Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia rexistra 14 incendios que queimaron máis de 1.840 hectáreas en municipios de Ourense, Lugo e Pontevedra O de Folgoso do Courel que arrasou unhas 150 hectáreas, afecta á Rede Natura.


Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural ata as 14,00 horas
deste venres, na provincia de Ourense hai unha decena de lumes, catro deles no
municipio de Vilariño de Conso, dos cales treestán activos e outro estabilizado.

Neste caso, na parroquia de Chaguazoso está activo un lume desde as 16,59 horas do
mércores que calcinou unhas 400 hectáreas. Mentres, en Sabuguido está outro activo
desde as 10,00 horas do xoves tras queimar máis de 50 hectáreas. En Castiñeira
outro activo desde as 3,45 horas do xoves arrasou unhas 30 hectáreas e en San
Cristovo hai outro estabilizado desde as 21,10 horas do xoves que afecta a máis de 50
hectáreas.

Pola súa banda, en Manzaneda (Ourense) atópase estabilizado desde as 11,40 horas
deste venres outro lume iniciado ás 23,36 horas do xoves na parroquia de Paradela e
que queimou unhas 21 hectáreas.

En canto á situación dos lumes no concello ourensán de Lobios, dous seguen
controlados e un terceiro quedou extinguido. En concreto, desde as 22,00 horas do
xoves está controlado o incendio que comezou o domingo pola noite na parroquia Río
Caldo e que queimou unhas 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-
Serra do Xurés.

Así mesmo, na provincia ourensá, mantéñense controlados senllos incendios nas
parroquias de Requeixo e Queixa, no municipio de Chandrexa de Queixa desde as
23,41 horas e 19,36 horas do xoves, respectivamente, tras calcinar unhas 20 e 22
hectáreas en cada caso.

No caso de Vilar de Barrio (Ourense), hai un lume controlado desde as 21,55 horas do
mércores na parroquia de Rebordechau, onde arderon unhas 125 hectáreas, das cales
cinco son de arborado e o resto de monte raso.

E en Melón (Ourense), permanece controlado desde as 11,58 horas deste venres
outro lume que se declarou ás 16,36 horas do xoves na parroquia do mes

Raúl Rodriguez Seoane 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia súmase ao “Climathon”

A Xunta de Galicia súmase por primeira vez á celebración do evento mundial por
referencia sobre o cambio climático, Climathon. Trátase dunha reunión simultánea en
diferentes cidades do mundo, na que se abordan os desafíos climáticos para buscar
solucións novidosas e pioneiras aos retos que representa este fenómeno.
Este evento de alcance mundial sobre o cambio climático celebrarase o vindeiro 27 de
outubro en Santiago de Compostela, sumándose así a preto de 250 cidades de máis de
70 países, que participan nesta iniciativa impulsada pola Organización das Nacións
Unidas (ONU) e a Unión Europea.
Cada unha das sedes que participa no Climathon establece o un desafío, polo que dende
a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinalan que a realidade
demográfica de Galicia, marcada pola elevada dispersión, fai que o punto de referencia
sexa os retos que o cambio climático supón para o sector primario de Galicia, un dos máis
relevantes das nosa economía, o turismo e os residuos.
Todos os participantes que asistan a este encontro sobre o cambio climático afrontarán o
reto achegar propostas para buscar solucións contra este fenómeno de xeito colaborativo.
As ideas e propostas que se aporten serán trasladadas ao resto de países e cidades que
participan na cita para que, ao mesmo tempo, poidan compartir experiencias, propostas
ou solucións axeitadas aos desafíos propostos no Climathon galego.

Eva Muñiz 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Un incendio arrasa o pulmón dos Ancares



Un voraz incendio está a arrasar co pulmón dos Ancares. O lume, que se declarou onte á noite, queimou xa unhas cen hectáreas da Reserva Natural dos Ancares. As chamas afectan á zona de Vilarello e achéganse a Piornedo, no concello de Cervantes.Aínda que o incendio non causou danos en pobos, si que está a destruír a parte central do corazón dos Ancares, unha zona de monte baixo e arboledo autóctono na que, ademais, hai presenza de osos.A Xunta despregou numerosos medios para a extinción do incendio (cinco axentes, once brigadas, catro motobombas, dúas pas e dous helicópteros), pero o tempo seco está a dificultar as tarefas. Doutra banda, continúan activos os incendios de Meiraos (Folgoso do Courel) e Esmeriz (Chantada), que queimaron xa 150 e 55 hectáreas, respectivamente, segundo o último informe oficial da Xunta.

lUCÍA gÓMEZ. 1ºbach.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Medalla de Ouro de Ourense, concedida para Os Suaves.
Os Suaves recibiron o pasado martes, 10 de outubro, a Medalla de Ouro da
Provincia de Ourense. A Deputación quixo recoñecer a contribución do clásico
grupo galego á memoria e difusión da provincia en todo o mundo. Ao acto
acudiron os actuais músicos da formación; Yosi,Charli Domínguez, Alberto
Cereijo, Tino Mojón e Fernando Calvo, así como varios excompoñentes dela.O
acto de entrega da Medalla de Ouro realizouse no salón de sesións da
Deputación, que quedou pequeno, polo que se tivo que habilitar outra sala
contigua. Alí instalouse unha pantalla xigante para que os seguidores dos
Suaves puidesen ver o acontecemento en directo. A Deputación de Ourense
emitiu online a cerimonia desde a súa páxina
"A verda web de é que estou atafegado porque este recoñecemento paréceme
excesivo, nin en soños imaxinase recibilo", confesou Yosi Domínguez, o líder
da banda, en canto tomou a palabra á hora dos agradecementos. Yosi quixo
dedicarlle a medalla a outro dos seus irmáns, Chicho, o único que nunca tivo
nada que ver coa música. "Isto é para Chicho, máis coñecido como o doutor
Domínguez, porque el estivo ao meu lado desde o instante da miña caída ata
agora, e foron momentos moi duros. Vi preto o final", relataba o vocalista en
referencia ao accidente que sufriu en xullo do ano pasado durante un concerto
en Santander, desde o cal non se sobe a un escenario.
Unha vez finalizado o acto de entrega, a Real Banda de Gaitas da Deputación
de Ourense encargouse de interpretar para Os Suaves, un dos seus temas
máis míticos, "Dolores se llamaba Lola".
Este novo galardón únese á Medalla de Ouro de Galicia, en 2016, ao
nomeamento de Fillos Predilectos da cidade de Ourense, en 2010 e ao
nomeamento da Praza dos Suaves, situada xunto á catedral da cidade no
2004.

Sara Belloso 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas 2017
A artista coruñesa Ángela de la Cruz foi galardoada este xoves co Premio Nacional de Artes Plásticas 2017. O premio foi concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e está dotado cun total de 30.000 euros.
O xurado concedeulle por unanimidade este premio pola intensidade da súa obra, que explora a relación entre o espazo ilusionista da pintura e a presenza física da escultura.
A radicalidade do seu traballo e a súa maneira de conceptualizar a pintura sen perder o atractivo formal serviulle para gañarse un lugar destacado no contexto nacional e internacional. A súa obra sempre mirou cara a España, con referencias á realidade cromática de Velázquez e Zurbarán, o apego á realidade na pintura de autores como Milleiros ou Tàpies e a ironía de Buñuel, Picasso ou Goya.



Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2017 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Federico José Luppi
Federico José Luppi naceu en Bos Aires o 23 de febreiro de 1936 nunha modesta familia de ascendencia italiana e morreu en Bos Aires este venres 20 de outubro de 2017, aos seus 81 anos nun centro hospitalario de Buenos Aires tras non recuperarse dun hematoma na cabeza que sufriu o pasado mes de abril, cando tropezou e deuse un golpe na cabeza. Foi un actor arxentino, que tiña tamén a cidadanía española por carta de natureza. Obtivo numerosos premios ao longo da súa carreira actoral, entre os que se conta unha Cuncha de Prata no Festival de San Sebastián. Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro.
O ministro de Cultura de Arxentina, Pablo Avelluto, asegurou que Luppi “foi un dos maiores actores” do país, un “artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”. En declaracións a Efe, o titular de Cultura do Goberno de Mauricio Macri considerou que o cinema e o teatro arxentinos “non serían iguais” sen a contribución do intérprete. “Federico Luppi foi un dos maiores actores do noso país. Quédannos interpretacións memorables de decenas de personaxes”, engadiu Avelluto. “Estrañarémolo. Quédanos o testemuño dun artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”, concluíu.



Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-10-2017 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Intervéñense 291 quilos de peixe espada nun control contra o furtivismo en Vigo
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia interveu 291 quilos de peixe espada nun operativo contra o furtivismo desenvolvido no porto do Berbés, en Vigo.
O peixe comisado atopábase nun almacén dunha empresa de transporte de mercadorías en frío.
A mercadoría que foi entregada ao Banco de Alimentos de Vigo, interveuse xa que carecía de documentación que avalase a súa legalidade.
Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.




Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-10-2017 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Non máis abusos
Non se fala doutra cosa no mundo das celebrities.
O escándalo cuxo protagonista foi Harvey Weinstein está a dar a volta o mundo.
Xa son docenas de mulleres has que han manifestado os abusos de caracter sexuais que sufriran a mans de este individuo.
Weinstein é recoñecido no mundo do espectáculo por ser un importante productor tanto no sector do cine como da música, aínda que o papel máis importante desempeñao na industria cinematográfica.
Con este traballo, Weinstein, estaba en contacto cunha gran variedade de atracctivas mulleres das cales abusou durante o período de tiempo no que tiveron que traballar xuntos; obviamente non todas as mulleres sufriron estes abusos, pero cada día unha nova vos xurse de entre as sombras para manifestar a súa dor.
Xa o avisara a cantante e compositora Courtney Love no 2005, que este home nos respetaba as mulleres coas que traballaba, pero é hoxe, cando as afectadas empezan a manifestarse, alzando a súas voces en contra do acoso sexual na industría do entretemento e o espectáculo.
A punta do iceberg, a primeira denuncia seria contra este home, foi realizada por un grupo de mulleres que xuntas decidiron facerlle fronte ó medo e confiar na xustiza.
Decidín facer dar a coñecer esta nova porque a xente aínda hoxe parece non estar o suficientemente concenciada, porque creo que si un pequeno grupo de mulleres, cuxa reputación é moi importante para o seu traballo, puido expoñerse e manifestar a súa situación arriscandose así a opinión pública... Se estas mulleres puideron inspirar a outras moitas mulleres que pasaron polo mesmo, a mans do mesmo individuo...
Creo que estas mulleres deben inspirarnos a todos e servir coma exemplo, para todas aquelas han sufrido, están sufrindo ou sufrirán abusos sexuais.



Ángela Itziar Baig García
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2017 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Federer nega a Nadal en Shanghai
Desde dominado a dominante, Roger Federer definitivamente transformou a tendencia. O suizo, de 36 anos, vencer a Rafael Nadal (31) na final do Masters de Shanghai (6-4 e 6-3, en 1h 12m) para reclamar o seu quinto triunfo consecutivo contra o español, o cuarto desta tempada. O de Basilea, este ano en Melbourne, Indian Wells, Miami e agora tamén en Chinesa, deu a fórmula que foi históricamente negada e agora é el quen controla o presente; iso si, xogando todos estes tempos nun terreo propicio, en superficie dura. Neste revival de 2017, a impotencia mudouse ao outro lado da rede, onde pardóxicamente Nadal pode pechar o exercicio sen poder vencer a Federer.
A tempestade saíu do primeiro balón en xogo. Dende o principio, Federer desencadeada, oprimir o resto, retornando larguísimo para asumir o mando e liderar a iniciativa. Comeu o control desde o inicio do barco suízo, mestre en breve, levando-os para as liñas e representan un ritmo vertixinoso. Tortura, axitación constante para Nadal, practicamente non contaminado ao longo da semana, esta vez facendo erros máis non forzados do habitual (18), xa que os tiros Federer realizadas veleno o tempo, sen excepción, obrigounos a devolver sempre desde posicións forzado.

Este curso, a dinámica emocional dos pulsos entre ambos foi completamente revertida. O español envía na historia (23-15), pero se fose os suízos que tiñan pesadelos antes de ollar a través da rede, hoxe é el quen sofre cando velo chegando. Antes era Nadal quen gozaba dos clásicos e agora é Federer quen frega as mans e domina. Portentosa o último con mando a distancia na man, ampliando o camiño para facelo esmagadora, romper-se só abrir a boca e, a continuación, un concerto tras outro, brushstroke aquí e alí, forehand e backhand con celestial música de fondo.




Iago García Miranda 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2017 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Un buraco do tamaño de Portugal reábrese no xeo mariño da Antártida
Un agujero misterioso y masivo, tan grande como el Lago Superior o Portugal, ha sido recientemente descubierto en la cubierta de hielo marino de invierno alrededor de la Antártida. Esta abertura, conocida como polinia, es la más grande observada en el mar de Weddell desde los años 70. En su extensión más grande, la polinia de este invierno tenía una área del agua abierta cerca de 80.000 kilómetros cuadrados. Esto marca el segundo año consecutivo en el que la polinia se ha formado, aunque no fue tan grande el año pasado.

Sin el efecto aislante de la cubierta de hielo marino, una polinia permite que la atmósfera y el océano intercambien calor, momentum y humedad, lo que lleva a impactos significativos sobre el clima. La convección del océano ocurre dentro de la polinia que trae agua más caliente a la superficie que derrite el hielo del mar e impide que el nuevo hielo se forme.

El profesor Kent Moore de la Universidad de Toronto Mississauga ha estado colaborando con miembros del proyecto de Observaciones y Modelización del Carbono y Clima del Sur (SOCCOM) para investigar estas polinias y sus impactos climáticos.

Debido a la dureza del invierno antártico y a las dificultades de operar dentro de su hielo, existen pocas observaciones directas de estas polinias y sus impactos sobre la circulación atmosférica y oceánica. Como parte del proyecto SOCCOM, flotadores de perfiles robotizados capaces de operar bajo el hielo marino han sido desplegados en la región durante los últimos años. El mes pasado, uno de estos flotadores emergió dentro de la polynya del mar de Weddell, haciendo el contacto con los investigadores y proporcionando datos únicos sobre su existencia.

Con estas nuevas mediciones oceánicas, junto con las observaciones basadas en el espacio y los modelos climáticos, surge la posibilidad de que estos secretos de las polinias y sus impactos sobre el clima puedan finalmente ser revelados, indican los autores del estudio.




Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2017 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [20]
© by Abertal