Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os nosos magostos:festa esperada
O ciclo do ano ven espallado de celebracións festivas de carácter popular que son peculiares. Se trata de celebracións cíclicas por canto se veñen repetindo tódo-los anos dun xeito semellante. Son as principais as celebracións de O Nadal (Aninovo e Reises), O ciclo do Entroido, A Coresma, Os Maios, A festa de San Xoán, O ciclo festeiro do Verán (festas relixiosas patronais e festas de colleitas), O ciclo de Outono coas festas do Magosto e da Matanza. Outras festas de carácter familiar e local de menor entidade, se meten ó longo do ano entre as nomeadas máis enriba.

Se trata sempre de celebracións festeiras nas que os cidadáns teñen por costume poñer un énfase especial; e non nos cabe duda que un coñecimento da realidade socio-cultural galega pasa po-lo estudio das mesmas, de como os cidadáns as preparan e as viven. Os nosos labregos pasaban as horas comentando o máis salientable da celebración que pasou mentres agardan con ilusión a que vai vir, na que non lles vai faltar gañas de renova-la diversión con máis intensidade que na derradeira edición.

Unha destas celebracións populares que continúa mostrando unha raigume especial, sobre todo no marco xeográfico ourensán, é a Festa do Magosto, á que aquí me vou referir.

Os magostos se realizan ó remate do ciclo anual, xusto antes do empezo das celebracións de A Matanza, principal xeito de autoabastecerse de carne nos fogares campesiños. A celebración dos Magostos aparece ciclicamente como a forma máis típica que os galegos temos de ensalza-la castaña, alimento básico que foi até a entrada da pataca americana.

Marí Gabriela Cortés Díaz, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Allariz acollerá un curso de creación de blogues educativos do programa Prensa-Escola

A Casa dá Mocidade de Allariz será o escenario, durante os días 22, 23 e 24, dun curso sobre blogues e educación organizado no marco do programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia.

O obxectivo desta proposta é facilitarlle ao profesorado involucrado no programa Prensa-Escola a adquisición de competencias tecnolóxicas para crear un blogue e administralo a través da ferramenta CMS Wordpress.

Preténdese que os profesores sexan capaces de crear e integrar o seu caderno dixital no proxecto educativo do centro, empregándoo como unha baza pedagóxica máis.

O curso, fundamentalmente práctico, está integrado polos seguintes contidos: orientación sobre a inclusión do blogue no proxecto global; o blogue como proxecto cooperativo; uso e familiarización coa plataforma Wordpress; compartir textos e imaxes en internet; dinamización do uso do blogue entre os alumnos como ferramenta de comunicación coa sociedade e, finalmente, xestión, mantemento e actualización do blogue.

Prácticas de contidos

O programa das clases estrutúrase en seis puntos que viran en torno ao plan de contidos exposto e que se enuncian do seguinte modo: O fenómeno dos blogues; como crear un blogue desde cero; deseño e legibilidad; ferramentas para os blogues, aspectos legais do uso e publicación nun blogue e administración de usuarios.

As clases impartiranse tomando como soporte o blogue de cada docente e crearase un blogue do curso para realizar as prácticas de contidos e ligazóns. Ao finalizar as tres xornadas de formación publicarase unha entrada sobre o interese do aprendido no proxecto Prensa-Escola.

As clases serán impartidas por Alberto Sacido Romero , responsable do blogue mestre do programa Prensa-Escola, que participa desde hai anos en proxectos de investigación e en grupos de traballo sobre o uso da prensa no currículo de secundaria e sobre a aplicación das novas tecnoloxías neste nivel de estudos. Actualmente é asesor da área de innovación educativa da Consellería de Educación e Ordenación universitaria.


Laura Barreiros Pérez, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Libros contra a violencia de xénero
Unha axuda do Plan Lector da Biblioteca del IES Nº Un do Carballiño permitiu, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, realizar o pasado ano unha interesante e completa guía de libros para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero, cada 25 de novembro, e recordando que contra esa lacra social “tolerancia cero”.

Un traballo cuxo peso recaeu en Carmen Varona, responsable da Biblioteca, e en Gracia Santorum, profesora de galego entón que hoxe exerce no IES Chano Piñeiro de Forcarei, e que agora emprega como basea Xunta de Galiza, durante todo este mes de novembro, copiando prácticamente na súa totalidade, a proposta estudantil carballinense para a campaña que conmemora a triste internacionalidade do día 25.

A guía oficial da Xunta, que reflexa que a relación da guía é obra da Biblioteca e do Equipo de Normalización del IES Nº 1 de O Carballiño, recolle un total de corenta e un libros e ademais once cancións de diferentes grupos e solistas relacionadas co maltrato e a súa condena.

As únicas modificacións incorporadas desde a Xunta ó tríptico do instituto están en aumento de cinco libros, tres dos cales sustituindo a outros tantos exemplares propostos inicialmente na guía do centro carballinés, e a supresión da recomendación de seis películas incluídas nas propostas do IES, dentro do apartamento de “Cine contra a violencia de xénero”, que se completaba tamén cunha pequena discografía.

A utilización da guía escolar na campaña internacional, que a repartirá no formato de panel por diversos organismos oficiais, causou sorpresa entre os seus promotores, que descoñecen como a Consellería de Cultura chegou a ter coñecemento dela e tamén unha gran satisfación polo recoñecemento que supón o traballo realizado.

José Antonio Barge Gil, director del IES Nº1, considera “extraordinario” e “un orgullo” que se escollera ó centro carballinés para esta iniciativa aínda que isto non lle impida sinalar: “O que me chama a atención é que a Consellería necesite coller o típico do noso centro, cando son eles os que se teñen que adicar a facer este tipo de cousas”.

Unha opinión que tamén comparte Gracia Santoru, que recoñece que, “a mín paréceme sorprendente, primeiro porque non sabía que eles coñecían da súa existencia e despois porque é só una recopilación e non se molestan en collela”. A pesar desta crítica a profesora de galego recoñece que ademais de sorprendente “é unha honra que se recoñeza o traballo que se fai”.

Reivindica así a dedicación e profesionalidade dos funcionarios, da Educación, para recordar que “son moitas horas de traballo fora do horario escolar, as que se requiren para facer este tipo de cousas”.

Noemy Dopazo González, 2º B bach.

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
A ópera prima literaria de Vázquez de la Cruz, «Luz de Tebra», saudada como a gran sorpresa literaria do ano
Luz de Tebra, a ópera prima narrativa de Ánxel Vázquez de la Cruz, foi saudada onte como «a gran sorpresa literaria do ano» e unha obra que «pertence xa a gran literatura galega», no acto de presentación deste libro de contos, editado por Xerais, que xa vai pola súa segunda edición.

A profesora Dolores Vilavedra referiuse na súa disertación sobre Luz de Tebra aos seus catro eixos -situados en Santiago, Vigo, A Coruña e Tui-, destacando que «son un prodixio de síntese e intensidade que a min me recorda a Castelao». «Humor, lirismo e saudade», segundo Vilavedra, son as características da obra de Vázquez de la Cruz que, engadiu, «eran os tres elementos que Castelao explica ao longo da súa obra como os aspectos básicos da identidade galega».

Uxío Novoneyra, Carlos Oroza, Cunqueiro ou Manuel Rivas son algúns dos personaxes que transitan polas páxinas do libro. O oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio comentou que tras ler a obra do seu colega «saímos máis identificados do país», mentres que o editor, Manuel Bragado, revelou un segredo: «Sabíamos que Ánxel era una narrador oral extraordinario, o que non sabíamos era que fose capaz de recollelo con esa capacidade sintética extraordinaria».

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
MERGULLO LINGÜÍSTICO NO RURAL
Todos os nenos
Once nenos de entre 6º de Primaria e 1º da ESO pasan unha fin de semana no rural para ampliar o uso da lingua galega e inglesa.
A fin de semana pasada, os nenos do colexio Divina Pastora ( Franciscanas) fixeron unha saida a casa rural de Sabariz,Concello de Rairiz de Veiga. O seu obxectivo era a convivencia de duas linguas o galego e o inglés. Foron acompañados por dous profesores, Maria Cristina Bravo Bosh (departamento de inglés) e Xián Xosé Bobillo Bermejo ( departamento de galego) ademais de dous país da ANPA ( Antonio e Mari). Os nenos visitaron particularmente o museo etnolóxico da Limia en Vilar dos Santos despois dunha pequena caminata dende a casa rural, ali aprenderon como se facían as cousas antes, como eran as casas, cales eran os utensilios que se empregaban para as diferentes tarefas, cales eran os faceres da muller e poder comparalos a dia de hoxe. Visitaron tamen a casa do avó da familia Bobillo, na que eles puideron observar como eran as cousas antes. Visitaron tamén Sandiás unha pequena aldea da zona na que puideron facer diferentes xogos para o uso da lingua galega e inglesa, pero agás todo non nos podemos esquecer de que era unha saida, e non todo pode ser aprender asi que os nenos tiveron tamen o seu tempo de lecer cantando no karaoke e cunha pequena festa de disfrazes. Cómpre dicir que esta iniciativa estivo patrocinado polos país, a ANPA e o equipo de normalización lingüística. Unha iniciativa como esta da moito que pensar, pois cada vez son mais os cativos que non saben como era a vida no rural antes. A inmersión lingüística non so estivo ben para o dominio da lingua galega e inglesa senon para poder observar como era a vida de antes e coñecer algunhas das suas costumes. De todo isto poderíamos sacar unha boa reflexión tentando incitar a todos os rapaces de Galicia para que tenter ir o rural e poder visitar distintas zonas de Galicia, para poder coñecer como era a vida dos nosos antepasados e disfrutar da preciosa paisaxe que temos.

Elena Fernández Silva 2º Bach A
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cineuropa dedica esta fin de semana á
O Festival Cineuropa dedicará este fin de semana a un ciclo centrado na vangarda ""e "renovación" do audiovisual galego no marco da sección 'En Galicia', comisariada por Martin Pawley, e que inclúe 30 autores con 50 traballos seleccionados.
Así apuntouno a concelleira de Cultura do Concello de Santiago, Socorro García. O director do festival, José Luis Losa, valorou "o momento de creatividade esperanzadora" do cine autóctono, ao tempo que abriu o debate sobre a pertinencia de etiquetar a estes cineastas no marco dunha mesma "xeración".

Pola súa banda, Martin Pawley remarcou "a autonomía" e a independencia en relación coas grandes produtoras a modo de trazos comúns de directores como Lois Patiño, Marcos Nine, Víctor Hugo Seoane ou Manu Maio, presentes na rolda de prensa. De feito, subliñou que deste xeito Galicia "por primeira vez chega a tempo ás cousas que están acontecendo no resto do mundo ".

No marco do que é coñecido por algúns críticos como novo cine galego, exhibiranse catro traballos de Marcos Nine este sábado na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, entre os que se encontran 'A Fábrica', centrado na industria téxtil galega; 'Aarón', 'Manuscritos pompeianos' e 'Radiografía dun autor de tebeos', sobre o autor de cómic galego David Rubín.

Catro obras que, en palabras do propio Nine, "teñen pouco que ver", aínda que mostran a "polivalencia" deste creador que comezou a súa andadura en traballos máis comerciais e evolucionou cara a unha realización máis radical con cintas autoproducidas, e que se completan no propio festival coa exhibición da obra 'Ou sol nos chaos'.

Pola súa banda, Víctor Hugo Seoane exhibirá as súas obras 'Na Distancia', 'O Vaivén' e 'Lugares non tempo' a partir das horas 20.30 na Aula Sociocultural de Caixa Galicia. Con elas, a súa directora busca coñecer a reacción do público en Cineuropa a través tres cintas que suman un total duns 120 minutos, e en que se inclúen traballos tan persoais como o retrato dos seus avós ligados ao mundo rural.

Entre as obras que se darán a coñecer este sábado, Manu Maio reflexiona sobre a cuestión das vítimas de accidentes de tráfico no seu documental 'Dous de vinte e tantos', con el busca ser "un instrumento de berro dos mortos "despois de que o 25 de decembro de 2007 tivese un contratempo vial coa súa muller embarazada a un escaso quilómetro do lugar en que faleceron os seus pais en Begonte (Lugo), e que foi o denonante do filme.


Carmen Selina Meire Pérez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Coordinadora de Equipos de Normalización leva o premio Altofalante
A capacidade de integrar e organizar o traballo dos diferentes equipos de normalización do país e o desenvolvemento de campañas a prol da nosa lingua valéronlle á Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística o premio Altofalante 2010. O galardón, concedido pola asociación homónima, entregarase o vindeiro 20 de Novembro ás 20:00 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira. Pola súa banda, a empresa R, a cooperativa Monte Cabalar e mais o escritor Olimpio Arca recibían onte os premios San Martiño, que recoñecen o traballo a prol da nosa lingua en diferentes ámbitos.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Bum de universitarios na USC, cun 13% máis a pesar da crise
Máis de 6.100 mozos esgotaron as cotas de Santiago e volven abarrotar carreiras clásicas tras unha década de caída de matrícula.Filosofía atraeu a 88 estudantes.
"É probablemente un síntoma de que comeza a valorarse ou diferencial que supón ter unha carreira universitaria". O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, interpreta así o incremento de novos alumnos na institución que dirixe, dun 13,52% con respecto a só un ano antes, similar ao rexistrado na Universidade de Vigo. A USC supera así a barreira dos 6.000 novos matriculados, ata chegar aos 6.119, e con incrementos moi destacados en carreiras que na última década a escaseza de estudantes se convertera nunha seria preocupación. A institución supera con eles os 28.400 matriculados, uns 1.400 menos que en 2009 a falta de confirmar os estranxeiros que recibirá no segundo cuadrimestre.
A crise económica disparou o número de alumnos que optan pola FP, aínda que parece estar tamén detrás do incremento de estudantes que chegan á universidade. A menores opcións de emprego, máis formación. Outro factor a ter en conta na análise desta tendencia é a conversión de toda a oferta universitaria en títulos de grao, de menor duración que as licenciaturas (catro cursos) e, polo menos na teoría, máis atractivos e orientados ao mercado laboral.
Casares Long cre que aínda é demasiado temperán para confirmar o factor Bolonia como parte da explicación, aínda que tamén o pon sobre a mesa. Pero malia a tendencia global, que permitiu encher as 24 carreiras con límite de prazas do campus de Santiago e revitalizar moitas outras sen cota, a reforma non logrou que despeguen carreiras con escasa demanda de Lugo. É o caso da antiga Humanidades, agora grao en Ciencias dá Cultura, que só suma 21 estudantes, ou do de Enxeñería dás Industrias Agroalimentarias, que só atraeu a 5 estudantes en primeiro, o peor resultado, con diferenza, de toda a USC, e moi por debaixo do mínimo de 25 alumnos que no seu día se estableceu como albor para garantir a viabilidade dunha carreira.

Christian García González 2ºB de Bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
¿VALORAMOS A NOSA LINGUA?
Cal pode ser a mellor maneira de renovar o discurso de defensa do galego e ademais responder ó movemento contranormalizador? Os colectivos contrarios a normalización xa o cambiaron, apelando ao “bilingüismo” e a argumentos como a “liberdade” e a non ”imposición”.
Segundo Xosé Luís Barreiro Rivas na transición e no principio da Autonomía fixemos un diagnóstico errado. Pensamos que o problema principal do galego fora a represión franquista, e que o eliminala o idioma se recuperaría. Pero o galego xa estaba desprestixiado na sociedade . Puxemos o galego onde non estaba : a escola, a televisión, administración,... Pero o seguinte paso debe dalo a sociedade : a empresa.
Menos optimista é o filólogo , vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e coordinador do libro “ 55 mentiras sobre a lingua galega”, Henrique Costas,que dixo que a xente volve ter unha conciencia de que falar en galego é pecado, non se atreve a pedir que lle falen galego porque cre que iso é impoñer.
O director da área de normalización da universidade de Santiago , Núñez Singala, no sei libro “ En galego , por que non ?” sinala que un dos prexuízos máis comúns é que o galego soa mal. É moi difícil loitar contra prexuízos que non nos decatamos de que os temos. Se os rapaces de instituto pensan que o galego é de “paletos” e nacionalistas, hai que facelos reflexionar, se non lemos máis cousas en galego , cine . tecnoloxías,... Non é que haxa que escoller :aprender dúas linguas facilita a aprendizaxe dunha terceira, dunha cuarta,...
Deberíanse analizar cales poden ser os mellores argumentos para responder as mentiras do discurso contrario a normalización da nosa lingua : O GALEGO.

María Alvarez Álvarez 1ºA
Comentarios (6) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-11-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
O BIPARTITO DESCARTA ENCARGAR UN ESTUDO QUE EVALÚE O AVE SOTERRADO.
'O proxecto que se está a rematar responderá ós máis altos estándares de calidade en tódolos aspectos, de calidade de vida pero sobre todo, urbanística, e de resolver os obxectivos que se prantexan'.
Así referiase onte o alcalde, Francisco Rodríguez, no pleno do Concello, ao proxecto de ordenación que propondrá o bipartito para a integración do AVE na cidade. Un documento que, segundo asegurou o rexidor, ‘'en poucos días teremos ocasión de velo pero, por respecto, deben coñecelo os gobernos de España e da Xunta, que tamén terán que colaborar e dar o seu parabéns e a partir de aí, haberá unha chamada á sociedade ourensá para traballar neste documento base'
De esta forma, o grupo de goberno desechou a moción presentada polo PP na que instaba á elaboración dun estudo sobre a viabilidade do soterramento da estación.
Este proxecto, romperá según a concexala de Urbanismo, Áurea Soto, 'a barreira entre O Vinteún e A Ponte, que é un dos obxectivos. Vai quedar moi ben e tecnicamente é viable'. Sen embargo, os populares -que lamentaron descoñecer o documento a pesar de ser 'o grupo maioritario'-, criticaron a 'política servil' do alcalde con respecto o Ministerio de Fomento e de 'non estar á altura do que a cidade espera de vostede', asegurou o portavoz, Enrique Nóvoa. Segundo dixo, 'sei cando vostede vai cambiar de opinión, o mesmo día en que haxa un cambio de goberno en Madrid. Pois este grupo vai seguir pensando o mesmo que hoxe'. Nóvoa pediu un pronunciamento do BNG municipal con respecto o soterramento, ao que a portavoz, Isabel Pérez, contestou que 'o BNG está convencido de que este proxecto (el del Concello) é o mellor e resolve o quid da cuestión, a fractura dos dous barrios',
Raquel Iglesias Meiriño 1ªA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-11-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal