EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pato en concerto.
Non todos os días un asiste a un concerto e, menos aínda, non se asiste así como así a unha estrea mundial. Tivemos ese privilexio os espectadores que o pasado sábado 22 de novembro, ás sete do serán, completamos o aforo do Palau de la Música barcelonés para o concerto que a Orquestra Simfònica del Vallès ofreceu dentro do ciclo “Simfònics al Palau”. En colaboración co “46 Voll-Damm Festival Internacional de Jazz de Barcelona” tamén o tiveron os asistentes á súa presentación nos teatros La Farándula, de Sabadell, e Kursaal, de Manresa.
O programa estaba composto por tres pezas de música contemporánea: o “Concerto para Pato e orquestra”, de Emilio Solla, na primeira parte, e as “Danzas sinfónicas de West Side Story”, de Leonard Bernstein, e o “Danzón número 2”, do mexicano Arturo Márquez, na segunda. Obviamente, imos centrar esta crónica na primeira das composicións que forma parte do The Gaita and Orchestra Comissioning Project, impulsado por Cristina Pato e a fundación New Music USA .
Normalmente, se as composicións bautizadas como concerto teñen unha parte solista, esta está dedicada a un instrumento (normalmente piano, violín, clarinete, etc.) pero no caso que nos ocupa, o pianista e compositor arxentino Emilio Solla encarou a composición dunha obra á medida das habelencias dunha intérprete: Cristina Pato.
Esta música ourensá, que toca a gaita, o piano, a percusión e canta, solicitoulle a Solla –residente como ela en Nova York- un concerto para gaita e orquestra. O pianista arxentino, que colaborara con ela no disco Migrations o ano pasado, confesaba no programa de man que decidiu atender a petición cunha peza feita á medida de Cristina Pato. E ben axiña, cando encarou a tarefa, aparecéronlle a herdanza e mais as lembranzas dunha familia bonaerense do barrio de Palermo: o seu pai Julio e a súa tía Olga, solteira, xa nacidos na Arxentina, a onde chegaran o avó Miguel Solla desde terras de Romai e a avoa Mamama desde Andalucía.
Unha obra que, case por obriga xeográfica, se tiña que estrear na capital catalá, xa que nela residira Solla durante dez anos e onde Cristina Pato estudou a carreira de piano, concretamente no Conservatorio do Liceu, centro que visitou durante a súa visita a terras catalás para facer unha master class.
Seguía a confesar Emilio Solla, que tivo que ser unha artista galega –na común distancia novaiorquesa- quen lle acordase o seu adn e as súas orixes. Foille doado enxergar os movementos deste “Concerto para Pato e orquestra”: o primeiro, “Miño”, que incorpora a mais dun solo de gaita, un poema de Rosalía de Castro; o segundo, “De los Barcos”, con percusión e un canto de pandereteira; e o terceiro, “Buenos Aires?”, feito en clave de milonga, un daqueles ritmos que acollían aos inmigrantes chegados a comezos do século XX ás terras do Río de la Plata.
As coordenadas desta composición están condicionadas polo perfil de Cristina Pato e a súa execución está sometida a ela. Por sorte, e agás da pasaxe pandereteira, este concerto non está supeditado á simple recreación de esquemas folclóricos. Neste senso, a idea orixinal podería estar emparentada coas obras de Shaun Davey (“The Brendan Voyage”, “The Pilgrim”, “Granuaile”, “The Relief of Derry Symphony” ou a banda sonora da película “Acordando a Ned”) que incorporou os instrumentos tradicionais irlandeses a orquestras sinfónicas. Unha fuxida da música tradicional que Cristina Pato exerce cando executa a gaita como se tratase de calquera outro instrumento, á maneira do tamén irlandés Davy Spillane, que incorporou a uilleann pipe a formacións de blues, pop ou jazz.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2014 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
COMBARRO, DE HÓRREO EN HÓRREO

Saíndo de Pontevedra en dirección O Grove, a uns seis quilómetros, encóntrase a bonita localidade de Combarro, un dos lugares máis pintorescos e representativos das Rías Baixas. O nome de Combarro está ligado estreitamente a unha das construcións máis típicas e tradicionais de toda Galicia: o hórreo. Por iso, unha visita á localidade significa facer unha ruta case de hórreo en hórreo, aínda que en Combarro hai moito máis que ver, admirar e saborear.

Está construída sobre granito, ao lado do mar, en forma de curva e recoméndase comezar a visita a Combarro paseando polo seu paseo marítimo ata chegar á praza de Chousa. Desta forma pódense ter unhas vistas incribles da costa e coñecer a súa situación privilexiada. Logo convén internarse na zona antiga e deixar voar a imaxinación ata séculos atrás posto que a localidade aínda conserva características doutras épocas.

Na praza de San Roque, de pequeno tamaño, pódense ver representacións arquitectónicas típicas, como dous cruceiros dos sete que se encontran nesta parte da vila. Nesta mesma praza paga a pena prestar a atención ao edificio que garda no seu interior a biblioteca, cun bonito balcón de pedra que finaliza nunhas escaleiras. A vila de Combarro é como un libro desexoso de ser aberto para poder desvelar todas e cada unha das historias que garda no seu interior. Ao que hai que sumarlle o misterio que desprenden a maioría de localidades galegas, coas súas lendas e fábulas.

As casas mariñeiras son as vivendas máis típicas do pobo. Poderíanse definir como casas de planta baixa pegadas entre si nas que se gardan os instrumentos de pesca e, en ocasións, se elabora nelas viño de xeito familiar. Dormitorios pequenos, unha cociña e unha sala na parte dianteira e un balcón na fachada. O tipo de familia que habitaba no seu interior podíase intuír debido ao seu material, se era de pedra, de madeira ou de ferro forxado.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
A restauración da catedral de Santiago prolongarase ata o 2021
A comisión integrada por representantes da Dirección Xeral de Patrimonio e da Fundación Catedral de Santiago traballan para perfilar as prioridades e o calendario das obras de rehabilitación que se executarán na catedral de Santiago despois da firma do convenio entre o Goberno central, a Xunta e o Concello que garante un investimento de 17 millóns de euros en distintas anualidades ata o 2021. Esta inxección de recursos permitirá poñer fin á deterioración alarmante do monumento máis importante do patrimonio histórico-artístico galego. O que está pendente da decisión técnica é a orde na que se executarán os proxectos, que son todos eles considerados urxentes e imprescindibles para salvar á catedral. Dado que xa está restaurada a torre norte, coñecida como a da carraca, e en obras a torre sur e o corpo central da fachada do Obradoiro, poñer fin ás filtracións no cimborrio é o obxectivo máis urxente. O cronograma presentarase probablemente este mes e, mentres tanto, ambas as dúas partes manteñen un absoluto mutismo.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2014 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
II GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO
A Asociación Cultural Xuvenil As Canellas, xunto coa prodructora audiovisual Claqueta Coqueta, organiza a II edición da Gala Benéfica Contra o Cancro en Ourense que nace da “necesidade de crear un evento artístico que sirva para reivindicar a cohesión social e para xuntos, axudar a colaborar cunha causa xusta, amosando a solidariedade da cidadanía”, según comenta David Rodríguez, presidente da Asociación As Canellas.
Os presentadores da gala, que se celebrará o día 19 de Decembro, serán a actriz Isabel Risco(premio Mestre Mateo á mellor actriz) e o actor ourensán Rubén Riós, organizador do evento a través do programa de responsabilidade social da súa productora, Claqueta Coqueta. “Hai que intentar aportar todo o posible a estas acción solidarias”,explica. Eles dous, serán os encargados de dar paso, con sentido do humor, a un conxunto de actuacións musicais que amenizarán a velada. Artistas como Rosa Cedrón, Luis Emilio Batallán e Gustavo Almeida, entre outros, compartirán a súa música. O toque de baile e danza da gala correrá a cargo dos grupos Meigas Tribal(danzas triviales inspiradas en Oriente Medio) e de Feel That Crew(danza moderna influenzada por estilos como o rap e hip-hop)
Non vos podedes perder esta cita, no Auditorio Municipal de Ourense, o día 19 de Decembro ás 20.30h
“QUE TODO SEXA POR UNHA BOA CAUSA.”

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2014 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Ignacio Vilar, director da Esmorga, reivindica o cine galego nas salas.
O realizador galego Ignacio Vilar, director de "A Esmorga", reivindica a produción en galego e di que o surgimiento desta película, que se preestrea este sábado no Festival de Cine Internacional de Ourense, demostra que o cine neste idioma tamén "pode estar nas salas comerciais".
"Que unha película galega rodada en galego abra o festival e que estea en todos os cines de Galicia demostra que unha película galega pode estar nas salas comerciais", proclamou na presentación do filme que abre mañá o festival cinematográfico.
O director desta película presentou hoxe na Praza Maior de Ourense a adaptación cinematográfica da novela de Branco Amor cos actores protagonistas, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris", acto ó que tamén asistiron o director da Editorial Galaxia Víctor Freixanes, a directora do certame, Nora Soa e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández.
A película "A Esmorga", protagonizada por Karra Elejalde ("Bocas"), Miguel de Lira (Cibrán) e Antonio Durán "Morris" ("Milhomes"), que reproduce a esmorga de 24 horas que Cibrán, Bocas e Milhomes viviron polas rúas de Auria, abrirá este sábado o Festival Internacional de Cine de Ourense e chegará ó circuíto comercial o próximo día 21 de novembro.
Un día antes da súa exhibición no marco do festival, Vilar pediu ós espectadores que enchan as salas, ó asegurar que a película "xógallo todo a primeira fin de semana".
"Se logramos encher as salas abriremos unha porta grande para o noso cine", augurou Vilar.
En catro intensos meses de rodaxe, "A Esmorga" levou xornadas de traballo de 12 horas diarias e cunha climatoloxía adversa, propia da novela, grazas á "implicación total e absoluta" dos protagonistas -o vasco Karra Elejalde, a quen agradeceu a súa aprendizaxe do galego, Miguel de Lira e Morris, apuntou.
O resultado, detallou, a creación dunha "película cento por cento de Ourense", berce da Esmorga, na que Ourense queda "totalmente reflectido", un traballo que contou coa colaboración da editorial Galaxia e a Deputación Provincial de Ourense.
Os actores protagonistas resaltaron "o reto" de rodar esta adaptación cinematográfica, dunha das novelas máis significativas da literatura galega que Morris chegou a comparar con "un parto difícil" pero "o fillo máis querido".
Pola súa banda, De Lira, quen se definiu como un "espectador da Esmorga" de sempre, resaltou o "reto" de conseguir recrear a esmorga auténtica de Branco Amor, obra fundamental da narrativa galega contemporánea.
O alcalde ourensán, Agustín Fernández, manifestou o seu orgullo pola preestrea deste traballo, do que espera que a través dos tres personaxes, Cibrán, Bocas, e Milhomes, "a nosa cidade véxase representada e moita xente pregúntese onde están eses espazos onde se desenvolve a esmorga nocturna deses personaxes".
Para a rodaxe, o equipo seguiu a denominada "ruta da Esmorga" polos "lugares emblemáticos" da novela, como As Burgas, a estación, a Praza Maior, ou unha taberna de Ribadavia.
Os actos non rematan aquí. Mañá sábado, o equipo presentará a película no Liceo de Ourense e pola tarde celebrará un encontro no centro comercial Pontevella.
Ademais, este domingo a cidade acollerá unha "ruta dá esmorga", que estará guiada por un especialista na novela xunto co director, Ignacio Vilar, con saída das Burgas á unha da tarde.

Sen dúbida esta película constitúe un gran fito para o cine galego,collamos un chisquiño do noso tempo e disfrutémola.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA RESTAURANTE
Galicia suma unha nova Estrela da Guía Michelín, é a do restaurante Nova, concretamente na cidade de Ourense, na rúa Valle Inclán. A gala, celebrouse en Marbella(Málaga), e recoñeceu ademais a cociña creativa das novas xeracións coa concesión da primeira estrela a 19 establecementos, o que demostra o vigor da alta cociña creativa no país e as suas posibilidades de futuro.
Este proxecto ten o mérito de que foi levantado contra vento e marea a finais do ano 2012 en plena crise. Esa valentía atribúese a dous curmáns, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, que apostaron por modificar o menú cada semana para ofrecer aos seus clientes unha experiencia distinta, efémera e cambiante. Este restaurante, é a única Estrela Michelín galega, un feito que para os primos supuxo unha “sorpresa que no nos esperábamos.”
Nova Restaurante xorde do soño de dous cociñeiros ourensáns (Julio Sotomayor e Daniel Guzmán) de crear un espazo no que gozar dun único protagonista: O producto.
 
Baseánse nunha cociña sostible aproveitando a súa situación para poder ofrecer sempre o mellor  produto de tempada dos seus arredores e tamén da costa.
Ofrecen o que a eles mesmos lles gusta chamar unha “COCIÑA DE RAÍCES”  na que cada elaboración tenta plasmar unha base gastronómica herdada dos seus maiores, na que cada ingrediente fai unha achega e cun fío condutor determinante: a frescura.
 
Para dar fé disto, abren a nosa cociña ao comedor buscando unha relación máis estreita entre o comensal e a cociña. Convidánte a que probes a sua mesa e barra na que comerás case, case, dentro da cociña.
 
Entenden o xénero como estacional e efémero, co cal a súa proposta basearáse nos produtos de tempada, ofrecendo diferentes menús e tapas que evolucionarán de maneira continuada para que a experiencia sempre sexa NOVA.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
'A Esmorga' de Ignacio Vilar chega aos cines galegos para emocionar cunha historia fiel a Blanco Amor.
O director Ignacio Vilar levará este venres aos cines galegos a súa última película, 'A Esmorga', un filme creado para "emocionar" e manténdose "fiel" á popular novela de Eduardo Blanco Amor no que os tres protagonistas aguantan o "peso" principal da trama e dan profundidade a unha película "entretida, pero que se sofre véndoa".

Os actores Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris' e Karra Elejalde dan vida aos tres protagonistas desta historia tráxica que pasa da literatura tradicional galega ás grandes pantallas da Comunidade tras un proceso de creación "moi duro, pero gratificante".

O filme foi estreado esta fin de semana no Festival de Cinema de Ourense cunha "grande acollida" de público, segundo explicou o seu director, que, xunto cos tres protagonistas, presentou este luns en Santiago a película.

Para Ignacio Vilar, o punto forte da película foi a elección dos tres actores protagonistas, dado que pretendía facer unha longametraxe "de personaxes", no que os protagonistas soportan todo "o peso" da historia. "E fixeron un traballo impresionante", destacou o director.

Os tres actores sinalaron, de feito, que o proceso previo de construción e caracterización de cada un dos personaxes foi un dos puntos máis difíciles da película, co obxectivo de unir nun só traballo "A Esmorga que cada un tiña na cabeza".

Karra Elejalde falou do proceso de discusión e negociación dos personaxes que se viviu "os 15 días antes de empezar a gravar" e que derivou no que Antonio Durán 'Morris' cualificou como "un proceso de creación case colectivo".

UNHA ATMOSFERA AXEITADA

"Unha das cousas máis difíciles de lograr foi a atmosfera", sinalou o director de 'A Esmorga', para quen era moi importante que todo o filme transcorrese na atmosfera "fría" que presenta Blanco Amor na novela e que inflúe na propia historia.

Para iso, foi necesario que a rodaxe se desenvolvese en inverno, con moitas localizacións exteriores e en situacións climatolóxicas complicadas. "O peor foi a chuvia", explicou Miguel de Lira, un punto no que se mostraron de acordo tanto Karra Elejalde como Antonio Durán, que sufriu de feito problemas de saúde a consecuencia das rodaxes en pleno temporal.

A película, rodada en galego, estrearase en distintas salas comerciais de Galicia este venres. Ignacio Vilar destacou a importancia de que o público mostre o seu apoio á fita durante a primeira fin de semana de exhibición para seguir contando coas salas comerciais e poder abrir a película a outros puntos de España.

"É moi importante a resposta que teña para que siga na gran pantalla, para que o cinema galego poida seguir contando historias e xerando postos de traballo", destacou Vilar.

Os mesmos actores que participaron en 'A Esmorga' foron os encargados de dobrar unha versión en castelán desta, na que, non obstante, se respectan algúns xiros e partes en galego. Ignacio Vilar atópase xa en negociacións con salas doutros puntos de España para a exhibición da fita, aínda que o seu percorrido dependerá da "resposta que teña en Galicia".

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
O anuncio da Lotaría de Nadal: E se non compras ese décimo e toca?
A corenta días do sorteo da Lotaría de Nadal deste ano, a Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (Selae) presentou este mércores o anuncio producido para a televisión e, como novidade, para unha páxina web creada co fin de distribuílo. Para a realización, a axencia de publicidade Leo Burnett contou con 840.000 euros, segundo a presidenta da Selae, Inmaculada García Martínez. Unha parella que decide volver casar, un matrimonio de 50 anos que segue namorado, unha muller que encontra as promesas que os seus pais se fixeron se un día lles tocaba o premio e a historia principal, que xira en torno ao bar dun personaxe entrañable chamado Antonio, son algúns dos nove argumentos, convertidos en cuñas publicitarias, elixidos para promover a venda de décimos. Para o director do anuncio, Santiago Zannou, "que o anuncio emocione non quere dicir que sexa triste". Describe así a sensación que provocan as nove historias protagonizadas por diferentes personaxes. O director creativo de Leo Burnett, Juan García Escudero, destaca na presentación do anuncio que na discusión sobre o enfoque se repetía a palabra "compartir". "A Lotaría tócalle compañeiros do traballo; toca no bar do barrio, á familia. En realidade xogamos todos". Por iso, a decisión é que o slogan que acompaña á campaña sexa: "O maior premio é compartilo”.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de persoas protestan nas cidades galegas contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá
Miles de manifestantes percorreron as rúas das principais cidades galegas para mostrar o seu rexeitamento á reforma da Lei de Seguridade Cidadá, que aínda non foi aprobada definitivamente.

De feito, Alianza Social Galega, impulsora destas manifestacións, convocou mobilizacións nas sete cidades galegas --A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo--.

Deste xeito, ao redor dun centenar de persoas percorreron as rúas do centro compostelán entoando consigas como 'Nin dá seguridade, nin é cidadá; esta lei reprime, é a mordaza' --'Nin dá seguridade, nin é cidadá; esta lei reprime, é a mordaza' e 'Non pode ser, ou pobo encadeado e vos corruptos non poder' --'Non pode ser, o pobo encadeado e os corruptos no poder'--.

Dita mobilización partiu da Alameda compostelá pasadas as 12,00 horas, para acabar na céntrica Praza de Pratarías, na zona vella compostelá.

Os sindicatos participantes na devandita manifestación --UXT, CC.OO e CIG-- cargaron contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, á que definen como "lei mordaza".

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Correr (e pagar con gusto) 1.508 quilómetros para defender o bretón‏
Cada dous anos unha carreira percorre unha zona concreta de Breizh (Bretaña) para recadar fondos a prol do bretón. É Ar Redadeg, unha iniciativa que neste 2014 vén de finalizar e con balance positivo, segundo as persoas e entidades organizadoras. Recadáronse ‘en limpo’ 165.000 euros, recolle Nationalia. 62.500 euros destinaranse ás escolas de inmersión en bretón (Diwan), outro tanto a financiamento de proxectos (teatro, cursos de ensino de bretón para adultos, actividades lúdicas...). E 40.000 euros resérvanse para a preparación da carreira de 2016, estando xa aberto o prazo para que se presenten candidaturas para aspirar a ser vila/cidade de inicio e vila/cidade de final de traxecto.

Ar Redadeg finánciase diante a “compra” por parte de particulares, entidades, empresas e administracións, dos quilómetros do traxecto da carreira. Nesta edición foron 1.508 os que se ‘venderon’. Obtendo 165.000 euros. O co-presidente de Ar Redadeg, Mael Thepaut, destacou que se vendesen todos os quilómetros e que houbese unha “mellor participación” que en edicións anteriores.

Falala, vivila, sentila, transmitila, usala

O bretón, lingua céltica, é falado por máis de 200.000 persoas, mais comprendido por volta de 325.000. A maior parte d@s falantes están no oeste e o suroeste de Bretaña e conforman o 13% da pobación, segundo Kristen le Gars, experta neste idioma. O 70% d@s falantes ten máis de 60 anos . Mais cómpre mencionar que, afirma, houbo un lixeiro aumento de falantes, concretamente, no oeste de Bretaña, entre a mocidade de entre 15-19 años.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal