Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novo fenómeno meteorolóxico acercase polo Atlántico.




O furacán Ophelia, que según os expertos é o máis importante xamáis rexistrado tan ó leste sobre o océano Atlántico, dirixirase este domingo hacia Irlanda e el Reino Unido, provocando condións marítimas "peligrosas", según o Centro Nacional estadounidense de Furacáns.
Ophelia alcanzou o sábado a categoría 3, subindo un nivel na escala de 5, antes de pasar fronte ó arquipiélago portugués das Azores durante a noche.
Camilo Blanco
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
O gran segredo de EEUU
O presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou
que desclasificará os arquivos do asasinato de John F. Kennedy, mandatario demócrata que morreu por disparos de bala nunha visita política a Dallas (Texas) o 22 de noviembre de 1963.

Permitirá, como presidente, que se abran os arquivos de JFK bloqueados e clasificados durante moito tempo. Os Arquivos Nacionales teñen ata o xoves 26 para decidir cales dos 3.100 expedientes clasificados sobre o asasinato de Kennedy (1961-1963) poden saír á luz e outras deberan seguir en segredo. Pero Trump
pode finalmente decidir a publicación dos arquivos ou demorala durante outros 25 anos.

Lindsay Walters (portavoz da Casa Blanca), citou na
revista Politico que a oficina de Trump está traballando para publicar a máxima cantidade de datos para o vindeiro xoves (data límite marcada pola ley de 1992). Tamén recoñeceu que hai rexistros que non se crearon ata a década de 1990 e estánse a revisar para garantir que non cause danos identificables á seguridade nacional.

Un funcionario do Congreso, que seguiu todo o proceso, afirmou á revista, que a CIA (Axencia Central de Intelixencia) presionara a Trump para que bloquee a publicación dalgúns documentos, para ocultar os seus métodos ou a identidade de espías que poderían seguir vivos. Con isto referíase a que non habrá unha publicación absoluta desta información.

Quenes cuestionan a versión oficial sobre o asasinato de Kennedy esperan a decisión de Trump, coa esperanza de que os novos documentos poidan revelar o maior misterio da historia reciente de Estados Unidos.

A maioría dos 3.100 documentos pendientes a publicacar foron creados pola CIA, polo FBI (Buró Federal de Investigaciones) e o Departamento de Xusticia, e a la ley de 1992 dicta que deben publicarse a non ser que Trump decida o contrario.

Se o presidente bloqueara os documentos máis delicados, decepcionaría a historiadores e a quenes defenden teorías da conspiración, dado que durante a campaña electoral de 2016 chegou a suxerir que o padre do senador Ted Cruz tivo algo que ver con Lee
Harvey Oswald, o presunto asesino de Kennedy.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Corea do Norte ten un exército de 6.000 “hackers” para sementar o caos na Rede
Os hackers de Corea del Norte intentaron roubar 1.000 millóns de dólares da Reserva Federal de Nova York, só os detivo un erro ortográfico.

O ano pasado os hackers norcoreanos intentaron roubar 1.000 millóns de dólares da Reserva Federal de Nova York, só detívoos un erro ortográfico. Estaban a realizar o saqueo dunha conta do Banco Central de Bangladesh, cando os banqueiros comezaron a sospeitar dunha solicitude de retiro na que dicía “fandation” en vez de “foundation”.

A pesar de todo, os hackers puideron obter 81 millóns de dólares no golpe.

A súa traxectoria é unha mestura de fracasos e éxitos, pero o exército de máis de 6000 hackers que ten Corea do Norte sen dúbida é persistente, e desde logo que vai mellorando, aseguraron funcionarios de seguridade de Estados Unidos e o Reino Unido, que atoparon que a orixe destes ataques é Corea do Norte.

Entre toda a atención que xera o progreso de Pyongyang para desenvolver unha arma nuclear capaz de impactar a Estados Unidos, os norcoreanos tamén desenvolveron un ciberprograma que está a roubar centos de millóns de dólares e está a demostrar que pode desatar caos a nivel mundial.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Sabías que tal día como hoxe, en...?
1934 foi a inauguración da Praza de toros das Ventas

1879 Thomas Alva Edison inventa a lámpada eléctrica

1971 En Suecia, Pablo Neruda recibe el Premio Nobel de Literatura

1982 En Suecia, Gabriel García Márquez recibe el Premio Nobel de Literatura

1984 Niki Lauda, cun Mclaren, campeón mundial de Formula 1

2004 Carlos Sainz anuncia a súa retirada do Mundial de Rallys

2011 Europa lanza os primeiros satélites do sistema Galileo (GPS) Europeo.

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Despois do lume... Pode vir outro inferno
Despois da oleada de incendios forestais que queimaron miles de hectáreas da nosa Galicia, queda enfrontarse ás consecuencias que este dano ambiental provoca.

Danos económicos, coma a perda de madeira e outros produtos; e danos medio ambientais, coma consecuencia da alteración e rotura do equilibrio ecolóxico.

Pois os lumes levan consigo, a destrución da cuberta vexetal e o humus, producen deshidratación da capa superior do solo, matan as bacterias e fungos descompoñedores, contaminan os nosos ríos e augas, destrúen os hábitats de moitas especies, pérdense recursos naturais, contamínase a atmosfera e, incluso, pérdense vidas humanas.

Así que agora, é o momento de reflexionar e axudar a solucionar todos estes problemas. Á clase política tocaralle revisar os plans de política de repoboacións forestais (evitando as especies pirófitas), establecer un marco legal que impida os posibles intereses especulativos (destino da madeira queimada, recalificación do territorio tras un incendio...) e ademais, mellorar os sistemas actuais de prevención, detección e extinción de incendios.

E toda a sociedade tamén ten a obriga de colaborar na recuperación dos nosos bosques. Concienciar a todos de que con boas prácticas, o noso papel de “cortalumes” e a nosa misión de protectores dos montes, evitaremos que enfermen os pulmóns do noso pobo.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bicis que converten lixo en abono
Polas rúas de Nantes (Francia), un grupo de ciclistas paséase recollendo o lixo orgánico que xeran os restaurantes da cidade. Despois, transforman estas cascas, follas, restos de café e peladuras en compost que destinan a espazos verdes urbanos. Así actúa A Tricyclerie, unha iniciativa impulsada por unha enxeñeira en xestión ambiental de 26 anos, que foi nomeada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ao galardón Young Champion of the Earth, dotado de 15.000 dólares para cada un dos seis gañadores e outorgado a mozos de entre 18 e 30 anos que impulsan solucións novas en materia ambiental.

A Tricyclerie tamén traballa con empresas, que xeran na súa maioría restos de café, e con elas realiza unha tarefa eminentemente de sensibilización. Pero son os restaurantes os principais protagonistas deste fenómeno.

Dos refugallos orgánicos, unha partida de residuos que en España representa aproximadamente o 40% da bolsa de lixo, sairán quilos e quilos de compost, un ouro negro que abonará con eficacia o nacemento de novos alimentos.

Triciclerie explica que eles fan o seu propio abono e que ata agora repárteno gratuitamente.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas novas normas da FIBA
A FIBA, Federación Internacional de Baloncesto, deu un paso adiante para seguir acercándose á NBA (National Basket Associaition). O máximo organismo do baloncesto mundial probou unha nova normativa que elimina os pasos de saída.

Esta modificación supón que o primeiro paso será o primeiro avance que dea o xogador unha vez reciba o balón, dito pé empregado para dar ese primeiro paso será considerado como “pé de pivote”.

Segundo a FIBA, o propósito desta norma, é “ter unha norma común en todo o mundo que reflexe mellor as xogadas na pista”.

Respeto á aplicación de faltas antideportivas, o cambio máis relevante é que se consideran antideportivas (dous tiros libres e banda) tódolos contactos innecesarios en transición, incluíndo os que se producían nunha posición frontal que ata agora non tiñan tal sanción. Isto pode incrementar a sanción en intentos de frear contraataques sen xogar o balón e nas faltas sen intención de xogar o balón nos finais de partido.

Tamén desde este momento a acumulación dunha falta antideportiva e dunha técnica será motivo de expulsión do partido.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Andrés Suárez, de cantante a escritor
O cantante nado en Pantín o 16 de abril de 1983, decidiu escribir un libro contando todo o que non se atreveu a cantar, e que titulou Más allá de mis canciones, o cal sacou hai aproximadamnete dúas semanas e que xa vai pola súa terceira edición.

Conta que o que lle impulsou a escribir este libro foi que quería narrar a súa historia da maneira máis sinceira posíbel, pero que ra demasiado covarde como para cantala diante dun público, e sentíase máis valente tras un anaco de papel e tinta. Neste libro narra, dende a súa infancia en Patín, ata os seus inicios na música, icluso inclúe fotos, como unha del mesmo con 17 anos tocando nas rúas de Santiago de Compostela por unhas moedas. As páxinas deste libro están cargadas de verdade, dor e ledicia.

Tamén declarou que, a pesar de levar anos escribindo cancións, non se considera poeta nin moito menos. Segundo el "ser poeta é o máximo expoñente humano, non se pode aspirar a máis, está por enriba da lóxica".

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
O galego, Xabier Fortes, gaña o Premio Ondas ao mellor presentador.


Os Premios Ondas recoñeceron como mellor presentador ao xornalista de TVE Xabier Fortes "polo seu entusiasmo no micrófono e pola súa coraxe en defender a verdade na redacción de informativos de TVE de Galicia".
Fortes recuperou a súa praza de redactor en Galicia despois de dirixir e presentar "La Noche en 24 horas" na Canle 24 horas de TVE. O presentador foi relevado do seu cargo e substituído por Sergio Martín despois da chegada de Julio Somoano, que substituíu a Fran Llorente como director de informativos cando o PP tomou o control do ente público en 2012.
O xornalista é actualmente vicepresidente do Consello de Informativos e denunciou en numerosas ocasións a manipulación en Radio Televisión Pública.
A máis recente, cando TVE non informou na 1 da crítica situación cos incendios en Galicia mentres que continuou coa emisión do programa de Carlos Herrera.
O xornalista, informaba pouco despois desde o terreo do que estaba a ocorrer, protagonizando un directo xunto a un dos focos.
"Xornalismo é contalo todo", afirmaba Fortes nunha entrevista en laSexta cando os traballadores de TVE presentaron máis de 2.000 firmas no Parlamento denunciando a manipulación na corporación e pedindo unha RTVE "plural e imparcial".
O presentador de TVE comparte premio con Josep Cuní, ao que recoñecen "o seu labor en 8aldia na que combinou durante seis anos unha excelente cobertura informativa, con análise e debates caracterizados pola súa pluralidade e o seu equilibrio, nun fiel reflexo da diversidade da sociedade española e catalá".



Wuimer Ávarez, 1º BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Once millóns de tapóns para Alastair.

A Fundación Amigos de Galicia en Ourense puxo en marcha unha nova
campaña de recollida de tapóns solidarios que ten por obxectivo axudar
Alastair, un adolescente ourensán, veciño de Taboadela, con parálise cerebral.
O pequeno, que hoxe ten 14 anos, sufriu a lesión cerebral antes de nacer por
causas descoñecidas. Até o seis anos recibiu rehabilitación a través do servizo
de Atención Temperá até o seis anos, pero a partir de aí a familia afronta cos
seus propios medios e a solidariedade cidadá as sesines de terapia
ocupacional e fisioterapia que necesita. Esta é a terceira campaña que Amigos
de Galicia pon en marcha a favor deste ourensán, aínda que nas dous
anteriores a recollida de tapóns era compartida con outros nenos con
dificultades similares e cuxas familias non tiñan medios suficientes para
afrontar os gastos en solitario. No 2015 e principios do ano 2016 a entidade
custeou os tratamentos de fisioterapia e terapia ocupacional valorados en
8.020 euros, para os que o Concello de Taboadela colaborou con mil euros. A
fundación espera que de novo a cidadanía sómese a esta campaña. O seu
obxectivo é alcanzar os 4.275 euros de recadación que garantiría as sesións
terapéuticas durante seis meses. Para iso é necesario reunir 15.833 quilos de
tapóns, que se traduce en 11 millóns destes elementos plásticos.
Alba Osorio.1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [20]
© by Abertal