Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nove millóns de españois en risco de cancro pola industrialización

Que o mundo atópase cada vez máis industrializado é unha verdade evidente, que esa industrialización e necesaria e imparable, tamén, pero estamos a ter en conta os riscos que ten este proceso?
Un novo estudio do Centro Nacional de Epidemioloxía di, que arredor de nove millóns de españois, residen en zonas tan cercanas á industria que sofren o risco de padecer un cancro.
Exactamente, según o estudo, é un 17% máis alto o risco de padecer un cancro, nos municipios afectados pola contaminación das industrias, que nos municipios nos afectados. Este 17% sería a porcentaxe de persoas que faleceron por cancro neses municipios, entre eles os máis comúns foron as leucemias, os tumores dixestivos, de próstata, de pulmón e tambén por cancro de mama e ovarios.
Os lugares onde máis risco detectase, coincide con aqueles lugares nos que hai máis cantidade de dioxinas, níquel, arsénico ou cromo, estes elementos respiranse a traves do aire ou da auga contaminada.
A única solución para esto é mellorar a plítica medioambiental do país e concienciar ás empresas para que cada vez os seus procesos de produción sexan máis respetuosos co medio.



Ángela Itziar Baig García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Europa ameaza con paralizar todo o mercado do atún conxelado en alta mar
As empresas reuniranse en Vigo para prepara a súa defensa ante un eventual peche por parte da UE. O sector en Galicia lembra que cumpre con toda a normativa sanitaria europea

As empresas comercializadoras de atún conxelado en salmuera temen un eventual peche preventivo do negocio por parte das autoridades sanitarias europeas despois de que practicamente todas elas fosen inspeccionadas nas últimas semanas. A orixe desta investigación sitúase nunha fraude puntual orixinada en España -apúntase a unha empresa almeriense- e nunha alerta sanitaria por histaminosis motivada pola incorrecta elaboración e manipulación do atún.


Carlos Sánchez Cao 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
As empresas claman por auténticos especialistas.
As xeracións mellor formadas da historia enfróntanse a unhas condicións laborais marcadas pola precarización. E é que parece que non hai rama económica que escape aos salarios baixos, ás nóminas recortadas. Paradoxo 2: nese contexto desesperanzador, algunhas empresas teñen problemas para cubrir prazas altamente especializadas, nas que se require unha cualificación especial, un talento ben explotado. Ese desaxuste entre oferta e demanda faise especialmente evidente no sector das novas tecnoloxías. Segundo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, máis do 70 % das empresas galegas do sector TIC consideran difícil ou moi difícil atopar perfís adaptados ás súas necesidades. O descoñecemento das aplicacións, ferramentas e tecnoloxías de interese fai que «falten candidatos formados en Galicia». As empresas aquí asentadas necesitarán para o período 2017-2018 uns 1.500 traballadores que non atopan. E parece que nos próximos anos continuará a demanda tanto no sector das tecnoloxías innovadoras (cloud, big data, ciberseguridad), como en todo o relacionado coas estratexias de xestión e negocio dixital en empresas de todos os perfís (social media, márketing e comunicación dixital, desenvolvemento de negocio, e-comercio, creación e xestión de contidos dixitais...).



Laura Losada Conde 2º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Turull afirma que non está "sobre a mesa" que Carles Puigdemont convoque eleccións
O conseller de Presidencia, Jordi Turull, acusou ao Goberno central de situarse "fóra da lei" na aplicación do artigo 155 da Constitución e afirmou que nestes momentos "non está sobre a mesa" que o presidente catalán, Carles Puigdemont, convoque eleccións. Nunha entrevista na emisora de radio RAC 1, Turull apuntou que o pleno do Parlament que Puigdemont pediu convocar esta semana adoptará unha decisión respectuosa co "mandato do 1 de outubro" e en defensa das institucións catalás, fronte ao anuncio de aplicación do 155.

"Cataluña será o que decida o Parlament, o representante lexítimo dos cidadáns, non o que decidan outros", engadiu Turull, que cre que se trata de "un tema de dignidade institucional". O conseller acusou ao Goberno de situarse "fóra da lei" coas medidas que anunciou para aplicar o 155, pero "non fóra da lei por poñer urnas", como algúns poden pensar que fixo a Generalitat, senón para "facer un golpe de estado a institucións democraticamente escollidas".

"Cataluña será o que decida o Parlament, o representante lexítimo dos cidadáns, non o que decidan outros"

"Que tomen nota porque isto afecta os valores de Europa", advertiu Jordi Turull, que lamentou que Cataluña é hoxe en día "un país cun Estado que non a quere e que cíclicamente dedícase a tentar aniquilar as súas institucións de autogoberno". En opinión do conseller, "é unha provocación detrás doutra. Non hai independencia xudicial, todos van a unha. Desde que a Coroa veu ao 'A por eles' e á barra libre para facer o que fixese falta para frear unha vontade democrática, estamos a ver todo tipo de episodios", denunciou.



Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Un laboratorio galego, na final do concurso mundial para lograr unha vacina contra a brucelose
Unha vacina segura e eficaz fronte á brucelose ovina e caprina, pero tamén barata e adaptada aos países en vías de desenvolvemento, onde a infección constitúe un grave problema sanitario, non só para os animais, senón tamén para as persoas. Quen a consiga levará un premio de 20 millóns de euros e a opción de optar a outros cinco máis. É o reto que propón o concurso Brucellosis Vaccine Prize, outorgado pola Alianza Mundial para o Desenvolvemento de Medicamentos Veterinarios, co apoio financeiro da Fundación Bill & Melinda Gates, aos laboratorios e grupos de investigación de todo o mundo.

É unha competición na que xa se coñecen o primeiros sete dos dez finalistas que optarán ao premio final, cada un dos cales recibirá 100.000 euros. E un deles é o formado pola biofarmacéutica CZ Veterinaria, con base no Porriño e que xa conta con catro vacúas comercializadas, a Universidade de Navarra e o CITA de Aragón.«A brucelose continúa sendo un problema grave para animais, granxas e consumidores. O feito de que represente un dos primeiros problemas sanitarios do mundo e que teñamos a posibilidade de achegar unha solución real para previlo en países en vías de desenvolvemento, dános unha motivación extra», segundo explica Andrés Fernández, conselleiro delegado da compañía galega, con experiencia para estabilizar a vacina en países con condicións difíciles




Sara Araújo Sánchez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia terá máis incendios na primavera e outono, segundo os expertos
O cambio climático está aquí, non é unha predición a longo prazo: é unha realidade e Galicia xa sofre os seus efectos. Un deles é a proliferación de incendios fóra da tempada de verán, como se puido ver esta mesma semana. Unha situación que, lonxe de converterse nun feito illado, cada vez será máis habitual.O estudo Avaliación de evidencias de cambio climático mediante indicadores de rocha de incendios, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente no 2008, xunto con outros quince estudos de cen científicos expertos en cambio climático, xa predicía entón que os incendios en Galicia serán máis intensos e incontrolables, máis numerosos, iniciaranse con maior facilidade e a súa propagación será máis rápida. Ademais, a tempada de lumes irá aumentando e prolongarase desde marzo ata outubro. E coma se fose a folla de ruta que os incendios de hai uns días seguiron, o estudo tamén conclúe que o risco é moito maior para o sur e o leste de Galicia, é dicir, para as provincias de Pontevedra, Ourense e o interior de Lugo, mentres que para A Coruña e a costa de Lugo, será menor. Outro dos aspectos que anuncia similitudes co que pasou estes días é que os lumes implicarán un maior risco para as poboacións e maiores dificultades na extinción, o que obrigará a reformular estas políticas,«Se houbese un outono normal non ardese o monte, o chan estaría húmido» Vicente Pérez Muñuzuri, profesor da Facultade de Física da Universidade de Santiago e experto en cambio climático, explica que o aumento tanto da temperatura como dos períodos de seca, ademais da redución da dispoñibilidade hídrica e o incremento da evaporación do chan, aumentan o risco de sufrir lumes: «Fai 30 ou 40 anos, os incendios só producíanse no verán, pero están a localizarse ao longo de todo o ano, aínda que máis na primavera e no outono», destaca.Sobre o tema das rozas, Rosa Mosquera, profesora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC, presidenta da Federación Europea de Sistemas Agroforestais e membro do panel de expertos de elaboración de estratexias sobre o cambio climático, avoga por que a gandería extensiva regrese aos montes: «Rozar mecanicamente os montes en Galicia é inviable economicamente, pero mediante a introdución de gando conséguense limpar os montes e ademais mellórase o produto cárnico, ao proporcionar unha alimentación máis natural, sen o uso de transxénicos».







José Javier Nieto Blanco (2º Bacharelato).
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
A vaga de incendios en Galicia calcinou 35.500 hectáreas de monte
É o 1,2% da superficie da comunidade autónoma, ou coma se ardesen na súa totalidade, por exemplo, os municipios da comarca fisterrá: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía // É máis do dobre do queimado nos primeiros noves meses de ano e máis que o tres anos anteriores completos // En total, de xaneiro deste exercicio ata hoxe arderon 48.100 hectáreas

A Xunta avanzou este mércores que, segundo as primeiras estimacións, durante a vaga de incendios deste fin de semana arderon aproximadamente 35.500 hectáreas, que é máis do dobre do queimado nos primeiros noves meses de ano. Buscando referencias comparativas, esa cifra, que equivale a 355 km2, supón o 1,2% de toda a superficie de Galicia (29.574,4 km2), e supera, por exemplo, a dos municipios da comarca de Fisterra (Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía), que todos xuntos suman 339,4 km2.
A estas 35.500 hectáreas calcinadas hai que sumar as 12.600 que arderan de forma previa a este fin de semana, polo que serían un total de 48.100 as hectáreas calcinadas no que vai de ano 2017.
O Goberno galego, informa nun comunicado de prensa, traballa aínda na cuantificación dos danos tanto persoais como ambientais ocasionados pola actividade incendiaria que arrasou a Comunidade desde o pasado domingo e que deixou catro mortos.
A estimación provisional, coa adición das 12.600 hectáreas, deixa entrever que o número de hectáreas é a maior calcinada desde o ano 2006, cando arderan un total de 95.880 hectáreas ata o 18 de outubro.
O pasado ano 2016, ata esa data só habían ardido 20.788 hectáreas.
No mesmo comunicado, o Goberno galego reivindica o exemplar traballo da totalidade dos efectivos que integraron o operativo antiincendios e que permitiu que na actualidade ningún lume permaneza activo.
Así mesmo, o Goberno galego fai un chamamento á unidade da sociedade na loita contra esta secuela e reitera a súa condena firme e enérxica a actividade incendiaria, esperando que "sobre os responsables deste terrorismo incendiario recaia todo o peso da lei".
Finalmente, lembra que mañá a Xunta, na súa reunión semanal, aprobará un decreto de axudas para os afectados pola praga de lumes. EFE



Belén González Pérez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Crean minintestinos funcionais a partir de células nai humanas
Trasplantados en ratas, os segmentos te¡ñen a capacidade de liberar nutrientes ao torrente circulatorio dunha forma totalmente natural.
As células nai pluripotentes inducidas (iPS) representan, segundo a opinión de numerosos expertos, o futuro da medicina rexenerativa. Non en balde, estas iPS teñen la capacidade de diferenciarse en calquera tipo de célula del organismo, por lo que, cando menos en teoría, poden ser utilizadas para crear órganos e tecidos sans con los que reemplazar a aqueles deteriorados por unha lesión ou enfermidade o, simplemente, polo paso dos anos. De feito, nos últimos anos xa se desenvolveron distintos ‘organoides’ –isto é, de estruturas tridimensionais que imitan o que sucede nun órgano– a partir de iPS humanas, caso entre outros de ‘mini-retinas’, ‘mini-estómagos’ o ‘mini-fígados’. E agora, investigadores do Hospital Xeral de Massachusetts en Boston (EE.UU.) deron un paso máis aló ao lograr ‘crear’ a partir destas células nai segmentos do intestino delgado que, unha vez transplantados nun modelo animal –ratas–, teñen la capacidade de levar a cabo, se ben parcialmente, a dixestión.

Como explica Harald Ott, director desta investigación publicada na revista «Nature Communications», «no noso traballo fomos capaces de pechar a brecha entre a diferenciación celular –promovendo que as células nai se transformen nun tipo específico de célula– e a xeración dun tecido que amosa unha funcionalidade de alto nivel, como sería neste caso a perfusión vascular e a absorción de nutrientes. Así, e se ben estudos previos documentaran a diferenciación exitosa de organoides a partir de iPS, o noso traballo describe unha tecnoloxía que posibilita que estas pequenas unidades de tecido formen inxertos de maior escala que un día poderían usarse para el reemplazo de órganos».



Antía Forneiro Bugallo 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
O Festival de Ourense proxecta 15 filmes galegos
O traballo Aser Álvarez sobre o escultor Francisco Leiro, a curtametraxe de Jaione Camborda gravada na rapa das bestas, o documental de Héctor Carré arredor do concepto de "posverdade" e o papel dos medios de comunicación, a ficción intimista de Sara Casasnovas, o acompañamento de Ángel Santos á pintura de Manuel Moldes, ou o cinema ensaio de Carmen Bellas na periferia de Madrid serán algúns dos traballos galegos que amosará o festival.



Na sección oficial, dividida en Competición Iberoamericana e Competición Óperas Primas, participarán unha vintena de filmes procedentes de Portugal, Brasil, Arxentina, Colombia, Rusia, Costa Rica, México, Noruega, Xapón ou Austria.



O festival que, desde hai dous anos, dirixe Fran Gayo, tamén ofrece o programa Áncora, que "asesora e favorece o investimento en proxectos cinematográficos nunha fase de produción avanzada", é dicir, que xa rematasen a rodaxe ou boa parte dela. Esta ferramenta escollerá catro proxectos dos que polo menos un será "de produción ou dirección galega" e outorgará dous premios destinados á posprodución de imaxe e de son.



Na presentación do programa a pasada semana, Gayo salientou a súa procupación por "renovar públicos" e "despregar o festival ante a cidadanía". O Concello de Ourense organiza o certame, co apoio da deputación, o ministerio e a Xunta.





Candela Fernández del Pon, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de galegos protestan polos incendios e piden a dimisión de Feijóo

Baixo o lema Lumes Nunca Máis, miles de persoas marcharon este domingo polas rúas de Santiago de Compostela para protestar contra a vaga de incendios que a pasada semana arrasou Galicia e pola que pediron responsabilidades e dimisións ao Goberno galego, incluída a do presidente, Alberto Núñez Feijóo, por "incompetencia". "Feijóo dimite, Galicia non che admite", "Feijóo dimisión, Tahoces a prisión" ou "Feijóo escoita, Galicia está en loita" (Feijóo escoita, Galicia está en loita) foron algúns dos cánticos que se escoitaron este domingo na capital galega.



A manifestación, á que asistiron, entre outros, os líderes de En Marea, Luís Villares, e do BNG, Ana Pontón, partiu superado o mediodía da alameda da capital galega e discorreu polas rúas do centro histórico compostelán ata desembocar na icónica Praza de Quintana, a un costado da catedral compostelá. Alí, os miles de participantes concentráronse para dar paso á lectura dun manifesto no que pediron a retirada da recente lei de implantación de fomento de iniciativas empresariais, aprobada esta semana no Parlamento cos únicos votos do PP, e que definiron como a "lei de depredación" de Galicia.

Esta lei, aseguran, favorece entre outras cuestións a proliferación de especies arbóreas pirófitas, de fácil e rápida combustión, como o eucalipto. Esta protesta, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Depredación, na que se integran varios colectivos, tiña como obxectivo, nun principio, manifestar o rexeitamento cara a esta norma antes mencionada, pero os sucesos dos últimos días provocaron que se converta nunha crítica á xestión da última vaga de incendios por parte da Xunta.

Nunha abarrotado praza de Quintana, oíronse de novo consignas que esixían a dimisión de Núñez Feijóo pola súa "incompetencia" á hora de facer fronte a esta crise e mesmo se pediu, de forma irónica, a aplicación do artigo 155 da Constitución en Galicia polo suposto deixamento de funcións do Goberno autonómico.









Laura Feijoó González, 2ºBac.



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-10-2017 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal