Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mellor retratista baixo o océano.

Vive no Finisterre do estado de Nova York, nunha pequena localidade a beiras do río San Lorenzo, «e a fronteira con Canadá está como ao final desta sala». Isto explicaba onte David Doubilet no Kiosco Alfonso da Coruña. O considerado como mellor fotógrafo submarino do mundo expón en devandita sala un centenar das súas fotografías, unha retrospectiva da súa obra que leva por título Océanos. A mostra forma parte das actividades do Festival Mar de Mares e do proxecto europeo Sea for Society.

Xunto con Jennifer Hayes, bióloga, xornalista e compañeira inseparable en todas as súas expedicións, Doubilet explicou onte á noite no Domus a orixe dalgunhas das imaxes expostas e outros aspectos do seu traballo. «Os peixes odian que lles fagan fotos e por iso temos moitísimas do traseiro de moitos e das súas aletas», apuntaba Hayes, cun sorriso. Pero «hai momentos nos que todo queda en calma, especialmente no caso dos mamíferos mariños (...). Temos que esperar por ese momento e estar preparados; no noso caso somos máis retratistas que paparazzis porque hai que ter en conta a luz, intentar ver as emocións: na cara dun peixe frío hai moitas emocións». E concluía, «os peixes teñen a súa personalidade, uns son máis alegres e outros mais huraños, é moi divertido coñecelos».

Doubilet e Hayes argumentaban: «Se queremos conservar algo, primeiro temos que coñecelo e despois amalo». Por iso, «o noso traballo pode ser moi sutil, pero moi poderoso: hai unha nova ética na fotografía que ten unha influencia moi importante; falando de ballenas ou de meros xigantes, hai unha necesidade de utilizar o poder emocional desas imaxes».

Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello estuda opcións para evitar o derrubamento dos pisos de Ervedelo.
O servizo de Asesoría Xurídica do Concello está estudando as posibles opcións que se poderían poñer en marcha tras a decisión do Supremo de anular un auto do 2014 polo que se avalaba a iniciativa da Administración local para resolver o pleito que amenazaba có derrubamento de preto de 100 vivendas -construidas no 1992- nunha parcela de Ervedelo. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosou onte a súa vontade de acatar a decisión do Tribunal Supremo e explicou que están analizando as distintas alternativas xa que "calquera paso ten que estar sustentado na legalidade".

A decisión do Tribunal Supremo obriga a reparcelar o solar, o que suporía a demolición dos edificios. Unha opción ao derrubamento sería compensar económicamente ao promotor, tal e como se recollía na resolución do Tribunal Supremo do ano 1999 que xa lle daba a razón. "De momento, non se fixo unha avaliación de cantos cartos lle pode custar ao Concello", explicou Jesús Vázquez. O erro da sentencia do Alto Tribunal, con data do pasado día 11, lembra que a execución da resolución do ano 1999 foi suspendida polo Concello e o denunciante no 2002 coa finalidade de estudar a posibilidade de compensar a este os prexuízos causados. Non obstante, o procedemento quedou paralizado ata 2011; é dicir, durante os últimos cinco anos de goberno municipal do PP e dos catro primeiros do PSdeG.

O PXOM de 2003, agora anulado, integrou o solar en litixio na zona de Fonte do Bispo aínda que ese ámbito non se chegou a urbanizar nin edificar debido a anulación xudicial daquel Plan de Urbanismo. A Sala de instancia volveu entón a pedir a execución da sentencia do ano 1999 ata en sete requirimentos distintos, polo que, para evitalo, o goberno de entonces acordou fai tres ano recalificar terreos na Fonte do Bispo por valor de case 14 millóns de euros, según cálculos municipais. Un acordo que o Supremo decide agora anular.

Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Unha “startup” ourensá logra o premio á mellor de Galicia
Brooband é a resposta ourensá ao bum dos chamados wearables, ou pulseiras intelixentes. Un grupo de emprendedores constituíu en 2013 Brookesia, unha empresa que desde entón traballou no deseño e produción dunha pulseira "que sexa útil e mellore as condicións de vida do usuario", explican.

José Antonio Velo, Diego Regueira, Marcos Civeira, Óscar Barba e Pablo Rodiz son os pais da 'criatura'. Con sede na Tecnópole, Brookesia combinou as habilidades emprendedoras, de márketing e de enxeñería destes novos empresarios para levantar o seu proxecto de pulseira intelixente, que acaba de lograr o premio á mellor startup galega, que concede o Clúster TIC Galicia, despois de lograr varios premios en convocatorias nacionais e continentais de emprendimiento.

A clave do seu éxito, relatan, ten que ver coa procura das carencias dos demais wearables do mercado. "Todos son pechados, é dicir, as empresas desenvolven dispositivos intelixentes que só funcionan cos seus propios desenvolvementos e só cumpren un obxectivo específico, case sempre enfocado á biométrica e ás notificacións do móbil ou a tableta", explican os integrantes de Brookesia. Fronte aos meros contadores de frecuencia de soño, podómetros e pulsómetros, esta pulseira 'made in Ourense' preséntase como "aberta, á marxe da necesidade total de usar máis dun dispositivo, co que o usuario se evita un gasto enorme".

Kelly Pousa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-11-2015 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO CERVANTES.
Un ano máis cumpriuse a lei non escrita que alterna o galardón entre as dúas beiras do español, ao tomar a substitución do barcelonés Juan Goytisolo. Do Paso entra así con 80 anos no selecto club do considerado Nobel das letras hispanas, dotado con 125.000 euros e creado en 1975 polo Ministerio de Cultura. Logra para México o máximo galardón por segunda vez en tres anos, xa que Elena Poniatowska recibiuno no 2013 (e é o cuarto desde o 2005, contando a Sergio Pitol e José Emilio Pacheco). Precisamente, Poniatowska, que afirma que a obra de Do Paso é «dunha solidez e dunha creatividade enorme», lembrou que ela, cando gañou, dixo: «Por que non llo dan a el?». Hoxe sente que «outro que o merece moito é Ricardo Piglia», que, por certo, foi finalista. O xurado, que necesitou tres votacións, destacou «a súa achega ao desenvolvemento da novela axuntando tradición e modernidade» e como as súas novelas, «cheas de riscos, recrean episodios fundamentais do a historia de México facéndoos universais». É un dos autores máis lidos epremiados do seu país.

Martín Pérez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2015 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
“Vimos que a xente tiña fame de aprender”
O pasado 29 de maio a antiga escola unitaria do barrio de San Pedro volvía a abrir as súas portas cun novo proxecto cultural da man de Gonzalo Suárez e Fernando Lema: un espazo multidisciplinar adicado aos obradoiros e á xente con fame de aprender, xestionado pola Asociación de Amigos Si, pero a Vaquiña polo que Vale.

Tal e como explican os impulsores da iniciativa, o xermolo principal da idea foi o laboratorio audiovisual de Vedra. "É unha fin de semana na que se celebran varios obradoiros de xeito simultáneo. Algún ano houbo ata 18, pero o normal adoitan ser dez ou once". Tras asistir a estes obradoiros viron que a xente quedaba "con fame de aprender" e pensaron en montar algo do estilo pero de xeito continuado.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2015 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
“A San Martiño e Ourense perden sen Alejandro Fernández”.
A non participación de Alejandro Fernández na Popular do San Martiño xerou unha polémica inevitable. Por unha banda, os que defenden a súa ausencia ao non estar inscrito a tempo. Por outro, os que defenden que a presenza dun referente local e nacional como Fernández é un soporte imprescindible para a carreira. Neste segundo grupo están os propios atletas cos que Fernández debería pelexar a vitoria.

O claro favorito é agora Lolo Penas (Arzúa, 1977) e móstrase indignado coa ausencia do seu rival: "Poño a man no lume por todos os atletas que sairemos na primeira fila afirmando que todos quereriamos que correse e aceptariamos que gañase a San Martiño".

Penas ten dous San Martiño no seu palmarés e eloxia a unha carreira que "ten un percorrido urbano precioso. É unha carreira moi bonita de correr" e engade que "ter a case 12.000 inscritos demostra a cultura deportiva que hai nesa cidade".

Pero con todo é moi crítico coa organización pola non presencia de Alejandro Fernández: "Non consigo entender como é posible que un atleta que é o actual campión de España desa distancia e que é de Ourense non sexa convidado xa pola organización antes de abrirse o prazo de inscrición". E vai máis aló: "Un corredor que representa para o atletismo ourensán o que representa Alejandro xa tería que estar convidado á presentación oficial da carreira".

O gañador da popular de Santiago hai unhas semanas aspira a repetir vitoria en Ourense. Coñece ben a Alejandro Fernández despois de moitos anos como rivais en carreiras por toda España. "Teño claro que se a Alejandro lle póñen nunha balanza gañar un Campionato de España ou a San Martiño elixiría sen dubidalo a San Martiño. Coñézoo moito e para el é a carreira máis especial de toda a tempada e por iso doeulle máis o que pasou".

Mesmo se atreve a dicir que "é un caso que nunca tería que saír á luz. Alejandro é unha referencia deste deporte e calquera carreira convidaríao. Non o consentiron nin o coidaron e iso non ten xustificación. Antes de saír á luz pública tiña que arranxarse porque unha vez que sae xa non ten control. Tamén hai que entender á xente que se agarra a que hai que cumprir as normas". E acaba dicindo que "a que perde é a San Martiño e Ourense porque mancha a súa imaxe deixando en mal lugar ao seu corredor máis representativo".

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-11-2015 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta proxecta conxelar ou abaratar as peaxes das súas autoestradas o próximo ano
A Xunta planea conxelar e mesmo rebaixar parcialmente a partir do 1 de xaneiro as peaxes das súas dúas autoestradas: a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-Baiona). Desta medida, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles, beneficiaranse diariamente unha media de 23.425 automobilistas, que son os que utilizan ambas as infraestruturas: 13.987 a primeira máis 9.438 a segunda. Se non algo menos, percorrer por completo a vía do norte nun vehículo lixeiro continuará custando 2,5 euros e facer o propio na do sur, 1,65.

Aínda que ata decembro non prevé formalizala, o Goberno galego xa tomou a decisión: por terceiro ano consecutivo, non subirá as tarifas nas autoestradas de titularidade autonómica. Os técnicos da Consellería de Infraestruturas estudan agora ata onde pode chegar o erario, se a un mero mantemento das condicións actuais ou ben a soportar unha redución de prezos nalgúns tramos.

Paola Dacasa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2015 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade representará a Galiza no Festival Europeo de Linguas Minoritarias
En Udine participarán nove bandas, entre as que se encontran propostas vascas, bretoas, occitanas e frisoas. A gañadora levará un premio de 2.000 euros e a participación en varios festivais europeos.

Esta última opción faille especial ilusión a un Caxade que xa realizou 90 concertos en Galiza e Portugal desde que presentara en 2013 o seu disco 'Dança das moscas'. “Saltar a Europa sen pasar por España sería moi bonito”, retruca mentres reflexiona sobre as dificultades de entrar no mercado musical español: “España como estado debería ter abertos os ollos e as orellas ao que pasa nunha comunidade como a nosa, pero desgrazadamente iso non acontece. Gustaríame ir a España, pero non é a miña ambición”.

“Para min persoalmente é un paso moi importante, porque desde o quilómetro cero notei moito cariño no público e chegar a un festival coma este é un pasiño máis para a consolidación do proxecto”, explica Caxade, quen ademais valora o feito de que sexa un festival de linguas minorizadas dado que “nos dá acceso a grupos que temos escaso acollemento no contexto no que nos movemos a diario”.

Primeira edición do Suns Europe

Esta será a primeira edición do Suns Europe, que substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acollerá diversas actividades do 25 de novembro ao 11 de decembro deste ano, entre a que destaca este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias.

Sandra Tornero Belloso, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-11-2015 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Abaixo os hipsters, arriba as boinas
O Proxecto Boina de Ouro é unha actividade creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. "O lema, "Modernízate, pon boina", quere mostrar a intención de renovar a imaxe tradicional da boina e promovela como accesorio de vangarda estética. Os "hipsters" están pasados de moda, chegou o tempo dos "boiners", apuntan desde o Clube.

O propósito desta iniciativa é poñer de moda este accesorio tradicional galego e promover o uso da nosa lingua nas redes sociais, identificando o noso idioma coas últimas tendencias, a vangarda e o mundo da moda e da fotografía. O obxectivo é crear espazos de relación en galego, vinculando o noso idioma aos espazos sociais da xente nova.

Outro obxectivo é promover valores de igualdade e un proceso de reflexión para a educación non sexista, criticando as dinámicas que cousifican as mulleres no mundo da moda. Ademais, o Clube quere promover o humor como ferramenta necesaria nos procesos educativos, así como a relación do ámbito educativo con outros ámbitos sociais.

Para isto estase a facer un concurso de fotografía que consta de dúas categorías: Premio BOINA DE OURO, no que se terá en conta a calidade, orixinalidade, creatividade e o valor sociocultural da fotografía. E premio BOINA DA SIMPATÍA que ten como obxectivo a participación das redes sociais con fotografías realizadas espontáneamente; con teléfonos, selfies de grupo... Para impulsar a imaxe da boina con humor e simpatía.

No xurado, a parte de alumnado e profesorado do IES Marco do Camballón, participarán Elena Ferro, a zoqueira de Merza, representando ao mundo da moda, e a tenda de fotografia Bernabé. Haberá un único premio por categoría que consistirá nunha boina bordada para a ocasión. O prazo do concurso: a tempada outono-inverno.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2015 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
PROPIETARIA DOS DIAMANTES MÁIS CAROS CON TAN SÓ SETE ANOS
Un magnate hongkonés quixo dar unha alegría á súa filla de sete anos e regaloulle un diamante que lle custou un pico. Joseph Lau, que así se chama o multimillonario, soltou uns 48,3 millóns de dólares (44,8 millóns de euros) pola xoia, un prezo alcanzable se se ten en conta que un diamante é para sempre.

A pedra preciosa é de 12,03 quilates e foi bautizado co nome de Lúa azul de Josephine,en homenaxe á súa filla, que é todo un ceo. A pequena ten sete só sete anos. Mentres outras nenas á súa idade coleccionan cromos, ela fai o mesmo só que con xemas. A casa Sotheby's, especializada en poxas estratosféricas, bebe os ventos polo empresario.

Un día antes o potentado chinés adquirira outro diamante, esta vez rosa, por 26,4 millóns de euros, o que demostra que o chinés ten moito 'cash'. O hongkonés chamou nesta ocasión ao seu diamante 'Sweet Josephine', para non confundilo co outro.

Coa compra de «Lúa azul» -nada que ver cos apaches- o investidor inmobiliario convértese no comprador máis rumboso de diamantes. Ten no seu poder o mineral máis caro do mundo engarzado nun anel. Por cada quilate pagáronse catro millóns de dólares.

Joseph Lau é un home que amasou unha fortuna no sector do ladrillo e manexa o diñeiro a punta de pa. Os seus ingresos permítenlle comprar todo o que se move, desde pezas de arte a exquisitas botella de viño, pasando por vontades. De feito foi condenado por estafa, pois o seu nome apareceu involucrado nun escándalo de subornos en Macao.

Patricia González, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-11-2015 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal