Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESMORGA
O Festival de Cine Internacional de Ourense acolle esta noite a estrea da nova película de Ignacio Vilar. O primeiro pase público de A Esmorga protagonizará a gala de apertura do OUFF -a partires das 20.30 horas no Auditorio de Ourense- e a versión en galego da obra de Eduardo Blanco Amor está chamada a converterse na protagonista do outono cinematográfico galego: o día 21 chegará ás salas de toda Galicia.

Vilar presentou a súa cinta onte na Praza Maior de Ourense, nunha cita na que estivo acompañado polos tres actores que protagonizan o proxecto -Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris-, por Víctor Freixanes -Galaxia figura como produtora no proxecto ao ser a dona dos dereitos de autor de Blanco Amor- e o alcalde da cidade, Agustín Fernández. A colleito nos soportais do Concello logo dunha pequena treboada que escureceu o día, o director asegurou que ese ambente de invernía e dureza que preside a novela é o que se trasladou á película, con longas xornadas de traballo de 11 e 12 horas para conseguir sacar adiante o proxecto en poucas semanas de rodaxe. Ao remate da rolda de prensa Ignacio Vilar leu unha carta de Blanco Amor, datada en 1978, na que recoñecía que non quedara satisfeito coa versión de Gonzalo Suárez (que levou a novela ao cine como Parranda) e que estaba convencido de que chegaría un día en que sería capaz de levar o proxecto adiante en Galicia, con actores e directores formados aquí, e en galego. Segundo Vilar, ese momento chegou e A Esmorga é o proxecto que desexaba o escritor.

Antonio Durán Morris deulle as grazas ao director por ofrecerlle a oportunidade de participar neste proxecto, recoñecendo que lle trasladara o seu temor a enfrontarse ao papel «porque os personaxes da novela están no imaxinario colectivo dos galegos, e iso supoñía un gran reto». Miguel de Lira incidiu no arriscado da proposta «por facelo cun equipo galego e en galego».

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2014 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
O galego, por debaixo do 50%
Por primeira vez na historia de Galiza desde o século IX, o galego xa non é o idioma habitual da maioría dos seus habitantes. Menos do 50% dos e das galegas ten o galego como lingua cotiá, segundo os dados debullados polo Instituto Galego de Estatística do censo de vivendas e poboación do INE. Non é un informe exhaustivo nin un macroestudio como os da Real Academía Galega cos seus mapas en 1994 ou 2004. Bótanse en falla desgloses por idades, información sobre comprensión lectora no idioma..., mais todos coinciden que amosa unha tendencia (queda de falantes habituais en galego) sobre a que desde hai anos advirten colectivos e entidades que traballan a prol do idioma.

As persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2014, pasando do 57 % daquela ao 44% actual. Aumenta o grupo que afirma falar a lingua propia de Galiza "ás veces" (do 30 ao 45%) e os monolingües en español sitúanse no 11%, 2 puntos menos que hai unha década. A Xunta xa mostrou a súa satisfación por estes dados e aproveitou para recuperar as loas ao 'bilingüismo harmónico' fraguiano. Desde o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego a interpretación é ben outra: o idioma váisenos aos poucos das mans e das bocas. Mais cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 15-11-2014 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
“A España do pasado non volverá”

Santi Cazorla regresa a Huelva, onde naceu como xogador de Primeira no Recreativo, e recoñece que o momento da selección complican o vivido en Brasil e o dubitativo arranque da nova etapa.

"Non" hai que comparar. Sei que é inevitable, pero a España do pasado non volverá. Agora o obxectivo debe ser xogar ben, recuperar sensacións e formar equipo. Hai un cambio e todos debemos ter paciencia. Fóronse xogadores importantes. Ver outra vez esa España que o gañaba todo será máis que complicado".

O centrocampista asume, como cuarto xogador con máis partidos, o reto de levar a España ao lugar que lle corresponde. "Estou preparado para xogar, para achegar todo o que teña dende o primeiro minuto. Hai calidade e iso quero que o afeccionado o saiba. Chegou o momento de dar o paso e demostrar cousas. O primeiro que debemos facer é gañar a Belorrusia para recuperar toda a tranquilidade posible".

Con ano e medio por diante de contrato co Arsenal, aínda non se marca data de retorno. "O equipo non está a rematar de funcionar. Pasan cousas estrañas e somos demasiado irregulares. Non podemos permitirnos situacións como as vividas nos últimos partidos. Regresar? Está claro que algún día me gustaría volver a España. Teño unha tempada máis por diante, pero agora mesmo non me formulo nada".

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Logro histórico na aventura espacial
O módulo Philae, un laboratorio robótico de 100 quilos de peso que durante os últimos 10 anos viaxará adosado á nave Rosetta, fixo historia ao convertirse no primer inxenio creado polo home que se posa no núcleo dun cometa tras culminar un descenso de alto risco cun final accidentado (e quizá desastroso). O centro de control da Axencia Espacial Europea (ESA) en Darmstadt (Alemania) recibiu ás 17.03 horas, tal como estaba previsto, a confirmación de que Philae se posara no cometa Churyumov-Gerasimenko, popularmente chamado Chury, pero o que nese momento non sabían os técnicos da misión era a pirueta que acontecera con posterioridade.

Ao parecer, o pequeno laboratorio rebotou tras contactar coa superficie de Chury e acabou nun emplazamento diferente, o que dificulta a comunicación coa sonda Rosetta --que lle sirve de antena- e impide o envío das ondas até a Terra. Philae atópase aparentemente en bo estado, pero deica hoxe ao mediodía non se saberá se os problemas de conexión son temporais ou ben obedecen a un desastre irreparable. "Non comprendemos de todo o que pasou", asumiu Stephan Ulamec, principal responsable do módulo. "A boa nova é que sabemos que o robot tocou chan e que enviou datos da operación e información científica", engadiu.

En calquera caso, Philae cumpliu un hito na exploración espacial tras o primer aterrizaxe nun asteroide. Diversos cometas xa tiveran sido visitados por sondas non tripuladas, pero ningunha levaba un módulo de descenso. Os datos que xa suministrou a misión e que seguirá suministrando, posto que Rosetta manterase activa un ano máis -con independencia do destino final de Philae-, son extraordinarios para o coñecemento dos cometas, corpos celestes que se consideran un remanente das primeiras etapas do Sistema Solar. Rosetta, que ten percorrido xa 6.500 millones de quilómetros, é ademáis un orgullo para a industria aeronáutica europea, moi a menudo a remolque das outras potencias na exploración espacial.

As baterías de Philae garantizan en principio dous días de traballo na superficie de Chury. A partir de entón, todo dependerá da capacidade dos paneis solares para captar a radiación solar. E eso estará a expensas das condicións do lugar da caída e do estado en que quedara o módulo.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2014 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Microsoft arranxa un erro de Windows de 19 anos de antigüidade.

Microsoft Corp puxo a disposición do público parches para arranxar un defecto no seu sistema operativo Windows que non foi descuberto durante 19 anos. ‘‘O código, de polo menos 19 anos, foi explotable de forma remota nos últimos 18’’, dixo o equipo de investigación de IBM X-Force no seu blog este martes.

O erro, presente en todas as versións lanzadas por Microsoft, desde o Windows 95 en adeiante, permite que un pirata informático poida tomar o control dun ordenador de forma remota. O equipo de investigación en ciberseguridade de IBM Corp descubriu este fallo en maio, descrito como unha "vulnerabilidade significativa" no sistema operativo. Según Robert Freeman, investigador de IBM X-Force, o lanzamento de Internet Explorer 3.0 facilitou o control remoto debido á inclusión da linguaxe Visual Basic Script (VBScript). Polo xeral, os atacantes utilizan o código para instalar softwares maliciosos e outras accións, como keyloggers, screen-grabbing ou acceso remoto.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2014 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Por que caemos dende grandes alturas en soños?

Unha porcentaxe moi ampla da poboación ten este tipo de soños nos que cae ao baleiro ou dende alturas considerables. Os estudos afirman que máis do 90% da poboación tivo algunha vez este tipo de soños, pero o realmente curioso sería responder á pregunta de por que caemos en soños.

Se botas a vista atrás para tratar de recordar en que momento sucederon estas caídas, decataraste no momento no que empezas a conciliar o sono de que suceden. Nesa primeira fase na que o corpo xa está completamente relaxado e comezamos a perder a consciencia.

Os expertos afirman que isto sucede porque nesta primeira fase do sono hai un desequilibrio entre o sistema vestibular e o sistema cinestésico. O sistema vestibular é o encargado do equilibrio. O sistema cinestésico traballa intimamente ligado ao anterior para asociar a información coas nosas sensacións e movementos.

Nesta primeira fase na que estamos "medio durmidos" é cando ambos os dous sistemas se descompensan e dános a impresión de que imos caer. En moitas ocasións pode ser ata algo problemático porque interrompe as nosas xornadas de descanso.

Estas caídas experiméntanse en maior grao cando nos imos para cama sen antes ter desconectado da rutina, do noso traballo e das nosas responsabilidades cotiás. É esa ansiedade coa que nos deitamos, a que entra en desequilibrio coa relaxación do noso corpo e se traduce nunha caída en sonos. Esta caída actúa como unha alarma de perigo para o noso cerebro, aumentando así os niveis de adrenalina e activando os sentidos.

Para que isto non nos suceda, os expertos recomendan relaxarnos antes de durmir e desconectar da rutina. Unha cea suave e unha ducha quente unhas horas antes de ir para cama son dúas prácticas que nos poden axudar a evitar as caídas en sonos.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a 2000 árbores de novela
“Temperá, negral, pelada, patacuda, oura ou dourada, abadá ou abadesa...”, Manuel Taboada intenta facer memoria de todas as razas de castaña que dan as árbores sentenciadas á morte no Souto de Casas Vellas, pero atáscase. Fáltanlle ao menos tres variedades, rosario, rañuda e mazaíña, coas que experimentou o seu avó dende o século XIX, pero non lle veñen á cabeza por máis que se concentra. Son moitos os frentes que ten que atender estes días, porque os acontecementos precipítanse na parroquia de Catasós (Lalín), aínda que esta guerra súa e dos demais vén xa do 2008, “cando presentáronse os primeiros recursos”. Taboada é voceiro de Salvemos as Fragas de Catasós, unha das tantas plataformas de veciños que ultimamente organízanse en Galicia para combatilo que senten como atropelos de poder ao pobo. A de Catasós denuncia que o proxecto LAT (Líña de Alta Tensión) O Irixo-Lalín, promovido pola Unión Fenosa Distribución, “arrasará máis de 2.000 árbores” na súa eléctrica carreira de 132 kilovoltios a través dos soutos e as fragas desta parroquia. A maioría son castiñeiros, moitos centenarios, pero tamén carballos e nogueiras igual de vellos, bidueiros e ameneiros sans, e ata un piñeiro manso que chama a atención polo seu tamaño e que, segundo o recordo dos máis vellos, “supera os 200 anos”.

Un portavoz de Fenosa nin confirma nin desminte a cifra de robustos exemplares que en breve van caer. Di que non dispón do dato todavía e prefire referirse a estes anciáns moradores do bosque lalinense como “unha masa arbórea sen protección”. O da “protección” o engade para remarcar a diferenza que existe entre esta concatenación de fragas e soutos e un gran bosque veciño, catalogado e intocable, que quedou desafectado na tramitación da infraestructura porque é Monumento Natural dende 2000.

Entre O Irixo e Lalín, pasando tamén por Dozón, foron expropiados por Fenosa. “Os que nos resistimos a vender temos o diñero depositado por Fenosa na Xunta”, conta Taboada, propietario de castaiñeiros de 22 metros, algúns regalados polos Quiroga ao seu avó. Os veciños piden que a liña discorra enterrada baixo a aledaña Nacional 525, e os enxeñeiros non o aceptan. A eléctrica comprometeuse co alcalde a buscar alternativas, pero todas pasan polas súas arboredas e incluso “amenazan a muralla do castro de Catasós”. Onte, como xa fixeron fai un mes, marcharon baixo os seus castiñeiros centenarios para protestar. Moitos pensaron que tamén para despedirse.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
O recordo do Muro de Berlín sobrevive polo mundo
O muro de Berlín foi un dos símbolos máis poderosos do século XX, pero tamén un obxecto moi concreto formado por toneladas de formigón. Onde foi parar despois da súa caída fai agora 25 anos? A resposta ofrece sorpresas e algunha polémica. «Cando se abriu o muro, formulouse inmediatamente a pregunta de que facer con el», conta á axencia Anna Kaminsky, directora da Fundación para a reflexión sobre a ditadura na Alemaña comunista (RDA) e autora do libro “O muro de Berlín no mundo”. Segundo a experta, «o goberno da RDA recibiu as primeiras solicitudes para comprar anacos de muro xa ao día seguinte da súa caída o 9 de novembro de 1989. Nunha ironía histórica, a maioría proviña de Estados Unidos. Discutiuse se era lícito facer negocio con algo que custara vidas. Pero finalmente a RDA aceptou vender anacos de muro e aliviar así as súas finanzas. Para reducir a polémica, os ingresos usáronse en fins sociais, como o sistema de saúde», conta Kaminsky.

Algúns fragmentos pintados subhastáronse pronto por sumas próximas aos 150.000 euros (185.000 dólares), un alivio inesperado para as maltreitas arcas da RDA. Outros anacos de simple formigón gris -a maior parte do muro- recicláronse en construción de rúas ou vendéronse moídos a outros países como material de obra. Se ben a comercialización do muro xerou polémica, a decisión de borralo da paisaxe urbana contou cun amplo consenso entre a poboación e os políticos. «Despois de 28 anos de división, todo o mundo quería volver rápido á normalidade», explica Kaminsky. A ecuación era perfecta: Berlín quería desprenderse do muro e o resto do mundo estaba disposto a pagar por un anaco.

En cuestión de meses, da xigante parede de 155 quilómetros de longo só quedaban poucos metros en fragmentos illados, os únicos que aínda poden verse en Berlín. Entre eles a famosa «East Side Gallery» ou o que bordea o sitio de recordo do muro na emblemática Bernauerstrasse.

Kaminsky seguiu o rastro das placas de muro vendidas a interesados de todo o planeta ou regaladas polo Senado de Berlín a cidades amigas.
A súa conclusión: en 146 lugares de máis de 70 países hai 241 anacos do muro de Berlín, na súa maioría expostos como símbolo da inhumanidade do réxime comunista ou como homenaxe á loita pola liberdade e a democracia.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
O colexio de Vilar de barrio, referente galego por un proxecto tecnolóxico
Vilar de Barrio, un municipio de pouco máis de 1.500 habitantes, presume de ter unha escola intelixente. Os 48 nenos de infantil e primaria que estudan no colexio, situado a 53 quilómetros da capital ourensá, son os únicos de Galicia que participan nun programa internacional de dixitalización das aulas escolares que puxo en marcha a multinacional Samsung, coa colaboración da Consellería de Educación.

O Samsung Smart School pretende impulsar a aprendizaxe do alumnado a través das novas tecnoloxías, superando así a barreira dixital que a miúdo separa os escolares das zonas rurais dos que residen nas cidades. Por ese motivo escolleuse este centro educativo.

A dotación do proxecto para este colexio foi de 50 tablets, dous taboleiros dixitais, dous carros de carga e seguridade para as tablets e dous dispositivos para proxectar en pantallas. Os comprimidos levan incorporados varios programas de control de aula, destinados a facilitar a docencia e a simplificar a instalación de aplicacións, ademais de servir como unha capa de seguridade para impedir o acceso a contidos en liña que non sexan axeitados para os pequenos.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Beneficios do café sobre a memoria
A semana pasada amosaba un estudo que confirmaba que errar é bo para a memoria, e esta vez mostrarei outro que afirma que a cafeína tamén o é.

Douscentos miligramos de cafeína, aproximadamente a que contén un café, tomados despois de ver unha serie de imaxes axuda a recordalas mellor e con máis detalle ao día seguinte. O que suxire que en lugar de tomar café antes de afrontar un traballo importante para estar espertos, tal vez sería mellor tomalo inmediatamente despois, para sacar o mellor partido posible á memoria. Esa é a conclusión dun estudo levado a cabo na Universidade Johns Hopkins publicado na revista Nature Neuroscience.

"Case todos os estudos previos administraban a cafeína antes da sesión de traballo, por iso, non estaba claro se o efecto potenciador sobre a cognición da cafeína se debe a que actúa sobre a atención, a vixilancia ou outros factores. Administrando a cafeína despois da proba de memoria descartamos eses efectos e podemos estar seguros de que actúa sobre a capacidade de recordar", destaca o psicólogo e neurocientífico Michael Yassa.

O único claro ata agora era que a cafeína nos mantén máis espertos porque neutraliza unha molécula do cerebro, a adenosina, que se vai acumulando ao longo do día e que induce o sono. E sobre esta molécula, especulan os investigadores, podería tamén actuar a cafeína para mellorar a memoria. A adenosina, a medida que se acumula durante a xornada, diminúe a actividade da noradrenalina, que á súa vez está implicada precisamente na consolidación da memoria a longo prazo. Mellor con cafeína.

Como sempre a virtude está no termo medio así que se alguén ten a tentación de probar que acontece se supera con moito esta dose de 200 miligramos, convén saber que este efecto da cafeína sobre a memoria ten forma de gráfica en "U invertida". Isto significa que hai un máximo de consumo de cafeína a partir do cal non só non hai melloría senón que se produce un empeoramento na capacidade para recordar. Non hai que esquecer tampouco que un exceso deste estimulante produce síntomas parecidos aos dun ataque de ansiedade, o que leva consigo unha diminución do rendemento cognitivo.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-11-2014 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal