Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A deputación de Pontevedra destina 100 mil euros para apoiar ós deportistas que irán ós Xogos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, informou que a entidade provincial destinará 100.000 euros ó financiamento dos gastos derivados da preparación e participación dos deportistas da provincia de Pontevedra nos xogos olímpicos e paralímpicos que se celebrarán en Londres o vindeiro ano 2012.
Recibirán este apoio “institucional e económico”, aseverou Louzán un total de 29 deportistas, 23 olímpicos e 6 paralímpicos. “Trátase dunha cantidade moi importante debido a que somos a provincia que lidera a actividade deportiva, especialmente a nivel olímpico, na comunidade Galega”, destacou Louzán.
O presidente espera que “ se obteñan os mellores éxitos, se é posible repetir ou superar os resultados anteriores” e especialmente, dixo Rafael Louzán “queremos que os cativos teñan nestes deportistas un referente e un modelo a seguir” de esforzo, traballo e de valores positivos.


Victoria Fernández
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-11-2011 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal