Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XXV PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, TERESA GONZÁLEZ COSTA: “A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS”
Velaquí un novo premio Merlín que articula unha historia na literatura infantil e que conta con todos os ingredientes que se agardan dun libro destas características. Nel, Teresa González Costa, coñecida por ser gañadora dos premios teatrais Cunquiero e Manuel María con Sempre quixen bailar un tango e Pingueiras e tarteiras, e malia se tratar da súa primera incursión neste xénero, sabe conducirse polos condicionantes deste con indiscutible habilidade e solvencia.
A historia que recrea é sinxela: Serafina, filla dun ladrón de bicicletas un tanto enigmático, ten que vivir coa súa tía, dona Perfecta, unha ex soprano soberbia e totalmente fóra do mundo, tal vez un chisco prototípica e configurada de xeito natural a antagonista da proposta; este é unha personaxe cruel e egoísta características que mostran o seu proceder e a ridiculización que exhibe a través da súa propia conduta, xerando así situación marcadas por certas condicións para os lectores aos que esta proposta se dirixe. Ao seu carón, cómpre referise a Celerífera, nome da bicicleta que a rapaza considera como esencial na súa vida e á volta dela orbitan personaxes que axudan a deseñar a atmosfera, como, entre outros, o vello Elías, o seu amigo Milo e a panda de Martiño o Bravo, o inevitable inimigo de Serafina.
Sen esquecer as propias doses de aventura, a vida da protagonista, que discorre baixo a premisa de manter aceso o soño vocacional de ser equilibrista sobre a súa bicicleta, descansa en boa parte no futuro de Celerífera, obxecto case máxico ao que tal vez se lle podería sacar máis partido aínda que quebrase a verosimilitude da historia, que por outra parte xa concede fantasía á historia.
Ao mesmo tempo refléxanse problemas sociais que vive Serafina; as mentiras tendenciosas e unha inesperada vinganza chegan a desconcertala, de xeito que está afeita a loita, coas súas escasas armas, que debe sacar contra a hipocrisía social. Existe tamén un ritmo dinámico, unha presenza do mundo circense, alén das referencias de corte literario e musical, moi abondosas na obra.
Un bo comezo para esta autora que emprende o seu labor no xénero infantil.


Belén Sotelo 1ºBach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
“Escribo desde o odio”
Gonzalo Hermo, gañador do Premio Xuventude Crea”, asegura que a sua poesía xorde do resentimento.

Gonzalo Hermo (A Coruña, 1987) é poeta e asegura que escribe desde o resintemento, desde o odio, desde a posición dalguén que se sabe marxinal. O seu primeiro libro, titulado Crac, valeulle o premio Xuventude Crea, convocado pola Xunta con esta denominación para substituír os GZcrea do bipartito. Está dotado con 3.000 euros e a publicación aínda que, ata agora, as obras premiadas apareceu só en formato dixital.
Crac xurdiu nun momento determinado do 2008 cun só poema, Escola de resentimento. A partir de aí, foise ampliando co tempo até convertese nun libro "de estrutura liñal, pouco marcada", onde desenvolve "a idea de escribir coma un resentido, con todo o odio contra a unha sociedade que expulsa cara ás marxes".
En realidade, engade, tampouco lle quedaba outra posibilidade que escribir como un marxinal porque "son alguén que se sabe marxinal, que quere estar nesa posición marxinal e escribir co odio contra os demais". El non elixiu esas latitudes periféricas senón que foi "a propia sociedade a que me fixo marxinal por ser un marica". Nese sentido, "son marxinal dobremente: como galego e como marica".
O libro pon sobre a mesa "a perversidade da sociedade actual" co obxectivo de "botala baixo para poder renacer: o marxinal necesita da destrución para autoafirmarse". Desde o seu punto de vista, "aos maricas dásenos unha posición demarcadora: servimos de contraposición ao que é o correcto. A perfecta familia burguesa sábese perfecta porque ve catro nacionalistas radicais con rastas, que traballan por dúas cadelas, e catro maricas ou bolleras pelexando polos seus dereitos, e dinse: ¡Que marabilla, nós non somos así! Nós, os diferentes, os indesexables, servímoslles aos perfectos para reafirmarse na súa perfección e eles devólvenos o noxo e a repugnanacia que senten por nós".
Sen dúbida, Gonzalo Hermo detecta avances na aceptación da diferenza, pero cre que é un avance enganoso: "O que entra no sistema é un varón ou unha muller de clase media, a poder ser con atributos acordes aos do seu sexo, sen pluma. Son individuos que dan unha imaxe de perfecta familia burquesa, economicamente solventes e, mesmo dignos de adoptar un fillo". Crac pretende todo o contrario desa falsa integración, "xorde por mor de ler a Judith Butler, a Teresa de Laurentis e a autoras do pensamento queer. Elas son o seu xermolo do libro".
No fondo, tamén se asenta Crac sobre doses de ironía e de contestación. Unha das súas dianas principais é o crítico e teórico Harold Bloom, que arremetía contra "as novas escolas feministas e queer por analizar a literatura desde unha posiicón marcada, claramente ideolóxica. Ao seu xuízo, tratábase de obras pouco importantes, que non trascendían o canon e trataban de botar abaixo a Shakespeare e a Cervantes. Crac é unha parodia de todo isto: escribo peor que Shakespeare ou Cervantes pero escribo contra eles. Esa é a idea central e a que lle dá unidade ao libro".

Samuel Gallego Mayor 1º Bach B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Ballet de la Opera Nacional de Kiev – El Lago de los Cisnes
O Auditorio Municipal de Ourense (Rúa da Canle, nº2) acollerá o dí¬a 28 de novembro as 20:30 horas a representación que do “El Lago de los Cisnes” nos ofrecerá a compañí¬a de Ballet da Opera Nacional de Kiev.
Fundado en 1867, o Ballet da Opera Nacional de Kiev é un dos genuinos representantes da escuola rusa de ballet clásico. O seu nome está ligado a grandes artistas como Tatiana Borovik, Elena Filipieva, Anna Kushnirova, Nikolas Praidchenko o Victor Varoshenko. Condecorado coa medalla de Ouro da Academia das Bailes de Francia, os seus mellores bailarines foron galardonados con premios internacionales.
Organizado por Caixanova e a concellaría de cultura. Poderase facer a reserva das entradas en www.caixanova.com ou no teléfono 902 504 500
O precio dos asentos no patio de butacas será de 18€,e no Anfiteatro de 15€.


Fátima Carballo 2ºB Bach
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Galegas con moita calidade nas botas.

Vero, Mari Paz, Vanesa, Leti e Joana conforman o quinteto que mostra na máxima categoría do fútbol feminino español que en Galicia tamén se sabe xogar.

Soa o timbre para o recreo e unha morea de cativos baixan as escaleiras a todo correr cun único obxectivo: chegar ao patio e desafogar a tensión acumulada na clase de Matemáticas ou Coñecemento do Medio pegándolle patadas a un balón. Comeza o partido no terreo de xogo improvisado entre dúas columnas do cuberto da escola e dous xerseis. Todo transcorre dentro da normalidade ata que, de súpeto, aparece unha figura que manexa a pelota con gran precisión e velocidade. Desmárcase, deixa atrás os seus compañeiros e remata con potencia. O balón cóase pola esquiniña da meta, deixando marcas de lama sobre un dos xerseis que sinalan a posición do pau. “Gol!”, cantan. Pero non marcou nin Anxo, nin Brais, nin Pedro. A autora deste gol é unha rapaza das moitas que xa deixaron atrás os complexos e reticencias de xénero para convertérense en protagonistas dun partido de fútbol. Cando sexan un pouco maiores, queren parecerse aos seus ídolos futboleiros, que non se chaman nin Messi, nin Cristiano Ronaldo nin Villa. Levan o nome de Verónica, Joana, Vanesa, Leticia ou Mari Paz, é dicir, as galegas que triunfan na máxima categoría do fútbol feminino español: a Superliga.
E afirmar que queren ser coma elas cando sexan maiores quizais é moito dicir, porque ningunha destas futbolistas supera os 22 anos. Tan novas como son e non lles tremeron as pernas ao saíren das súas casas para emigrar a algúns dos equipos máis potentes do panorama feminino: Espanyol, Barcelona, Estartit ou Cajasol Sporting Universidad. “É moi importante que haxa cada vez máis xente da terra na elite, o malo é que temos que marchar fóra. Sería preciso que Galicia tivese un equipo na Superliga, pero xa non por nós, senón polo fútbol galego”, sinala Verónica Boquete. Vero (Santiago, 1987), elixida o ano pasado pola FIFA entre as 18 mellores xogadoras do mundo, é unha das grandes estrelas do seu equipo, o Espanyol, e da selección española. Tan implicada está que o club españolista xa a ten como un dos seus referentes. Por iso, entre outras cousas, protagoniza campañas de captación de socios pericos. É un símbolo. O mesmo que o número que porta na camiseta, o 21, o mesmo que levaba o falecido capitán españolista, Dani Jarque. “Cando cheguei era un dos que quedaban libres. Este ano pensei en cambialo, pero despois da morte de Jarque preferín quedar con el e lucilo con orgullo”, explica.
Unha das grandes seguidoras de Vero é a súa compañeira Joana Montouto (Vigo, 1990). Emigrou ao Prainsa Zaragoza con só 17 anos e alí atopou minutos e un espello no que mirarse, o de Vero. A pasada temporada decidiu seguir os pasos da dianteira compostelá e fichar polo potente Espanyol. “Quero aproveitar esta oportunidade porque un tren coma este pasa unha vez na vida”, sinala convencida.
Canda Vero e Joana, estaba ata esta mesma temporada no Espanyol Vanesa Hermida (Xeve-Pontevedra, 1989). Ela fichou polos pericos hai un ano despois de facer unha proba para cubrir o posto de central ou lateral esquerdo, as dúas posicións onde se move con máis soltura. Porén, esta campaña volveu cambiar de aires e marchou ao Estartit xironés en busca de máis minutos. “Creo que nacín cun balón nos pés, xogo dende moi pequena ao fútbol e ao principio facíao no mesmo equipo que meu irmán maior. Competía cos rapaces e non había ningún tipo de problema”, afirma Vanesa. A de Xeve iniciou a súa carreira no Pontevedra feminino, un dos poucos equipos galegos profesionais, xunto co Racing de Ferrol, que contan cunha división para as mulleres. “Creo que Galicia é o lugar onde hai menos nivel no fútbol feminino en España. Supoño que ten que ver con que non haxa ningún equipo forte. É un problema económico, faltan cartos. O Deportivo, que está en Primeira, podería ter un equipo feminino. Ademais, tamén os medios de comunicación teñen a súa parte de culpa. Polo menos, nos xornais poñen os nosos resultados; na televisión, nin iso”, reflexiona a defensa do Estartit.
Lateral esquerdo, ao igual que Vanesa, Leticia Carballal (Santiago, 1988), do Cajasol Sporting de Huelva, tamén marchou moi nova na busca dunha oportunidade. “Cando tiña 17 anos fun a Zaragoza para xogar no Prainsa. Fíxome moita ilusión porque grazas ao fútbol puiden vivir moitas cousas”, comenta esta moza pouco despois de chegar de traballar. E cando falamos do fútbol feminino, traballar significa facelo fóra dos terreos de xogo, neste caso, como comercial a comisión.
O quinteto galego na Superliga complétao Mari Paz Vilas (Vilagarcía, 1988). A arousana é unha estrela no Barcelona, sobre os campos da Massía nos que se criou xente como Messi, Xavi ou Iniesta, e tamén na selección española, malia que esta campaña non está indo como a ela lle gustaría, xa que sufriu unha lesión de ligamentos da que aínda se está a recuperar. A dianteira culé comezou a xogar canda o seu xemelgo –“non direi quen era mellor, porque é meu irmán”, comenta divertida– e a súa capacidade goleadora pronto chamou a atención dos grandes. Ao igual que as súas compañeiras, quéixase da pouca importancia que se lle dá ao fútbol feminino. “As mellores xogadoras da Superliga cobran ao nivel dun futbolista de Terceira División”, di.
As rapazas reclaman atención e que as xulguen polo seu xogo e non polo seu xénero. Non queren diferenzas e si igualdade de trato. Leti resume perfectamente a situación: “Aínda que non se pode comparar o físico dun home e unha muller, tecnicamente temos moito nivel. Ademais, fisicamente Messi tampouco é que sexa un portento e mira...”.


Sara Velasco Martínez, 1ºA.
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Emotivo homenaxe a Manuel de Dios
O Teatro Principal de Ourense encheuse o pasado 18 de amigos de Manuel de Dios, o filólogo, poeta e compositor que durante 35 anos dirixiu a emblemática Coral de Ruada e que desde 1999 e ata a súa morte lideraba 'Vellos Amigos', o coro que fíxolle un homenaxe especial, recordándoo no primer aniversario da súa morte.

O Principal acolleu os actos no seu recordo, que iniciaronse cun recital poético e musical baseado nas súas propias composiciones. Interviron os membros da coral 'Vellos Amigos', interpretando seis cancións, que él fundou e dirixiu nos derradeiros 19 anos, trala escisión da Coral de Ruada, e Marisa Calvo puxo voz ós poemas.

Ademáis, todos os asistentes recibiron un exemplar dun libro e un disco, titulados ambolos dous 'Un tempo, un río, un cantar', como recordo ó compositor desaparecido. O libro inclúe colaboracións dos amigos de Manuel de Dios sobre a súa persoa e a súa traxectoria profesional, e o disco 16 cancións compostas por De Dios e que interpreta o coro 'Vellos Amigos'.

O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, e o presidente da Diputación, José Luis Baltar, encabezaron a presencia oficial no homenaxe, no que echouse en falta a presenza de representantes do BNG.

Manuel de Dios, que faleceu ós 79 ados de idade, é coñecido pola música, polas súas composicións e polo seu talento neste campo artístico.

María Gabriela Cortés Diaz, 2ºBbach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cineclube Carballiño retoma a súa actividade tras sete anos de parón
O auditorio municipal da vila do Arenteiro se transforma de novo, o 19 deste mes, en sala cinematográfica grazas ó Cineclube Carballiño que retoma as proxeccións, tras sete anos de parón.

Comeza así unha nova etapa, grazas a un grupo de mozos, que pretende recuperar, entre a sociedade carballiñesa, o hábito de acudir periodicamente ó cine ampliando a actual oferta cultural e mantendo os obxectivos que se marcaron na súa creación, a finais da década dos 60. Non son outros máis cos de promover a cultura audiovisual galega na comarca e servir tamén de apoio e medio para calquera acto de interese dos cinéfilos.

A programación prevista para as próximas semanas concentrarase todos os venres en dous sesións diferentes, ás 20:30 e ás 23:00 horas, e hoxe se abre coa película “Amador”, que será ademais un estreo na provincia de Ourense, onde aínda non se puido ver. Conta a historia dunha moza inmigrante que durante o verao, ó ter dificultades económicas, encárgase de coidar a un ancián, Amador, pero este morre pronto. Está dirixida e escrita por Fernando León.

As entradas terán o prezo de 4 euros, que se quedan en 2 para os estudantes, parados e xubilados.

A xestora que leva actualmente o Cineclube ofrece ademais a posibilidade de adquirir un bono mensual de socio, que costa 10 euros que para os mesmos colectivos se reduce a 5.



Noemy Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Un grupo de profesionales de diferentes disciplinas, membros da Real e Ponticifia Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo, levarán á reunión ordinaria o próximo 17 de novembro en Celanova
Unha finalidade que precisamente en novembro de 2008, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar, motivou a creación da entidade cultural e relixiosa integrada por unha trintena de mestres, historiados, investigadores, xeógrafos, teólogos e xornalistas, entre outros.
O proxecto non é novo, sinon que forma parte do Plan de Dinamización Turística das Terras de Celanova, 'sen embargo, ca consolidación da academia rosendiana constitúese un foro idóneo para que expertos en diferentes disciplinas analicen e poñan por riba da mesa o contido do futuro espazo interpretativo', señalaba Antonio Piñeiro, académico celanovés impulsor da moción que, fóra da orde do día, instará aos seus compañeiros a que participen no proxecto.
O obxectivo do centro interpretativo, que a principios de ano o Concello celanovés presentou á Xunta de Galicia, baséase na posta en marcha dunha sala expositiva nunha das estancias do Claustro Barroco do Monasterio celanovés que permitirá ao visitante coñecer quen foi San Rosendo e de que maneira influiu na historia de Galicia. 'Non é necesario falar do traslado do tesoro rosendiano, senón aproveitar as novas tecnoloxías e os medios audiovisuais para divulgar a súa figura', explicaba Piñeiro Feijóo.
Uns argumentos que son compartidos por académicos como Francisco Singul ou a historiadora e mestra universitaria Beatriz Vaquero, quen apuntaba que 'precisamente a academia foi creada para promover e divulgar o legado Rosendiano e un dos seus obxectivos debe ser traballar para devolverlle a sociedade todo o que estamos a facer'.
MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
As Anpas dos centros públicos propoñen que Educación asuma os comedores
As asociacións entregaron onte un manifesto ao conselleiro Jesús Vázquez


As federacións de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) de centros públicos de Vigo e comarca, Santiago, Ferrolterra, Val Miñor, Cangas, Moaña, Bueu e Ponteareas, propoñen que a Consellería de Educación asuma os comedores escolares, segundo un manifesto que unha representación destas organizacións entregou onte ao conselleiro Jesús Vázquez e a outros altos cargos de Educación.

O documento contempla 13 medidas; entre elas, reclama un plan contra o fracaso e o abandono escolar; a restauración do programa de gratuidade de libros de texto que funcionou ata o curso pasado; ou facer efectivo o Plan Xeral de Normalización dá Lingua Galega, sobre o que subliñan: «Rexeitamos ou decreto do plurilingüismo».

O encontro durou hora e media e finalizou sen compromisos concretos, pero as federacións confían en que a partir de agora escóiteselles, afirma Nerea Valenzuela, do colectivo de Santiago.

Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
A empresa teense Carpintería Metálica Galanas incorpora nova tecnoloxía láser ó seu proceso productivo
Hai máis de 23 anos que a empresa Carpintería Metálica Galanas, S.L., comenzou a súa actividade no sector do metal, cunha pequena nave abriran en Teo.O crecemento da empresa foi subindo co paso dos anos e, na actualidade conta cunhas modernas instalaciónd preparadas para os retos que esixe o mercado actual.
José Luis Segade, xerente da firma, fai responsable deste notable éxito "ao traballo realizado durante todos estes anos, donde a seriedade e a calidade foron as principais premisas da nosa empresa".Carpintería Metálilca Galanas centra a súa actividade na realización de todo tipo de construccións metálicas, utilizando como materia prima o acero inoxidable, o acero carbono, latón e cobre.
A firma, ademais, utiliza a máis alta tecnoloxía na súa maquinaria para a realización dos seus traballos, como é o plasma de alta definición ou as pregadoras de control numérico. Por outra banda, no apartado tecnolóxico, Carpintería Metálica incorporou recentemente a nova tecnoloxía láser ó seu proceso productivo. Trátase dunha máquina de corte por láser de última tecnoloxía adaptada para fibra óptica con resonador de 5.000 kW.
Con esta incorporación, Carpintería Metálica Galanas, aquire unha nova dimensión, posto que acada o ciclo cerrado no seu proceso productivo (corte láser, plasma, cizalla, pregado, rodillado, punzonado, soldado, cabina de pintura ee montaxe en obra) e, ao mesmo tempo, presta un servicio máis eficiente, económico e rápido ós seus clientes.
Debido ó especial carácter innovador e tecnolóxico da máquina, a empresa contou co apoio dos fondos Feder, o Igape e Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia.Toda esta tecnoloxía "permítenos traballar sen depender de terceiros e atender de forma eficaz a outras empresas do noso sector", apunta José Luis Segade, "sendo esta unha das características que nos diferencia doutras industrias do ramo.

Míriam López 2DO BACH A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
O BILINGÜISMO NA PRENSA ESCRITA DE GALICIA
Fun con meu pai a tomar algo a unha cafetería. Alí topou cos seus coñecidos e comezaron a falar das súas cousas: traballo, fútbol, partidas de cartas… Como me aburría collín un periódico para atopar algún tema para poder escribir no blog. Mirei un tras outro os periódicos de información xeral que tiñan alí: La Región; La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Como se pode observar son os periódicos de tirada galega máis lidos na comunidade.
¿Cal foi a miña sorpresa? Atopei un tema do cal escribir. Parece unha cousa moi estraña que nos tres periódicos o idioma galego apenas existira. Páxina tras páxina non había case nada en galego.
Sorpréndeme que algunhas personalidades políticas de este país loiten para introducir o trilinguïsmo, cando os nosos periodistas non usan o galego; e non quero pensar que o que pasa e que non saben escribilo e que carecen de base na súa educación.
¿Onde está o galego na prensa escrita? ¿Por qué os periodistas non o utililizan? ¿Por qué non ai ninguén que proteste pola inxustiza lingüística? ¿ Onde está reflexado o noso idioma? ¿E que temos un idioma de segunda? ¿Estamos en Galicia? ¿Avergóñase do noso idioma?...


Adrián Lamas 2do BACH
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal