Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRES MEMBROS DUNHA FAMILIA, HOSPITALIZADOS POR COMER COGOMELOS.
Un matrimonio residente en Seixalbo e o seu fillo maior, debátense entre a vida e a morte tras tomar cogomelos velenosos, posiblemente da familia das amanitas, máis habituais na provincia de Ourense. Os tres están ingresados na unidade de coidados intensivos do complexo hospitalario universitario de Ourense, a onde chegaron en dúas veces. Abilio José Vieira, de 66 anos, e María de los Ángeles, de 59, foron evacuados en ambulancia pasadas as doce da noite, tras a chamada efectuada por un veciño do inmoble contiguo, que escoitou os seus gritos de auxilio. Ela, inconsciente e el, moi debilitado. Esta circunstancia impediu que alertasen aos sanitarios de que o fillo pequeno, Pablo, de 36 anos, estaba noutra habitación, tamén co mesmo problema de intoxicación grave por cogomelos. Este último foi trasladado ao hospital pasadas as nove da mañá, en estado grave cando o seu irmán maior, que regresaba do traballo nocturno nunha panadería, veu o mal estado no que se atopaba Pablo. O irmán maior, aínda que comparte vivenda co resto da familia, librouse da intoxicación porque, segundo os veciños, non lle gustan os cogomelos.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-11-2014 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA COMO REFERENCIA:

Que Galicia foi, é e seguirá sendo un eficaz dispensador de talento musical non é nada novo, pero, de cando en vez, os expertos no tema, como a revista especializada Rolling Stone, encárganse de recordárnolo. A publicación desvelou este mércores o resultado dunha consulta, que puxo en marcha hai uns días con motivo do seu décimo quinto aniversario, para escoller ás 20 mellores cancións do pop español dos últimos 15 anos.

Os lectores votaron. Os lectores decidiron. No podio, dous galegos. Irmáns. Amaro e Iván Ferreiro, e por partida dobre. Os usuarios do portal de música consideraron que Anos 80, composta no 2001 para a extinta banda Los Piratas e convertida en todo un himno, merecía o primeiro posto do ránking, seguida por Turnedo. Tras a disolución do grupo, Iván Ferreiro enfrontouse aos micrófonos en solitario co álbum Cancións para o tempo e a distancia no que se localiza, como a define a Rolling Stone, esta «detallada radiografía dunha ruptura que non remata de chegar, aínda que debería,».

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 01-11-2014 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo fósil pescado para a ciencia
O fósil enredouselle nas redes cando faenaba sobre un profundo caladeiro ao norte do cabo Ortegal. Cando Benigno Romero tirou da malla soubo que pescara algo extraordinario pero difícil de poxar na lonxa de Cedeira (A Coruña). Cargou coa peza ata a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol onde Ismael Miján, experto en Paleontoloxía, quedou atónito ao ver outro fósil da especie 'Choneziphius leidyi', unha das catro que en 2013 pasaron a engordar o catálogo zoolóxico mundial a partir dunha investigación que el mesmo iniciou co material fósil pescado por erro frente ás costas galegas.

Hai oito exemplares deste mesmo zifio en todo o mundo e seis deles gárdanse no Museo da Natureza de Ferrol. Este último fósil de zifio correspóndese ao cráneo dun cetáceo odontoceto datado no Mioceno, unha das edades xeolóxicas que se remonta uns 20 millóns de anos. É un curman lonxano e prehistórico do golfiño que se caracteriza polo seu fociño pronunciado. Eran grandes mergulladores capaces de viaxar a mil metros de profundidade nas aguas atlánticas da península Ibérica guiados por un potente sonar que lles servía para orientarse e cazar cefalópodos.

A peza, todavía en estudo, pasará a engrosar os fondos do Museo da Natureza de Ferrol, que atesoura unha impresionante colección a partir do traballo voluntario dos seus socios dende 1973 e das aportacións que lles fan chegar os veciños, moitos deles pescadores. Parte dos seus fondos son mostrados ao público que o demanda na antiga Casa do Coronel de Canido, no barrio alto de Ferrol.

O resto da súa colección estase a gardar en baúis porque non teñen nin vitrinas nin demasiadas axudas públicas para expór e manter os seus tesouros naturais nun museo a medio rematar que alberga unha das maiores coleccións de ósos de cetáceos de España.

¿Queremos realmente que estes tesouros permanezan durmidos nun caixón acumulando pó en vez de descifrando respostas?

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sabes que te poden botar de WhatsApp?
Existen dúas principais razóns polas que WhatsApp, o popular sistema de mensaxería móbil, pode poñerte a cruz e eliminar a túa conta.

A primeira pode darse se varios dos teus contactos deciden bloquearte. Así corres o risco de que a compañía interprete que es un usuario «molesto», e polo tanto, que dun día para outro, deixes de ter acceso aos seus servizos.

O segundo caso máis común polo que WhatsApp podería eliminar a túa conta é que te identifique como un «pesado», alguén que realiza un uso abusivo do servizo, para publicitar un negocio ou calquera idea, con ou sen ánimo de lucro, pero con brocha gorda. Noutras palabras, que aproveites a súa canle para spamear (enviar mensaxes lixo) a todos os teus contactos.

O diario madrileño "El Mundo" destaca o caso de Carlos, que para aforrarse un diñeiro decidiu enviar os convites de voda por WhatsApp, a compañía os identificou como envío masivo sen xustificar e decidiu sacar a tarxeta vermella.

WhatsApp, a compañía comprada por Facebook a cambio de 17.000 millóns de euros, segue refinándose e, temerosa ante o nacemento dunha morea de imitadores, ata o momento sen moito éxito, busca o perfeccionamento. Para iso tomou boa nota dos motivos polos que a xente escapou doutras plataformas. Neste caso parece que a inspiración veu das terroríficas mensaxes en cadea que se amontoaban sen tregua na bandexa de entrada do correo electrónico. Compañías como Hotmail pensaron que solucionarían o asunto creando departamentos especiais para clasificar automaticamente este tipo de mensaxes, pero algún sempre se acaba coando na caixa de correo. WhatsApp declarou a guerra a este tipo de prácticas. A eliminación da conta non permite a creación dunha nova asociada ao mesmo número de teléfono, polo que para seguir contando co servizo o afectado tería que cambiar de número de teléfono móbil, con todos os trastornos e gastos que isto supón. Pero coa implantación que logrou WhatsApp nos últimos anos, en moitos ámbitos converteuse nunha ferramenta imprescindible. A vida social e profesional podería verse moi afectada. Todo un desterro virtual.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de como se escribiron os libros
O escritor e profesor Santiago Posteguillo volve ás librarías cun novo título, histórico e moi curioso. En "La sangre de los libros" cóntanos as historias secretas e máis sorprendentes dos grandes títulos e autores da historia.

A historia da literatura é tamén a historia das súas obras. Da súa orixe, de como e por que foron concibidas e do proceso que desembocou na súa publicación. O seu último libro rende homenaxe a textos, algúns perdidos e rescatados moito tempo despois, e a algunhas das pasaxes memorables que fixeron pasar á Historia aos seus autores. Posteguillo mira ao pasado dun xeito distinto e achega ao lector aos segredos de escritores universais, custodiados polo tempo ou as circunstancias, e que en ocasións desvelan os motivos que explican o porqué das súas obras máis famosas.

Víctor Hugo, Espronceda, Lope de Vega, Isaac Asimov, Bram Stoker ou Petrarca son algúns dos autores retratados en "La sangre de los libros", pero non son os únicos. Por exemplo, sabías que a Divina Comedia de Dante puido publicarse porque os seus fillos lograron descubrir onde ocultara o seu pai os 13 últimos cantos?

"A boa literatura de verdade, a que nos fai palpitar, a que nos emociona e nos transporta a outros mundos, a que nos parece máis real que a realidade mesma é a que está escrita, palabra a palabra, verso a verso, páxina a páxina, con sangue nas tempas, nas mans e na alma", afirma o propio autor no prólogo da obra. Deixémonos emocionar e entendamos os grandes escritores históricos da man de Posteguillo.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
O único rival es ti mesmo
A moitas persoas gústalles o ciclismo, pero os que o ven dende outra óptica, tal como unha forma de vida, son os que en realidade chegan a coñecer toda a magnitude que esta paixón leva consigo. Podo falar deste tema en primeira persoa, e orgullosa dicir o gratificante que é ver como alguén vive por e para o ciclismo e practica este deporte tan duro como desesperante, no que hai que ser paciente e ter cabeza, non soamente pernas. A cabeza fai falta non só para aguantar o casco senón para facerte ver unha escapada que te leve ao triunfo. Un deporte considerado como unha forma de vida para moitos, o deporte de máis orgullo persoal, no que as caídas forman parte do oficio, clavículas, puntos de sutura, rozaduras e xeonllos maltreitos son o pan de cada día; é o amor polo deporte, pola bici, polo sacrificio.

Para ser ciclista non necesariamente tense que practicar de xeito profesional. Para moitos, o ciclismo hoxe en día non é só unha afección, deporte ou moda, é máis ben unha forma de vivir diferente, a cal algúns non logran entender. Ser ciclista vai moito máis alá do simple feito de montar en bici; é involucrala en todo o que fas e o que te rodea, chegando a converterse nun complemento da túa vida.

Estes heroes dos pedais conseguen pórme os pelos de punta e ver a clara diferenza que ten con outros deportes nos que se para o partido por un esvarón. Un esvarón no ciclismo significa levantarse e ter que rodar máis rápido porque ninguén espera por ti.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os beneficios de errar
Dende cativos intentan eliminar o erro das nosas posibilidades, pois ben, un estudo recente publicado en “Journal of Experimental Psychology” asegura que errar é unha práctica divina para a nosa memoria porque axuda a recordar. A autora do traballo, Andrée Ann Cyr, unha moza psicóloga da Universidade de Toronto, centrou a súa carreira en descubrir se cometer erros durante a aprendizaxe axuda ou prexudica á memoria entre os adultos.

Xa en 2012 publicou unha investigación que causou sorpresa, porque comprobou que é máis doado aprender se a información non se ofrece moi claramente e hai que facer un esforzo por adquirila, aínda que de paso supoña cometer erros. Ademais concluía que esa forma de incrementar os coñecementos é precisamente o mellor adestramento para o cerebro das persoas maiores.

Neste último traballo, Cyr proporciona novas evidencias de que a aprendizaxe por "ensaio e erro" é o máis eficaz para recordar despois a información. Algo que funciona en todas as idades, sempre que os erros estean na liña da resposta correcta.

Así que aprendamos a errar!

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2014 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal