EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LUZ CASAL GALARDOADA

Coincidindo coa presentación de “Almas Gemelas” onde fala da súa enfermidade, o cancro, como si dunha relación amorosa se tratase, Luz Casal foi galardoada co Premio Nacional de Músicas Actuales 2013 que é concedido polo Ministerio de Cultura e que está dotado con 30.000 euros. O xurado considerou que a súa calidade e a súa voz chegaron a diversos públicos e diferentes xeracións ao longo de toda a súa traxectoria. Tamén estimou que a súa voz se grava na memoria e que xa recorreu un camiño fértil que comezou polo rock pasando por diversos xéneros como as baladas ou os boleros, ensanchando a súa traxectoria.
Tras anunciarse este recoñecemento, a cantante galega afirmou que este premio non a vai facer mellor nin peor, aínda que admite a ilusión. "¿A quen non lle gusta que lle digan que é bo?", dixo con entusiasmo. Nesta liña, Luz Casal engadiu que "un premio é como un aplauso concentrado", e indicou que este en particular foi "unha sorpresa moi agradable", posto que ela non tiña "nin idea de que se estaba cocendo". "Deume un subidón", admitiu.
O xurado desta edición foi integrado por representantes do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música e da Sociedad de Artistas Intérpretes.
Outros premios que cabería destacar desta cantante son o Premio Goya en 2001, xunto con Pablo Guerrero á mellor canción orixinal con “Tu bosque animado”, Premio Catelao en 2011, outorgado pola Xunta de Galicia ou Premio Rolling Stone a “Una vida de rock”, gañado o mesmo ano.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os que nos sacan da crise.

Resulta curioso ver agromar entre os pequenos grupos de persoas que se agrupan nos recunchos das rúas ou nos feixes de cafés que hai polas nosas cidades, un novo espíritu de optimismo i escoitar xa con convencemento a frase "estamos a sair da crise".

Os datos bursátiles falan por si mesmos, a garantía dunha seguridade macroeconómica é xa unha realidade. Mais, gustaríame recordar unha frase feita que acostuman a dicir os nosos maiores "non hai palleiro sen palla", i é evidente que neste país non teremos un chan de déficit seguro, até que se cre emprego.

O goberno orgulloso de si mesmo ergue a cabeza e di "Las medidas están surtiendo efecto", mais... reflexionemos, cómo vamos a soster a un país sen traballadores, cómo vamos a reactivar o ciclo e o fluxo financeiro do Estado se non creamos emprego?

Non se prazan en dicir que saimos dunha crise económica e póñanse a traballar, e sacarnos dunha crise laboral que lastramos dende 2008.

Que non se lles encha a boca ós amigos de quenes gobernan, en dicir que grazas a eles xa estamos saindo da crise, pois os mecanismos macroeconómicos non laborais son internacionais, mais os laborais son Estatais i eu se a miña vista non me engana, sigo a ver tantos parados como fai un ano.

A verdade é o que é, aínda que se mire ó revés, como dicía o gran Antonio Machado.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
“A defesa da terra é uma forma”
Certo é que vivimos nun mundo en constante cambio, e que as cousas veñen e van: fai un ano todo o mundo estaba co “Gangnam Style”, acadando un éxito mundial, e agora xa case ninguén se acorda de iso. Son as modas, e o que teñen é que son pasaxeiras. Hai un tema que me gustaría tratar, e é o do “galeguismo” entre a xuventude de hoxe en día; sí, en efecto, é unha moda, pasaxeira coma as demáis. E ben, a qué me refiro con “moda” e “galeguismo” na mesma frase?
E é que coma di o título, a defensa da terra é unha moda, nin máis nin menos. Actualmente, moita xente crese galeguista, e predica cousas nas que nin sequera cre ou que non sabe qué significan. Quero remarcar primeiramente a miña actitude con respecto ao galeguismo, e é que non me considero unha persoa afín a este movemento, aínda que non me parece para nada malo, todo o contrario. Ben por fontes que sinceramente descoñezo (estou a expresar a miña opinión, non a vomitar datos), a tendenza do galeguismo estase a estender pola xuventude, aínda que non é algo esaxerado. Estou a falar desa xente. Da xente que fase galeguista da noite á mañán, porque seus amigos ou amigas tamén o son, ou porque resulta “guai”. Aquí está o primeiro erro. Unha persoa faise galegofalante non porque sexa guai ou non para a sociedade, senón porque é guai para a persoa, o cal non é nada malo. Xente que comeza a criticar sen ter nin idea do que falan, aínda que as cousas que digan poidan ter sentido. Xente que twittean que teñen como lema de vida “Denantes mortos que escravos” dende os seus IPhones e a súa roupa de Abercrombie. Xente que que predica ideoloxías normalmente de esquerdas (aínda que isto non teña por qué ter relación co galeguismo) criticando ao capitalismo mentres eles mesmos son os que o alimentan día a día. Xente que predica unha defensa da terra, da cultura e da lingua galegas, e que cando lle preguntas unha obra de Castelao crése que Castelao é un dos Tonechos. Xente que se considera lusista e que exalta a literatura medieval e cre que Martín Códax é un viño. En qué nos estamos a converter? Unha ideoloxía política, ou unha actitude ou valores morais con respecto a algo non é algo de usar e tirar, coma o Gangnam Style. Estamos falando da cultura propia do noso pobo, dos valores que non unen a tódolos galegos e galegas e que nos diferencian do resto. Temos unha cultura propia, e o galeguismo tenta que non se perda; e non sei ti, querido lector, pero cando unha persoa que presume de ser galeguista, galegofalante e defensora da terra do seu pobo e ao mes seguinte está falando castelán en clase de galego e mesmo saca ceros na asignatura, da moito que pensar. Chámanse posser, e baixo a miña opinión, esta clase de xente non se diferencia nada na xente que leva camisetas de Nirvana e cre que é unha marca de roupa. É unha calumnia. Adonde quero quero chegar con isto? A que podes ser facha, comunista, progresista, de centro, republicano, independentista ou teleadicto do Luar e do Gayoso, pero hai algo que nunca se debe de perder, e é o sentido da propiedade. Se queres ser afín e bo en algo, le, infórmate, móvete, escoita cousas e opinións de tódolos ámbitos; pero ser galeguista “porque é chulo” non, por favor. Reitero que eu non me considero galeguista, pero se o fose, daríame vergoña que o futuro do galeguismo estivese en xente así. Fago fincapé en que non estoy dicindo que tódala xente xove que é galeguista perteza ao grupiño que estou a criticar, non me malinterpretedes; considero ao galeguismo unha actitude merecedora de respecto, porque a xente que o defende e o practica DE VERDADE son xente que cre nalgo e que defende iso, e por isto merece todos os meus respectos. Mais cómpre falar sempre con propiedade nestes temas xa que son algo serios.
Para rematar gustaríame compartir un vídeo que me chamou a atención, no que o actor coruñés David Perdomo parodia a unha peculiar personaxe. Este en concreto, aínda que non ten por que representar o que dixen, fíxome graza e pódese relacionar co tema que tratei dalgún modo. Convídovos a velo enteiro, e a opinar.


Alexandre Sueiro Paz, 2º B Bacharelato.=http://www.youtube.com/watch?v=_mwjfxYcmqI target=_blank class=tEnlac>Velo target=_blank class=tEnlac>Velo video.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-11-2013 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Google ficha a un neno griego de 12 anos
O mercado de inverno aínda non chegou e Google sorprende con esta fichaxe;un neno grego de 12 anos para incorporarlo ao seu equipo de programadores, onde traballará no deseño dunha nova rede social, un servidor para xogos en rede e un sistema de seguridade.
A Nikos Adam, que este ano comenzou a educación secundaria, descubrírono nunha feria internacional realizou unha brillante exposición sobre ataques cibernéticos. Tras comprobar os coñecementos de programación que ten Adam, que xa creara dúas aplicacións informáticas, Google falou cos seus pais para incorporarlo a súa plantilla. Agora Adam desarrolla diferentes programas para Google, entre ellos a web Tech is Social, unha nueva rede social. "Lanzarase en xaneiro de 2014 e será en grego. Funcionará de modo parecido a Facebook", afirmou o neno durante unha entrevista no canal Skaï. Ademáis, explicou que Tech is Social dará moita importancia á seguridade das comunicaciones. Outro dos programas que prepara Adam é un sistema de seguridade contra ataques de denegación de servicio (DoS attack) e nunha plataforma que permitirá xogar a xogos en rede sen necesidade de dispoñer dun servidor propio.
Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-11-2013 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Pisa da Castaña do Courel cumpre quince anos
A localidade de Froxán acollerá o 7 de decembro a décimo quinta edición da Festa da Pisa da Castaña do Courel, na que se recrea o proceso tradicional de preparación das castañas secas, un método que en tempos era habitual en toda Galicia. A festa incluirá por primeira vez un certame de pisadores que estará aberto a todos os visitantes que o desexen.

A pisa consiste en golpear repetidamente contra un madeiro un saco cheo de castañas que antes foron secadas con fume nun sequeiro durante certo tempo, entre quince e vinte días, co fin de desprender as cascas, un traballo que se debe facer entre dúas persoas. Rematada esta operación, as castañas sacódense nunha bandexa de gran tamaño chamada bandoxo para acabar de pelalas. O froito queda así preparado para consumilo ou para gardalo.

A exhibición etnográfica e gastronómica lévase a cabo nunha aldea restaurada integramente que dende o 2006 goza da categoría de ben de interese cultural. A festa promovida pola asociación Fonte do Milagre é a primeira de Galicia que se organizou co fin de recrear o sistema tradicional de conservación das castañas, e atrae todos os anos a un número cada vez maior de visitantes chegados de diferentes localidades galegas. Dende hai algún tempo tamén se celebra unha exhibición similar a esta no municipio ourensán de Parada do Sil.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
A lealdade dos animais non remata coa morte
Sempre se dixo que os cans son os animais máis fieis que existen. Proba diso é que é relativamente frecuente escoitar historias de como estas mascotas seguen ós seus propietarios ata hospitais, cando son ingresados, e se negan a abandonar as portas do recinto ata velos saír polo seu propio pé. Non obstante, a partir de agora, os cans van ter que comezar a compartir a súa fama cos gatos. Ou polo menos con Toldo, un pequeno felino italiano que dende hai dous anos vista a diario a tumba do seu dono.

Todo comezou en setembro de 2011, cando faleceu Renzo Iozzelli, un home de 71 anos que adoptara a Toldo dous anos antes, cando o mico contaba con tan só tres meses de idade.

O día do enterro de Iozzelli, Toldo decidiu seguir á comitiva fúnebre ata o cemiterio de Montagnana, unha pequena vila da Toscana italiana, feito ao que ninguén deu importancia, segundo contou a súa viúva ao diario «Correr Fiorentino». Non obstante, cando ao día seguinte acudiu ao camposanto acompañada da súa filla encontráronse con que o gato xa visitara a tumba do seu dono, onde depositara unha folla de acacia.

Dende entón, este felino gris e branco visitou practicamente a diario a lápida tras a que repousan os restos de Renzo Iozzelli, onde depositou toda clase de «regalos» que encontra no camiño que conduce da súa casa ata o cemiterio. Gallas, vasos de plástico, panos de papel ou calquera outro obxecto serve a Toldo para demostrar o seu cariño polo home que un día o rescatou das rúas.

A fidelidade de Toldo non só serviu para converter a este peculiar felino nunha pequena celebridade en Montagnana, senón que demostra unha vez máis que o amor e a lealdade dos animais non se remata coa morte.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
O Sergas quere despachar por teléfono once mil consultas ó día
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) pretende que a partir de agora os médicos de cabeceira despachen por teléfono entre un 15 e un 20 % de todas as consultas realizadas. O sistema poñerase en marcha este mesmo luns en todos os centros de saúde das catro provincias galegas, máis de 470, de acordo cos datos facilitados polo departamento dirixido por Rocío Mosquera.

Non obstante, ao longo do verán xa se probou en sete centros e resultou ser un ‘éxito’, segundo Alberto Núñez Feijóo, que onte informou da inminente extensión do método a Galicia enteira. Segundo el, o 93 % dos pacientes que probaron esta novidade calificaron a experiencia de «boa ou moi boa». «E ao 95 % pareceulles apropiado o tempo de consulta», engadiu o mandatario. Igualmente, 46 de cada 50 pacientes «manifestaron terlles quedado claras as indicacións recibidas».

Funcionará do siguiente modo: como se fose a requirir unha asistencia convencional, o paciente solicita cita telefónica co seu médico, facilita o seu número e acorda co operador data e hora. Posteriormente, no día e no momento fixados previamente, o doutor devólvelle a chamada. O portavoz de Sanidade asegura que o paciente terá que esperar o mesmo que no caso dunha consulta normal.

«É un modelo voluntario -defende Feijóo na súa intervención- que facilita e axiliza o acceso dos cidadáns á consulta dun médico e que, polo tanto, lles evita desprazamentos e esperas innecesarias». «Estamos a innovar un servizo que, de resultar operativo e satisfactorio como a experiencia piloto acredita, sen dúbida supoñerá unha mellora considerable na accesibilidade e rapidez das consultas», asegurou.

O sector opina basicamente o mesmo. Ou iso pódese entender do que conta Rosendo Bugarín, vogal do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, que considera a iniciativa «acertada». E apunta: «Con esta medida sistematízase algo que en certo modo xa se estaba a facer, dáselle soporte nas axendas, recoñécese un traballo non recoñecido e organízase o desorganizado». No se molla á hora de certificar se poderán ser atendidas por teléfono ou non ese 20 % do total de atencións que o Sergas se fixou como meta.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os galegos máis ricos acaparan o 19% dos ingresos e outros 390.000 viven na pobreza
O 20% dos galegos máis ricos acapara o 19% dos ingresos declarados en 2012, de acordo cos datos dos técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha), que elaboraron un informe sobre a desigualdade na crise, no que conclúen que 390.000 persoas viven por debaixo do umbral da pobreza na Comunidade.

O documento foi presentado no XIII Congreso Anual de Gestha, e neste recóllese a distancia entre o conxunto de España e os datos de Galicia. Así, no Estado, o 20% das persoas máis ricas acumula o 44% dos ingresos.

Estes datos, sinalaron os técnicos, poñen de manifesto a existencia "dun alto nivel de desigualdade social e económica en Galicia", onde o 20% dos declarantes máis pobres "só representa o 6,7% dos ingresos totais".

Ademais, Gestha apunta que o índice de Gini, que mide se a riqueza está ben repartida --o cero indica un sistema máis equitativo e o un, un máis desigual--, dá a España un rexistro de 0,32 puntos, "un nivel elevado" para un país que "teoricamente se atopa entre os máis desenvolvidos". O coeficiente "varía substancialmente" entre comunidades e en Galicia sitúase no 0,21, o cuarto valor máis baixo.

A brecha entre os contribuíntes máis ricos e "a grande maioría dos asalariados" creceu durante os anos da crise, ao mesmo tempo que se producía "un aumento espectacular das persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza".

Deste xeito, dende que se iniciou a crise, máis de 4.000 galegos pasaron a vivir por debaixo do umbral da pobreza e son xa 386.000, un 1% máis. Xesta considera que a cifra se mantivo máis estable que noutras comunidades porque a densidade de grandes patrimonios é "moito menor", o cal "non crea unha situación de disparidade co resto dos asalariados".

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xa estamos fartas de que nos agredan!

Este luns, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, foron numerosos os actos celebrados en diferentes localidades de toda a xeografía galega para clamar contra a violencia machista e para reclamar máis medios, sensibilizacición e recursos. Houbo concentracións, inicios de campañas e actos literarios que tiveron como centro a terrible lacra da violencia contra as mulleres. En Santiago a concentración tivo lugar na praza do Toural. As mulleres que acudiron, que portaban pancartas pedindo sensibilización e medios, berraron "Estamos fartas de sermos agredidas", "Estamos fartas de ser asasinadas", e tamén "Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia". Celebrouse un acto na Facultade de Xeografía e Historia no que se presentaron sete relatos curtos contra a violencia de xénero.

Foron abondosas as declaracións dos partidos políticos e de membros da Xunta. Estes últimos e o Partido Popular salientaron o seu compromiso na loita contra a lacra e aseguraron que no 2014 se manterán as axudas económicas que a Xunta concede a mulleres que sufriron violencia de xénero. A oposición, pola súa parte, criticou con dureza a política dos populares, a falta de recursos na axuda ás mulleres e o recorte presupostario nas partidas relacionadas coa tarefa de protexer as vítimas. Anova manifesta que o PP lexisla contra as mulleres, EU alerta de que as vítimas de violencia de xénero non teñen acceso a axudas polos recortes, o Bloque pide aumentar as achegas a mulleres maltratadas a 18 meses e o PSdeG denuncia axustes en materia de prevención de violencia de xénero.

Ano tras ano, os datos seguen sendo arrepiantes. Case 900 mulleres de Galicia contan con medidas de protección, unha cifra superior ás que dispuñan destas medidas no mesmo nivel do ano 2012. As denuncias mantéñense en termos xerais e alcanzaron as 2.552 no primeiro semestre aínda a pesar da crise económica que lles afecta especialmente ás mulleres que desexan emprender unha vida lonxe dos seus maltratadores.

Segundo os datos do Punto de Coordinación de Medidas de Protección da Xunta, a novembro había concedidas en Galicia 884 medidas de protección, das que 353 corresponden a Pontevedra, 345 á Coruña, 129 a Lugo e 57 a Ourense. A pesar de que as cifras se manteñen en termos xerais, a crise "está a afectar en maior medida ás mulleres vítimas de violencia de xénero", segundo explicou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a Europa Press.

"Temos datos e estudos que nos din que, efectivamente, a crise está a afectar", explicou a secretaria xeral, quen lembrou que na situación actual de paro hai moitas mulleres maltratadas que "dependen economicamente do seu agresor" e, ao mesmo tempo, "ten fillos", polo que "dar o paso é máis complicado". Con todo, Susana López Abella, quixo lembrar a estas vítimas que "hai medios" para saír da súa situación, e apostou polas axudas económicas que a Xunta concede ás mulleres que sufriron violencia de xénero, que manterán a súa contía en 2014. Desde a Xunta fálase de tarefas coordinadas cos concellos, a través da Fegamp, para atender da maneira máis próxima posible ás vítimas.

Susana López Abella sinalou que xa son 144 os concellos adscritos á Rede de Municipios contra a Violencia de Xénero e que, por tanto, contan cun equipo de psicóloga e avogada para asesorar ás mulleres que pidan axuda. A Xunta conta ademais cun servizo xurídico en liña que recibe "todo tipo de consultas" e que é atendido por letradas, así como os servizos adscritos ao teléfono da muller, que non deixa rastro na factura.

Beatriz Pereiras López, 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2013 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Diane Disney Miller
Diane Disney Miller, a filla maior de Walt Disney, faleceu onte aos 79 anos na súa casa de Napa, California; a súa morte foi debida a unha serie de complicacións derivadas dunha caída que sufrira en setembro.

Son momentos moi duros para a súa familia e atendendo a comunicados da compañía, ''Diane ocupa un lugar moi importante e particular na historia de Walt Disney Company e nos corazóns de fanáticos no mundo''. Explican que nunca esquecerán a súa xenerosidade, a súa graza, ou o seu infatigábel traballo para defender a herdanza do seu pai.

Diane desempeñou un papel moi importante na evolución de Disney, especialmente a través da inspiración que lle brindou ao seu pai para a creación dos parques temáticos Disney, os cales tiveron beneficios de 571 millóns de dólares o ano pasado, o que supuxo unha importante porcentaxe de ingresos da compañía. A filla maior de Walt Disney relatou o momento no que o seu pai tivo a idea de crear os parques temáticos da seguinte maneira: ''Levábame a min e a miña irmá Sharon ao carrusel no Parque Griffith e quedaba alí parado ata que nós decidiamos marchar. Mentres estaba quieto, el seguía pensando que tiña que haber máis actividades dispoñibles para que os pais e os fillos as fixeran xuntos, e así xurdiu a idea de Disneyland''.

Diane tamén foi importante na construción da Sala de Concertos Walt Disney, deseñada por Frank Gehry nos Ánxeles, e fundou o Museo da Familia Walt Disney, inaugurado no ano 2009 en San Francisco, como unha homenaxe ao legado da súa familia.

A morte desta nai de sete fillos supón o falecemento da última das irmás Disney, xa que a irmá menor de Diane, Sharon, morreu en 1993 de cancro.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-11-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal