Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xuizo da alcaldesa de Porriño
O concello de O Porriño contratou a dedo ao maxistrado titular Juan José Trashorras García. O xuíz foi o que absolveu a alcaldesa socialista, Eva García de la Torre,de delitos de falsedade documental. Grazas a esta absolución ,Eva puido volver a presentarse ás eleccións municipais...Todo moi sospeitoso. A Audiencia de Pontevedra corrixiu e ordeñou ao xuíz que revisara o caso por engano a uns clientes.

Andrea Suárez Freire
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Coa P: concurso cancelado por lei
O concurso máis visto das últimas dúas décadas na televisión española despediuse. A sentenza xudicial que Mediaset levaba anos recorrendo púxose en firme, polo Tribunal Supremo esta vez. Telecinco estaba condenada “a cesar inmediatamente a emisión do programa”.

O conflito empezara pouco despois de que Mediaset comprase o formato, unha versión de The Alphabet Game, o concurso da produtora británica ITV Global Entertainment. Entre 2000 e 2006 emitiuse en Antena 3, onde se lle foron modificando as probas e engadíuselle o famoso Rosco ao final. En 2006 pasou a mans de Mediaset. En 2009, tocaba renovar o contrato. Os británicos viran o potencial do seu produto en España e querían outras condicións. Ademais do diñeiro dos dereitos, querían ser produtora e levar un 10% dos beneficios. Se non, irían á competencia.

Aquel trato sempre deixou mal sabor de boca e o obxectivo desde entón foi rompelo. Había un pretexto: O programa apenas se parecía xa a The Alphabet Game. Mediaset rexistrou O Rosco, introduciu máis cambios (que tamén rexistrou), declarou o contrato nulo e, a finais de 2010, demandou a ITV. Aínda coa sentenza na súa contra, todo podía ir ben. Terían a fórmula dun Pasapalabra novo nas súas mans.

Ás 19.48, hora peninsular, case literalmente no último minuto, Mediaset admitiu que retiraba Pasapalabra da súa grella.

Valeria Labandeira Reimondez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Culleredo apoia a iniciativa veciñal de limpeza da ría, convocada para mañá
O Concello de Culleredo anunciou que apoia a iniciativa veciñal de limpeza da ría do Burgo, que se celebra mañá. Trátase dunha intervención que simboliza a defensa da rexeneración do estuario.

Esta acción estará apoiada por un operativo das forzas de seguridade e o voluntariado de Protección Civil. Ademais, o Concello ofrecerá aos asistentes o material necesario para a limpeza, unhas 300 unidades de mergulladores e luvas que se utilizarán ao longo da xornada. O Consorcio As Mariñas achegará os colectores necesarios.

O Concello púxose en contacto co promotor da iniciativa para coordinalas e colaborar co fin de que se desenvolva da mellor forma posible. Na cita participarán os mariscadores, polo que haberá persoas que coñecen ben o espazo para garantir que se respecte o medio natural.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, anima aos veciños a sumarse á iniciativa co obxectivo de concienciar da vital importancia ambiental e económica da ría do Burgo.

Sobre a situación actual da ría, o Goberno local espera que se impulse o "esperado" proxecto de rexeneración, que se acordou nun encontro celebrado o pasado mes de xaneiro. A cita estivo impulsada polo Goberno de Estado e nela participaron a Xunta e os municipios da comarca, que coincidiron na necesidade de protexer a ría do Burgo.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Adrián Ben consegue a sexta plaza no mundial de atletismo
O corredor de 21 anos nacido en Viveiro conseguiu a sexta plaza nos 800 metros no mundial de atletismo ao aire libre que se esta a disputar en Doha. Grazas a este resultado o atleta galego converteuse no mellor atleta español nesta disciplina. Adrián chegou á final coa quinta mellor marca dos participantes, e tras un comezo mellorable foi conseguindo postos ata o sexto que sería a súa posición final. O próximo obxectivo do lucense son os xogos olímpicos que se van disputar en Tokio no ano 2020.

Alejandro Santás González
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal