Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece aos 85 anos Montserrat Caballé
A soprano Montserrat Caballé faleceu a pasada madrugada aos 85 anos de idade no Hospital de Sant Pau de Barcelona, segundo confirmaron fontes hospitalarias a EFE.
A soprano, cuxa saúde era delicada desde facía anos, atopábase ingresada desde mediados do pasado mes de setembro por unha doenza que padecía desde facía tempo.
Caballé é unha das grandes voces líricas do século XX, a máis universal das cantantes de ópera españolas, unha diva á altura de mitos como Maria Calas, Joan Sutherland, Elisabeth Schwarzkopf ou Renata Tebaldi, tanto pola súa calidade vocal como polo seu dominio da técnica.
Ao longo dos seus máis de 50 anos de carreira, Caballé interpretou centos de óperas e concertos nos principais teatros de todo o mundo xunto ás mellores orquestras e reparticións, grazas a un repertorio que abarca preto de 90 papeis correspondentes a máis de 40 óperas.

Aitana Lanzós, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Falece con 23 anos o ciclista belga Jimmy Dunquennoy
O ciclista belga do equipo Wallonie Bruxelles-Aqua Protect- Veranclassic Jimmy Dunquennoy, de 23 anos, faleceu na súa casa por unha crise cardíaca, informou hoxe a prensa local. O seu director deportivo, Frederic Amorison, explicou á televisión pública RTBF que leste mesmo mércores puidera facer ruta co mozo no regreso a casa desde Alemaña, onde disputou a súa última carreira, o Circuíto de Munster.


Camilo Blanco 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Un selo conmemorativo e un gran mural para a recta final do Ano María Victoria Moreno
María Victoria Moreno será a protagonista dunha tiraxe especial de selos de correos para coleccionistas. Verá a luz o vindeiro 22 de novembro, o día do 13 cabodano da autora á que a Real Academia Galega dedicou este 2018 o Día das Letras Galegas. O Concello de Pontevedra agasallará cun selo da tiraxe especial as distintas entidades implicadas no Ano María Victoria Moreno, os centros sociais da cidade e a familia da autora. As persoas interesadas en facerse cun destes selos tamén poderán solicitalo á administración local, segundo anunciou onte o concelleiro de Normalización Lingüística.
A Real Academia Galega celebrará, pola súa banda, os días 27 e 28 de novembro o Simposio María Victoria Moreno cun completo programa de relatorios e mesas redondas. Os encontros terán lugar na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña.


Lucía Alvarellos, 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 07-10-2018 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Dous incendios activos en Nogueira de Ramuín e Muíños afectan a unhas oitenta hectáreas
Dous incendios forestais están activos na provincia de Ourense desde onte á noite. O de maiores dimensións afecta ao concello de Nogueira de Ramuín, á parroquia de Santo Esteve De Ribas de Sil. Comezou ás 21:10 do xoves e afecta a 75 hectáreas, segundo datos recolleitos pola Consellería de Medio Rural ás 9:30 horas desta mañá.
En Muíños, está activo outro lume que comezou ás 22:05 de onte e afecta a zona do parque natural do Xurés, na parroquia de Prado de Limia. A estimación provisional é dunhas oito hectáreas de superficie queimadas. Medios de extinción terrestres e aéreos combaten ambos os incendios.

Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2018 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
"Edificios enfermos": urxen controis tras dúas sentenzas

A recente sentenza do Xulgado do Contencioso número 1 de Ourense, que recoñece como accidente laboral a síndrome de sensibilidade química múltiple ou síndrome do "edifico enfermo", –relacionado coa contaminación do aire en espazos pechados–que adquiriu unha traballadora no inmoble de Política Social da Xunta, en Sáenz-Díez, dá un impulso a sindicatos como CSIF, que reclama "medidas urxentes" á administración para que as construcións deste tipo pasen controis e medicións "que garantan a seguridade dos traballadores".

O propio fallo cita como exemplo de "edificios que xeraron serios problemas de habitabilidade por mor da ventilación" ao de Ferro do Campus ourensán e á nova cidade da xustiza de Málaga. Aínda que máis preto, o novo edificio xudicial no Couto, non está exento de polémica entre os traballadores. Con todo, o sindicato insiste en evitar caer no "alarmismo".

Paula Váquez Dacruz
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2018 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
DESALOXADOS PRETO DE 30 ADOLESCENTES QUE VIVÍAN NUN HISTÓRICO PALACETE CORUÑÉS

Alguén que non quere desvelar o seu nome pagou hai 6 meses preto dun millón e medio de euros por unha das casas máis bonitas e singulares da Cidade Vella coruñesa.

Este venres decatouse de que o histórico inmoble levaba tres meses sendo ocupado por preto de 30 adolescentes, moitos deles magrebís fuxidos de centros de menores e pequenos delincuentes.

Un veciño decatouse, chamou á Policía Nacional e cando os axentes presentáronse, tras unha densa cortina de fume de marihuana que botaba para atrás, empezaron a aparecer mozos por todas partes. Tantos, que tiveron que mobilizar tres furgóns policiais e dous vehículos camuflados.

Un a un foron identificando e un a un foron abandonando o singular palacete sen dicir nin  mu, resignados e coa cabeza gacha. Coas súas mochilas ao lombo e algún ata coa súa bicicleta. Non houbo discusión. Ao tratarse de adolescentes, a Policía só puido identificalos e deixalos ir. Iso si, sen a marihuana que se estaban fumando ás seis da tarde do venres, cando se produciu o sorprendente achado.
Descoñécese si sabían do valor do edificio que ocuparan. Perfectamente conservado, o palacete, construído no século XVIII, coñecido como o Consulado, pois aí tivo Francia a súa sede diplomática en Galicia durante moitos anos, e situado fronte ao cuartel de Capitanía, está catalogado como de singular valor arquitectónico integral. É das casas máis fotografadas polos turistas que pasean pola Cidade Vella.


                                                         ALBA MILLÁN BORRAJO
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
QUE OUTRAS CIDADES DO MUNDO FAN COS COCHES


A área de tráfico restrinxido en Madrid Central promueve o debate sobre as medidas que se toman noutras cidades para combater a contaminación causada polos vehículos,que terá efecto no centro da capital o 23 de novembro eo Protocolo contra a Contaminación,que chegara o luns. O contexto europeo está movéndose nun ambiente similar ao proposto por Madrid:o Parlamento aprobouno o mércores para aumentar os requisitos de reduccións de emisións para novos vehículos e furgonetas.Desde peatonilizacións e carríls de bici en Valencia ata a “taxa de conxestións”en Londres revisan que fan varias cidades con este problema.

Lucía Forneiro Meréns
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Pompeo e Kim volveránse xuntar con Trump
O líder norcoreano, Kim Jong-un e o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump volveránse reunir e a poder ser o antes posible.

O secretario do Estado norteamericano, Mike Pompeo e o dirixente Kim Jon-un, acordaron no transcurso da reunión programada para este domingo, sete de outubro, traballar para facer factible un posible encontro e continuar a súa negociación. Pompeo mantivo unha conversa cunha duración de case catro horas con Kim. O obxectivo de esta,era posibilitar o proceso de negociacións en torno ao programa nuclear norcoreano e asegurar que ambos países comparten a mesma perspectiva.

Tanto o xefe da diplomacia estadounidense como o resto do equipo manifestaron optimismo tras a xuntanza e compartiron comentarios como; “seguimos facendo progresos” ou “esta viaxe foi mellor ca da última vez”.

A pesar da positividade no ambiente ambos gobernos son conscientes de que é unha viaxe longa e complicada. Mentras tanto os espectadores do suceso, seguiremos as novas do próximo encontro.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGA A ESPAÑA 73 ANOS DESPOIS UN ÓLEO SOBRE O FRANQUISMO PINTADO POR CASTELAO

‘A derradeira leición do mestre’ xamais saíu de Arxentina e viaxa a Santiago para unha exposición.

Castelao estaba case cego para as distancias longas.“ Dende neno, pola tuberculose, tivo unha saúde bastante débil, e nos ollos padeceu coriorretinitis. Case non vía “, explica Miguel Anxo Seixas Seoane. Seixas é o comisario da exposición sobre o artista que se inagurará o venres na Cidade da Cultura (Gaiás, Santiago de Compostela), e na que se verá en España esta pintura: A derradeira leición do mestre, un lenzo vertical de dous metro de altura por 1,36 de ancho que, sen dúbida, comenta o seu biógrafo, tivo que ir pintando “por parcelas”, debido a súa enfermidade. Castelao pintou o óleo en 1945, no seu exilio na capital de Arxentina, e a obra xamais saíu do país ata agora.

No óleo un home xace derrubado no chan, ao pé de dous vellos árbores sen ramas e ante dous nenos con camisa branca que choran no medio dunha paisaxe desolada.


Paloma González González
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-10-2018 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
ENGANCHOUME!
Boa tarde amigXs.
Unha semana máis estou aquí esta vez para falarvos de algo que me apaixona: camiñar.
Xa vai para catro anos que me “enganchei” a este deporte e non sabedes cómo se vota de menos cando non se podo saír.
Dou por seguro que estades cansados de escoitar falar de “runnings” e “sendeirismo”, pero isto non é ningunha novidade porque para o ser humano a necesidade de desprazarse sempre estivo aí. A nosa anatomía está deseñada para camiñar e así, hoxe é un dos deportes máis populares, xa sexa para manternos en forma ou para gozar da natureza, ou ámbalas dúas; porque unha non ten porque excluír á outra.
Pero a forma de camiñar e os motivos polos que os nosos antepasados o facían e os nosos, pouco teñen que ver. A modernidade e as tecnoloxías chegan a todos os campos da nosa vida e como non podía ser doutra forma, tamén a este deporte.
Antes saías a camiñar e ías dende aquí ata alá, sen preocuparte pola distancia, as calorías, a velocidade… agora, cada vez é maior a cantidade de dispositivos e aplicacións que nos permiten coñecer dende o primeiro momento, a distancia, a velocidade, as calorías queimadas... Reloxos e smartphones, van controlando en cada pisada ata a presión que exercemos ao poñer o pe no chan.
E como non falar das zapatillas para camiñar. Agora ata che fan zapatillas en 3D coa túa forma de pisar e adecuada á forma dos teus pés. Onde van aquelas camiñatas que se facían en alpargatas e descalzo. Quilómetros e quilómetros que os nosos avós facían cargados con sacos, cántaros, feixes...
E claro, como nos estamos preparando para a Barkley Marathons... temos que controlar os “tempos” e baixar as nosas “marcas” e tras o intenso exercicio, “recuperarnos”.
Estamos aviados! AmigXs, saír a camiñar pero facéideo polo simple goce de camiñar. Andar quilómetros, si, pero sen preocuparnos se o facemos neste tempo ou noutro. Comezar a camiñar é acostumarse a unha disciplina deportiva que vai requirir tempo e esforzo pero á que temos que acostumarnos con sentidiño. Aqueles que saen a camiñar o primeiro día coma se se acabara o mundo, ao día seguinte non volven. As cousas hainas que facer con coidado e pensando en que queremos gozar do que facemos e que nos dure no tempo. Solo así poderemos ver os auténticos resultados tanto psíquicos como físicos. Porque si, andar é un deporte psíquico e físico xa que mentres andamos poñemos en orde a nosa testa e axúdanos a liberar endorfinas, o mesmo que se estivésemos a comer chocolate. Por iso non encontramos tan ben cando rematamos.
Encántame! Engánchate! Cantos máis quilómetros mellor me atopo e máis lugares visito.
Goza da natureza tanto en verán como en inverno dando longas camiñatas. O teu corpo e a túa mente agradecerancho.
Apertas e ata a semana vindeira.



Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2018 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal