Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Pavillón mantense na terceira plaza da máxima categoría do fútbol xuvenil español

O Pavillón mantense na terceira plaza da máxima categoría do fútbol xuvenil español ao impórse por un contundente 4-0 ao Rácing de Santander nun partido no que o Rácing tivo máis posesión de balón, sobre todo na primeira parte, mais no que a efectividades púxoa o equipo de Cándido Gómez nun comezo de segunda parte grandioso no que anotou tres goles en apenas 15 minutos de xogo. O Pavillón puido sorprender ao equipo santanderino na apertura do partido. Esteban e Guillermo plantáronse sos diante do meta Puras pero non lograron definir as súas clarísimas ocasións. A partires dese momento, o Pavillón cedeu terreo a un Rácing cun trato esquisito de balón pero que non era capaz de profundizar ante un equipo, o local, moi ben posicionado sobre o terreo de xogo. A única ocasión visitante, aínda que moi clara, foi un remate ao largueiro pasada a media hora. Aí rematou todo a impedimenta atacante visitante.
Como sucedera ao inicio da primeira parte, o Pavillón saiu no segundo acto a por todas. A diferencia respecto ao primeiro acto foi que si houbo acerto. En 15 minutos grandiosos, o Pavillón sentenciou: Viti logrou o 1-0 no minutos 47, e Karim anotou por partida doble no 57 e no 62, cando o seu equipo xa xogaba á contra ante un rival que adiantou lliñas á deseperada, mais incapaz de crear ocasións de perigo. Afesta goleadora foi pechada por Esteban, no minuto 80, cando o Pavillón xa estaba xogando cun xogador menos pola expulsión de Ocampo por dobre amarela. Ao final, 4-0.
FICHEIRO TÉCNICO
Pavillón Ourense: Diego, Vilachá, Martín, Vicente, Germán, Ocampo, Esteban (Noel, minuto 84), Adrián, Guillermo, Karim (Álex, minuto 82) e Roberto (Viti, minuto 46). Racing de Santander: Puras, Guillermo, Alfonso (Cristian, minuto 59), Héctor Calleja, Luguera, Rubén, Somavilla, Adrián, Jony (Héctor Alfonso, minuto 78), Miguel (Pedro, minuto 53) e Prada (Leandro, minuto 55).
Goles: 1-0, minuto 47: Viti. 2-0, m.57: Karim. 3-0, m.62: Karim. 4-0, m.80: Esteban.
Árbitro: José Ramón Jiménez Alberte (Ourense). Expulsou por dobre amarela ao local Ocampo (minuto 76), e amonestou nos visitantes a Guillermo e Luguera.
Incidencias: Partido da novena xornada na División de honor xuvenil disputado no estadio Miguel Ángel González.

Marta Dacal
2ºB-Bach
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-11-2012 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
O novo iPad mini chega a Xapón no medio dunha gran expectación

A nova tableta iPad mini de Apple, unha versión reducida do seu popular iPad, saíu á venda hoxe en Xapón no medio das tradicionais longas filas de espera e afeccionados disfrazados ás portas das tendas de Apple.

A enorme tenda da empresa norteamericana no luxoso barrio de Ginza da capital nipoa abriu as súas portas dúas horas antes do habitual para poder dar paso ás preto de 300 persoas que se mobilizaron ás portas, algunhas ata tras días de espera. O primeiro cliente en facerse co novo iPad mini en Tokio foi Tomoaki Watanabe, un mozo universitario de 20 anos da cidade de Nagoya, que chegou á tenda de Ginza o pasado luns, soportando á intemperie durante toda a semana a forte caída das temperaturas na capital. «É máis lixeiro do que imaxinaba», afirmou Watanabe, que adiantou que o primeiro que ía facer era pór en marcha o seu flamante tableta para «twittear» o seu logro, segundo detallou o diario Mainichi.

Con apenas 308 gramos, case a metade que a súa «irmá maior», o novo iPad mini é ademais un 20 % máis fino que o anterior modelo ao contar con tan só 7,2 milímetros de grosor. Dotado dunha pantalla táctil de 7,9 polgadas, o iPad mini chega ao mercado para ampliar as súas opcións no prolífico mercado das tabletas, chamado a vender en todo o mundo preto de 100 millóns de unidades no 2012.

O seu maior portabilidad, que non supón renunciar á potencia do resto de modelos, servirá a Apple para entrar en competencia directa con tabletas de tamaños similares como Kindle Fire HD e Google Nexus 7, uns dispositivos cuxo tamaño máis manexables atraeu a millóns de consumidores. En Xapón, a tableta de Amazon, chegará en decembro, mentres que a de Google está xa dispoñible a uns prezos de 15.800 e 19.800 yenes (152 e 190 euros), respectivamente.

O sector das tabletas en Xapón domínao Apple cun 57 % de cota de mercado, seguido de Sony cun 10 por cento, segundo o analista BCN.

Dispoñible en branco e negro, a tableta mini de Apple chegou a Xapón na súa versión wifi a un prezo que parte dos 28.800 yenes (uns 277 euros) da súa versión básica de 16 gigas de memoria interna. A finais de novembro chegarán as versións con conexións a redes LTE (4G) a través dos operadores Softbank e, por primeira vez, KDDI, desde os 39.800 yenes (uns 374 euros) do seu modelo básico.


Noelia Fernández Paradela
2ºB BACH
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2012 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
A ONU investiga a matanza de soldados en Siria
A ONU asegurou onte que analizará a veracidade do vídeo amosando a execución de soldados sirios por membros das forzas rebeldes e considerou que, se esta quedase confirmada, sería un novo acto que equivale a un crime de guerra.

"Como outros vídeos deste tipo é difícil comprobar inmediatamente, en termos de localización e das persoas implicadas. Imos analiza-lo con coidado, pero as alegacións indican que estes (as vítimas) eran soldados e non -combatentes ", dixo o portavoz do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos, Rupert Colville, engadindo que" neste sentido, parece ser un crime guerra ... outro ", dixo.

Dende Londres, a Amnistía Internacional (AI) condenou o vídeo subido á rede onte,onde o grupo armado sirio aparentemente realiza a execución sumaria de soldados do goberno baixo a súa custodia.

Segundo a AI, as imaxes foron tomadas na provincia siria de Idlib e amosa como dez homes, presuntamente membros das forzas de seguridade, son golpeados antes de ser disparados por membros dun grupo armado.

Amnistía, con sede en Londres, dixo nunha nota difundida que se descoñece cantos homes morreron no incidente, pero as ONGs sirias indicaron que polo menos 28 foron mortos.

En declaracións á prensa, Colville engadiu que "este podería ser outra da serie de execucións sumarias, ben documentadas por forzas do goberno, forzas a elas asociadas (milicia Shabiha), e polas forzas da oposición ".

El reiterou a petición das Nacións Unidas para que as forzas envoltas no conflito sirio cumpran as "normas de respecto humanitario e do dereito internacional."

Tamén insistiu en que os crimes que teñen lugar desde o inicio do conflito en Siria, máis de un ano e medio, non quedarán impunes.


Magdalena Sepa 2ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os galegos recuperamos o xornal “A Nosa Terra”.

Un grupo de mozos ourensáns impulsan un semanario dixital co nome do histórico xornal galeguista.

O pasado xoves, abría as portas o novo semanario dixital A Nosa Terra, integramente escrito en galego e asentado sobre os piares do galeguismo.
Esta iniciativa ben promovida por un grupo de bachareles ourensáns, estudantes do Colexio Plurilingue Divina Pastora, que ante a situación de aldraxe que vive o xornalismo galego, impulsaron este proxecto.
A Nosa Terra que fora fundado no 1902, e no que participaran membros das Irmandades da Fala e do grupo Nós como Castelao ou Risco,tivo 104 anos de historia, pero foi no ano 2011 cando tivo que pechar pola falta de axuda e desinterese da Xunta de Galicia.
Agora nace un novo semanario que leva este honroso nome, co propósito de reactivar o xornalismo en galego, e mostrar que a mocidade galega ten un férreo compromiso coa lingua e coa cultura de Galicia, e un gran interese polo seu arredor.
Nel oito xornalistas principiantes falaramnos de actualidade, lingua, cultura, literatura, deportes, entre outras cousas.
Ademais conta cun portal de Cartas o Director, aberto a cidadanía, onde o lector poderá opinar e deixar as súas propostas.

Serxio María Rodríguez Álvarez.
Equipo de redacción de A Nosa Terra, semanario dixital.
A Nosa Terra.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-11-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Música dende outra dimensión.
Despois de 39 anos nos escenarios o grupo de rock estadounidense Aerosmith sacará á venta o seu novo disco "Music From Another Dimension".
O primeiro tema extraído do disco é "Legendary Child", unha canción que semilla rock alternativo mesturado con rock duro, sen olvidar ese clásico ritmo funky que Mr. Tyler e compañía levan utilizando dende os seus comezos no ano 1973.
Este disco conterá 15 pistas en total, sumando como curiosidade a participación de Johny Depp como voz secundaria na canción "Freddom Fighter", a aparición de Julian Lennon (fillo do mesmo John Lennon) como coro en "LUV XXX" e o dueto de Tyler coa cantante country norteamericana Carry Underwood en "Can´t Stop Loving You".
Os "Rapaces Malos De Boston" sacan este, o seu décimo quinto traballo de estudo tras 8 anos de inactividade, xa queda lonxe aquel disco de versións de blues chamado "Honkin' On Bobo" do ano 2004 e aínda máis alá queda o seu último disco con material orixinal "Just Push Play" que data do 2001.
Cunha portada basada nos vellos clásicos da ciencia-ficción, este lendario grupo de rock intentará volver ás listas de éxitos nas que non está dende o ano 1998 cando alcanzara o cume das listas estadounidenses, australianas, alemás e italianas coa balada "I Don´t Want To Miss A Thing", pertencente á banda sonora da película Armaggedon, protagonizada por Liv Tyler, filla do mesmo Steven Tyler, vocalista e líder do grupo.
O traballo sairá á venta o vindeiro 6 de novembro en formato físico e dixital, despois do evento especúlase sobre unha posible xira mundial do grupo, quizais pase polo noso país e podamos disfrutar en directo dunha das bandas máis exitosas dos últimos 40 anos, so quizais.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Nas estradas galegas faleceron en outubro 12 persoas, a mesma cifra que o mes anterior
A sinestralidade viaria diminuíu un 15 por cento ata outubro en Galicia, en comparación cos datos dos 10 primeiros meses do ano anterior.

Segundo o balance de accidentes mortaisrexistrados ata outubronas estradas galegas que remitiu este venres a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), producíronse en Galicia 101 accidentes, fronteaos 119 do mesmo período do ano anterior, todos eles en estrada.

Por provincias, Ourense foi a que rexistrouunhamaior diminución --do 50 por cento--, ao pasar de 20 sinistros a 10. Polasúa banda, en Lugo os accidentes baixaron de 27 a 20, un 25,93 por cento menos; en A Coruña pasaron de 41 a 37, un 9,76 por cento menos; e en Pontevedra baixaron de 31 a 34, un 9,68 por cento menos.

En canto ásvítimasmortaisrexistradas no mes de outubro, os datos da DGT evidencian que nas estradas galegas faleceron 12 persoas en nove accidentes, a mesma cifra que o mes anterior.

Destas, cinco foron en A Coruña, que aumentou o seu número de falecidosnun 66 por cento con respecto aomesmo mes do ano anterior. Así mesmo, en Lugo, que pasou de tres falecidos en outubro de 2011 a un no décimo mes de 2010, o índice caeu un 66 por cento. Coas mesmas cifras que o ano anterior se manteñen Pontevedra, con catrovítimasmortais; e Ourense, con dous.

Segundo os datos da DGT, ningún dos falecidos o mes pasado era menor de 35 anos de idade. Así, dous das vítimas tiñan entre 36 e 45 anos, catro entre 56 e 65 anos e seis de máis de 65 anos.


Jorge Vázquez 2º A

Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
“Día de Nós”.
Terceira conmemoración desta festa cívico cultural na vila auriense.

En 2010 o Concello de Ourense, co gallo de se cumprir daquela o noventa aniversario da publicación da revista “NÓS” declarou o 30 de outubro “festa local de interese cívico cultural” na cidade das Burgas.
Tal fito anual apunta a outro final: conmemorar en 2020 o centenario da revista “Nós” como grande conmemoración da Galeguidade mundial, un evento galeguista que arelamos cumíe, entre outras iniciativas coa celebración dun magno Congreso Global da Cultura Galega, no que participen tódolos sectores concernidos, así da Terra como da Diáspora.
Alén de relicario das esencias patrias como moitos propalan, a revista “Nós”, foi en realidade a primeira enciclopedia científica das Humanidades de Galicia, escrita en lingua galega. O “Día de Nós” xorde como unha homenaxe memorialista e revitalista do patrimonio identitario.
Apertados este ideario de compromiso os membros da “Asociación proCentenario de Nós 2020” instaron a cidadanía o antergo día trinta de outubro a participaren pola mañá nos Xardíns da Praza do Pai Feijóo, da lectura pública da revista, sendo mantedor Uxío Novoneira, e como lectores convidados o Grupo Sarabela Teatro da cidade das pontes.
Fíxose constar a lectura do “Manifesto Ourense 2020”, no que se prega a Ourense como capital galega da Literatura e procandidata a capital europea da Cultura. Neste acto comenzou a campaña de recolleita de sinaturas a prol deste manifesto, pechouse o acto co himno nacional galego acompañado dun gaiteiro.
Pola tarde no Camposanto de San Francisco realizouse unha ofrenda cívica ós escritores e artistas ourensáns.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
ApCNós 2020
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-11-2012 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
De volta ós inicios.
O fundador de Megaupload lanzará o 19 de xaneiro un novo portal con «espazo ilimitado para a túa música».

Esta nova quizais non está tendo o correspondente seguimento mediático por varios motivos (política ,economía ,crise,sociedade,etc…) pero que ten unha gran importancia na Internet.
Dotcom(o fundador de Megaupload), que se atopa en liberdade condicional en Nova Zelanda a espera do inicio o próximo marzo do seu xuizo de extradición a Estados Unidos que o acusa de piratería informática e entre outros delitos, acaba de crear unha conta na rede social Facebook para o seu novo portal «Megabox».

«Aquí está o novo Megabox» con «espacio ilimitado para a túa música», anunciou Dotcom nas imaxes subidas a Facebook xunto á premisa de que o novo servicio será «gratis, fácil e legal». O pasado venres, o informático alemán anunciaba en Twitter o lanzamento do «novo Mega» xusto cando se cumpra o aniversario da redada na súa residencia que terminou co seu arresto.
O propio Dotcom tamén publicou unha foto aérea da mansión situada ás aforas da cidade de Auckland, donde foi detido xunto a outros tres informáticos de Megaupload o 19 de xaneiro pasado (20 en Nueva Zelanda) en este operativo que tamén incluiu detencións en Europa, o peche do portal, a confiscación dos seus bens e a conxelación das súas contas.

«Aquí é onde Megaupload naceu e donde Megabox nacerá», agregou o informático de 38 anos na súa conta de Facebook, mentras que hoxe en Twitter, Dotcom pregúntase se esta mansión convertirase nun «museo Mega en 2052».Dotcom anunciou o mes pasado que avanzou un 90 % no seu novo portal e crese que incluirá un servizo de distribución de música como o portal Spotify, que permitirá aos usuarios subir temas musicais e vendelos directamente aos usuarios, según o diario «3News».

Porén, o lanzamento de Megabox podería por en perigo a liberdade condicional de Dotcom ou podería abrir a porta para que se lle acuse de novos cargos.Estados Unidos acusa a Megaupload de ter causado máis de 500 millóns de dólares en pérdidas á industria do cine e á da música ao transgredir os dereitos dos autores e obter con eles beneficios de até 175 millóns de dólares.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-11-2012 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
O título da Fórmula 1, é cousa de dous.
O campionato mundial da Fórmula 1 chega as últimas carreiras
do calendario, con Sebastian Vettel a cabeza con 240 puntos e
perseguido por Fernando Alonso con 22 puntos. Debido a que os
demais pilotos están moi afastados no mundial, a falta de 3
carreiras, estes dous pilotos pelexarán polo campionato. A notabel
superioridade da escudería Red Bull, fai moi complicada a victoria
do piloto de Ferrari. A seguinte carreira é Yas Marina, o cal é un
circuito máis favorabel para Red Bull, aínda que na Fórmula 1, nunca
se sabe…
O equipo Ferrari levará melloras a Yas Marina, que esperan
que sexan suficientes para conseguir quedar por diante de Vettel e
conseguir liderar o mundial outra vez.
A pelexa non só é no mundial de pilotos, senon tamén no
mundial de construtores. Na cabeza vai Red Bull con 407 puntos,
seguido por Ferrari con 316 puntos, e en terceira posición, Maclaren
con 306 puntos. A loita destes dous últimos non só é por a segunda
plaza na clasificación, senon que é una loita de moitos millóns de
euros. Grazas a resurrección de Felipe Massa, Ferrari pode loitar
tamén polo título de construtores. Quedan unhas apaixoantes
carreiras que decidirán os dous mundiais.

Esteban Gómez Cerdeira, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
A crise dispara a obesidade.
A dieta equilibrada resulta demasiada cara para os consumidores que buscan encherse a menor prezo.
A crise económica disparou os casos de obesidade a nivel mundial, xa que empuxou aos consumidores de moitos países a buscar produtos máis baratos e, por conseguinte, menos nutritivos.
Esta é unha das conclusións que se desprenden do informe "Xeración XXL", elaborado pola compañía IPSOS -especializada en identificar as condutas, actitudes e opinións da sociedade- que realizou en España e outros 84 países a partir de diferentes enquisas e informacións de institucións públicas.
O principal factor para mellorar o benestar persoal dos encuestados a nivel mundial pasa por ter unha sólida economía no seu país (89 %), por encima doutros factores "a priori" máis importantes como pode ser comer mellor (81 %), facer máis exercicio (77 %) ou perder peso, sinalado por só o 60 %.
No caso de España, case a totalidade da poboación (95 %) confirma este factor, situándose á cabeza de todos os países europeos, moi por encima da media global.
O 64 % da poboación mundial, segundo despréndese dos datos do informe, cre que é necesario "vivir mellor", aínda que o 79 % apunta que é algo que hoxe en día se converteu en máis difícil que nunca.
A porcentaxe alcanza o 83 % da poboación no caso de España . Neste aspecto, existen grandes diferenzas entre países; así, por unha banda, Indonesia, Chinesa e Brasil contan coa porcentaxe máis alta de xente que loita por mellorar as súas condicións e hábitos vitais, mentres que os europeos, sobre todo Alemania, Gran Bretaña e Suecia atópanse no extremo contrario.
A obesidade é un dos problemas de saúde máis importante do século XXI e así o evidencian estes datos: o 65 % da poboación mundial vive en países onde morre máis xente por enfermidades relacionadas coa obesidade que coa malnutrición.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal