Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O presidente máis cercano.
O portugués Marcelo Rebelo de Sousa erixiuse na referencia
social e política do país tanto para as alegrías como para as
desgrazas.
Se algo impacta nas fotos do presidente de Portugal coas vítimas dos últimos
incendios que devastaron o centro do país é ver que abraza de verdade.
Marcelo Rebelo de Sousa (Lisboa, 1948) é “o presidente dos afectos”.

“A xente humilde”, decía durante a súa triunfal campaña electoral en xaneiro de
2016. “Xa sabe que non lle podes solucionar o seus problemas particulares,
pero un momento de consuelo non costa nin cartos nin tempo. Iso non se pode
negar”. Portugal saía do Goberno de Pedro Passos Coelho (PSD). Frío, gris,
alexado da xente, que executou sen alma a receta da troika.
Dezaoito meses despois, Rebelo de Sousa segue dando abrazos co mesmo
agarimo que cando buscaba o voto. As vítimas dos incendios desarmanse no
seus brazos, mentres él lles inculca, coa fe que procesa, que o peor xa pasou.
“O futuro vai ser mellor”, consolaba a un ancián que perderá todo; e iso que
non era moito.
Equivocase quen vea nos seus abrazos, nas suas viaxes, nas suas palabras
unha figura folclórica.

Javier Bugallo. 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
O capítulo de Infraestruturas é o que máis medra nas contas galegas

Educación é a segunda menor alza por efecto do transporte.
O orzamento da Consellería de Infraestruturas é o que máis medra en 2018,
cun aumento do 11,4%, ata 408 millóns. Nas contas para o ano que vén hai
unha alza en todos os departamentos, como o 3,5% de incremento en
Sanidade (total de 3.860,8 millóns), aínda que o aumento de Educación, do 2%
(total de 2.391,3 millóns), está por baixo da media do 2,9%.
De feito, no orzamento total da Xunta, de 9.487 millóns, Educación é a segunda
consellería que menos sobe, pois só o aumento en Facenda é menor (+1,5%),
ata 56 millóns.

Con todo, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que esta
situación en Educación débese a "dous efectos": polos 15 millóns de euros de
transporte escolar que pasan a estar ligados á Consellería de Infraestruturas e
porque o gasto de persoal, que acapara o 75% do total, medra ao 2%.

Pola súa banda, Presidencia aumenta un 9,1%, ata 194,6 millóns; seguida de
Mar (7,4%), 155,4 millóns; Vicepresidencia (+6,8%), 281,1 millóns; Política
Social (+4,3%), 700,7 millóns; Medio Ambiente (+3,8%), 117 millóns; Medio
Rural (+3,5%), 495,5 millóns; e Economía, Emprego e Industria (+3,2%), 464
millóns

Raúl Rodríguez Seoane
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
A MORRIÑA SALVA UNHA ALDEA


O silencio impera na fría mañá otoñal de Penalonga, na montaña do municipio ourensán dos Blancos, que o domingo saltou aos titulares dos xornais tras aparecer o corpo do seu veciño máis veterano, Arsenio Carballo, caído sobre o chan da cociña e con queimaduras do brasero que tiña na estancia
Dous días despois, o ceo, dun gris plomizo, acrecenta a sensación de tristeza, e a cortinilla de choiva -que no val é morna pero aquí, a 1.100 metros de altura, sabe a neve- deixa entrever o fume dunha solitaria cheminea que permite adiviñar algo de vida.
É a casa de Luís Gómez, que acaba de resgardar o seu rabaño e disponse a comer cedo para soltar de novo ás ovellas un par de horas pola tarde. «Hai que aproveitar a luz. Ou inverno aquí sempre é triste, pero hoxe estamos todos como ou tempo», apunta este prexubilado da construción que hai apenas dous anos decidiu volver establecerse na casa dos seus antepasados, xunto coa súa filla e o seu xenro. «Aquí vivín de neno. Daquela había máis de quince casas abertas e ata tiñamos bar e tenda», recorda Luís.
De Penalonga marchou sendo un mozo para Santurce, antes de que lle tocase facer o petate para a mili. Ao regreso decidiu que había que facer de novo as maletas para buscar un futuro mellor. Aguantou tres anos en Suíza antes de decidir o regreso. Pero non o fixo para establecerse no pobo, senón na cidade. Atopou traballo na construción e na capital viviu as últimas tres décadas. «Pero ou traballo acabouse, fun ao paro e despois me prexubilei e decidín voltar», resume.
Aínda que moitas das edificacións que aínda quedan en pé na aldea ameazan ruínas, Luís aclara que o esta ten outra casa habitada. A que ocupan María Jesús Rodríguez e o seu marido, Sindo Arias.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
A UNIÓN EUROPEA DESTINARÁ O PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS ÁS VÍTIMAS DO LUME EN PORTUGAL E ESPAÑA


O pleno da Eurocámara gardou un minuto de silencio ao comezo da súa sesión en Estrasburgo este luns para lembrar ás vítimas mortais dos incendios forestais que arrasaron recentemente a Portugal e España, ás que a Unión Europea destinará a dotación de 50.000 euros do Premio Príncipe de Asturias que recibiu o pasado venres en Oviedo.
Máis de 40 persoas pereceron nos incendios en Portugal nas últimas semanas, mentres que polo menos catro persoas morreron na vaga de incendios que afecta a Galicia.
A Unión Europea ha informado que destinará «contía do premio Príncipe de Asturias á Concordia» para «as poboacións afectadas» dos incendios co obxectivo de «mostrar a nosa proximidade» con «numerosas vítimas en España e Portugal».
O presidente da Eurocámara, Antonio Tajani reiterou a necesidade urxente de «crear un Corpo de Protección Civil Europeo e de simplificar o contexto normativo» para garantir «axuda inmediata» en caso de «necesidade» para apoiar a países afectados por este tipo de crise.
O propio presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, informou este xoves de que ofreceu a España e a Portugal o desembolso de fondos de solidariedade comunitarios para facer fronte aos danos provocados polos incendios forestais no seu territorio.
Para poñer en marcha este instrumento, que cobre parte do gasto público dedicado a operacións de emerxencia como restablecer o funcionamento de infraestruturas básicas, é necesario que primeiro o solicite formalmente a Bruxelas o Estado membro afectado.
Juncker reclamou a semana pasada ao comisario de Axuda Humanitaria e Xestión de Crise, Christos Stylianides, que presente unha proposta no prazo dun mes para revisar o Mecanismo Europeo de Protección Civil.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza comeza o ano con 1.000 nacementos menos que hai unha década.

O rexistro do primeiro trimestre de 2017 é o peor en 20 anos -Os falecementos creceron un 5% respecto ao comezo de 2006.
A liña descendente que traza ano a ano a cifra de nacementos en Galicia non atopa fin a pesar das políticas para fomentar a natalidade da Xunta. Os datos do primeiro trimestre de 2017 son os peores desde 1996, os máis antigos que ten publicados na súa web o Instituto Galego de Estatística (IGE). Nos tres primeiros meses de 1996 naceron na comunidade 4.496 nenos, tan só 105 máis que no arranque deste ano, no que houbo 4.391 nacementos. Con todo, entre estes dous anos produciuse un repunte, se se analizan os meses de xaneiro e marzo. Desde o 2005 ata o 2012 rexistrábanse máis de 5.000 nacementos no primeiro trimestre, pero desde entón o descenso achega a cifra máis cara aos 4.000. Hai unha década, nacían ao redor de 1.000 nenos entre os meses de xaneiro e marzo. Esta diferenza mantívose ata o ano 2010.
No arranque deste ano, producíronse 249 nacementos menos que no mesmo período do 2016. Do total de 4.391, a maioría rexistráronse na provincia da Coruña, con 1.845, seguido de Pontevedra (1.638). Terceira é Lugo, con 508, e, a última posición é para Ourense, con 401. Esta provincia é ademais a que máis baixa respecto de 2016, cun 12% menos. A Coruña é a segunda que máis nacementos perde se se compara cos tres primeiros meses do pasado ano, un 7,4% menos. Pontevedra é a que menos perde, cun 4% menos. A única provincia que mellora os seus números é Lugo, que creceu un 3%.
No ano 2016 entraron en vigor medidas importantes de fomento da natalidade da Xunta, como o cheque bebé de 100 euros mensuais para os recentemente nados, pero a pesar diso as cifras de natalidade non pairan de baixar no primeiro trimestre. A franxa máis habitual para ter fillos é entre 35 e 39 anos, que é a idade ao que o 35,% galegas tiveron fillos no primeiro trimestre. No 32% dos partos a nai tiña entre 30 e 34 anos. Descenden o número de mulleres que teñen fillos unha vez superados os 40 anos. Se en 2016 foron 494, entre xaneiro e marzo deste ano foron 476
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Rafa Nadal agradece a paixón de Felisa.

O número uno do mundo envía unha foto asinada á centenaria ourensá ao coñecer a súa afección polos seus éxitos.

Nada facía sospeitar a Felisa Muñoz que cando o seu adorado heroe da raqueta disputábase o US Open contra o surafricano Kevin Anderson, un agasallo, a maiores de contemplar o triunfo do mallorquino, ía chegarlle directo desde Nova York. Entre xogo e xogo, a Nadal comunicáronlle naqueles días de grand slam a noticia publicada en La Voz de Galicia o pasado 11 de agosto. Coñeceuna grazas ao seu axente, Carlos Costa. Unha ligazón compartida vía WhatsApp sobre unha fan única: unha muller de 100 anos que seguía todas as súas xestas e que imitaba cada unha das súas teimas mellor que ninguén. «En canto lin a historia no xornal quixen que Nadal coñecésea, así que lle escribín ao seu máganer», conta Chisco Pardo, xerente da Federación Galega de Tenis. Chisco tamén considerou que a paixón desta centenaria nada un 28 de decembro de 1916 en Trasalba, Amoeiro, debía ser recompensada. Animouse e preguntou pola posibilidade dunha foto asinada. Para a súa sorpresa, Nadal correspondeu.

A instantánea repousa xa diante da butaca onde cada tarde senta a súa admiradora. «A mira e a remira!», exclama unha das súas dúas fillas, Mariló. José Mosquera, vicepresidente da Federación Galega de Tenis, foi o encargado de trasladarlle o obsequio ata o seu piso de Ourense. «Emocionouse moito. É unha seguidora moi activa. A foto é do Aberto de Estados Unidos e Felisa mesmo se deu conta de que corresponde a un dos puntos que anotou: sempre fai ese xesto, dixo ao vela». Triste pola vaga de incendios que arrasou Galicia, a imaxe iluminou a mente privilexiada desta ourensá preocupada nos últimos días polas chamas que tinguiron de gris a paisaxe. «Isto é moi importante para ela. Pensaba que a foto só tería a firma, pero está ilusionadísima porque se dirixe a ela», resalta Mariló. «Pon o meu nome e o meu apelido!»
Lucía Alvarellos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Trump ensina 8 prototipos de muro para separar México dos EE.UU.
Díxoo durante a súa campaña electoral e agora que está no poder, vaino cumplir.
Donald Trump o presidente dos Estados Unidos de América, o país máis liberal e abanzado do mundo, sacou hace pouco os oito prototipos de muro que deseñaronse para separar a Estadounidenses e Mexicanos.
A malloría dos modelos están compostos por bloques de hormigón e aceiro, chegarán a mediralgo máis de nove metros de altura e están especialmete deseñados para non poder seren escaldos ou dañados por mazas, sopletes e ferramentas semellantes.
O capricho costaralle ó conxunto de estadounidenses entre 400.000 e 500.000 dólares, repartidos o longo de 3.000 kilómetros, aínda que xa existen áreas nas que muros o valados separan ambos países.
Estes prototipos serán probados durante as vindeiras semanas para decidir cal é o mellor para garantir "a seguridade dos estados unidos".
Esto aos mexicanos parecelles indignante e moi triste, moitos deles opinan que Trump non debería malgastar así o diñeiro coa situación de fame e pobreza que asola a moitas outras rexións do planeta, e realmente teñen razón.
Obviando o desproposito da construcción dese muro, o cal non todos os estadounidenses queren, fai pensar na gran cantidade de cartos que o estado está disposto a asumir, e máis que podería asumir pero que nunca invertirían en causas que de verdade vo merezan, tales coma o quecemento global, a fame mundial, etc
Se os que teñen diñeiro o desperdician, quen vai pagar as débedas co planeta?
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de persoas apoian ao Goberno e piden "cárcere para os golpistas" de Cataluña.
Menos numerosa que a do pasado 7 de outubro, pero coa mesma contundencia: "España unida" e "cárcere para os golpistas". Esas foron consígnalas das miles de persoas que se manifestaron esta mañá na Praza de Colón de Madrid para apoiar as medidas do Goberno en Cataluña e pedir que o presidente Mariano Rajoy "non sexa débil".
Cun "que viva España e que viva a Policía Nacional e a Garda Civil", e coreado por sonoros aplausos, empezaba o acto organizado pola Fundación Denaes. Iván Espinosa de los Monteros e Rocío Mosteiro, fundadores de VOX e encargados de presentar aos participantes, aseguraban que "os políticos non están a dar a talla". O 155 aprobado onte polo Senado non é suficiente. Ao seu xuízo "hai que aplicar a lei en todo o seu rigor" e "non permitir que os traidores actúen con impunidade. Esiximos cárcere para os golpistas", afirmaban, e ao momento a praza estalaba en aplausos e berros de "Puigdemont a prisión".
Como o pasado 7 de outubro o ambiente foi festivo. O xa tradicional "E viva España" de Manolo Escobar soaba polos altofalantes e percorría o ancho e longo da praza e as rúas lindeiras. Con todo non é día para celebrar, dio Diego, un pai de familia que vén coa súa parella e a súa filla e porta unha pancarta onde se le "cárcere para os golpistas". "Hoxe non celebramos nada, é un día triste. Vimos protestar porque unha parte de cataláns, aínda que sexa minoría, quérese separar".
A opinión compártea Ana María, outra asistente que acode cunha amiga e asegura sentirse "moi indignada". Considera que a resposta do Goberno foi acertada, pero chegou demasiado tarde. "Isto teríano que facer o 6 de setembro -cando o Parlament aprobou a lei do Referendo- ese día metes a Forcadell e os demais no cárcere e acábase o problema", e asegura que "viremos -a Colón- os días que faga falta". O mesmo di Ernesto: "En Nadal viremos co turrón", en referencia ao día 21 de decembro, cando están programadas as eleccións autonómicas.
Igual que na anterior ocasión, acudiron asistentes de todos os rangos de idade, desde nenos a anciáns e, ademais de bandeiras de España e algunha que outra senlleira, portaban numerosas pancartas pedindo prisión para Carles Puigdemont e solicitando contundencia por parte do Goberno. Nunha delas, levantada por un señor de avanzada idade que andou por toda a praza con ela no alto, podíase ler: «señor presidente, estamos fartos. Non pastelee máis".
Durante o acto e sobre un escenario colocado tras a gran bandeira de Colón, ademais de integrantes da propia Fundación, participaron pensadores, escritores e xornalistas como Atilana Guerreiro, profesora de Filosofía, que solicitou a «ilegalización dos partidos secesionistas», o ex deputado e presidente de Intereconomía Xullo Ariza, ou o xornalista Luís do Piñeiro, quen con certo ton belicista afirmou que "imos gañar a pelexa porque somos mellores" e asegurou que tanto el como miles de españois "apoiarán a Rajoy no que sexa necesario para recuperar a legalidade". Finalmente o tamén integrante de VOX e Denaes, Santiago Abascal, pechou o acto co himno de España soando a todo volume polos altofalantes.




Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Congreso solicita a devolución das estatuas do Pórtico da Gloria en mans dos Franco
 Imaxes de Abraham e Isaac reclamadasA Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobaba na súa reunión desta semana, solicitaralle á familia Franco que devolva as estatuas do Pórtico da Gloria que custodia no Pazo de Meirás. A sección da cámara acordou por unanimidade unha proposición non de lei para que o Goberno faga todo o posible por conseguir o retorno ao dominio público destas pezas patrimoniais. Na mesma, solicítaselle ao executivo que realice "as comprobacións pertinentes" para verificar se a posesión das estatuas supón unha privación dun xeito inxusto e violento das mesmas, e que empregue todos os medios necesarios, para conseguir a súa devolución ao Concello de Santiago.

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-10-2017 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
A UE destinará o Premio Princesa de Asturias ás vítimas dos incendios en Portugal e España

O pleno da Eurocámara gardou un minuto de silencio ao comezo da súa sesión en Estrasburgo para lembrar ás vítimas dos incendios forestais que arrasaron recentemente a Portugal e España, ás que a Unión Europea destinará a dotación de 50.000 euros do Premio Princesa de Asturias que recibiu o pasado venres en Oviedo.
Máis de 40 persoas pereceron nos incendios en Portugal nas últimas semanas, mentres que catro persoas morreron na vaga de incendios que afecta a Galicia.
Este ano en Europa queimáronse máis de 750.000 hectáreas de bosques e máis de 100 persoas perderon a vida en Portugal e nos últimos incendios.
España e Portugal acordaron traballar conxuntamente para mobilizar o Fondo de Solidariedade da UE para obter axudas comunitarias para paliar os enormes danos provocados polos incendios, segundo anunciou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.




Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-10-2017 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal