidades e urbanizacións. A decisión definitiva sobre as multas corresponde ao Tribunal de Xustiza Cinco anos despois, España non adoptou solucións en 17 desas poboacións, onde viven 1,4 millóns de persoas, polo que o Executivo comunitario reenvía ao país ante a institución xudicial e propón impoñer con data actual unha multa de 46,5 millóns de euros.



Bruxelas tamén expón unha sanción diaria de 171.217 euros se non se logra o pleno cumprimento da sentenza para cando o Tribunal dite a súa segunda resolución. As sancións propostas terían en conta "a duración da infracción, a súa gravidade e o tamaño do Estado membro", aínda que a decisión definitiva sobre as mesmas corresponde ao Tribunal de Xustiza da UE. Bruxelas insiste en que as autoridades autonómicas deben garantir que as augas residuais urbanas sexan "debidamente recollidas e tratadas" co obxectivo de previr "riscos graves para a saúde humana e o medio ambiente" e evitar que queden contaminadas por bacterias e virus nocivos.

Estas augas tamén conteñen nutrientes como nitróxeno e fósforo capaces de danar as augas doces e o medio mariño, ao favorecer a proliferación excesiva de algas que asfixian outras formas de vida.








Laura Feijoó González, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Rusia planea desembarcar na lúa en 2031.
A corporación rusa e de foguetes Energiya anunciou os seus plans de enviar ao primeiro cosmonauta ruso á Lúa en 2031, tal como declarou recentemente Vladimir Solntsev, CEO da compañía.

«A partir de 2025, está planeado comezar o traballo e os voos sobre a Lúa. En 2026 haberá un voo non tripulado ao redor do satélite e en 2027 lanzaremos un módulo de aterraxe e despegamento da órbita lunar», anunciou Solntsev, tal como recolleu TASS, a axencia rusa de noticias.

Este módulo aterrará sobre a Lúa de forma automática. «En 2029 haberá un voo non tripulado dunha nova nave cara á órbita da Lúa. En 2030, temos a tarefa de enviar unha misión tripulada á Lúa xa en 2031, e queremos aterrar alí», dixo o portavoz.

Tal como explicaron desde o Instituto Central de Investigación de Maquinaria ruso, o futuro da exploración lunar rusa pasa por enviar voos ao redor da Lúa e aterrar sobre a súa superficie, e ademais enviar misións ao momento de Lagrange entre a Terra e a Lúa (o punto de equilibrio gravitacional entre dous corpos).

Ademais disto, Solntsev lembrou que os países implicados na Estación Espacial Internacional (ISS) están a discutir a posibilidade de prolongar a vida útil da estación ata 2028.

«A cuestión permanece aberta acerca de que ocorrerá despois. A vida da ISS podería prolongarse. Actualmente, está a discutirse a opción de usala ata 2028», dixo Solntsev.

Antes diso, Rusia, Canadá e Estados Unidos xa aprobaron estender a operación ata 2024, mentres que a Axencia Espacial Europea (ESA) está no proceso de decidir esta opción. Charles Bolden, director da NASA, dixo que a ISS debía de funcionar ata 2028.

Tal como dixo Vladimir Solntsev, rusia convida aos demais países para desenvolver conxuntamente un novo módulo de aterraxe para a Lúa. «Un módulo de despegamento e aterraxe para a Lúa é un desenvolvemento completamente novo, que creo que faremos xunto a Europa e a Estados Unidos. Convidamos a todos os países a participar e a desenvolver novos sistemas e a implementar un novo programa lunar», dixo.

Unha institución asociada á axencia espacial rusa Roscosmos, xa anunciou que planean enviar seis foguetes superpesadoshacia a Lúa entre 2035 e 2040, cada un deles capaz de cargar ata 20 toneladas.






Sara Araújo Sánchez, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Os nenos descubren 'A Cidade' nun videoclip polas rúas ourensanas
O videoclip “A Cidade” composto e interpretado por Magín Blanco e Uxía Domínguez, coa letra de Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979), ten como protagonistas aos máis cativos, nenos e nenas que dan cor e vida aos lugares polos que pasan na cidade de Ourense.

A presentación deste proxecto cultural tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou ovicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a xefa territorial de Educación da Xunta, Mercedes Gallego; os directores do videoclip, Marcos Nine e Otto Roca; os músicos, Magín Blanco e Uxía Domínguez; e a responsable do colectivo “Re.creo”, Marta Somoza.

A Deputación de Ourense colabora con este proxecto musical que “ensalza a figura de Manuel María a quen foi dedicado este ano o Día das Letras Galegas, e difundir esta obra na que se da a coñecer a realidade da nosa cidade e aqueles lugares seleccionados na proxección que axudarán a construír un imaxinario actual da cidade de Ourense”, dixo Rosendo Fernández. Asemade, salientou a triple lectura da obra determinada pola “letra da canción, as imaxes da cidade e a narración simbólica dos nenos portadores das cores”.

O poema “A Cidade” de Manuel María é “un dos máis coñecidos á hora de xogar coa poética dedicada aos nenos e co fomento da lingua aplicado aos ámbitos máis urbanos”, afirmou Valentín García, e animou a continuar traballando nesta senda de “crear audiovisual e formatos que promovan a lingua na nosa mocidade e infancia”.

Marcos Nine explicou que a idea xurdiu “a partir da canción “A Cidade” e xogando coa idea de que os nenos sexan os protagonistas, pensamos na metáfora de que foran eles os que levaran a cor aos distintos escenarios que estaban ilustrados nos versos de Manuel María, e ese “levar a cor” era representar simbolicamente a vida que hai nos sitios e que os nenos son os que a levan”. Pola súa parte, Otto Roca agradeceu a colaboración de toda a cidadanía de Ourense que participou no vídeo a través do Colectivo Re.creo.

Marta Somoza explicou que o que se buscaba era representar neste proxecto “a diversidade da cidade tanto nos lugares como na xente, pero especialmente nos nenos. Nárrase como é a cidade formada polo conxunto de barrios que están entrelazados e solapados e tamén buscamos que nese imaxinario estiveran presentes os elementos máis significativos da cidade como o Teatro Principal, o Museo Arqueolóxico, o Cemiterio de San Francisco, entre outros”.






Lucía Gómez Cibeira, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2016 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
A varita máxica de J. K. Rowling.
Nin dramaticemos nin nos rasguemos as vestiduras. Warner e as súas asociadas (incluída a escritora, que aquí tamén é guionista) saben que hai un filón na novela Animais fantásticos e onde atopalos (escrita no 2001 como precuela de Harry Potter e vinculada á academia de Hogwarts varias décadas antes). Unha nova franquía con cinco tramos protagonizados polo mago Newt Scamander (interpretado por Eddie Redmayne, gañador do Óscar no 2014 pola teoría do todo), que no primeiro se puíron 180 millóns de dólares, empregados en boa parte na construción de inmensos decorados reforzados con xenerosos efectos dixitais nos británicos Leavesden Studios, en Hertfordshire, xa utilizados na totalidade da saga anterior. De novo, o tres veces oscarizado Stuart Craig (Gandhi, Relacións perigosas e O paciente inglés) fixo o deseño de produción, realmente brillante e o máis destacable dun trepidante carrusel concibido baixo a mentalidade do mainstream puro e duro coa única aspiración de nutrir ao espectro planetario da sala escura e a pantalla grande.

Baixo o mesmo espírito das oito entregas do neno-meigo entre os anos 2001 e 2011, ou o que é o mesmo, co foco posto no público adolescente e no adulto compracente e desprejuiciado. O engadido dunha repartición sobrada de solvencia (ata aparece brevemente, un inquietante pero estelar Johnny Depp como o malvado meigo Grindelwald), o oficio e dominio do ritmo de David Iates (responsable de catro filmes de Harry Potter), e o despiporre de efectos dixitais, deixan a sensación de ter amortizado o prezo da entrada. Desde o momento en que Scamander chega en barco á Nova York de comezos do XX coa única compañía dunha vella maleta máxica, xa sabemos que a trama non concederá respiro. É obvio que da mesma xeito que a literatura de J. K. Rowling nin aspira ao Nobel nin a gañarse á crítica máis sisuda, outro tanto ocorre coa película, unha gozada dixital pero rañicas de emocións. Total para que, só se trata de dar pitanza ás pantallas do fin de semana, de aquí a Nadal.


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2016 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Arde un coche dentro dun garaxe de Vigo.
O denso fume afectou as vivendas dos primeiros pisos, aínda que non foi necesario o seu desaloxo.

Un coche terminou calcinado nun garaxe comunitario de rúa Alcalde Portanet en Vigo. Segundo informan os bombeiros, as chamas non afectaron a outros vehículos, tan só ás tubaxes e canalizacións do garaxe. Tamén sufriron as consecuencias do fume os primeiros pisos do edificio, aínda que non foi necesario o seu desaloxo. Os bombeiros foron os encargados de proceder á ventilación das dependencias. Foi un particular quen deu a voz de alerta ao 112 Galicia esta mesma mañá, preto das 07:30h. Ademais da os Bombeiros de Vigo, tamén se informou do suceso a Protección Civil e Policía Local.


Sara Fernández Fernández, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2016 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Moda e sostibilidade, unha tendencia en auxe.
O Museo de Arte Contemporánea Gas natural Fenosa organiza coa colaboración da Escola Superior de Deseño e Moda Goymar Galicia unha nova edición do ciclo de conferencias O Futuro da Moda.

Nesta ocasión, centrarase na sostibilidade como tendencia, co obxecto de analizar a crecente importancia da moda ecolóxica e ética, que segundo diversos expertos vai supoñer unha verdadeira revolución na nosa forma de entender a industrial textil durante os próximos anos.

Ao longo do ciclo se impartirán 3 conferencias por expertos como Gema Gómez, fundadora e responsable do movemento Slow Fashion España, Kabita Parmar en representación de IOU Barcelona, que aposta pola transparencia e produción artesana dos seus produtos en INDIA e como peche a empresa ECOALF, que fabrica coleccións textiles con materiais reciclados innovadores tales como botellas de plástico ou redes de pesca recicladas, todos eles proxectos de vanguardia a nivel nacional e internacional.

O ciclo dará comezo o vindeiro martes ás 19.30 horas e estenderase os días 15 e 22 de Novembro no mesmo horario.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2016 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
No le llames kale, llámale caldo de berzas.
Nos últimos anos gran cantidade de famosas aparecen nas revistas cun batido verde, feito principalmente de kale. Contén gran aporte nutricional e baixo aporte calórico, o que fixo que os estadounidense dedicáranlle un día, “National Kale Day”.
Está moi de moda polas súas propiedades anticanceríxenas, pero aquí en Galicia forma parte da nosa dieta desde tempos inmemoriables, chamémoslle caldo de verzas, que dende fai anos facían as nosas avoas.
¡Reivindiquemos a verza de toda a vida!

Alba Osorio 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2016 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal