Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xornalista Xosé Manuel Pereiro presenta en Santiago o libro 'Prestige, tal como foi, tal como fomos'
Narra a crónica dese desastre, do que aconteceu "desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe"
O xornalista Xosé Manuel Pereiro fará unha presentación do seu libro 'Prestige. Tal como foi, tal como fomos' este xoves, día 15, ás 19:30 horas no restaurante Dezaseis da compostelá rúa de San Pedro. Estará acompañado de Xosé Hermida e Miguel de Lira.
En novembro de 2002 a sociedade galega sofre unha devastadora catástrofe que provoca, en palabras do autor, un "cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio" dos galegos. A ausencia de Estado diante do afundimento do Prestige cóbrese cunha marea branca de voluntarios que limparon as costas galegas de chapapote e de indolencia política.
'Prestige, tal como foi, tal como fomos', segundo título da colección xornalistas, narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe.
É o relato daqueles días, da galería de personaxes e protagonistas da traxedia, e de como nos comportamos como sociedade diante do desastre. Mudaron algo as cousas 10 anos despois? Xulguen vostedes. Mais o que si quedou claro é o desexo doutra Galicia posible. A sociedade simplemente agarda que os representantes políticos sintonicen a súa frecuencia. En 'Prestige. Tal como foi, tal como fomos', Xosé Manuel Pereiro retrata o acontecido desque o Prestige entrou nas nosas vidas ata que emporcou as nosas costas, nunha emocionante reportaxe na que o lector recoñecerá o seu habitual humor e enxeño. Unha mirada indispensable para entender por que a sociedade galega segue a berrarlle ao mundo "Nunca Máis!".
En palabras do autor: "Este é o país que hai. O Prestige foi unha traxedia, pero deunos unha das poucas oportunidades que aproveitamos para demostrar que podemos ter dignidade. Que se queremos, ou se cadra, podemos ser algo máis e mellor do que somos.
A meirande marea negra da historia de Galicia provocou un cambio de mentalidade. Un trastorno social transitorio. Se non foi a máis debeuse a que a clase política que debería facelo seu, non o fixo. As forzas de esquerda por falta de ambición, exceso de conservadorismo ou medo a perder o posto. As de dereitas, polo mesmo, e porque as faccións máis reaccionarias se deron conta de que este anaco de mundo quería coller o temón para mudar un chisco o rumbo, e actuou en consecuencia.
Por esa razón neste libro non descubro as claves de nada, e o editor mentirá se pon iso na contraportada, porque do Prestige todo se sabe, ou sábese o que se pode saber, e o que queda é que se determinen as responsabilidades, na medida en que un xuízo as pode determinar, que neste caso é case nada. O que si intento é facer un retrato daqueles días. Eses retallos da vida que pasan en 20 segundos, pero en longo, e por escrito, que é do que máis ou menos sei."


Isabel Férnandez
2ºBach-B
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-11-2012 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica en Ourense
Os traballos que foron seleccionados entre máis de 900 traballos na novena edición do premio bienal Purificación García son expostos dende onte ata o 16 de decembro, no Centro Cultural do Concello de Ourense.
Esta é unha mostra composta de 17 traballos fotográficos que, subliñou a xefa de comunicación e proxectos culturais, Rosana Agrelo, 'presentou artistas de Portugal e España, que é un privilexio ". Agrelo dixo tamén, 'somos un dos maiores certames fotográficos con maior dotación económica '. Así, o primeiro premio de 15.000 euros, foi para Regina de Miguel, polo seu traballo "Unha verdade efecto", o segundo premio é de 12.000 euros, liderados por 'Un Lugar ' de Jaime de la Jara e o terceiro - 10.000 €, foi atribuído a Zoe T. Vizcaino, polo seu traballo "Saltstraumen Maelstrom", en definitiva "tres exemplos claros de calidade de novos artistas españois”, dixo Agrelo.

Mentres tanto, Purificación García salientou o seu compromiso "para continuar a apoiar a cultura e para dar continuidade ao proxecto, que comezou hai nove anos." O presidente do consello de Ourense, Manuel Baltar, tamén participou na presentación da exposición, que salientou "o compromiso coa innovación e a calidade que representan tamén as máximas de Purificación García, do seu proxecto e da súa traxectoria '.


Magdalena Sepa Vázquez 2º A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2012 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
O escritor español Fernando Savater gaña o Premio Octavio Paz
O escritor, ensaísta e filósofo español Fernando Savater (1947) é o gañador da décima edición do Premio Internacional de Poesía e Ensaio Octavio Paz, que concede a Fundación Amigos de Octavio Paz.

"Fixo da filosofía unha meditación cotiá, incisiva, amable, posta ao servizo dos lectores a través do artigo xornalístico e do ensaio breve, xéneros nos cales é un mestre," indica o comunicado da fundación presidida pola señora Marie-Jo Paz, viúva do ensaísta mexicano.

Así mesmo, esta distinción é un recoñecemento á traxectoria intelectual e cívica de Savater, tanto pola súa extraordinaria variedade coma pola forma en que se dedicou a defender vigorosamente o papel da decisión ética na vida privada e na praza pública.

O xurado estivo integrado por Enrique Krauze, Hugo Hiriart, Christopher Domínguez Michael, Ida Vitale e Aurelio Asiain. O galardón, dotado con 100 mil dólares, será entregado na cidade de México o 31 de marzo de 2013, aniversario do nacemento de Octavio Paz.

Savater é autor de libros como El Jardín de las Dudas (1993), El Valor de Educar (1997), Ética Para Amador (1991), La Hermandad de la Buena Suerte (2008), Los Diez Mandamientos del Siglo XXI (2004), Política Para Amador (1992), e Sobre Vivir (1983); pero o máis recoñecíbel do autor é sen dúbida as súas citas coma "O segredo da felicidade é ter gustos sinxelos e unha mente complexa, o problema é que a miúdo a mente é sinxela e os gustos son complexos" ou "as linguas teñen dous grandes inimigos, os que as impoñen e os que as prohiben."


Alba Salgado Parente, 2º A Bach
Web sobre o filósofo
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2012 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Stop desafiuzamentos.
A Asociación Española de Banca (AEB) anunciou o compromiso dos seus socios de paralizar os desafiuzamentos, durante os dous vindeiros anos “naqueles casos nos que concurran circunstancias de extremas necesidades”.
As entidades financieiras asociadas a Confederación Española de Caixa de Aforros CECA, decidiron unirse a esta iniciativa.
Os desafiuzamentos téñense convertido nun problema de primeira magnitude, como consecuencia da crise económica que atravesa a nosa sociedade, con milleiros de persoas incapaces de facer fronte ós pagos da súas hipotecas, o quedar en situación de desemprego.
Dende o comezo da crise, fai adestora catro anos, máis de 350.000 familias quedaron sen fogar.
O goberno español, e o PSOE tiveron esta semana varias reunións para buscaren unha solución. A faísca que prendeu o lume para chegaren a consolidar estas xuntanzas, foi o suicidio da exconcelleira socialista de Baracaldo, Amalia Egaña que denantes de ser desafiuzada decidiu rematar coa súa vida.
Estas reunións tiveron como fruto un novo Decreto, que non vai a supoñer unha modificación das leis que hoxe regulan as execucións hipotecarias, porén o que vai a facer, é unha moratoria no efecto final destas leis, por un prazo de dous anos, e para as familias máis vulnerabeis.
Estas familias deben de cumprir unha xeira de condicións, deben de ser familias nas que os ingresos totais dos seus membros non superen máis de 1.597 euros ó mes, o que supón 19.200 euros ó ano; ademais non deben de posuir máis vivendas en propiedade, que a do obxecto do desafiuzamento.
Alén desto deberán de cumprir algunha das características que de contado se amosan:
Seren familias numerosas ou monoparentais con dous fillos a cargo, ou familias cun neno menor de tres anos, ou familias con algún membro con discapacidade.
Porén estas medidas non serán de carácter retroactivo e non haberá “dación” en pago, ou o que é o mesmo, a débeda e os réditos terán que ser devoltos.
A grandes rasgos esta é a filosofía das novas medidas aprobadas.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
A Nosa Terra.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Arresto domiciliario e vive nun coche...
A Casimiro Sobrado Fernández o Xulgado de Xinzo obrígalle a estar localizable no seu domicilio tres meses e medio, a razón de quince días por mes. Sobrado non ten casa, malvive nun destartalado Land Rover, na nave do recinto feiral de gando. O vehículo é o seu dormitorio e armario. Ao carón, a cociña, con caixas e fogueira. Por ducha, unha mangueira de auga fría. O chan, cemento mollado, e a poucos metros, o floco local. Esta condena, explica Casimiro Sobrado, deriva dunha noite, no 2009, cando este home natural de Rodeiro (Pontevedra) volvía a casa cun amigo, dunha discoteca pontevedresa. «Parounos a policía na Estrada para un control. Como o compañeiro sangraba polo nariz, seguín. Eu bebera cubatas. Multáronnos e non paguei». «Os primeiros quince días de mes vén a Garda Civil pero teño que saír a comer».

Casimiro quere irse a un piso. «Cobro 384,90 euros e díxenlle á asistente social que podo pagar cen, porque se non, non como. Non me dan solución e teño que marchar de aquí». Casimiro non traballa. Non pode facelo na construción por problemas de saúde: a súa perna dereita está afectada por problemas de circulación.


Julián Rey Pérez (2º BACH A)
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-11-2012 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Voluntarios que limparonpraias no desastre do 'Prestige' temen que a catástrofe se repita
Voluntarios que colaboraron na limpeza das praias tras a catástrofe marítima do 'Prestige' temen que un sinistro similar poida volver repetirse e din ter unha sensación "agridoce", ante as súas dúbidas sobre a existencia das medidas necesarias para evitar que algo semellante poida suceder.
Así o manifestaron, en declaracións a Europa Press, algunhas das persoas que participaron na limpeza da costa. Un de eles, Tito Soto, recorda esa etapa como un momento "moi bonito" e subliña que "se fixo moito traballo".

Non obstante, admite que non conseguiron todo o que querían. "Estamos moi lonxe do que sería necesario", engade en relación á dotación de medios e plans de continxencia.

Por iso, afirma sentir unha sensación "contraditoria" tras participar na limpeza das praias na Costa da Morte e tamén dirixidounha cuadrilla de Tragsa, a empresa de limpeza contratada pola Xunta.

Tito Soto destaca a ampla participación de voluntarios, pero tamén lamenta a actitude dunha parte da sociedade "que non era consciente da gravidade", recalca. Así, insiste en que un sinistro similar "podería volver pasar e agora non habería esas axudas", engade en relación ás compensacións económicas que houbo entón para o sector.

"ACTO DE REBELDÍA"

Nos mesmos termos, maniféstase José Luis Castro Baleato, que coordinou a través da Federación Ecoloxista Galega (FEG) o labor da xente encargada, entre outras actuacións, da recollida das aves afectadas.

"Todo o que fixo o voluntariado foi moito, pero o máis importante é o símbolo de que non había nada e houbo que botarse ás praias", sinala. Por iso, cualifica a participación do voluntariado como un "acto de rebeldía".

"Aínda que tecnicamente había uns plans de continxencia, ou estaban só no papel ou ninguén se atreveu a executalos", engade. Ademais, mostra as súas dúbidas sobre a "capacidade" de resposta en caso doutro sinistro similar. "Desconfío moito", sentenza.

Jorge Vázquez Docarme 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-11-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Nova aportación galega nun estudo sobre a enfermidade de Von Willebrand
Un grupo de pacientes galegos afectados pola enfermidade de Von Willebrand, o trastorno hemorráxico máis común no mundo xa que afecta a un 2 por cento da poboación, participa nun estudo «pioneiro a nivel mundial» sobre esta patoloxía.

Segundo explicou este sábado o xefe do Servizo de Hematología e Hemoterapia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Javier Batlle, un dos responsables do proxecto, o síntoma máis frecuente da enfermidade de Von Willebrand é o sangrado por mucosas, por exemplo ao cepillarse os dentes, polo nariz ou por pequenas feridas.

«Evidentemente, se tiveron unha intervención cirúrxica, estes pacientes sangran máis e o cirurxián detecta enseguida que algo vai mal», sinala.

Este experto advirte de que hai moitos pacientes que non saben que teñen Von Willebrand porque, «afortunadamente, non sufriron o que se coñece como un desafío hemostático» como consecuencia dunha intervención cirúrxica ou un sangrado por mor dun traumatismo como un accidente de coche.

O xefe do Servizo de HematoloXía e Hemoterapia do CHUAC explicou que Galicia e Valencia son comunidades de referencia neste estudo que consta de dous partes e que deu os seus primeiros pasos hai dous anos.

A primeira fase consiste no «tipaje sobre a proteína e as súas valoracións funcionais», e a segunda consta dun «exhaustivo estudo xenético do factor que provoca a enfermidade».

Neste momento xa hai case 600 pacientes de toda España que se van beneficiar deste traballo centralizado que, segundo sinala Batlle, «está a ser moi custoso tanto para os centros que recrutan como para os laboratorios que están a participar».

O obxectivo é caracterizar a enfermidade cunha batería de probas que son caras, complexas e que requiren experiencia», sinala este experto.

Ademais, vaise facer un estudo xenético completo do factor Von Willebrand, un perfil que nunca antes se fixo, e que levará a cabo no Banco de Tecidos e Sangue de Barcelona.

Neste estudo aplicarase unha nova metodoloxía que permitirá abaratar custos e ao mesmo tempo estender o traballo a todo o xene do factor Von Willebrand.

O doutor Batlle explicou este sábado os pormenores da enfermidade no transcurso do Curso de Formación en Hemofilia organizado pola Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo), da que foi director técnico.
Neste sentido, sinalou que a incidencia da enfermidade en Galicia é moi similar á do resto de comunidades autónomas, xa que «a pesar de que podería pensarse o contrario, porque Galicia viviu unha época moi pechada a nivel xeográfico e isto podía traducirse nunha gran consanguinidad, finalmente non foi así».

Para o responsable de Hematología do Complexo Hospitalario da Coruña, a hemofilia e o Von Willebrand teñen unha estreita relación aínda que, ao mesmo tempo, son patoloxías completamente distintas.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cuerda e Rivas retratan a Galicia dos oitenta en 'Todo es silencio'

O cineasta José Luís Cuerda considera que o seu último traballo Todo es silencio, baseado na novela homónima de Manuel Rivas, é unha película "grande" que "sorbeu da sublime literatura" do escritor galego.

"Dígoo con absoluto orgullo, porque é moi difícil ver hoxe unha película que trate a cantidade de asuntos que trata esta e coa profundidade que o fai", sinalou o director durante unha rolda de prensa ofrecida hoxe na Coruña, onde presentou a cinta.

Cuerda non escatimou eloxios para Rivas -unha "bendición" para Galicia-, quen, pola súa banda, aproveitou a súa comparecencia na rolda de prensa para "reivindicar" a obra do director albaceteño.

Ademais, Rivas, que destacou o traballo de Cuerda na adaptación da súa historia, afirmou que nunca se rodou mellor o mar nunha película española" que en Todo es silencio, ata converterse nun personaxe máis.

Cuerda rodou Todo es silencio en Galicia e na súa undécima longametraxe repite colaboración con Rivas, autor do guión, para dar vida a un pobo rendido ao narcotráfico pero pondo por encima deste problema a uns personaxes que aínda "cren nos seus semellantes".

Para Cuerda, esta película é unha historia de amor cun fondo de ''romanticismo'' que trata de recrear a supervivencia de todo un pobo e a súa rendición ao narcotráfico, polo que o director entende que Todo es silencio será especialmente ben entendida en Galicia.

COMPLEXIDADE DOS PERSONAXES
O autor de Los girasoles ciegos, A lingua das bolboretas, O bosque animado ou Amanece que no es poco afirmou que nunca rodou unha película cuxos personaxes sexan tan "complexos" e "poliédricos" que teñan tatos matices.

Nesta película, explicou, non están moi claras as razóns polas que se fan as cousas porque os personaxes esconden moitos segredos.

Manuel Rivas comezou a escritura de Todo es silencio por encargo do produtor Gerardo Herrero, aínda que finalmente saíu primeiro como novela.

Nela, o autor de O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal aborda o narcotráfico e as redes de contrabando que operan na costa atlántica española e que acaban por controlar a vida dos pobos nos que recalan sen que os seus habitantes queiran saber o que pasa ao o seu ao redor.

Os principais papeis encárnanos Miguel Ángel Silvestre e Quim Gutiérrez, que dan vida na pantalla a dous amigos da infancia, e a galega Celia Freijeiro, xunto a Juan Diego como o corrupto capo da droga Mariscal.

Miguel Ángel Silvestre e Celia Freijeiro participaron hoxe na presentación da película e destacaron o bo facer de Cuerda para alumar unha longametraxe que a actriz cualifica de ''belísima".

A acción de Todo es silencio sitúase a finais dos anos oitenta do pasado século e está producida por Tornasol films coa participación de TVE, Canal+ e TVG.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
O CONCELLO DE OURENSE AXUDARÁ NOS COMEDORES ESCOLARES A NENOS CON DISCAPACIDADE

Os comedores escolares custarán este ano ás familias tres euros, cinco céntimos máis que o pasado curso, como consecuencia da subida do IVE. A Foanpas (Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos) seguirá prestando este servizo a 32 centros públicos da cidade. Realizarao, como ata agora, por medio de cátering, que suporá 4,20 euros por menú. A diferenza cos tres euros que pagarán as familias as cales accedan a admitir a axuda do Concello e a Xunta. Aínda que, co primeiro xa se subscribiu un convenio, a Foanpas aínda está pendente da axuda da Xunta, que este ano se atrasa.

Os pais de alumnos con dificultades económicas seguirán gozando deste servizo de forma gratuíta grazas á subvención das administracións. Na actualidade a Foanpas realiza unha sondaxe nos centros de ensino de Vigo para coñecer as necesidades existentes neste curso, tanto no que se refire a comedores como á adquisición de libros e material escolar.

O Concello convoca este ano 4.310 bolsas para comedores e 571 para a adquisición de libros. Ademais, o Concello decidiu colaborar con 10.000 euros no mantemento dos gastos que teñen as asociacións de pais nas que hai nenos con necesidades especiais para manter aos monitores de apoio en comedores escolares. A petición, realizada pola federación provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos Públicos, inclúe a alumnos na etapa de Infantil e Primaria. Trátase de escolares que non son autónomos para comer sós e necesitan o apoio dun adulto para actividades básicas como a alimentación ou o aseo.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-11-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cónxuxe A e cónxuxe B

O voceiro do Vaticano, Federico Lombardi, cualificou de "preocupante" a decisión do Tribunal Constitucional español de rexeitar o recurso contra a lei do matrimonio homosexual e lamentou que nos países occidentais existe unha tendencia a modificar "a visión clásica do matrimonio".

"Nos últimos días rexistráronse tres acontecementos preocupantes no que se refire á lexislación sobre o matrimonio", observou Lombardi nun editorial publicado na última edición de Octava Dies, o semanal informativo do Centro Televisivo Vaticano.

Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de conservar "unha visión da persoa e das relacións humanas nas que o recoñecemento público do matrimonio público monógamo entre home e muller sexan unha conquista da civilización. Se non, ¿por que non se contempla tamén a poligamia libremente escollida?"

Entre eses acontecementos preocupantes, o voceiro vaticano indica o fallo emitido polo Constitucional español do pasado 6 de outubro co que avalou a legalidade do matrimonio homosexual e rexeitou o recurso que o Partido Popular presentou hai sete anos contra esta norma que regula as unións entre persoas do mesmo sexo.

"En España o Tribunal Constitucional rexeitou un recurso contra a lei actual, que exclúe toda referencia á diferenza entre o home e a muller e fala simplemente de cónxuxe A e B", aseverou Lombardi.

Así mesmo, o voceiro vaticano referiuse á decisión do Goberno francés de presentar un proxecto de lei "para a transformación do matrimonio, de modo que inclúa o matrimonio homosexual".

"En Estados Unidos, algúns dos referendos celebrados á vez que as eleccións presidenciais en diferentes estados arroxaron, por primeira vez, un resultado favorable ao matrimonio homosexual", agregou.

Por todo iso, concluíu Lombardi, "está claro que nos países occidentais existe unha tendencia estendida de modificar a visión clásica do matrimonio entre home e muller, ou, é máis, que busca abandonala, cancelando un recoñecemento legal específico e privilexiado con respecto a outras formas de unión".

Considerou que "existen e débense utilizar outros modos" para evitar "as discriminacións inxustas para os homosexuais", aínda que recalcou a necesidade de admitir "que o esposo e a esposa sexan recoñecidos publicamente como talles e que os nenos que veñen ao mundo poidan saber e dicir que teñen un pai e unha nai".

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal