Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Programa europeo de voluntariado e fomento das linguas
O programa Volangteer


O coñecemento da nosa lingua, o seu uso e a súa promoción, o que levará a un coñecemento máis amplo da nosa sociedade e das nosas costumes, son os obxectivos que presenta o proxecto Volangteer, unha proposta que se vai desenvolver entre os estudantes estranxeiros que realicen este ano os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, facilitando así a súa integración no Campus e fomentando as súas competencias na nosa lingua.
Estes alumnos estranxeiros, participantes do programa europeo Erasmus, que elixiron este ano Galicia para realizar o seu curso universitario, levaran a cabo unha aprendizaxe da lingua mediante o ensino desta por parte de persoas voluntarias que dedicaran o seu esforzo e tempo para que os estudantes poidan acadar as competencias necesarias para desenvolverse en lingua galega.
O proxecto pretende ademais dunha nova metodoloxía no ensino da lingua, promover unha lingua propia da nosa comunidade, como é o galego, entre os estudantes de fóra e o mesmo tempo fomentar o interese dos estudantes por a lingua e con iso o uso da mesma entre os alumnos.
Este proxecto pretende ser unha nova iniciativa no acercamento entre os estranxeiros e os galegos, establecendo unha unión mediante a lingua galega, o que suporá unha gran axuda para os alumnos do programa Erasmus da Universidade de Santiago e o fomento e uso da lingua.
Esta proposta, enmarcada no proxecto titulado Learning Regional Languages Through Volunteers, o cal foi presentado e aprobado pola Comisión Europea, estase a desenvolver en dúas zonas piloto, Galicia e Friesland (Holanda) co fin de que esta iniciativa poida desenvolverse noutros lugares, promovendo o uso das linguas minoritarias nos distintos países de Europa.

Alba Rivas 2ºA




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
A boa e mala toponimia

Nestas últimas semanas, volveu xurdir en Galicia unha polémica que xa levamos anos con ela e que non ten sentido. Aos nosos gobernantes ocorréuselles polemizar sobre o topónimo da Coruña. Algúns sectores queren que sexa tamén oficial o de “La Coruña”. Entón tamén teriamos que chamarlle a Carballo “Roble”, ou aínda peor, ao Carballiño “El Roblecito” para por algún exemplo.


O que tiñan que facer é deixarse de lerias e dedicarse a arranxar a crise pola que estamos pasando e que cada cal lle chame aos sitios como desexe. Por certo, o nome oficial é “A Coruña”.

Adrián Lamas 1º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de cine NaturNova
Do día 7 de outubro ao 15 de novembro celebrase no Auditorio do Centro Social de Caixanova(Pontevedra) a terceira edición do Ciclo de Cine de Medio Ambiente. Comeza coa proxección de "Encuentros en el fin del mundo", para continuar con "Utopía", "Búho Gris", "El agua de la vida" e "Tiburón, nas garras do home. Seran proxectadas os mércores as 20,30 horas e os domingos as 19,00 horas.

A iniciativa parte de NaturNova que é un centro de educación medioambiental da obra social de Caixanova, cuxo obxetivo é o de promover o coñecemento e respecto do medio no que vivimos e concienciar as persoas da importancia deste.

Aínda que nos quede algo lonxe este auditorio a esperiencia de ver estes documentais é gratificante, e se es un interesado do tema aínda máis.

Simon Santos

O enlace é do panfleto que publicita o acto asi como da sinopse dos documentais.

http://www.centrosocialcaixanova.com/naturnova/portal/wp-content/folleto.pdf
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Cine Independente
Entre os días 10 e 17 de outubro celebrouse en Ourense a XIV edición do festival de cine internacional, que acolleu 200 produccións das 1.245 recibidas dende 80 países.

Esta edición foi especialmente significativa para Galicia e en concreto para a cidade de Ourense posto que rendíaselle homenaxe a un dos máis importantes escritores da historia de Galicia, Eduardo Blanco Amor, dado o 50º aniversario da publicación da súa novela “A esmorga”, obra que tamén puidemos ver no auditorio municipal coa súa representación teatral, e a que se rendeu homenaxe a través da proxección da película “La parranda”, baseada na devandita novela.
Tamén se rendeu homenaxe ó recentemente falecido cineasta ourensán Eloy Lozano, fundador, entre outros, deste Festival e por seren un dos máis orixinais cineastas galegos independentes na súa loita por facer chegar a Galiza o cine de calidade de todo o mundo e por desenvolver a cinematografía do seu país. As súas obras representadas foron; Quen son? e Negra Sombra.
O outro homenaxeado foi cineasta escocés Norman McLaren, un dos creadores máis innovadores do cinema de animación do século XX, do cal se emitiron ata vinte curtos.

Algúns dos premiados do certame foron:
- Premio á mellor película "PESCUIT SPORTIV" do director rumano Adrián Sitaru.
- Premio ó mellor documental "INTIMIDADES DE SHAKESPEARE E VÍCTOR HUGO" da directora mexicana Yulene Olaizola.
- Premio á mellor curtametraxe "LOFTET" do director danés Anders Osterballe.
- Premio ó mellor filme realizado en Galicia ou Portugal "O PINTOR DE CEOS" do director galego Jorge Morais.
Este festival conta tamén cun certame para escolares co obxectivo de impulsar o idioma galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo e potenciar o uso das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino. As bases para participar en seguintes edicións pódense consultar na páxina web www.ouff.org , na pestana OUFF ESCOLA.



Un saúdo.


Pedro 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Florais
Xogos Florais 2010
Os primeiros xogos Florais que se realizaron en Galicia tiveron lugar en A Corña o 2 de Xullo de 1861. Os primeriros en organizalos foron Juana de Vega e Benito Vicetto.
Francisco Añon foi o primeiro homenaxeado, o cal escribiu a obra A Galicia.
Para conmemorar esta festa o noso colexio todolos anos celebra estos Xogos Florais. O pasado ano celebrouse o cadraxésimo aniversario destos xogos polo que tiveron lugar no Teatro Principal de Ourense.
Un ano maís seguiranse a celebrar este prestixioso acto e por iso quero agasallar os xa membros da corte. Pedro Timiraos, Noel Blanco, Simón Santo, e Rubén Rodríguez son os próximos cabaleiros desta corte , mentres que por parte das damas as elexidas foron. Andrea Macía, Ana Pérez, Jennifer Viela, e Carmen Bobillo. Estas oito persoas representaran a nosa xeración do 92 nesta nova edición dos xogos, e dende aquí quero darlles os meus parabens.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
V Seminario de Sociolingüística en Santiago de Compostela
O vindeiro 30 de outubro, venres, a Federación galega de Escolas Católicas, a través do seu equipo de normalizazión e dinamización lingüística organizou o V Seminario de Sociolingüística para todos os membros dos ENDL dos Colexios católicos concertados.

A xornada de mañá e tarde contou coa presenza do Secretario de Política Lingüísta Anxo Lorenzo, o cineasta e produtor Antón Reixa, colegas que nos ensinaran novos métodos de manexo das Tics xa pola tarde, xunto coa presenza do contador de contos Celso SanMartín e do protagonista da longametraxe Pradolongo.

Foi un encontro moi positivo que contou cunha alta participación. Agardamos boas noticias para a organización da Festa da Lingua e do Festival de Teatro deste ano.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal