Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A tecnoloxía punteira de VICUS desperta o interese do FBI
A efectividade e precisión da ferramenta de detección de arquivos pedófilos en internet, VICUS, despertou xa o interese FBI. Este sistema, elaborado polo Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo en colaboración coa Garda Civil e Gradiant, estreouse no mes de setembro na Operación Telémaco que permitiu a detención de 13 persoas e a imputación de outras 6 en todo o territorio nacional. Segundo explicou o investigador principal do GTI, Juan Carlos Burguillo, na presentación de VICUS ante os medios de comunicación, trátase dun sistema con dúas vantaxes claras fronte aos seus antecesores, "a facilidade do seu uso, que non require de coñecementos específicos de informática" e a eliminación e falsos positivos.

Para o Gonzalo Sotelo, do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil, "a criminalización social destes delitos é moi elevada", polo que é de vital importancia reducir a marxe de erro. A efectividade e precisión da ferramenta de detección de arquivos pedófilos en internet, VICUS, despertou xa o interese FBI. Este sistema, elaborado polo Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo en colaboración coa Garda Civil e Gradiant, estreouse no mes de setembro na Operación Telémaco que permitiu a detención de 13 persoas e a imputación de outras 6 en todo o territorio nacional. Segundo explicou o investigador principal do GTI, Juan Carlos Burguillo, na presentación de VICUS ante os medios de comunicación, trátase dun sistema con dúas vantaxes claras fronte aos seus antecesores, "a facilidade do seu uso, que non require de coñecementos específicos de informática" e a eliminación e falsos positivos.

Para o Gonzalo Sotelo, do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil, "a criminalización social destes delitos é moi elevada", polo que é de vital importancia reducir a marxe de erro. Para isto, VICUS filtra aos usuarios que teñan no seu poder un mínimo de 15 arquivos de contido pedófilo e os intercambien en redes peer-to-peer, P2P. A ferramenta permite ademais a busca e localización a nivel mundial, aínda que a Garda Civil só pode actuar no caso de usuarios españois. De aí xorde o interese o FBI, ao que os investigadores puxeron en coñecemento dos datos obtidos relativos a EEUU.

20 os detidos e 13 os imputados en dous meses
Tras dous anos de traballo conxunto entre o grupo GTI da Universidade e o Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, EDITE, coa posterior incorporación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, VICUS estreouse oficialmente en setembro na Operación Telémaco. Segundo Gonzalo Sotelo, dos arredor 43.000 usuarios de todo o mundo analizados, 1185 "compartían polo menos 15 arquivos de contido pedófilo, 49 deles en España".

A investigación serviu tamén para localizar gran cantidade de cámaras fotográficas e de vídeo, teleobxectivos, discos duros, etc. pendentes de estudo e análise forense. Sobre os arquivos detectados, dende o EDITE, José Torres, resalta a súa "extremada dureza" e destaca que grazas á nova plataforma e tras unha nova operación levada a cabo en Badaxoz, son xa 20 os detidos e 13 os imputados. Con todo, Torres explica que as investigacións se poñen en marcha en base aos contidos que a Garda Civil ten detectados grazas ás denuncias de usuarios que os descargan por erro. A partir desta base de datos, estúdanse os movementos de intercambio localizando novos usuarios e esta base crece a medida que os cidadáns denuncian este tipo de contidos "e recibimos denuncias todos os días".

VICUS vén a mellorar así a ferramenta empregada ara agora polo instituto armado e prevese unha nova operación que se desenvolverá dende Madrid, cidade na que se ubicou a plataforma, na Unidade Técnica de Policía Xudicial da capital. No proceso de deseño do sistema tomaron parte xunto con Juan Carlos Burguilo, o profesor Enrique Costa, experto en redes P2P, e a enxeñeira do proxecto, María José Bellas, que participou na fase de desenvolvemento e na posterior supervisión e seguimento do sistema na Unidade de Delitos Telemáticos de Madrid. Costa explicaba que a "mellora das prestacións fronte a outros sistemas" é ostensible, captando datos de todo o mundo e permitindo que o seu uso sexa extensible a outras redes P2P e á localización doutro tipo de contidos ilegais.



Luis Manuel López Almonte 2DO BACH
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
O eucalipto máis alto de Europa, Avó Chavín, entre os Premios Árbore do Ano
O coñecido como 'Avó de Chavín', situado en Viveiro (Lugo), que ostenta o título de eucalipto máis alto de Europa, recibiu un dos sete Premios Árbore do Ano que organiza Bosques sen Fronteiras en colaboración coa Fundación Biodiversidade.


Carmen Selina Meire Pérez 2º Bach B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Estudan eliminar a 'freada' do Botafumeiro para evitar aplausos
Na visita do Papa púxose a proba o novo mecanismo, que supón deixalo parar só e despois iza-lo. A decisión causou sorpresa entre algúns membros do propio Cabildo. Os aplausos ao Botafumeiro son un dos cabalos de batalla do Cabido da Catedral. As aclamacións dos fieis á freada que o tiraboleiro maior dá ao botafumeiro non se consideran apropiadas para a cerimonia relixiosa e por iso, para evitar estas mostras de xúbilo, na visita do Papa cominouse a este a non agarrar o Botafumeiro. Pola contra, deixouse que frease pouco a pouco, antes de izalo cara á cúpula do cruceiro.

Pareceunos que ese é o camiño a seguir, explica o prefecto de cerimonias do templo, Juan Filgueiras. A cerimonia co Santo Pai na Catedral rematou así cunha oración en lugar de co aplauso dos asistentes, un final máis acorde co que desexan algúns membros do Cabido, e que leva a considerar esta posibilidade de cara ao futuro. Trataríase de eliminar os trazos de espectáculo que hoxe en día leva consigo o botafumeiro, e reforzar ao tempo o seu papel como parte da liturxia. "Cando se usa o botafumeiro nas parroquias ninguén aplaude", subliñan.

Non obstante non hai consenso no Cabido catedralicio respecto á proposta de eliminar a manobra de freado do botafumeiro. A súa ausencia na celebración con Joseph Ratzinger sorprendeu moitos dos membros do órgano de goberno da Catedral. Fronte aos que buscan acabar con manifestacións de xúbilo pouco propias dunha cerimonia relixiosa, outros membros do cabido consideran que a parada do Botafumeiro é un trazo "tradicional" que debería manterse, aínda que quizais sen tanto espectáculo como se potenciou nos últimos tempos.


Christian García 2º Bach B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Sae á venda en Estados Unidos o número 1 do Osborn de Emma Ríos
O pasado mércores chegaba ás tendas de Estados Unidos a primeira entrega de Osborn a última miniserie que está a debuxar a galega Emma Ríos para Marvel. Varias páxinas da obra, con guión de Kelly Sue DeConnick están dispoñibles no web da editora americana. Pola súa banda, Mariano Casas tamén colga a súa obra en Internet. En concreto, cada luns publicará no seu blog unha páxina da obra Vacaciones en la batea, dispoñibles libremente para os interesados.

Alba Muñoz López 2º BACH
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello organiza a actividade Paseos de Outono, que ofrece rutas guiadas para adultos para coñecer lugares de interese ambiental e cultural
A Concellería de Educación do Concello de Ourense ven de iniciar unha nova edición de Paseos de Outono, unha actividade de carácter lúdico e educativo, que consiste na realización, a pé, de rutas guiadas para grupos de adultos por itinerarios previamente seleccionados polo seu valor ambiental, paisaxístico e cultural.
A actividade está dirixida a persoas amantes da natureza, a arte, a cultura e aficionados á fotografia, cun máximo de 15 persoas por sesión. Desenvolverase os domingos, días 7, 14 e 21 de novembro, con saídas, aproximadamente, ás 10:00 horas dende a Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira, e regreso ás 17:30.
A primeira saída tivo lugar o domingo, 7 de novembro, tendo como protagonista a Ruta a Prada, no Macizo Central de Ourense. O día 14 o destino será a Fraga San Xoán do Río, e o día 21 a ruta Regadas- Ridimoas- Muiños de Carballeda de Avia. Os interesados en participar poden inscribirse na Concellería de Educación do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño, teléfono 988388136.
Coñecemento e desfrute do entorno e relacións de amizade
O obxectivo básico da actividade é achegar ás persoas participantes ao coñecemento e desfrute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia, fomentar hábitos e comportamentos respetuosos co entorno, ó tempo que favorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes. Con esta finalidade, ofértanse rutas co percorrido máis asequible posible, de xeito que os participantes podan pasear de xeito tranquilo e relaxado, desfrutando do seu entorno e indentificándose con el.

Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-11-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
O galego na ciencia
O pasado xoves 4 de novembro celebrouse o “Día da ciencia en galego”. Un dos colectivos que colaborou foi a Asociación de Ensinantes de Ciencias en Galicia (ENCIGA), o seu presidente, Paulino Estévez, pide que non se considere anormal impartir ciencia en galego. Reivindican o dereito a impartir matemáticas, física ou química na lingua propia.
Esta xornada pola ciencia é unha xuntanza para manifestar o malestar polas imposicións que impiden impartir a ciencia en galego, xa que, todo o que se pode facer en castelán e inglés, pódese facer en galego.
Outro dos participantes, nesta xornada pola ciencia en galego foi o investigador e físico compostelán, Xabier Cid Vidal que desenvolve parte do seu traballo no prestixioso CERN, a Organización europea para a investigación nuclear, con sede en Xenebra.
A súa aportación esta xornada foi cunha conferencia no instituto Otero Pedrayo de Ourense , na que os alumnos puideron escoitar , que o seu obxectivo inicial era amosarlle aos rapaces que o galego é tan válido como calquera outro idioma para a ciencia. No seu traballo no CERN hai un grupo de galegos e exprésanse na súa lingua prácticamente todos, non só para falar de temas de ocio senón para falar de traballo, que é un traballo de alto nivel científico.
Según Xabier Cid, a hora de empregar o galego no seu traballo todo son vantaxes, xa que, alí hai xente de Brasil e comunícanse con eles moito mellor en galego que en ningún outro idioma.
Tamén,sobre o galego, que hai un desequilibrio entre o uso que se dá na docencia e o uso que fai a xente que está a investigar.

María Álvarez Álvarez 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2010 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Catalogaremos con rigor as máis de 500 noticias galegas do NO-DO»
A Universidade de Santiago promove o proxecto «Galicia e NO-DO: comunicación, cultura e sociedade» que estuda documentos que van dos anos corenta aos setenta

O historiador de cine e catedrático da Universidade de Santiago José Luis Castro de Paz (A Coruña, 1964) coordina o proxecto Galicia e NO-DO: comunicación, cultura e Sociedade como investigador principal, á fronte dun equipo de historiadores, comunicólogos, xornalistas, filólogos, sociólogos? Financia a Consellería de Economía e Industria e promove a Universidade de Santiago, e toma como base os máis de 500 documentos gráficos procedentes do NO-DO entre os anos corenta e setenta, depositados no CGAI a partir dun convenio asinado no 2008 entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. O profesor Castro de Paz conta cunha dilatada obra como historiador, na que destacan, entre outros, o libro de referencia Un cinema herido. Los turbios años cuarenta en el cine español (1939-1950), ademais de Suevia Films. Cesáreo González: Treinta años de cine español e a monografía de próxima aparición Fernando Fernán-Gómez na editorial Cátedra. Castro de Paz foi tamén xunto ao historiador e profesor José María Folgar de la Calle, quen fixo a descuberta do fotógrafo coruñés de orixe francés José Sellier como filmador Lumière anterior ao zaragozano Eduardo Gimeno, desmontando a teoría oficialista da orixe do cine español para a súa Salida de misa del Pilar de Zaragoza.
-¿Como xorde a idea do proxecto «Galicia e NO-DO: comunicación, cultura e sociedade»?
-A partir da cesión dos materiais ao CGAI hai poucas semanas, a Facultade de Ciencias da Comunicación promoveu o proxecto e asinou un convenio co CGAI para levar a cabo a contextualización integral de todos os materiais recibidos, co apoio económico da Consellería de Economía e Industria.
-¿Existen precedentes?
-En absoluto. Existe un estudo rigoroso sobre o conxunto do NO-DO, pero será o primeiro proxecto deste tipo que se desenvolva no contexto español, afondando nas particularidades da imaxe do país galego no noticiario franquista, coa pretensión de que sexa pioneiro e estimule a iniciativas semellantes fóra de Galicia. As máis de 500 pezas deste importante fondo xa chegaron ao CGAI catalogadas e clasificadas desde a Filmoteca Española e o departamento de documentación de Radiotelevisión Española, os seus actuais depositarios.
-¿Que tipoloxía teñen eses documentos?
-Entre 1943, no que comezou con carácter obrigatorio en todos os cines, ata 1981, no que a súa exhibición xa era voluntaria, foron miles as reportaxes que NO-DO recolleu por todo o territorio español. Máis de 500 recolléronse en Galicia, encadrados en toda a tipoloxía que ofrecía ao espectador: noticias, reportaxes, documentais.

Sara Velasco 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2010 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o cineasta Luis García Berlanga aos 89 anos
O director de clásicos como «Plácido», «O verdugo» e «¡Benvido, Míster Marshall!» morreu esta madrugada na súa casa de Madrid aos 89 anos.

O cineasta Luis García Berlanga faleceu sobre as sete da mañá no seu domicilio de Madrid aos 89 anos de idade, segundo confirmou a familia a axénciaa EFE.

Berlanga, un dos grandes mitos do cine español polo trío de obras mestras formado por ¡Benvido, Mr. Marshall! (1952), Plácido (1961) e O verdugo (1963), naceu en Valencia o 12 de xuño de 1921 no seo dunha familia burguesa e era neto dun gobernador da súa cidade e fillo dun deputado da Unión Republicana (Fronte Popular).

Segundo un portavoz da familia, García Berlanga faleceu «de maior» e «tranquilamente».

será enterrado mañá ás 15.00 horas no cemiterio madrileño de Pozuelo de Alarcón, confirmaron a EFE fontes familiares.

Os restos mortais do cineasta sairán da Academia do Cine, onde esta tarde, ás 19.00 horas, abrirase a capela ardente.

A capela permanecerá aberta hoxe ata a medianoite e mañá de 10 a 13.00 horas, momento no que o féretro sairá cara ao cemiterio, segundo informou a Efe un portavoz da Academia.

O cineasta e académico García Berlanga foi Premio Príncipe de Asturias en 1986, estaba retirado desde o ano 2000 e a súa última aparición pública foi o pasado mes de maio para inaugurar a sala de cen madrileñas que leva o seu nome.

Berlanga, que recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1981) e a Medalla de Ouro de Belas Artes (1983), representou a España nos Óscar en máis dunha ocasión, como ocorreu a principios dos anos 80 con Patrimonio nacional.

Dirixiu tamén cintas como A vaquilla (1985), Mouros e cristiáns (1987) e Todos ao cárcere (1993). A súa última película foi París-Tumbuctú (1999).


Borja Pérez Fernández 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Aníbal Malvar: “Afastar o galego do portugués foi un erro propiciado pola dereita”
O autor publicará o seu novo libro, titulado La balda de los miserables, en castelán
O escritor e periodista Aníbal Malvar leva doce anos sen levar ningunha obra nova ás librarías. Ese longo tempo de silencio rematará proximamente coa publicación dunha novela: “La balada de los miserables”. Considerado un dos mellores autores da súa xeración, publicou a súa primeira obra cando contaba 26 anos. A partir de aí apareceron varias novelas de serie negra. As súas obras máis coñecidas foron A man dereita e Unha noite con Carla , coas que gañou varios premios.Estes días participou na Semana Auria de Ourense (anteriormente falado) para amosar o seu punto de vista sobre a literatura histórica.
Aníbal pensa que se pode facer a mellor novela do descubrimento de América datada en 1736. “O rigor histórico na novela histórica non é necesario; si, pola contra, o rigor sentimental coa historia que estás contando”. Existen arquitectos que só queren facer grandes obras e grandes catedrais. Hai arquitectos que só queren facer casas para que a xente viva. Os escritores, igual. Hainos que queren escribir para vender libros e hai escritores que queren facer outro tipo de cousas. Aníbal, é ese escritor de novela negra, pero opina que ese xénero sempre foi moi comunista, moi de facer un xuízo da sociedade para denunciar os excesos do poder, entón aquí hai un dato importantísimo, un escritor pode ser magnífico sen ideoloxía.
Aníbal opina que todos os xornalistas,coma el, son escritores. O xornalismo é un xénero literario, non hai dúbida ningunha. Antes falabamos de ficción ou non ficción, pero é un xénero que o manexas como non ficción. El non criticou outra cousa que o feito das galescolas, que son innecesarias como serían innecesarias as españolaescolas, porque o galego ía bastante ben sen enfrontamentos. Crear unha plataforma educativa só co feito de defender algo significa acabar con iso. Pero o que está claro é que o galego está en situación de inferioridade fronte ao castelán e, para evitar a súa desaparición, cómpre tomar medidas, porque o galego ten tres millóns de falantes potenciais e o castelán moitos millóns máis. O que ocorre é que tivemos un erro político xa hai moitos anos, que foi afastar o galego do portugués, que é a nosa lingua. Nós pertencemos a cultura galego-portuguesa. É dicir, o galego en si mesmo é unha creación, a supervivencia dun alimento que só nace entre tres millóns de habitantes e que debe ser mantido.
A súa próxima creación literaria despois de 12 anos sen escribir sairá agora en castelán, La balada de los miserables, ambientada nun poboado xitano de Madrid. Ademais conta o noso amigo, sintese coma un intruso ao estar fóra e perder o contacto coa lingua.

Ester Fernández Paredes 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Un día que invitaba ao magosto

Facía día de magosto. O ceo gris e o frío dunha xornada típicamente otoñal invitaban a acubillarse nas fogueiras. E así foi. Centos de ourensanos cumpriron onte, cada un ao seu modo, co ritual do san Martiño. Iso si, cun denominador común, o gastronómico. Sería temerario dar unha cifra exacta porque o máis seguro é que nos quedaramos curtos, pero o que está claro é que foron moitos os quilos de castañas e de chourizos e os litros de viño que se consumiron onte en Ourense.

Moitos o fixeron, ademais, gratis. O magosto popular do Concello repetiu na Alameda congregando unha vez máis a multitude de veciños. As colas kilométricas e a picaresca que sempre levan consigo non desanimaron aos ourensanos que, xa caída a noite, tiveron polo menos a espera amenizada con música. Púxoa Brañas Folk, que cumpriu así co seu desexo de volver actuar ante os seus convecinos tras un longo tempo sen facelo.

Outros -un público en xeral máis novo que o da Alameda- elixiron Montealegre. Á calor das fogueiras os grupos de amigos e as familias que se reuniron alí degustaron as castañas ao seu gusto. O mesmo fixeron os que preferiron facer o magosto nas súas casas nun ambiente máis privado.

Esa opción elixírona, sobre todo, no rural. Pero, ademais de na capital, tamén houbo magostos populares noutros puntos da provincia. O cheiro a castaña asada percorreu dende Valdeorras a O Ribeiro pasando por Verín unindo aos ourensanos nunha das tradicións máis arraigadas que existen na provincia. E así seguirá durante os próximos días con novas citas en torno á fogueira.

Alejandro Prieto Ferro y Raquel Iglesias Meiriño 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2010 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal