EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Piden axuda para salvarlle a vida a un cachorro achado nun colector de Redondela
"¡¡Necesitamos a túa axuda para salvala!!". Así é como arrinca unha mensaxe publicada pola protectora de animais Bai.Senpulgas do Val Miñor no que apela á solidariedade cidadá para salvarlle a vida a unha perrita que este fin de semana aparecía nun colector de Redondela e que necesita urxentemente unha operacion.
"Ten un gran problema", explican na mensaxe publicada na súa páxina de Facebook. "Ten hidrocefalia, é unha acumulación de líquido cefalorraquídeo que segue e segue aumentando ata causar a morte", escriben nun texto no que publican unha imaxe do cachorro, ademais das razóns polas que se pide axuda á poboación.

A fatídica conta atrás desta perrita ten unha duración de 48 horas pois foi a propia Bai.Senpulgas a que explicou que o mércores habería, como moi tarde, habería que realizar a operación que pode salvarlle a vida. "Temos ata o mércores para recadar para facer un TAC, que nos custa 490 euros e unha posible cirurxía que non sabemos o que nos vai a custar".
A falta de fondos e o escaso financiamento coa que contan -denunciada en múltiples ocasións- fixo que a organización abra unha conta en Paypal para recibir as doazóns que necesitan para salvarlle a vida o can. Achegan, ademais, os datos dunha conta bancaria de Abanca: É30 2080 5015 6130 4002 8917.
Ángela I.Baig 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2018 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Anulan un concurso do Concello da Coruña por "discriminación positiva" ao colectivo LGTB+ na contratación
O goberno local apelou á "boa intención" para xustificar que o concurso promovido para contratar o Espazo Diverso incluíse a "discriminación positiva" do colectivo LGTBQI na contratación de acordo coas cláusulas de adxudicación para prestar este servizo.
Ademais, anunciou que iniciará un proceso de contratación por trámite de urxencia despois de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia anulase, segundo publica 'La Voz de Galicia', o concurso, destinado a crear un espazo municipal para as diversidades sexuais e identidades de xénero.
O tribunal adoptou a decisión despois dun recurso da Asociación Galega para a Saúde Sexual, unha das entidades que optaba ao concurso, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.
No seu recurso, alegaba que non hai un marco legal que apoie a "discriminación positiva" por orientación sexual na contratación de persoas LGTBQI por parte da adxudicataria deste servizo.
"O Concello está en trámites para axustarse ao tribunal", explicaron fontes municipais. Así, sinalaron que agora se iniciará un proceso de contratación pola vía de urxencia "para ofrecer un servizo integral ao colectivo LGTBQI desde o Espazo Diverso". Tamén insistiron na vontade de adxudicar "canto antes" un servizo promovido pola Concellaría de Igualdade.
Preguntada pola decisión do Tribunal Administrativo de Contratación Pública, coincidindo coa rolda de prensa que ofreceu para informar da posta en marcha do Consello Local de Saúde, a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, manifestou que "se tentou facer con toda a boa intención esa discriminación positiva".
"Respondéronnos que non cabe porque non ten marco xurídico e non pasa nada", engadiu, restándolle importancia á decisión e subliñando que o concurso con ese criterio "estaba a realizarse coa mellor das intencións".


Eva Muñiz 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2018 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Xouva 4.90: o barco eléctrico, sen carné e accesible para todos
O enxeñeiro naval José Manuel Ballester desenvolve un barco para aluguer de propulsión eléctrica, sen ruído e cunha autonomía de seis horas
José Manuel creou unha embarcación que se move mediante baterías eléctricas e ten un tamaño o suficientemente pequeno para non precisar de carné para manexala.
Xouva 4.90 pódese ver no peirao deportivo de Sanxenxo. Destaca tamén por ser insomerxible, xa que os dous cascos que o compoñen están separados en cinco compartimentos estancos que minimizan a inundación en caso de que haxa unha vía de auga.
A embarcación pretende ser un punto de partida para “encamiñar o turismo cara a outros tipos de oferta máis sostible; e non só na costa, senón tamén en augas interiores de ríos navegables, encoros e lagos.
O feito de ter propulsión eléctrica, o que reduce a contaminación acústica e atmosférica xerada polas embarcacións que se alimentan de combustibles fósiles, son outros dos valores que ofrece a Xouva 4.90.
Por agora, o proxecto non dou o salto ao mercado, aínda que xa se pode ver na auga. “Queremos que a xente veña a Sanxenxo a vela, que probe e que decida. Se vemos que hai interese, pensaremos en dar o paso e iniciar a produción en serie”.



Lucía Alvarellos 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2018 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
A burocracia educativa impide que Miguel poida oír as clases
Miguel ten seis anos e unha hipoacusia neurosensorial bilateral que lle deixa un residuo auditivo de tan só o 30 %. A enerxía e as ganas de descubrir o mundo propias da súa idade víronse freadas pola burocracia administrativa que aínda non lle aprobou a concesión dun sistema de emisión de audio FM co que poder seguir as súas clases de primeiro de Primaria coa mesma normalidade e ganas que o resto dos seus compañeiros do colexio Calasanz da Coruña.O aparello que precisa costa ao redor de 2.200 euros, polo que o colexio necesita que a Consellería aprobe unha partida orzamentaria para material ininventariado por ese valor e que, dese modo, Miguel deixe de ser «unha maceta en clase, porque se o profesor non está xusto ao seu lado, é inviable que siga as súas explicacións», narra con resignación a súa nai, Anahí Moreno. O funcionamento do dispositivo é simple e a súa utilidade innegable. «O profesor ten un emisor de voz que transmite directamente ao audífono do neno.



Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2018 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 300.000 euros paira proxectos sociais na capital ourensá
O Concello de Ourense destina máis de 315.000 euros para axudas a proxectos de servizos sociais e de entidades sen ánimo de lucro na cidade. A web municipal (www.ourense.gal) publica a resolución da convocatoria de subvencións por libre concorrencia da que se beneficiarán un total de 27 entidades ourensás. As axudas están destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo consideradas de interese público, sexan promovidas por estas entidades. Entre as beneficiarias atópanse a Asociación Española Contra o Cancro (29.172 euros),a asociación de persoas xordas (11.481 euros), a asociación de Autismo Ourense (25.680), Morea (23.275) ou Sustinea (9.462).

Alba Osorio 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2018 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
A vacinación dos profesionais sanitarios increméntase nun 25% nos primeiros 7 días da campaña
Preto de 4.200 profesionais sanitarios xa se vacinaron fronte a gripe nos sete primeiros días da campaña, logo de que a Consellería de Sanidade lles ofertara vacinarse unha semana antes do inicio da mesma para a poboación xeral. Esta cifra supón un incremento do 25% máis que o ano anterior. Así o destacou hoxe o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, na súa comparecencia na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia.

O director xeral destacou as novidades na difusión da campaña deste ano entre as que citou a inserción do cartel en autobuses urbanos e interurbanos e no mobiliario urbano, ou o recordatorio na aplicación para móbiles e tablets que a Consellería de Sanidade pon a disposición de toda a cidadanía (VacGal).

Beatriz Abundancia,2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2018 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
"Swing rosa" no centro de Vigo contra o cancro.
Miles de persoas lanzaron unha contundente mensaxe o pasado domingo na carreira Vigo Contra o Cancro. Esa fin de semana, a uns poucos quilómetros da cidade olívica, a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama de Pontevedra ( Adicam) organizaba a súa multitudinaria marcha que percorre Bueu, Moaña e Cangas co mesmo obxectivo, concienciar á poboación sobre a prevención do cancro de mama.
O colectivo quere que esa unión que se viu hai uns días teña continuidade. Por iso, este venres 26 de outubro programou un evento, a partir das 18:00 horas, cuxa finalidade é que Príncipe se tinga de rosa. Sucedeu o domingo no barrio de Coia. Foi unha imaxe que conmoveu a miles e miles de persoas. Agora debe suceder este venres en pleno corazón da urbe galega.
A organización apostou pola escola de Baile Swing On, que dinamizará o evento realizando un “Clandestino”. Os asistentes poderán bailar swing nesta cita de carácter solidario gratuíta e destinada para toda a familia.
A asociación terá en Príncipe colaboradores que se encargarán de ofrecer información sobre o traballo de Adicam coas pacientes e coas súas familias, así como coa poboación en xeral para ter en conta a prevención desta enfermidade.

Ester Barreira,2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2018 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Rouban 7.000 euros e xoias no xeriátrico de Esgos
O diñeiro pertencía aos internos, que o gardaban na caixa forte.

Os delincuentes fixeron un buraco nun enreixado e forzaron a porta para acceder ao interior do centro. Os ladróns apoderáronse de 7.092 euros en efectivo e diversas xoias na residencia da terceira idade de Esgos. O diñeiro e as alfaias pertencían ás persoas maiores que pernoitan nas instalacións, que o tiñan gardado en diferentes sobres na caixa forte que hai nas oficinas da dirección do xeriátrico.

O roubo produciuse na madrugada do pasado día 23, mentres os internos durmían. Os delincuentes accederon ao recinto da residencia, situada no rúa coñecida como Camiño Vello, realizando un buraco nun valo. Despois, forzaron a porta de acceso, sen que os internos nin persoal que os coidaba decatásense.

Tras cruzar a porta, accederon a dirección, onde atoparon máis de medio centenar de sobres co diñeiro e as xoias que depositaran os internos.

Lucía López,2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2018 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Detida en Santiago unha parella que usou a unha menor para robar nunha tenda
A Policía Nacional detivo en Santiago a un home e unha mller por robar nunha tenda dun centro comercial da cidade utilizando a unha menor de edad para intentar pasar desapercibidos. Non o lograron, xa que o dono do comercio percatouse de que hurtaron a mercancía polo valor de 750 euros e chamou á comisaría. Os axentes que acudiron ao establecemento requeridos polo responsable da tenda pensaban que se trataba dun hurto, pero unha vez alí percataronse de que a parella, empregaba á nena para o robo.
A utilización de menores para a comisión de delitos non só no impide o castigo para os adultos que ocometeron, seón o que ademais os agraba. O home e a muller, que carecían de antecedentes ata o momento, foron postos á disposición xudicial e están agora á espera do xuício.

Sofía Cougil García, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2018 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Unha masa de aire ártico chega a España esta fin de semana, deixando temperaturas invernais e nevadas no norte
Unha masa de aire ártico chegará á Península Ibérica esta fin de semana, substituíndo á masa cálida dos últimos días, o que provocará un xeneralizado e acusado descenso das temperaturas --tamén en Galicia--, así como significativas nevadas na contorna dos sistemas montañosos do norte peninsular, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
O sábado, unha fronte moi activa percorrerá a Península de noroeste a sueste deixando ao seu paso choivas e chuvascos xeneralizados, que poderían ser máis intensos e frecuentes na metade norte e zona centro peninsular e que serán pouco probables no extremo sueste.
Tras o paso da fronte producirase unha irrupción de aire frío na Península cun descenso acusado e xeneralizado das temperaturas, que se notará tanto na Península como en Baleares, un cambio que ademais será notable en amplas zonas do interior peninsular. En consecuencia, a cota de neve poderá baixar até os 1.000 metros, dando lugar ás primeiras nevadas de importancia no norte.
Con respecto á predición dos próximos días, AEMET prevé que a borrasca atlántica en formación ao sur de Azores se vaia desprazando cara a Canarias. Simultaneamente, a entrada de aire máis cálido e húmido de orixe subtropical contribuirá a que as precipitacións que se produzan sexan intensas e localmente persistentes.

Raúl Rodríguez, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2018 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal