Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A pequena Alicia cumpre 150 anos.
Fai 150 anos un catedrático de Oxford chamado Charles Lutwidge Dodgson gozaba contándolle historias a tres rapazas -eran as fillas do decano da súa universidade; e unha delas, Alice Liddell- coas que ía con frecuencia a facer picnics e de vacacións. Un bo día, a pequena delas, de dez anos, pediulle que puxese por escrito un dos contos. O obediente e humilde Lutwidge non puido dicir non. De feito tomoullo moi en serio e pasou dous anos escribindo un impoluto manuscrito con máis dunha treintena de ilustracións que el mesmo debuxou.

A moitos esta historia poderá non soarlles de nada, pois o escritor é coñecido mundialmente baixo o seu pseudónimo, froito dun xogo co seu nome orixinal que termina transformándose en Lewis Carroll. O conto non é outro que Alicia no país das marabillas e agora a Biblioteca Británica en Londres celebra ao grande unha exposición para conmemorar o 150.º aniversario da publicación deste relato que cambiou por completo o concepto de literatura infantil, que se abría á posibilidade de ser divertida e á vez pedagógica.

A exposición comeza cunha baixada á madriguera do coello, pero tampouco faltan xoguetes, caixas de selos e a cerimonia do té. Todo un resumo do labor de márketing feita por Carroll para difundir a súa obra, e á que se sumaron moitos ilustradores e debuxantes ao longo dos anos. «Desde a súa concepción, a historia de Alicia foi analizada, foi apropiada, rediseñada e ilustrada moitas veces, e con todo, malia ser sometida a tanto cambio, segue sendo moi fiel á historia orixinal concibida por Carroll», explica a comisaria da mostra, Helen Melody.

A exposición -que abriu as súas portas ao público esta semana e é de entrada gratuita- poderá verse ata o próximo 17 de abril para celebrar o que Melody considera «un texto emblemático da cultura británica». A comisaria espera que os visitantes non só gocen do manuscrito orixinal e outros tesouros, senón tamén do programa de charlas e a tenda creada para a ocasión.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-11-2015 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Elvira Ribeiro acada o Leiras Pulpeiro de poesía.
Elvira Ribeiro (Cerponzóns, Pontevedra, 1971) acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros; o segundo foi para Óscar García Ramos, da Coruña; e o terceiro para Martiño Maseda.

A poeta gañadora ten publicado en verso até o momento Andar ao leu, Arxilosa, Cania Haikai e Corpos transitivos; e en prosa un par de libros infantís: PaLaBrAs BrAnCas e As redes de Inés, ademais do ensaio Descubrir Pontevedra.

Ademais do Leiras Pulpeiro, conseguiu os premios poéticos Victoriano Taibo, o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas e o Avelina Valladares. En canto á prosa infantil e xuvenil, foi finalista do Premio Merlín e acadou o Neira Vilas por por PaLaBrAs BrAnCaS.

Na súa páxina de Facebook Elvira Ribeiro compartía hoxe alegría e un dos poemas que compoñen a obra premiada, escrita “con banda sonora ao vivo e versos de Martine Broda ao fondo”:


"un tropel de medos á procura da invasión
asediánnos órganos vitais

un voitre atravesa o ceo
o escalpelo secunda a escena

no entanto resiste
algo da brancura
flashes das nosas coxas
estomballadas sobre o trevo
un peito fóra da camisa
desatento á predación

medos á procura do asalto
á espreita
esfameados"




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 20-11-2015 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
“A Esmorga” dá o salto ao mercado coa posta de 10.000 copias de DVD na rúa.
O director da película “A Esmorga”, o gran acontecemento cinematográfico en Galiza ao longo deste último ano, pasou onte polo Festival de Cine de Ourense para anunciar a venda de 10.000 copias de filme en DVD. Ignacio Vilar, está acompañado na campaña de promoción por Miguel de Lira e Morris, aos que mañá se unirá Karra Elejalde (estarán os catro no Centro Comercial Ponte Vella), os tres protagonistas que deron a vida a Cibrán, Milhomes e Bocas, respectivamente, na película. A segunda gran noticia en relación á película anunciouna Vilar, dando a coñecer que na próxima primavera iniciarán a promoción en América Latina, “especialmente en Arxentina, onde hai una importante colonia galega e onde Eduardo Blanco Amor escribiu a novela”. Será, probablemente, nas datas coincidentes coa Feira do Libro de Bos Aires, que na súa próxima edición estará adicada a Santiago de Compostela.

Presentados por César Silva, director de programación do Festival, asistiu tamén a concelleira de cultura, Belén Iglesias, quen destacou a “gran actividade cultural que estamos tendo esta semana en Ourense”, e especialmente a saída a venda de “A Esmorga” en DVD. Declarouse “orgullosa” de estar no acto, pois “A Esmorga leva o nome de Ourense polo mundo enteiro”.

Ignacio Vilar pola súa banda, indicou que “aqu´comezou todo”, referíndose a que a película foi estreada na sesión de inauguración do Festival de Cine de Ourense o pasado ano. “A Esmorga está viva, pois aínda está nos cines e agora en DVD”. Tamén se mostrou orgulloso de que a película “superase en permanencia na pantalla a grandes superproduccións norteamericanas e, ademais, aínda recibe premios”, como é o caso recente de Toulouse, onde recibiu galardóns para os protagonistas, a fotografía e ao propio Vilar como mellor realizador, premio creado expresamente para el. O director engadiu que agora “estamos facendo unha gran campaña, que agardamos que tamén sexa un éxito”, dijo, apelando a que a xente “regale cine galego” no Nadal.

Miguel de Lira subliñou que esta iniciativa da edición da película en DVD supón “unha democratización” da histria baseada na gran novela de Blanco Amor, e iso cobra un sentido especial no lugar onde o dixo, pois “Ourense é a casa da Esmorga”. “Aquela iniciativa foi un reto que agora vemos que fomos capaces de superar” dixo.

Antoni Durán “Morris”, pola súa parte, afirmou que “é una felicidade ver fotos do Festival nas redes sociais, pois nacimos aquí fai un ano, para conquistar Galiza e logo España”, na que todos eles apoiaron a promoción por España nunha furgoneta.

A cinta, ademáis da película, contén case setenta minutos de imaxes sucedidas ao longo do ano tras o seu estreno.



Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2015 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Por que os estudantes en Xapón teñen que limpar os baños das súas escolas?


Parece algo impensable na maioría das escolas de América Latina, pero é unha práctica educativa que enche de orgullo aos xaponeses. Na maioría dos colexios de Xapón os estudantes de primaria e secundaria non só teñen que varrer, trapear e servir a merenda como parte da súa rutina escolar, tamén teñen que lavar os baños, unha práctica chámase ou-soji.Na escola, un alumno non só estuda as materias, tamén aprende a coidar o que é público e a ser un cidadán máis consciente, explica o profesor Toshinori.
Non é que en Xapón non haxa persoal profesional encargado do aseo nas escolas. Hainos e coñécense como yomushuji. Con todo, o ou-soji é unha tradición nas institucións educativas.Michie Afuso, presidente de ABC Japan, unha organización sen ánimo de lucro que asiste á integración de estranxeiros e xaponeses, di que a obrigación tamén fai que os nenos entendan a importancia de limpar o que está sucio. Un reflexo diso púidose ver na Copa Mundial de Brasil, cando os seareiros xaponeses chamaron a atención ao limpar as bancadas durante os xogos, así como as rúas das cidades xaponesas, que son mundialmente coñecidas pola súa limpeza case impecable. Iso demostra o nivel de organización do pobo xaponés, que aprende desde pequeno a coidar do patrimonio público que vai ser utilizado polas próximas xeracións.Desde tempos antigos, as escola e os mestres son respectados. Os alumnos aprenden a cultivar un sentimento de amor e agradecemento cara á escola.




Laura Feijoó Gonzáles, 4ºA.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2015 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Detido o xefe da Unidade de Estupefacientes de Ourense.

A brigada de estupefacientes da Policía Nacional de Ourense foi descabezada nunha operación contra o narcotráfico. Axentes do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) de Madrid arrestaron a noite deste martes ao xefe da unidade ourensá e a outro membro da brigada, tras unha operación interna coordinada desde a capital española para evitar posibles filtracións. Xunto aos dous axentes, a quen non se lles incautou droga, foron detidas polo menos 10 persoas máis, todas elas relacionadas co tráfico de droga a mediana escala.
A detención dos dous policías nacionais ?no calabozo da Comisaría de Ourense á espera de que o xuíz lles tome declaración? xerou gran sorpresa entre os seus compañeiros que destacan a "dedicación ao traballo" de ambos. Membros desta brigada recibiran recentemente a medalla ao mérito pola súa actividade na loita contra o narcotráfico na provincia de Ourense.

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) emitiu un comunicado no que apela á presunción de inocencia dos dous axentes e pide que se teña en conta a súa "dilatada e meritoria traxectoria profesional". O xefe da brigada ocupa o cargo desde hai un ano e o outro axente detido leva unha década de servizo nesta unidade. Os seus compañeiros desvincúlanos de calquera actuación delituosa.

Ambos os policías foron detidos a noite do martes nunha xornada que incluíu numerosos rexistros en vivendas, naves, garaxes e outros inmobles da capital ourensá vinculados a narcotraficantes e nos que a Unidade de Asuntos Internos incautouse de entre catro e seis quilos de droga, segundo avanzou Faro de Vigo, que cifra en varios meses a instrución baixo segredo de sumario da operación.

A investigación, que incluíu escoitas e seguimentos dos detidos durante meses, foi aberta polo xulgado de Instrución número 1 de Ourense ante a sospeita de que os dous axentes incorrerían nun suposto delito de omisión do deber ao non perseguir, supostamente, unha operación de narcotráfico nunha investigación aberta.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, manifestou que estas detencións evidencian que "o sistema funciona".



José Javier Nieto Blanco. 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2015 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos nas manobras da OTAN.
A Forza Loxística Operativa, a BRILAT, dúas fragatas F-100 e o Buque de Aprovisionamento Cantabria puxeron o acento galego ao Trident Juncture, as maiores manobras da OTAN desde o 2002.
A Forza Loxística Operativa, FLO, cuxo Mando e Cuartel Xeral sitúanse na Coruña, regresaba esta semana á normalidade, tras culminar con éxito o Trident Juncture, o maior exercicio organizado pola OTAN desde o ano 2002, do que España foi anfitrioa, xunto a Italia e Portugal. E é que, mentres flashes e atencións eran acaparados pola espectacularidade do despregamento de máis de 30.000 militares procedentes de 30 países; de forma discreta, 1.200 efectivos da FLO asumían un reto fundamental para o correcto desenvolvemento das manobras: os apoios de nación anfitrioa.


Sara Fernández Fernández, 1°A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-11-2015 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
O PIANISTA QUE EMOCIONA.

Nunha cidade colmada de preocupación e tristeza tras o terror sufrido, un pianista puxo o seu piano na rúa para reproducir a canción Imagine de John Lenon, o líder dos Beatles. O artista Davide Martello elixiu o fronte do teatro Batclan, centro dunha execución masiva. Unha actuación improvisada que emocionou aos presentes e aos usuarios das redes sociais. As numerosas mencións e publicación cos vídeos que capturaron o momento que fixeron que Imagine estivese entre os temas máis comentados en twitter durante a tarde do sábado. Algún usuarios fotografiaron ademais a Martello transportando o piano polas rúas de París.

Selena González Rodríguez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Atentado en París: Un dos terroristas tiña entradas para o Francia-Alemaña, pero non conseguiu entrar ao estadio.
Polo menos un dos terroristas que atacaron no exterior do Estadio de Francia tiña unha entrada para o partido e intentou entrar no campo onde se concentraban 80.000 persoas co obxectivo de facer un masacre e provocar unha potencialmente perigosa estampida.
Un garda, cuxo nome é Zouheir, afirma que os corpos de seguridade descubriron que o atacante levaba posto un chaleco con explosivos despois de cachealo na entrada uns quince minutos antes do partido Francia-Alemaña.
No momento no que se afastaba da zona de seguridade, o terrorista accionou o seu chaleco bomba e provocou a explosión. Un policía confirmou os feitos e engadiu que o obxectivo real do atacante era detonar o chaleco dentro do estadio.
Tres minutos despois deste primeiro ataque suicida, foi outra persoa no exterior a que tamén se inmolou e, posteriormente, un terceiro terrorista fixo o mesmo nas inmediacións dun McDonald's, unha explosión que se saldou coa morte dun civil.
As detonacións sucederon durante a primeira metade do partido e provocaron confusión no interior do estadio, onde se chegaron a escoitar polo menos dous das explosións. Nun primeiro momento, os afeccionados non reaccionaron, xa que este tipo de ruídos son normais durante a celebración dalgúns encontros.


Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Estado Islámico reivindica o ataque: "Esta batalla é a primeira".
O grupo yihadista Estado Islámico reivindicou hoxe nun comunicado de texto e audio difundido en internet a autoría dos ataques terroristas que onte á noite causaron en París. Ademais, o grupo terrorista lanzou unha ameaza: "Que saiba Francia e os que van no seu camiño que van estar á cabeza dos obxectivos do (grupo) Estado Islámico e que o cheiro a matar non vai abandonar os seus narices mentres que lideren a campaña cruzada" contra os yihadistas en Siria e Irak. O comunicado xustificou a súa ameaza porque, segundo os yihadistas, os franceses "atrevéronse a insultar ao profeta (Mahoma) e se xactaron de loitar contra o islam en Francia e de atacar aos musulmáns na terra do califato cos seus avións, que non lles serviron para nada nas rúas de París"."Esta batalla é a primeira e é unha advertencia para os que queiran aprender dela". Entre os obxectivos atacados, o grupo terrorista destacou o Estadio de Francia, durante un partido entre "os cruzados" Francia e Alemania e ao que asistía o presidente francés, François Hollande. Polo menos 127 persoas faleceron e 180 resultaron feridas, 80 delas de carácter grave, en varios ataques onte á noite en París, con tres explosións nas proximidades do Estadio de Francia, onde se disputaba o amistoso; toma de rehenes nunha sala de festas e tiroteos en varios restaurantes.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Masacre en París: polo menos 127 mortos e 200 feridos en varios tiroteos e explosións.
Explosións, tiroteos e unha toma de reféns levaron o caos a París. As forzas da orde identificaron seis puntos onde se perpetraron atentados, incluíndo o Estadio de Francia, nos que morreron varias decenas de persoas, dixeron fontes da investigación. Algúns deses puntos atópanse a pouca distancia da praza da República, incluíndo a sala de espectáculos Bataclan, onde se produciu unha toma de reféns.

A Policía francesa informou do achado dun centenar de cadáveres na sala Bataclan ao termo do asalto efectuado polas forzas de seguridade e no que tamén faleceron os tres terroristas que mantiñan retidas a máis de 100 persoas no interior do local, segundo fontes policiais a medios franceses.

Ademais, polo menos 50 persoas resultaron mortas e varias feridas no resto de ataques rexistrados esta noite en París. Producíronse tres estoures preto do Estadio de Francia, ao norte da cidade, onde Francia disputaba un partido de fútbol contra Alemaña, informa o diario Liberation. Con capacidade para 80.000 espectadores, o estadio foi pechado debido ás explosións, que causaron tres mortos e varios feridos nas súas inmediacións. Os espectadores foron traslados ao céspede.


Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2015 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal