Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Século XXI?
É sorprendente a situación que se está a vivir en pleno século XXI. Como estudante de Lingua e Literatura galegas, paréceme sorprendente que poida existir a posibilidade de que esta carreira de tanto nivel se borre das vías universitarias.

Gustaríame amosárvos que todo este conxunto de prexuízos que roldan pola sociedade están moi confundidos. É moi normal atopar comentarios tales como "Facer eu Filoloxía galega? Se é unha carreira que non ten futuro". Pois ben, a todos estes dígolles o seguinte: Filoloxía galega é unha carreira universitaria que conta con moito nivel, cuxo obxectivo é que todos os alumnos alcancemos unha formación completa e eficaz do estudo sobre a nosa lingua, tanto en ámbitos sociolingüísticos ou históricos como lingüísticos.

E tamén teño que dicir que para as opinións que dubidan da viabilidade desta titulación no mundo real, é totalmente posible poder chegar a traballar en docencia ou en outros menesteres.

Por outra banda, isto amosa o pouco sentimento que teñen as persoas, os galegos e galegas, que en troques de amosar un sentimento pola súa terra prefiren pasar deste tema. Pois ben, teño que recoñecer que eu, fai uns anos, pasaba do galego, pero foi cando algo na miña mente cambiou, evolucionou e cheguei á conclusión de que nada sería máis fermoso que estudar a miña lingua, a miña cultura, a miña terra e rodearme das persoas que seguen tamén este sentimento.

Pese a todos os comentarios que surxiron ante a miña idea, seguín adiante e non me arrepinto de nada, por iso anímovos a cambiar esta situación. Esta titulación non pode desaparecer das nosas vidas, xa que se moitos asistiriades ás nosas clases quedariades totalmente prendidos e ben amarrados a esta gran carreira.

Samuel Vázquez González, estudante de 1º do Grao de Filoloxía galega.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Estrelas da música gravan en Londres unha canción para loitar contra o ébola
Estrelas da música como Bono, Ed Sheeran, Chris Martin ou Emeli Sandé, así como os membros de «One Direction», gravaron hoxe en Londres unha nova versión do tema «Do they know it's Christmas?», cuxa recadación destinarase á loita contra o ébola.

Os famosos intérpretes, entre eles tamén Ellie Goulding e Rita Ora, acoderon de boa mañá a un estudo de Notting Hill para poñer as súas voces á canción, que debutou fai 30 anos como parte da campaña Band Aid contra a fame en Etiopía.

Como en aquela ocasión, o director do proxecto é Bob Geldof, que se asociou unha vez máis co músico escocés Midge Ure para elaborar unha versión do tema, que esta vez incluirá parágrafos sobre a loita contra o ébola no oeste de África. Pola súa parte, Geldof instou hoxe ao público a «comprar isto» a partir de cando o luns, ás 8 GMT, soe en todas as emisoras de radio do Reino Unido e «non intentar buscalo gratis» en plataformas dixitais.

O lanzamento do clásico, que traducido ao galego di «¿Saben eles que é o Nadal?», conmemora o 30 aniversario da campaña benéfica Band Aid, que incluiu concertos multitudinarios e na que xa participaron algúns dos músicos máis veteranos reunidos hoxe, como Bono, líder do grupo irlandés U2.

Esta nova versión poderá descargarse «online» o próximo luns a un prezo de 99 peniques (1,26 euros), mentres que o CD costará 4 libras (5,11 euros).

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
WhatsApp permitirá desactivar o polémico dobre check azul na súa próxima actualización
WhatsApp deu marcha atrás. Tras o balbordo xerado, a aplicación de mensaxería xa permite desactivar a confirmación de lectura das mensaxes mediante o polémico dobre check azul na súa nova versión beta. Esta actualización non incluirá ningunha sorpresa xa que será a única modificación que inclúa.

Con esta versión WhatsApp permite que os usuarios poidan volver á calma e desactivar o dobre check azul. ¿Como? Da mesma forma que se desactiva a última hora de conexión ou se oculta a fotografía de perfil. É dicir, en «Info de conta» dentro do apartado «Privacidade». Unha vez aí, só hai que desmarcar o tick azul de « read receipts».

Para poder proceder, hai que descargarse en WhatsApp a APK da versión 2.11.444 dispoñible a través da súa web. Para isto é necesario ter activado no smartphone o permiso para instalar aplicacións fóra da tenda oficial.

A partir dese momento, os usuarios de WhatsApp non poderán ver se as súas mensaxes se leron, pero os demais tampouco poderán saber se o usuario en cuestión leu a mensaxe ou decidiu ignoralo.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura restaurará cinco pontes históricas, pequenas xoias do patrimonio de Galicia
Son cinco xoias do patrimonio histórico de Galicia, cinco pequenos fitos da cultura sobre os que pesaba unha sombra de abandono (certo que non son un caso único). Son as pontes de Couso (Avión), Éntoma (O Barco), A Portela (Vilamartín), Fillaboa (Salvaterra) e O Demo (Vila de Cruces-Silleda). A Consellería de Cultura quixo onte empezar a corrixir esta desidia ao asinar convenios cos Concellos nos que se localizan para poñer en marcha as correspondentes obras de restauración, costeadas pola Xunta, e que levaranse adiante no 2015.

Os traballos son intervencións na dirección de recuperar e consolidar as infraestruturas co obxecto de que non perdan a súa funcionalidade, con actuacións de reforzo da fábrica que aínda está en pé, nalgúns casos, e para repoñer as partes derrubadas con materiais orixinais cando sexa posible. Tamén se prevén o desbroce das marxes, a demolición de pavimentos de formigón e a execución dun novo piso da calzada e de peitorís, cando sexa necesario.

Pese á súa humildade arquitectónica, as cinco atesouran un pasado cheo de valor. É o caso do de Éntoma, testemuña do paso da calzada romana (a Vía Secundaria) que, seguindo o curso do río Galir, unía A Pontóriga con A Veiga de Cascallá. Tempo despois foi Camiño Real -o que levaba desde Ponferrada ata Ourense cruzando o val valdeorrés- e parte dunha ruta secundaria do Camiño de Santiago.

Ou a de Fillaboa, en Salvaterra, erixida polos romanos sobre o río Tea (afluente do Miño) para dar paso, segundo algúns estudosos, á Vía XX, calzada que comunicaba Astorga e Braga, nada menos. A estrutura existente hoxe é froito de diversas reconstrucións que datan dos séculos XV e XVII. Nesta época convulsa foi clave para cortarlle o paso ao avance do exército portugués cara a Tui.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Aprender a vivir as emocións
Aprendemos dende pequenos que o sentimentalismo (o hábito de sentir a flor de pel as emocións e mostralas en público) era propio de persoas débiles, inmaturas ou con déficit de autocontrol. Ademais, estendeuse no noso imaxinario colectivo o lugar común, machista como poucos, de que plasmar certas emocións -como o choro- pertence ao ámbito do feminino.

Non obstante, aínda que lentamente, vai gañando terreo a convicción de que vivir as emocións é un elemento insubstituíble no proceso que nos leva a alcanzar a madureza persoal e mesmo o desenvolvemento da intelixencia.

O punto de partida é que temos demasiado en conta o noso espazo intelectual: non só lle dedicamos tempo e esforzo, senón que mesmo a valoración que facemos dunha persoa pasa, en boa medida, polos seus coñecementos e habilidades intelectuais. Dende a educación, tanto regulada coma non académica, motivóusenos para que saquemos o máximo partido aos nosos recursos intelectuais. Ninguén discute a necesidade de adquirir coñecementos técnicos e culturais para prepararnos para a vida profesional pero, nunha equivocada estratexia de prioridades, esquecemos ás veces a importancia de educarnos para a vida emocional.

Aprender a vivir é aprender a observar, absorber, analizar e utilizar o saber que imos acumulando co paso do tempo. Pero converternos en persoas maduras, equilibradas, responsables -e, por que non dicilo, felices na medida do posible- esíxenos tamén distinguir, describir e atender os sentimentos. E iso significa contextualizar os problemas, xerarquizalos, interpretalos e asumilos. Porque calquera das nosas reflexións ou actos nun momento determinado poden verse "contaminados" polo noso estado de ánimo e interferir negativamente na resolución dun conflito ou nunha decisión que temos que tomar.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
12 anos do maior desastre ecolóxico de Galicia
O 13 de novembro de 2002 o Prestige encontrábase a 28 millas de Finisterre, cando se viu inmerso nun temporal e sufriu unha vía de auga. O 19 de novembro, tras intentar afastalo da costa, partiuse en dous afundíndose a unha profundidade de 3850 m. O petroleiro, que estaba nese momento a uns 250 km da costa española, provocou as primeiras manchas negras na costa.

A parte afectada da costa non só tiña grande importancia ecolóxica (como é o caso das Rías Baixas), senón tamén unha notable industria pesqueira. O 2 de xaneiro de 2003, as manchas de combustible estaban a 50 km da costa. Posteriormente, alcanzaron as costas galegas, orixinando un desastre ecolóxico de grandes proporcións.

O 13 de novembro de 2013, tras nove meses de xuízo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu a causa sen culpables, pois ningún dos acusados foi encontrado culpable de delito ecolóxico. Condenouse ao capitán do barco, Apostolos Mangouras, por un delito de desobediencia grave ás autoridades españolas durante as operacións de rescate, que lle supuxo unha condena a nove meses de cárcere polo que nunca entrou en prisión. Os outros dous membros da tripulación foron exculpados, pois segundo a sentenza non actuaran «nin con imprudencia, nin de forma dolosa ao asumir unha navegación arriscada».

Hoxe, doce anos despois aínda se nos poñen os pelos de punta ao nomealo, pero penso que é preciso ter este desastre na mente, pois realmente marcou un antes e un despois nas nosas costas.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
A Modern Language Association de EE.UU. crea un foro galego
A Modern Language Association de Estados Unidos vén de crear unha sección dedicada ao galego, Galicia e a súa cultura. A directora executiva da MLA, Rosemary G. Feal, comunicou o pasado xoves a aprobación do Galician Language, Literature and Culture Forum, que xa figura dentro do organigrama da entidade. A proposta galega foi presentada por un comité de docentes e investigadores coas suxestións doutros membros da comunidade académica galega, e recibiu numerosos apoios internacionais. Gabriel Rei-Doval, da Universidade de Wisconsin-Miwaukee e un dos membros deste comité, cualificou onte a nova como «un éxito sen precedentes para a lingua, literatura e cultura galega a nivel internacional» e pola visibilidade que terá para os estudos galegos, en Norteamérica e internacionalmente. O primeiro congreso da MLA na que a decisión será oficial celebrarse en Austin, Texas, no 2016, e dúas sesións dedicaranse a Galicia e a súa cultura.

Cristina Rey Pérez, 4ºESO B

Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-11-2014 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
O anuncio da lotaría de Nadal ven con polémica.

Semella que non hai ano tranquilo para o anuncio da lotaría de Nadal. Se fai doce meses o anuncio con Raphael e Montserrat Caballé deu bastante que falar, o spot deste ano tamén conta coa súa ración de polémica. Emotivo, terno, humano, sincero... pero non exento de polémica. Esta chega da man de Jon Díez Domínguez, director de fotografía da maqueta do anuncio deste ano, que incendiou as redes sociais coa súa historia.

“Un mércores de novembro, remato de comer e vexo na televisión que remataron de presentar a campaña publicitaria da lotaría de Nadal de 2014: O maior premio é compartilo. Espera, este anuncio graveino eu en xullo, non? Non o anuncio, pero si fixen a maqueta. Que pasou dende entón?”.

Así arranca o seu relato Jon Díez que tras marcar o gran eco do anuncio e destacar algunhas das cifras do gran sorteo “un negocio que vende 23000 millóns de euros en décimos para tan só un sorteo extraordinario, máis do que facturan empresas coma Danone, Zara ou Nestlé”, comeza o relato persoal de como quedouse fora dun proxecto que arrancou con el.

“Hoxe vexo o anuncio na televisión. O mesmo guión, protagonista, director, produtora, axencia... pero con neve, agora ten neve. Creo que poden imaxinar o idiota que se sinte un ao decatarse desto”, di.
“Non quero ser cínico, pode que se fose un proxecto pequeno non me importara, pero a envergadura desta campaña cabreoume. Pode que o fallo fose meu, non debín traballar gratis para esa maqueta. Creo que aí radica o problema, non debemos aceptar esas condicións en maquetas sen soldo” afirma para despois recordar “que son traballo ilegal”.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETE:
Cada ano 4.500 nenos e adolescentes son diagnosticados de diabete tipo 1 en España, unha enfermidade con risco de complicacións que se poden evitar cun axeitado control e grazas a novos tratamentos como as bombas de insulina, que permiten alongar un ano a vida dos pacientes.

O 14 de novembro celebrábase o Día Mundial da Diabete, que en España afecta ao 13,8 por cento da poboación maior de 18 anos, é dicir a uns cinco millóns de persoas. Entre os nenos, a máis frecuente é a diabete tipo 1, cuxa orixe está en factores xenéticos, aínda que tamén existen desencadeantes como a obesidade ou a falta de exercicio físico.

"Son nenos que van vivir moitos anos e o risco de complicacións é moi alto, pero un bo control da enfermidade atrasará a aparición destas complicacións", expresou Raquel Barrios, da Unidade de Endocrinoloxía e Diabete Pediátrica do Hospital Ramón e Cajal de Madrid.
Neste sentido, un dos avances tecnolóxicos que permiten mellorar a calidade de vida dos enfermos, especialmente dos nenos, e que mesmo aumenta os seus anos de vida, son as bombas de insulina, que permiten un mellor control metabólico. Non obstante, a pesar dos beneficios deste tratamento, menos dun 5 por cento dos pacientes utilízano debido aos custos iniciais e as necesidades estruturais da súa implantación.

Os especialistas destacaron a importancia da implicación dos colexios na loita contra a diabete entre nenos e adolescentes e lamentou que a clase de ximnasia se elimine dos cursos superiores, xusto cando os mozos se volven máis sedentarios.

Neste sentido coincidiu o secretario da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición, Miguel Ángel Rubio, quen destacou a importancia de que nos colexios haxa un nutricionista que supervise o menú e controle o peso dos nenos.

"Unha de cada tres persoas que nace agora chegará aos cen anos, pero tamén unha de cada tres padecerá diabete, o que fará que a súa calidade de vida se vexa afectada", advertiu Rubio.

Patricia Fernández González, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
A sonda Philae apágase tras cumprir unha misión histórica
A sonda Philae disparaba o venres as preocupacións da Axencia Espacial Europea (ESA) tras comprobar que o esgotamento das súas baterías acabaría provocando o final da súa vida.

O xoves a ESA confirmaba que a sonda Philae estaba localizada nunha zona de sombra e que estaba recibindo poucas horas de luz solar para cargar os seus paneis e así continuar solicitando probas científicas. Pero a pesar de que todos os axentes xogaban na súa contra, a sonda Philae conseguiuno. O módulo de aterraxe da misión Roseta, fixado con seguridade na superficie do cometa 67P / Churyumov-Gerasimenko, conseguiu lograr o seu fito histórico.

Coa súa batería a piques de pór fin a unha misión histórica, os científicos enviaron ordes á sonda Philae para que intentase usar o seu trade para obter mostras do corpo do cometa, uns resultados que aínda están pendentes de ser analizados. Pero a sonda Philae conseguiuno e, durante o venres, o robot realizou co seu trade unha perforación de 25 centímetros no cometa: «A primeira perforación nun cometa é un feito» publicou a ESA en o seu perfil da rede social Twitter.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2014 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal