Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arrinca o proceso xudicial para reclamar á familia Franco as estatuas de Abraham e Isaac
Case un ano despois da súa admisión a trámite, este luns arrincará en Madrid o proceso xudicial pola titularidade das estatuas do Pórtico da Gloria correspondentes a Abraham e Isaac, que o Concello de Santiago reclama ante os tribunais á familia Franco.

Será ás 9,00 horas cando o xulgado de instrución número 41 de Madrid, que admitiu a trámite a demanda municipal, celebre a vista oral preliminar deste caso, no que o consistorio compostelán reivindica a titularidade de dúas esculturas da Catedral que obran en poder dos Franco.

Nesta vista, tal e como comentou o alcalde de Santiago, o que "que queda por completar" son os testemuños e as probas para a celebración do xuízo, que o consistorio confía en que se celebre antes de final de ano, aínda que augura ao caso un percorrido "longo" que podería chegar até o Tribunal Supremo.

Raúl Rodríguez, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación multitudinaria contra o Brexit

Máis dun millón e medio de persoas congregáronse este sábado vinte de outubro, no centro de Londres para esixir ao Goberno británico, unha convocatoria para un novo referendo no que se someta a opinión dos cidadáns acerca do polémico Brexit. Quedan cinco meses para a retirada do Reino Unido da Unión Europea, e continúan as negociacións entre Londres e Bruxelas.

A manifestación concluiu as portas do Parlamento Británico. Entre os numerosos manifestantes, atopámonos con cidadáns de distintos países da UE, representados por The3Million, un grupo de relevancia que defende os intereses dos aproximadamente 3,4 millóns de cidadáns europeos que residen en territorio británico. Os manifestantes responden a convocatoria de People´s Vote (o voto do pobo), movemento que aposto como di o seu nome por un voto popular. A última gran mostra fronte o Parlamento para pedir un novo referendo convocouse en xullo e conseguiu xuntar arredor de 100.00 persoas. Os organizadores calcularon que esta contaría con maior participación. A manifestación congregou a unha multitude unida cunha difícil tarefa nas súas mans, convencer a primeira ministra británica, Theresa May, para convocar unha segunda consulta popular o sobre os resultados das negociacións con Bruxelas.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº 6

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación multitudinaria contra o Brexit

Máis dun millón e medio de persoas congregáronse este sábado vinte de outubro, no centro de Londres para esixir ao Goberno británico, unha convocatoria para un novo referendo no que se someta a opinión dos cidadáns acerca do polémico Brexit. Quedan cinco meses para a retirada do Reino Unido da Unión Europea, e continúan as negociacións entre Londres e Bruxelas.

A manifestación concluiu as portas do Parlamento Británico. Entre os numerosos manifestantes, atopámonos con cidadáns de distintos países da UE, representados por The3Million, un grupo de relevancia que defende os intereses dos aproximadamente 3,4 millóns de cidadáns europeos que residen en territorio británico. Os manifestantes responden a convocatoria de People´s Vote (o voto do pobo), movemento que aposto como di o seu nome por un voto popular. A última gran mostra fronte o Parlamento para pedir un novo referendo convocouse en xullo e conseguiu xuntar arredor de 100.00 persoas. Os organizadores calcularon que esta contaría con maior participación. A manifestación congregou a unha multitude unida cunha difícil tarefa nas súas mans, convencer a primeira ministra británica, Theresa May, para convocar unha segunda consulta popular o sobre os resultados das negociacións con Bruxelas.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº 6

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA DE DNI’s

Boa noite amigXs.
Hoxe é un deses días nos que, con diferenza, vos podería falar de centos de cousas que aconteceron, non todas boas, algunhas incluso estarrecedoras, dignas de esquecer.
Andaba eu nestas de pensar con que vos sorprendería no día de hoxe neste blog e vaites, que facendo a parada obrigada que en toda boa ruta se aprecie, collín o periódico e atopei algo que me sorprendeu: ti dime o número do DNI e eu direiche a letra.
Cóntovos:
O primeiro que debes facer é dividir o número do teu DNI entre 23.
Se as matemáticas non son o teu forte, colle a calculadora...
Comprobas o resto da división, que che vai dar un número entre 0 e 22 e mira a qué letra se corresponde segundo a seguinte táboa:



RESTO
0
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
LETRA
T
R
W
A
G
M
Y
F
P
D
X
B
RESTO
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22


LETRA
N
J
Z
S
Q
V
H
L
C
K
E

Ahhh pilleite!! A ver como sacas o resto na calculadora. Toca coller lapis e papel.
Como poderás comprobar agora, non están todas as letras do abecedario. Faltan o i , a o, o u e o ñ, por dar lugar a erros.
Pero o que máis me sorprendeu foi unha serie de curiosidades que non sabía:
Sabes quen tivo o número 1 do DNI? Pois nada máis e nada menos que Franco.
A familia real ten asignados os números do 10 ao 99, a excepción de Letizia que sigue tendo o mesmo que cando estaba solteira. Á infanta Cristina correspondíalle o número 13 que coincide co día do seu aniversario, o 13 de xuño, pero eliminouse por superstición por se daba mala sorte e quedouse co 14. Moi boa sorte tampouco é que lle dera!
Bueno amigXs por hoxe rematei. Como di o refraneiro:
Máis vale pouco e bo que moito e malo!
Apertas e ata máis ver.




Clara María Domínguez Iglesias
1qBACH A/N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Choiva torrencial

A intensa pinga fría que afecta a Península e Baleares, o peor episodio de choivas torrenciais dos últimos dez anos en España, empézase a debilitar hoxe en Cataluña e a Comunidade Valenciana (no sur de Tarragona e norte de Castellón a alerta hoxe é laranxa) para retirarse cara ao sueste, onde se mantén activada a alerta laranxa, de risco importante, por precipitacións en Murcia, Almería, Granada e Málaga. Nesta última provincia, na zona da Costa do Sol e Guadalhorce a alerta é vermella desde as seis da mañá segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Onte, pola súa banda, houbo fortes choivas, sobre todo en Aragón, sur de Cataluña e norte da Comunidade Valenciana. O temporal bateu o récord de cantidade de auga caída nunha hora en España, segundo os datos provisionais que manexa a Aemet. Onte venres recolléronse ata 159,2 litros en menos dunha hora entre as seis e as sete en Vinaròs (Castelló) e xa levaban 240 acumulados. Ata agora, o valor máis alto de precipitación nunha hora na rede de Aemet rexistrouse o 31 de marzo de 2002 en Santa Cruz de Tenerife, 129,9 litros por metro cadrado.


Rodrigo Míguez Fernández
1°BACH B /N°5
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
O chicle infinito

Todos coñecemos a sensación de mascar un chicle durante moito tempo e que acabe converténdose en algo máis relacionado cunha sola de zapato que cun artigo comestible. A idea de que o sabor intenso do principio da goma de mascar dure para sempre é un soño. Pero é soño está moi preto de converterse en algo real debido a unha idea presentada no Simposio ACM sobre Software e Tecnoloxía de Interface de Usuario en Berlín (Alemaña) por uns científicos xaponeses.
Liderados por Naoshi Ooba, o grupo de investigación pertencente á Universidade Meiji (Xapón) propón un «chicle» transparente que dura para sempre grazas a un dispositivo que xera unha corrente eléctrica na lingua. Pero, lonxe do que se poida pensar, non se trata dunha sensación desagradable, senón que estas pequenas «descargas» (producidas pola enerxía que se desprende do acto de mastigar) son capaces de «enganar» ás papilas gustativas da lingua para experimentar diferentes gustos.
Chamado «chicle eléctrico infinito», utiliza a enerxía piezoeléctrica: un fenómeno no que algúns materiais producen unha carga eléctrica cando se comprimen (como no caso desta goma de mascar cando é apertada pola dentadura). Coas medidas dun chicle tradicional, os científicos incorporaron o elemento piezoeléctrico e uns eléctrodos envoltos nunha fina película de plástico. Pero, ao contrario que a versión clásica, o sabor durará durante todo o tempo que se siga mastigando grazas ao estímulo eléctrico.


Ricardo Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/ Nº13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
A fronteira para Honduras

A desesperación é un salto de vinte metros ata a auga. Despois de miles de quilómetros a pé para escapar dun país super-violento con un alto nivel de desemprego, escalando unha cerca de fronteira nunha ponte, agarrado a unha corda e caer nun río parece unha mera formalidade para acadar un obxectivo aínda chamada distante Estados Unidos.

O 11 de outubro, o goberno hondureño reportou un aumento do 12% ao 18% no prezo da electricidade. O anuncio, que non se estender a fóra do país, é a clave para entender por que parte do éxodo masivo que comezou só dous días despois, e foi chamado o migrante caravana. Honduras é un país onde sete de cada dez persoas sobreviven con empregos informais entre barrios controlados por bandas. Malia todo isto, o presidente Juan Orlando Hernández chegará hoxe a Guatemala a negociar para que a xente regrese. México xa ofreceu 45 autobuses para facelo.
Agora, máis de 4.000 hondureños esperar sobre unha ponte quilómetros que separa o bordo da Tecun Uman (Guatemala) en Ciudad Hidalgo (México). Desde o mediodía o 19 de outubro, despois de preto da fronteira para o lado de Guatemala, a xente, entre os que hai centos de nenos, esperan que o goberno mexicano a abrir a fronteira. Din que che deixarán pasar ás sete. A ponte, ao amencer, parece un campamento de refuxiados.


Adrián Osorio Míguez
1°BACH B / N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Apoio político aos traballadores de Alcoa
En Marea avisou de que non debe caerse na "chantaxe" ante o anuncio de que a multinacional do aluminio Alcoa pechará as súas plantas da Coruña e Avilés, que dan traballo a 700 persoas, máis da metade na factoría herculina.

Tanto o portavoz rupurista, Luís Villares, como o deputado Antón Sánchez comezaron as súas respectivas roldas de prensa celebradas este xoves con referencias ao anuncio de Alcoa e expresando a súa solidariedade cos traballadores, aos que acompañarán nas súas mobilizacións.

Villares apuntou que no caso de que se produza o peche das plantas En Marea reclamará que a multinacional devolva as subvencións recibidas para garantir a viabilidade das factorías e que, como lembrou, "non foron" empregadas na modernización das instalacións.

Así, avisou ante as "chantaxes" da empresa e urxiu aos Gobernos central e autonómico a "buscar solucións" para garantir os postos de traballo dunhas fábricas que, segundo Villares, "son viables".

Nesta liña, avanzou que En Marea volverá levar ao Parlamento de Galicia e ás Cortes unha serie de iniciativas que buscan reformar a regulación do sistema eléctrico para a "estabilización da factura da luz", tanto para usuarios como para empresas.
Wuimer Álvarez Célix,2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
licia ten mais de 7000 km de canles que poden xerar desbordamemtos

A asociación ecoloxista Arco Iris advirte que Galicia alberga 7.085 quilómetros de canles "que poden xerar desbordamentos", segundo datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación aos que se referiron nunha nota de prensa.

En concreto, a demarcación hidrográfica Galicia Costa ten 2.223 zonas inundables, mentres que Miño-Sil acumula até 3.153. Nestas áreas, alertan os ecoloxistas, "o perigo para as poboacións lindeiras é unha realidade".

En vista destas cifras e do "final tráxico" ocorrido nas riadas de Baleares esta semana, Arco Iris fai fincapé na "infinidade" de antigas presas e saltos de auga en Galicia que se atopan en "abandono absoluto" e "carecen do máis mínimo mantemento".

"O mal estado ou a localización inadecuada destes elementos pode pór en perigo a conservación de bens materiais e mesmo vidas humanas en casos catastróficos, porque a Xunta carece de calquera instrumento de planificación e prevención destes acontecementos", critica a asociación.


Todo iso, proseguen, "está a ter xa serias consecuencias" no impacto "crecente" do cambio climático sobre os ríos. Neste sentido, Arco Iris pon o foco nas riadas "que se produzan no futuro" polo quecemento global e que "deberían forzar" ao Goberno autonómico a elaborar documentos técnicos para "limitar no posible" os danos que poidan ocasionar.

Alba González Salgado,2º Bacaharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
GRANADA CHORA A MORTE DO GARDA CIVIL ASASINADO


As localidades de Huétor Veiga e A Zubia gardaron este mediodía un minuto de
silencio polo axente da garda civil falecido ao recibir un disparo no abdome
esta madrugada. Este profesional, que estaba destinado na Zubia, era moi
querido polos seus habitantes, segundo indicou o seu alcalde, Antonio Molina.
"Era moi coñecido xa que facía moita rúa", explicou Molina, quen resaltou que
o pobo se atopa "abatido" nestes momentos. Así quixeron expresalo, deixando
as bandeiras do cuartel da Garda Civil izadas a media hasta en sinal de loito e
respecto.
Os seus compañeiros descríbeno como unha persoa moi traballadora e
competente que cumpría sempre con "os seus deberes e obrigacións".
Durante a tarde deste luns instalouse unha capela ardente na Comandancia da
Garda Civil de Granada para velar o corpo do axente falecido en acto de
servizo. O martes tivo lugar a misa funeral na Catedral desta cidade.
Os feitos ocorreron na madrugada deste luns cando o axente, José Manuel
Arcos, xunto cunha compañeira, que estaba de prácticas, daban o alto a un
coche en Huétor Veiga. Nese momento iniciouse un forcejeo que provocou que
ao garda civil caéseselle a pistola. Foi entón cando o acusado arrebatoulle a
arma regulamentaria e disparoulle. Despois diso fuxiu do lugar coa arma
homicida.
O axente foi trasladado ao hospital do Parque Tecnolóxico da Saúde onde os
médicos non puideron facer nada por el, tras practicarlle unha cirurxía.

O Instituto Armado iniciaba entón un dispositivo de procura. Esta operación
contou, ademais de con todos os axentes da Garda Civil, con membros da
Policía Local e con axuda aérea.
Ás 09:25, unha patrulla de Albolote lograba deter ao presunto autor do
homicidio, un individuo de 40 anos que xa contaba con antecedentes policiais.

alba losada álvarez
2º bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [16]
© by Abertal