Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Da tristura polo pasamento de Olga Gallego á análise da profesora Margarita Ledo Andión.
A cita da Real Academia Galega en Ourense para conmemorar o 90º aniversario da saída da á rúa da revista Nós encetou con palabras de lembranza. O presidente da institución fixo pública “a tristura pola ausencia de Olga Gallego (académica que finaba hai unhas semanas na cidade), que gozaría por ver por primeira vez á Academia Galega celebrando unha sesión na cidade de Ourense”.
Na xuntanza da Real Academia Galega interviron tamén Margarita Ledo Andión e Xesús Alonso Montero. A profesora Margarita Ledo incidiu no carácter pioneiro da revista Nós “no seu tempo como un novo medio de comunicación para a cultura galega moderna”, na cosmovisión do proxecto e nos seus compromisos “fundacionais coa lingua e a terra”, en aspectos como a potenciación e o grande valor concedido “á imaxe, dándolle unha grande función simbólica” ou no compromiso cunha publicidade en galego.
Pola súa banda, Alonso Montero fixo unha intervención centrada nun hipotético número 204 da revista Nós publicado en 1951 (a publicación deixouse de editar en 1935) e nos seus colaboradores e artigos. Antes da sesión da Academia houbo no Simeón a lectura de textos da revista Nós.

María González Pérez e Noemi Dopazo González (2º B)
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense acollerá o Festival das Tres Culturas dentro do programa europeo Oralities.
Durante a próxima semana Ourense converterase en centro das actividades das sete cidades europeas que participan no programa Oralities. Dende o día 10 ata o 14 deste mes celebrarase o Festival das Tres Culturas. En tódolos casos actuarán no paraninfo do instituto Ramón Otero Pedrayo ás 20:30 horas do día 10 os grupos Trío Corelli e Carmín Antiqua, por suposto dentro do marco de dito festival. O día de San Martiño actuará Happy Guitars, as formacións de Yulangelo e Paz Antiqua Ensemble farano o 12, o 13 os ourensáns de Resonet e o peche, o día 14, será realizado polo Coro Polifónico Eborae Música, de Évora.
Ademais, no marco do programa Oralities tamén se celebrará nos días 11, 12 e 13 a Coferencia Internacional de Tradición Oral. Nesta conferencia participarán máis de medio centenar de investigadores e expertos na materia que abordarán distintos bloques nos que se incluirán múltiples apartados e enfoques, que van desde o patrimonio mineiro ata o teatro popular.
O programa destas dúas citas, e exposición fotográfica sobre as cidades do proxecto, foi presentado onte pola concellala de Cultura, Isabel Pérez.

Noemi Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
"Institución docentes e grandes mestres de Ourense" recopila os cambios na educación
"Esta obra contribuye a conocer la historia real frente a la visión desenfocada de otros relatos" por centrarse unicamente nos grandes acontecementos. Con estas palabras, o director editorial de Galaxia, Victor Freixanes ilustra o valor do traballo do profesor de Xeografía e Historia Enrique Bande, "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense 1846-2005", na que, a partires dun tema concreto como a evolución da educación na capital consegue profundizar na súa historia
O século XIX é o que ve nacer en Ourense as primeiras institucións de ensino. A partir de 1845 inaugurouse unha nova fase na que a Igrexa xa non é a única subsidaria da formación e o Estado comeza a ser tamén responasable da socialización a través da educación para que as persoas, como explica Freixanes "dejen de ser súbditos para convertirse en ciudadanos".
Bande fai unha viaxe non só polas institucións, senón tamén profesores como Juan Manuel Bedoya, Marcelo Macías ou Otero Pedrayo, o cal define como "mestre de mestres".
A integración das mulleres no mundo da educación é outro tema que aborda en profundidade a este volume. Nas súas páxinas, explica como ata 1873, as mulleres tiñan que pedir permiso para estudar o bacharelato e matricularse na facultade. No Instituto de Ourense, entre os cursos 1864 e 1882 non figura ningunha muller estudando.
José Luis Baltar, presidente do Diputación, organización que axuda a publicación da obra, non puido asistir á presentación, pero quería resaltar que os grandes mestres de Ourense deixaron unha marca significativa na cidade e no xeito de ser de Ourense.

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os empregados do lixo cobrarán os días que estiveron de folga
O acordo alcanzado onte polo comité de empresa e a concesionaria que permitiu desbloquear a folga do servizo de lixos deixou flocos pendentes que ambas as partes terán que negociar ao longo da próxima semana. O máis importante, e que aínda non está plasmado por escrito, é de carácter económico. Segundo indicaron fontes sindicais nada máis finalizar a segunda das dúas reunións mantidas na Alcaldía do Concello de Ourense, os responsables da concesionaria Ecourense mostraron a súa predisposición a que o paro non teña ningún efecto económico nas súas nóminas.

De pecharse ese acordo nos próximos días, os empregados libraríanse dun recorte aproximado de seiscentos euros. Ao longo da próxima semana tamén se terá que negociar o plus que recibirán os empregados por «o esforzo extra» de retirar as cincocentas toneladas de lixo, segundo matizou o secretario comarcal da CIG, Etelvino Branco, nada máis pechar a desconvocatoria da folga.

Eleccións sindicais:
No acordo basee para desbloquear a folga do lixo de Ourense incluíuse un segundo punto, ademais da readmisión da traballadora despedida nas mesmas condicións laborais que tiña antes do inicio do conflito aínda que noutro centro de traballo. Trátase do compromiso dos responsables da empresa de que van retirar unha denuncia interposta no xulgado do Social sobre a presenza de Adelina Basteiro na lista da CIG. «A empresa retira a denuncia e a traballadora quedará non censo electoral, e poderá ser candidata para as próximas eleccións sindicais na CIG», indicou Etelvino Branco.

O sindicalista asegurou que o compromiso de retirar a denuncia supón que a traballadora que fose despedida «terá plenas garantías de manter ou seu posto de traballo». A pesar de que nos últimos días de paro, os sindicatos e os folguistas demandaran a dimisión do xerente, Juan Pérez, como unha condición a maiores para acabar coa folga non transcendeu que na reunión se tratase a súa saída.


Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica en Vigo
El Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe unha exposición con 70 instantáneas, de Javier Tenient, basadas na pesca tradicional no mundo baixo o título «Fillos do Océano». Mostra a forma de vida de poblacións que aínda viven da pesca artesanal en Galicia e en 16 países máis como a India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka ou Madagascar.
Para realizar o seu traballo, o fotógrafo Javier Teniente documentouse durante varios anos nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo, que están afrontando dificultades nos seus caladeiros, como consecuencia da sobreexplotación e a contaminación.
A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 9 de xaneiro, foi producida conxuntamente polo Museo del Mar e Caixanova, e con ela o fotógrafo galego quere rendir homenaxe aos pescadores que viven del para él, obtendo del, todo o necesario para a súa supervivenza.
Ademáis a iniciativa pretende convertirse nunha chamada á atención e concienciación da sociedade, en defensa da preservación dos ecosistemas marinos, co fin de que se regulen as pesquerías e se controlen os vertidos para reducir a contaminación marítima.
Hai que lembrar que o fotógrafo Javier Teniente conseguiu o premio Galicia de Comunicación no 2004 e una mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Periodismo.


Laura Iglesias 1º Bacharelato A
Comentarios (4) - Categoría Xeral - Publicado o 05-11-2010 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal