Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que sorte!

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 04-11-2015 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O xurado retoma por cuarta xornada a deliberación do veredicto pola morte de Asunta.
O xurado popular que debe decidir a culpabilidade ou non de Rosario Porto e Alfonso Basterra na morte da súa filla Asunta retomou este xoves por cuarta xornada as deliberacións en Santiago para alcanzar un veredicto.

Segundo sinalou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os nove integrantes do xurado retomaron sobre as 9,30 horas deste xoves as deliberacións tras concluír na noite do mércores a terceira xornada sen veredicto.

As deliberacións comezaron na tarde do luns, despois de que o maxistrado Jorge Cid Carballo lles fixese entrega do obxecto de veredicto, un conxunto de 21 preguntas sobre a implicación de cada un dos acusados, que deberán responder para chegar a un veredicto de culpabilidade ou inocencia. Durante o tempo que duren as deliberacións, que non teñen límite máximo, os xurados permanecerán sempre xuntos e illados de influencias externas.

Alejandra Laso Domínguez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-11-2015 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os embutidos poden causar cancro, segundo a OMS.
O consumo de embutidos é canceríxeno. O de carne vermella “probablemente” tamén. Son as conclusións dun estudo da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC) da OMS, que eleva a carne procesada á categoría 1, que xa inclúe ó tabaco, ó amianto e o fume do diésel.
Os expertos (22 investigadores de dez países distintos) concluíron que cada porción de 50 gramos de carne procesada consumida diariamente aumenta o risco de cancro colorrectal nun 18 %. “Para un individuo, o risco de desenvolver cancro colorrectal polo seu consumo de carne procesada segue sendo pequeno, pero este risco aumenta coa cantidade de carne consumida”, indicou, a través dun comunicado, o doutor Kurt Straif, xefe do Programa de Monografías IARC. “En vista do gran número de persoas que consumen carne procesada, o impacto global sobre a incidencia do cancro é de importancia para a saúde pública”.
A Axencia, con sede en Francia e dependente da OMS, abre o debate sobre os riscos das dietas que abusan da carne e dispara de novo as críticas á axencia desatadas hai meses tras incluír a carne vermella como outro produto que aumenta o risco. A pesar diso, recordou o valor nutricional da carne vermella, estimando que as conclusións do estudo servirán a gobernos e axencias reguladoras para emitir as súas propias recomendacións dietéticas.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de dous mil condutores ao día superan os límites de velocidade en estradas secundarias.
Tráfico pechou unha semana de controis intensivos nas estradas secundarias españolas con 16.564 condutores denunciados por excesos de velocidade, máis de dous mil ao día. Esta infracción, xunto á falta de uso do cinto de seguridade e as deficiencias de mantemento nos vehículos, foron as máis frecuentes que detectaron os axentes da Garda Civil de Tráfico durante os sete días que durou a campaña de vixilancia, entre o 19 e o 25 de outubro.

Nese tempo foron denunciados 1.349 persoas por non usar o cinto de seguridade, entre os que había 81 menores que non levaban ningún sistema de retención. Na campaña tamén se impuxeron denuncias por distraccións, gran parte delas por usar o móbil.

E un dato preocupante para os responsables da seguridade viaria xa que 1.196 condutores deron positivo por alcol ou drogas neses sete días. Nos dispositivos de control tamén se detectaron máis de mil vehículos con deficiencias técnicas de mantemento, ata o punto de que 67 foron inmobilizados por risco de accidente.

Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense festexa os 95 anos da Xeración Nós.
A asociación pro centenario de Nós 2020 celebrou onte á tarde na capital ourensá o 95 aniversario da publicación da revista cunha serie de actos. A primeira cita foi no cemiterio de San Francisco, onde os participantes fixeron unha ofrenda baseada nun recital literario percorrendo cada unha das tumbas dos mestres da Xeración Nós que descansan neste camposanto.O encargado de dirixir a actividade foi Camilo Fernández , presidente da asociación, que guiou o itinerario polos nichos dos diferentes escritores.Tras a visita,a celebración desprazouse ata a sede do Liceo. Onde tivo lugar a estrea do disco titulado Somos Nós de 2NaFronteira. Un traballo, feito para a ocasión, no que puxeron música a unha serie de textos de escritores como Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor ou José Velo, colaboradores da revista entre 1920 e 1936. A celebración de onte foi institucionalizada no 2010 pola Deputación e o Concello de Ourense para rememorar o traballo da Xeración Nós.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Unha limpadora tira ao lixo unha obra de arte.

“Onde vamos a esta noite?” era unha das obras da exposición vangardista que se pode visitar no museo de Bolzano en Milán.
Creada por Sara Goldshcmied e Eleonora Chiari, a obra está disposta no propio chán e está conformada por botellas de cristal, copas e confeti.
O que pretendían as dúas artistas era retratar o hedonismo e a corrupción política dos anos 80.
Ao día seguinte da apertura da exposición, unha traballadora de limpeza confundiu a obra con restos dunha posible festa que se puido celebrar a noite da inauguración, polo que decidiu limpar o que ela pensaba que era lixo.
Tal e como conta a BBC, despois do suceso, o museo pediu desculpas, e tras falar coas artistas, decidiron tomarse o sucedido como unha broma e reinstalar a obra.

Selena González Rodríguez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Mark Olson aterra en Santiago co seu folk-rock acústico sen visado.
O fundador, cantante, músico e coautor dos temas do country-rock americano que fixeron vibrar a unha xeración chega agora a Compostela dentro da xira de presentación por España de Good-bye Lizelle, un álbum que foi gravado entre caravanas, casas de campo, habitacións de hotel e ao aire libre cun grabador portátil mentres el e a súa muller esperaban en Armenia por un visado para esta.

Olson preséntase na súa xira nacional en formato acústico, acompañado polo armonicista español Juan Blas Becerra e pola súa muller, a noruega Ingunn Rivold, «a mellor cantante e instrumentista coa que toquei xamais», di.

Este trío interpreta un repertorio de folk-rock ecléctico, no que a percusión substitúe en moitos casos á batería, con pequenos guiños que viaxan desde a psicodelia á música persa e máis mística. Good-bye Lizelle supón un punto e aparte respecto todo o que fixo antes Mark Olson, segundo destacan desde a propia productora, que presenta este traballo como un álbum que destila vitalidade e suavidade sonora. Algo que poderán xulgar en primeira persoa aqueles que asistan ao concerto que ofrece hoxe no Teatro Principal de Santiago.

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia rexistra o seu peor esborralle demográfico dos últimos 40 anos
As estatísticas demográficas de Galicia son sempre un golpe máis no mesmo cravo, pero esta vez ese constante martilleo alcanzou unha intensidade inusitada. O primeiro trimestre do 2015 reflicte por primeira vez que por cada neno que nace en Galicia morren outras dúas persoas, 2,04 exactamente. Dita relación marca un escenario tan afastado da taxa de reposición poboacional, que require que cada muller teña 2,1 nenos, que de manterse no tempo deixará curtas as previsións de que a comunidade baixará dos 2,4 millóns de habitantes a mediados de século.

O ano pasado a relación era dun nacemento por cada 1,75 decesos, o que dá mostra do rápido empeoramento do panorama demográfico de Galicia, que non conta desde 1975 con datos tan adversos como os que onte publicou o Instituto Galego de Estatística sobre o movemento natural da poboación nos tres primeiros meses do presente ano.

Paola Dacasa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2015 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense, única provincia peninsular sen combustible a menos dun euro
En setembro alcanzou os prezos máis altos de gasolina e diésel de España.

Afeitos os ourensáns a que a provincia ocupe os últimos postos en diferentes clasificacións económicas, o certo é que o ranking de prezos de combustibles é inversamente proporcional a esa tendencia. O último informe mensual emitido pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, que contén datos de setembro, determina que Ourense foi a provincia peninsular cos prezos de venda ao público máis altos de gasolina 95 e gasóleo A. Non é un dato illado. A evolución do custo do diésel, que leva meses experimentando baixadas e chegou a niveis de fai un lustro, fai posible que en moitas gasolineiras galegas e españolas atópese o litro de gasóleo para automoción a menos dun euro. Non é o caso de Ourense, cuxas gasolineiras, segundo os últimos datos do Ministerio de Industria, marcan prezos por encima desa cantidade para este combustible. É máis, trátase da única provincia peninsular onde iso ocorre. A nivel de toda España, só se repite a situación en Baleares.

O prezo medio do litro de diésel a nivel nacional é de 1,05 euros pero en centenares de gasolineiras é posible encher o depósito sen chegar a esa cifra. Non é o caso, como se apuntaba, de Ourense onde o punto de venda máis barato segundo os datos de Industria é o de Galp no municipio de Barbadás (1,029). Séguelle J. L. e Fillos en Pereiro de Aguiar (1,052) e en terceira posición, a 1,069 euros o litro de gasóleo, están tres gasolineiras: dous en Ourense, en Progreso e avenida de Zamora (E. S. Pérez Rumbao e Mariñamansa, do mesmo grupo), e outra en Verín, en concreto en Feces de Abaixo, de Galp.

Lucía Dafonte, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2015 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal