Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un colexio expulsa a unha nena do comedor escolar por non pagar o seu pai as
O colexio incorporará a cota voluntaria que pide ás familias para o sostemento do centro no mesmo recibo do comedor polo que dita achega "deixaba de ser voluntaria para as familias". Un colexio concertado de Alicante expulsou a unha nena do comedor despois de que o seu pai se negara a pagar unha decena de "cotas voluntarias", que ascendían cada unha delas a 82 euros. Despois de que se lle comunicara ao pai da menor que esta non podía seguir gozando do servizo por non facer fronte ás cotas, este decidiu interpoñer unha queixa fronte á Consellería para que se lle abrise un expediente ao centro.
Finalmente, o departamento autonómico revisou a situación e obrigou ao centro a readmitir á nena no comedor. no decreto publicado o 15 de abril faise constar que os centros docentes públicos e privados concertados, "en ningún caso poderán percibir cantidades das familias por recibir os ensinos de carácter gratuíto, nin esixir achegas en concepto de matrícula ou por reserva de praza". Tampouco poden impoñer ás familias a "obrigación de facer achegas a fundacións ou asociacións. Ese decreto exclúe ademais da gratuidade as actividades extraescolares, as complementarias, e os servizos escolares, "que en todo caso terán carácter voluntario". Agora obrigaron ao centro a readmitir á nena no servizo de comedor.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Nobel 2019

Goodenough ,Whittingham e Yoshino son os ganadores do Nobel de Química 2019 polo desenrolo das baterías ion-litio. Estas baterías ofrecen un alto rendemento e hoxe son de uso común na industria electrónica de gran consumo. Foi anunciado este mércores pola Real Academia das Ciencias Sueca. Foron propostas por primeira vez por M.S Whittingham, un químico inglés. En 1985 o xaponés Akira Yoshino incrementou moito a seguridade destas baterías despois de varias investigacións que fixo. Por último John Bannister Goodenough contribuiu ao desenrolo dunha batería que superaba a anterior en densidade enerxética, temperatura e seguridade.

Andrea Suárez 4º ESO A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Morre o Picasso galego
Encontran a Labajjo Gandío morto na súa casa de Friol(Lugo). Labajjo era un pintor de 80 anos que grazas a súa obra gañou o alcume do “Picasso galego”. Labajjo foi encontrado pola policía morto e sen un brazo debido as mordeduras do seu can. Segundo as primeiras investigacións sería un taxista do pobo o que deu a voz de alarma xa que non tiña noticias del dende hai máis de dúas semanas. Ao entrar a Garda Civil encontrouse a macabra escena do crime. Segundo os primeiros indicios podería levar morto máis dunha semana. O seu corpo apareceu devorado e con diferentes mordeduras por todo o corpo debido ao seu can que ao chegaren os axentes mostrouse moi agresivo. O concello de Friol declarou patrimonio do concello todos aqueles cadros que aínda mantiña na súa casa.

Alejandro Santás 4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Catro propostas galegas competirán nos Premios Nacionais de Artesanía

Catro candidaturas galegas compiten como finalistas das cinco categorías dos Premios Nacionais de Artesanía. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, aspira a gañar na categoría de Premio Promociona para Entidades Públicas, na que foi galardoada en dúas ocasións anteriores, pola súa contribución significativa á promoción dos oficios a través do proxecto Artesanía no Prato. Os Premios Nacionais de Artesanía son convocados anualmente polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo co obxectivo de recoñecer as traxectorias e actuacións máis destacadas no eido da artesanía contemporánea. Deste xeito, buscan contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar nelas a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. A presenza galega entre os finalistas destes premios é habitual, e así, nas 12 edicións que se levan celebrado foron elixidas como finalistas 25 candidaturas galegas, das que 10 acadaron finalmente o premio e unha recibiu unha mención especial. Os gañadores desta edición daranse a coñecer nunha cerimonia prevista para o próximo 4 de decembro.

Iván Abad Álvarez 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Conmemoración a Eduardo Barreiros
A conmemoración do centenario do nacemento de Eduardo Barreiros busca recordar e render unha homenaxe á súa figura, a dun pioneiro ourensán que cambiou o mundo do motor e logrou empregar a máis de 25.000 persoas no complexo industrial que levantou nos anos 50.
Pouco despois das sete da tarde deste pasado venres, desde a Praza Maior comezou a escoitarse o ruxido da Dodge. Despois dun ciclista da Policía Local, entrou a elegante e colorida comitiva de vehículos. Os numerosos afeccionados que agardaban con emoción á chegada non esqueceron sacar os seus teléfonos para rexistrar o desfile, o que deixou a máis dun despiste turista. "Que bonito", dixo máis dun.
A tan agardada homenaxe a Eduardo Barreiros (Gundiás, Ourense, 1919-A Habana, Cuba, 1992) comezou con moita alegría, tanto dos organizadores -o Club Barreirista de Galicia- como dos máis de 200 participantes de diversos lugares.
Tras a concentración de Dodges en Praza Maior, os participantes do evento trasladáronse ao Teatro Principal, onde se proxectou o documental "Barreiros, motor humano", unha peza producida por Elemental Films, La Región e TVG, e que inclúe a traxectoria do O empresario ourensán e destaca a importante pegada que deixou na economía española.
Laura Paz Somoza
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2019 08:17

Orixe da misteriosa partícula pantasma
Os neutrinos son unhas partículas subatómicas extremadamente escurridizas sen carga e apenas sen masa. Iso permítelles viaxar en líena recta polo universo atravesando calquera cousa que atopen, incluídas galaxias, planetas e a nós mesmos. Con todo, son «pantasmas», apenas interactúan coa materia. Non podemos velos nin sentilos. A maioría dos que chegan ao noso planeta proceden do Sol ou da atmosfera, pero uns poucos, os de altísima enerxía, orixínanse moito máis lonxe.
O 12 de xullo de 2018, o experimento IceCube, un inmenso observatorio enterrado baixo o xeo da Antártida, anunciou a detección dun destes poderosos neutrinos inergalácticos. Non era a primeira vez que se «cazaban» neutrinos de altísima enerxía pero si a primeira na que os investigadores foron capaces de trazar a súa traxectoria e descubrir a súa orixe.
A partícula solitaria, coñecida como IceCube-170922A, proviña dun blazar, un dos fenómenos máis violentos do Universo, denominado TXS 0506 + 056 e situado a 3.800 millóns de anos luz de distancia na constelación de Orión. Un blazar é unha galaxia elíptica xigante cun enorme buraco negro supermasivo que vira rapidamente no seu núcleo. Emite desde os seus polos dous xigantescos chorros de luz e partículas elementais que van en direccións opostas. Un dos chorros deste blazar en concreto apunta directamente cara á Terra, o que foi clave para desvelar a orixe do neutrino. O achado tamén permitiu identificar a primeira fonte dos raios cósmicos, uns chorros de partículas de altísima enerxía que bombardean continuamente a Terra.

Ricardo Ferreiro de Aguiar Nº11 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-10-2019 08:16

Pasapalabra di Adeus
Vémonos no próximo programa”. O concurso máis visto das últimas dúas décadas na televisión española despediuse sen dramatismo nin cerimonia; sen sentimento, case. Aqueles últimos minutos que se viron en Telecinco o martes ás 21.10, horas peninsular, nunca se pensaron como o final definitivo, só o dunha edición máis, a 3.292. Pero aquel martes todo cambiou. A sentenza xudicial que Mediaset levaba anos recorrendo púxose en firme, polo Tribunal Supremo esta vez. Telecinco estaba condenada “a cesar inmediatamente (…) a emisión (…) do programa”. Esas sete palabras, que non deixaron de repetirse en toda a semana, puxeron fin a 19 anos en antena, a nove de batalla xudicial, e a unha institución en millóns salóns de toda España. Case ninguén o sospeitaba ao espertarse pola mañá, pero aquel martes foi o fin a Pasapalabra.
A industria da televisión nunca vira nada igual. Pasapalabra, posiblemente o concurso cos espectadores máis fieis de España, acababa de asinar o mellor setembro da súa longa historia, cun 18,8% de cota de pantalla. Sentaba de media a uns dous millóns de espectadores diarios; moitos deles quedaban a ver o informativo que viña despois, e contribuían a que fose o máis visto da televisión. Pasapalabra adoitaba ser o espazo máis visto da súa franxa horaria e ter o minuto con máis audiencia de cada día, xeralmente coincidindo coa proba final de cada programa, O Rosco. Que un programa branco, cultural e de éxito fose amputado dunha grella resultaba inédito. Que o ordenase o Supremo dun día para outro, histórico.

Rodrigo Míguez
2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2019 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Bruxelas acepta incluír a Galicia no corredor atlántico ferroviario
Desde o 2014, o 85 % dos fondos Conectar Europa (CEF) investíronse en melloras da rede básica dos corredores ferroviarios de mercadorías atlántico e mediterráneo. Galicia, a pesar de estar conectada a esta rede -por unha liña mellorable, iso si- e ser un xenuíno territorio atlántico, non podía optar a estas axudas ao non estar incluída na rede básica transeuropea. Esta situación pode cambiar a partir do 2021, cando entra en vigor o próximo marco financeiro plurianual (até o 2027), grazas a que a Comisión Europea ha aceptado prolongar o corredor atlántico até os portos da Coruña e Vigo e os centros loxísticos galegos.
Trátase dunha formulación que aínda debe ser referendado pola Eurocámara e o Consello, pero fontes consultadas aseguran que o paso máis complexo, o feito de que a Comisión asuma como propia a proposta do Goberno de España, xa se conseguiu.

Adrián Osorio
2° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-10-2019 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal