Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As contas de Economía e Emprego son as que máis crecen en 2019 e Infraestruturas é a que menos sobe

Os orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria son os que máis soben en 2019, ao crecer un 10,3% respecto das contas da Xunta de 2018 (pasa de 464 a 511,6 millóns de euros).

Este venres, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou as contas que comezan agora a súa tramitación parlamentaria, nas que hai unha subida xeneralizada de todos os departamentos, aínda que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é a que menos sobe de forma relativa (+2,2%), até os 378,5 millóns de euros. Se ben este departamento, dende os últimos cambios na estrutura do Goberno, deixou de ter as competencias de vivenda.
No tocante aos departamentos sociais, as contas de Educación elévanse un 3,3% (2.390,2 millóns), as de Sanidade tamén un 3,3% (3.987,3 millóns) e Política Social avanza un 4,6% (732,9 millóns).

Todo iso, nuns orzamentos que chegan após a remodelación do Goberno autonómico que provocou cambios nas consellerías. Entre elas, Cultura, que deixa de estar con Educación, e elévase un 6,3% (144,4 millóns) após sumar Turismo nun ano no que se inclúe unha partida de máis de sete millóns de euros para o Xacobeo 2021.


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
As cacicadas dos fabricantes de impresoras
As impresoras son aparellos que usamos a diario. Os fabricantes das impresoras aprobeitáronse do seu uso para obter grandes beneficios económicos de maneira desmesuurada. Que estas emoresas (como Epson, Samsung, HP, Brother...) por nomear algunhas se aprobeitan de nos sobrepasando un límite non é nada novo. Cando os prezos dos cartuochos de tinta comezou a subir esaxeradamente, comezaron a aparecer os cartuchos de tinta compatibles. Esto as tecnolóxicas non lle gustaron nada e comezou unha guerra xudicial para ilegalizar o uso de cartuchos compatibles. Como a xustiza fallou a favor da venda de cartuchos compatibles, as tecnolóxicas ante o risco de que o seu "chollo" se esgotase, comezaron a bloquear progresivamente o uso de cartuchos compatibles en algúns modelos de impresoras.
Os usuarios queixanse de que o instalar unha actualización de software da impresora para mellorar a seguridade da mesma, o fabricante instala un programa para que a impresora non recoñeza ningún cartucho que non sexa orixinal; xa que dende que se instala a actualización non volven funcionar os cartuchos compatibles.
Os estado francés vendo estas prácticas contra os consumidores, creo unha lei contra estas prácticas que ademáis de afectar negativamente aos consumidores, constitúe un grave problema medioambiental. Recordemos que hoxe en día sae case o mesmo prezo comprar recambios de tinta orixinais que comprar unha impresora nova con cartuchos incluidos.

David Santeiro
1°Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
As grandes cidades gastan moitísima enerxía na iluminación nocturna. Pero, agora, científicos chineses idearon un proxecto sorprendente para tentar diminuír diTo gasto. A idea é fabricar unha lúa artificial.

Tal e como informa o xornal chinés O diario do pobo, citando fontes do Chengdu Aerospace Science and Technology Microelectronics System Research Institute Co, o proxecto consistiría en fabricar un satélite artificial que imitaría o resplandor da lúa.
Espérase que o seu brillo sexa oito veces superior ao do noso satélite. E espérase que a fusión de ambos sirva para substituír a iluminación artificial dunha cidade como Chengdu, xa que podería cubrir unha área de ata 80 quilómetros de diámetro.

Técnicos do Institute of Optics, School of Aerospace, Harbin Institute of Technology, involucrados no proxecto, explican que o seu resplandor sería similar ao que se produce nas horas do atardecer, e que cren que non tería que influír negativamente nos ciclos vitais dos animais. Según o diario chinés, o ano 2020 é a data na que está previsto que este proxecto fágase realidade e esta lúa artificial sexa posta en órbita.

Susana Velasco
1° Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Debemos cambiar o noso uso horario en España?
A Comisión Europea anuncio que presentará unha iniciativa para que os paises da Unión Europea non teñan que cambiar a hora nuns días como ocorre todos os anos. A maioría dos paises están dacordo, pero que ocorre en España? O presidente do goberno Pedro Sánchez anunciou unha comisión de expertos para evaluar o mellor uso horario para España. Según os expertos España debe ter o horario de verán de Londres, e dicir o actual pero con unha hora menos como ocorre en Portugal ou Gran Bretaña. Solo abería que cambiar algúns hábitos como sair antes dos traballo, cenar antes, acabar antes as clases. Senón podería ocorrer que en Galicia o sol non saería ata as 10 da mañá en inverno. O debate está aberto, Ti que opinas?


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nave espacial na A Teixeira
Nestes días filmáronse as últimas escenas da película que protagoniza Lucio Ballesteros. Un galego de 88 anos que ten unha nave espacial de 20 metros aparcada ao lado da súa casa a cal pode realizar unha viaxe ficticia ao planeta 10/7. A película dirixida polo xoven ourenseán Xoel Méndez será un documental biográfico do xénero coñecido como biopic. Un film onde se admira a súa forza e a súa vitalidade a dun home que non para. A película unha vez rematada irá ao mercado da berlinale .Unha historia entre a realidade e aficción entree o personaxe e o seu mundo entre as terras de A Teixeira e o planeta 10/7. E todo isto sen sair de Galicia.


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Silvia Earle a dona dos oceanos
Silvya Earle, Premio Princesa de Asturias da Concordia 2018, é unha oceonógrafa, é a primeira muller en descender 381 metros de profundidade, record de imersión en solitario dirixe a máxima institución do oceano dos Estados Unidos publicou máis douscentos artículos científicos, decenas de libros e varios documentais para national geographic.

Este venres en Oviedo onde acudiu a recibir o seu galardón, ás preguntas dos xornalistas sobre como podemos axudar a salvar os oceanos destacou a importancia de valorar la vida marina máis alá do que vemos no prato. Agora ela prefere non comer pescado, e intentar dar unha solución ao problema da disminución da vida marina. Manifestou que galicia podería ser un Punto de Esperanza según os postulados da Unión Internacional para a Conservación.


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2018 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
O Centro Ecuestre `O Mundil´ colabora para recuperar o cabalo salvaxe galego, queestá en perigo de extinción.
As montañas de Baixa Limia, principalmente, pero tamén en áreas de Terra de Celanova, O Ribeiro e O Carballiño son os últimos redutos na provincia de Ourense, onde se reproduce en semiliberdade o cabalo galego. Colaborar para recuperar esta especie ameazada, é a nova meta da Asociación de cabalistas O Mundil de Nogueiró (Cartelle), que, a través dun acordo de cooperación asinado coa Xunta de Galicia e Breeders Association facer Cabalo Pura Raza Galega (Puraga), é responsable de desbravar a espécimes salvaxes para asignación posterior a grupos e organizacións de todo o península.

O traballo, recordou onte o alcalde e presidente do Centro Ecuestre, Jaime Sousa Seara, "comezou fará xa dous anos e xa pasaron polas nosas instalacións máis de 20 cabalos". Do proceso de socialización dos exemplares encárgase Sebastian del Cristo Mourille que, en menos de tres meses, é capaz de desbravar o animal e prepararalo para as disciplinas de `doma clásica, salto e enganches´,e mesmo traballar con eles nas clases de equitación que temos cos rapaces. E iso dá garantías á hora de buscarlles un fogar dicía Jaime Sousa, que explicou que unha vez que este proceso sexa completado, os animais son asignados gratuitamente pola PURAGA a clubes hípicos, pero tamén a asociacións que traballan con grupos de devantaxas, casas de turismo rural ou granxas-escola.

Beatriz Abundancia, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
O delegado do Goberno fixa en 2020 a chegada a Galicia do tren de alta velocidade en probas
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, sinalou este luns na súa visita ás obras da liña de alta velocidade en Ourense -do viaduto de Teixeiras e do túnel de Cerdedelo- que a chegada do AVE en probas á Comunidade galega producirase en 2020.

"Os compromisos avanzan de acordo co desexo de que a liña de alta velocidade permita reducir nunha hora a duración da viaxe entre Galicia e Madrid e que, en 2020, seguindo os compromisos tomados polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Beira, esteamos en capacidade de poñer xa a alta velocidade en probas", asegurou Losada aos medios de comunicación.
Neste sentido, o delegado do Goberno destacou que as obras que se executan na zona que visitou xunto co director xeral de Construción de Adif, Juan Pablo Villanueva, son "dunha magnitude impresionante" e "demostran o compromiso dos diferentes Gobernos que tivo España e do Goberno de Pedro Sánchez para cumprir os compromisos, que van en data e forma". Así as cousas, felicitou "aos traballadores e traballadoras, ao equipo técnico e ás empresas que están a construír" unha "magnífica obra", a cal "vai en paralelo á magnitude do compromiso que ten o Goberno de España coa chegada da alta velocidade a Galicia".

Ester Barreira, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Diferentes personalidades políticas e sociais estiveron a dar apoio neste 19 de outubro a toda a sociedade feminina, nun acto na fonte de Mariñamansa
A fonte situada en Mariñamansa na Avenida de Zamora cambiou a transparencia da auga, por unha cor vermella que emana desde a base este 19 de outubro para conmemorar o Día Internacional da loita contra o cancro de mama. Diferentes personalidades sociais e políticas deron forza neste día tan significativo a toda a sociedade feminina

O cancro de mama converteuse no tumor máis frecuente entre as mulleres, pero a súa mortalidade vaise reducindo paulatinamente grazas aos avances na investigación dos últimos anos, que permitiron pasar dun 70 % ao 90 % das pacientes libres da enfermidade cinco anos despois do diagnóstico e tratamento do tumor.

Lucía López, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha aplicación para os percebeiros 2.0
O de percebeiro é un oficio arriscado; a fraxilidade do ser humano mídese coa intensidade do mar e a dureza das rocas. Os percebeiros son profesionais que necesitan unha dose de arroxo extra para saír a facer o seu traballo. Desde o 2012 contan cunha ferramenta informática que lles facilita decidir si se dan as condicións para saír a retar ao mar. Chámase Percegurú, e é unha ferramenta informática nada da suma do talento dos investigadores do Intecmar e dos de Meteogalicia que ofrece datos sobre a altura das ondas, temperatura e ventos en máis de mil puntos da costa galega
Ese traballo conxunto permitiu desenvolver unha páxina web na que os percebeiros galegos poden coñecer, con tres días de antelación, as condicións que reinarán nunha determinada zona e, con eses datos na man, decidir si saen ou non a faenar. Así que Percegurú converteuse nunha ferramenta útil para o sector, e a partir de agora aínda o será máis. En Intecmar, presentouse a confrarías e percebeiros a actualización da aplicación, a versión 2.0. Esta nova versión brinda información máis detallada e sen interrupción durante a fin de semana.

Sofía Cougil García, 2º BACH.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2018 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal