Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preto de 250.000 persoas accederon ao Monumento natural das Catedrais no verán de 2016, un 25% máis que en 2015.
Un total de 247.770 persoas accederon entre os meses de xullo, agosto e setembro ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, deu a coñecer os datos do balance de visitantes á praia das Catedrais, que neste ano incrementouse nun 25% respecto dos datos rexistrados no mesmo período de 2015.
Completouse o aforo nun total de 29 días, tres no mes de xullo e 26 no mes de agosto; fronte aos cinco días rexistrados en 2015.
A maioría veñen doutras Comunidades Autónomas, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia; tendo en conta a información que facilitan ao solicitar a súa autorización a través da páxina web. Tamén indicou que o número de visitantes estranxeiros incrementouse ata case os 8 puntos no cómputo global con respecto ao ano 2015, cando se rexistraron 7.184 fronte aos 18.356 deste ano, é dicir, duplicouse o número de visitantes estranxeiros.
Este verán, ao igual que en 2015, se mantivo a actividade de visitas guiadas gratuítas polo monumento natural. Estas visitas están guiadas por persoas tituladas, e no transcurso das cales se facilita información e se divulgan os valores ambientais do espazo natural.
Estas visitas organizábanse en dous grupos de 25 persoas cada un, cunha duración aproximada de media hora, durante a baixamar diúrna, aproximadamente dúas horas antes e dúas horas despois do momento da baixamar.
En total, 15.644 persoas participaron nas visitas guiadas, sendo o mes de agosto o período no que se rexistrou un maior número de de visitas.
Á vista dos datos rexistrados na tempada de 2016, pódese reafirmar- sinalou a directora xeral- que o sistema de regulación de accesos posto en marcha o 1 de xullo, responde o obxectivo de conservar o espazo protexido ordenando o acceso, dado o importante impacto que estaba a supoñer unha afluencia masiva de visitantes de forma desordenada e moi concentrada no tempo.
Cómpre lembrar que o sistema de acceso previsto consiste simplemente na obtención dunha autorización gratuíta, que pode descargarse a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es, e que ademais lle dá cumprida información do horario das mareas para cada día (recoméndase visitar o monumento desde dúas horas antes da marea baixa e ata dúas horas despois), como o número de autorizacións dispoñibles para cada día.
O sistema de regulación de acceso coa cota límite de 4.812 visitantes rematou o 30 de setembro.



Lucía Alvarellos Garea 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Neurofibromatosis, vamos a coñecela un chisquiño
O Departamento de defensa dos Estados Unidos acáballe de conceder 500.000 euros para investigar unha enfermidade rara e descoñecida: a neurofibromatosis-1, asociada por erro durante décadas ao chamado “home elefante”, o inglés do século XIX Joseph Merrick, cuxas malformacións se debían en realidade á síndrome de Proteus.
Peinado, nado en Madrid en 1976, finalmente atopou unha praza na Universidade Médica Weill Cornell, en Nova York. Alí, o bioquímico abriu unha nova fronte para atacar á metástasis, a viaxe das células cancerosas desde o tumor orixinal a outros órganos. A metástasis provoca o 90% do oito millóns de mortes por cancro que se rexistran cada ano no mundo. Peinado e o seu equipo descubriron que os tumores primarios emitían millóns de vesículas minúsculas, bautizadas exosomas, que funcionaban como avanzadas militares que preparaban a invasión cancerosa do resto do corpo. Os destacamentos, segundo observaron, portaban unha “especie de código postal” que os dirixía a un órgano concreto, como os pulmóns ou o páncreas.
Non é habitual que o Departamento de Defensa estadounidense conceda unha axuda de 500.000 euros a un investigador de fóra de EE UU, pero o caso de Peiteado é especial. A neurofibromatosis-1 é unha enfermidade hereditaria que afecta a un de cada 3.000 nados. Caracterízase pola aparición de manchas de cor café con leite na pel e tumores, chamados neurofibromas, nos tecidos nerviosos. E non ten tratamento específico.
Esta enfermidade é benigna atá o momento no que se transforma. Os tumores vólvense malignos. E unha vez que se produce metástasis, a supervivencia cae. Ao cinco anos, unha porcentaxe moi alta dos pacientes non sobrevive", lamenta o bioquímico. O seu traballo, segundo o Departamento de Defensa de EE UU, "podería conducir a unha nova terapia"
Alba Gonzalez 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
A MATER 62 ANOSNIDADE AOS
Lina Álvarez é unha doutora de Lugo que foi nai aos 62 anos mediante unha cesárea programada á que foi sometida o luns no Hospital Lucus Augusti de Lugo. A recentemente nada, que se chamará como a súa nai e a súa avoa, é a terceira dos seus fillos: o maior sofre parálise cerebral e ten 27 anos. O segundo ten 10, xestado por fecundación asistida.
A pequena pesou algo máis de 3 kg e ademais de biberóns toma o peito.
O embarazo transcorreu con total normalidade e coa ilusión de ser nai por terceira vez dúas décadas despois da menopausa.
A paciente atenderá á prensa cando se repoña da cirurxía á que foi sometida.
O caso tivo moita repercusión pero ela simplemente afirma que é “un milagre”. Con todo, os especialistas en reprodución asistida desaconséllano porque un embarazo destas características supón importantes riscos tanto para a nai como para o bebé. Non se estableceron límites de idade, pero en España hai un consenso entre os profesionais de non realizar tratamento máis aló dos 50 anos.
Alba Losada 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Detido pirata informático en España
A piratería informática normalmente consiste en empregar de xeito ilegal programas informáticos que contan con dereitos reservados e dereitos de autor.

En España, concretamente en Valencia, a policía detivo un pirata informático que de xeito ilegal puxo a disposición de calquer usuario de Internet máis de once mil libros. O dano provocado a escritores e editores superou os catrocentos mil euros.

O pirata informático empregaba os seus coñecementos informáticos para acceder ás páxinas oficiais das editoriais, e dende o ordenador da súa casa, descargaba os libros e ofrecía os contidos a precios moi inferiores aos das editoriais, obtendo grandes beneficios , xa que se adicaba a esta actividade ilegal, obtendo cada día novos libros e coleccións. Para vender os productos obtidos ilícitamente, e despistar aos investigadores, chegou a empregar catrocentas páxinas web diferentes, onde compartir todo o material que roubaba.
Como Internet é relativamente recente, estes delitos son moi difíciles de combatir polas autoridades, xa que teñen que adaptar constantemente as leis para poder estabrecer castigos adecuados a cada novo delito.

Sofia Cougil 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
O Womex 16 converterá Compostela na capital mundial da música

O Womex 16 aterra a vindeira semana en Compostela, cidade que acollerá 2.500 participantes de máis de 100 países e máis de 300 artistas internacionais entre os que se atopan os galegos Xabier Díaz, Narf e Radio Cos. Faada Fredy, NY Gypsy All Stars, Dudu Tassa & The Kuwaitis, Bixiga 70 ou Oligarkh son algunhas das propostas musicais desta vixésimo segunda edición.
A Cidade da Cultura, a Quintana, o Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro e a Sala Capitol acollerán os concertos.
Na presentación da programación do Womex 16, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, sinalou que con Womex, Compostela pasa a ser “a capital das músicas que son as bandas sonoras dos distintos pobos, que transmiten a súa identidade e que son a carta de presentación dos países de orixe”. Reparou Sanmartín nas tres propostas galegas para destacar a forza da música de noso que se transmite a través das xeracións de Radio Cos e Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre e destacou moi especialmente o encontro Narf con Timbila Muzimba que pode ser “a metáfora do que Womex significa, un proxecto en que a música galega e mozambicana se dan a man, en igualdade de condicións”.
O alcalde de Compostela, Martiño Noriega, salientou que “Santiago volve amosar nesta ocasión como unha cidade pequena no cuantitativo pode ser un referente turístico e cultural no cualitativo. Acoller a maior feira de músicas do mundo, como é o Womex, significa apostar nun turismo de eventos que vai máis alá do feito até o de agora e que consigue que Santiago sexa atractiva en calquera momento do ano pola súa oferta cultural”.
Ricardo Tornero Belloso
2º ESO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2016 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Club Ourense Baloncesto.
Unha noite inesperada para o equipo de baloncesto de ourense, acabou ca gran victoria frete o Villarreal, de Castellón.
Unha gran actuación do pívot Fran Guerra co 35, o máximo anotador foi Hittle, con número 5 un grandísimo tirador de triplas, o gran Kapelan co número 13 tamén meteu 3 triplas entre outras canastas, o xogador que máis ben xogou foi Martin con 0 puntos pero con 3 asistencias, un gran base, tamén debutou o pívot Bob, que tan só xogou un minuto, pero fixoó foi ben..

O partido estivo totalmente igualado hata os 3 minutos vindiros, pero COB soupo reaacionar e empezou a tirar tripas e defender con ganas.

Resultado final: 82-81.

Wuimer Álvarez Célix. 4ºESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
O Tsunami.
Un pai de Sri Lanka recupera a súa filla 12 anos despois do tsunami.

Un tribunal de Sri Lanka otorgou a un pai a custodia da súa filla de 14 anos, perdida durante o tsunami que en 2004 causou cerca de 30.000 mortos no país isleño tras rexistrarse un terremoto de 9,1 grados frente á isla indonesia de Sumatra.
O devastador tsunami de 2004 causou máis de 226.408 mortos en doce países ribeños do Océano Indico, a maioría en Indonesia (126.915 mortos e 37.063 desaparecidos), Sri Lanka (máis de 31.000 mortos) e India (máis de 11.000 mortos).
O home, identificado como M. Mowlana, levaba anos buscando a súa filla.
Finalmente logrou dar, o pasado enero, co seu paradeiro e o maxistrado da cidade de Kalmunai, Fiaz Razzak, falou ao seu favor, a pesar de que outras dúas mulleres disputábanse tamén a custodia da nena, según reportou o diario Daily Mirror.
Mowlana declarou que a nena, Shareefa Ashra, que tiña dous anos de idade, foi arrastrada pola gran ola que azotou o lugar cando se encontraba a pouco máis dun kilómetro da praia.


Aitana Lanzós Gómez,4ºE.S.O.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
UN MONSTRO VÉN VERME
"Un monstruo viene a verme”, Monster's call arrasa en España.

A película de Juan Antonio Bayona, director de Lo Imposible e O Orfanato , cuxa estrea foi o 7 de Outubro de 2016, xa supera o medio millón de espectadores nunha semana.
Xa leva case 4 millóns de euros recadados, entrando nos cinemas como número 1 e sendo una das mellores estreas españolas do ano. A maioría dos seus espectadores sae dos cinemas chorando e sempre recomendando a película.

Está baseado no libro: “Un monstruo viene a verme” de Patrick Ness, un libro que xa recadou varios premios.

Esta película puido contar cunha repartición de luxo. Sigourney Weaver fai de avoa de Conor e recibiu o premio Donostia 2016 en recoñecemento á súa carreira. Segundo Bayona, á actriz non lle importou ter un papel secundario. Lewis MacDougall, que fai de Conor, Liam Neeson, que pon voz ao monstro, e Felicity Jones, que fai de nai, forman parte desta repartición internacional.

Resumo: Conor O´Malley (Lewis MacDougall) é un mozo que aos seus 13 anos tivo que asumir moitas responsabilidades. Tras a separación dos seus pais e a grave enfermidade que padece a súa nai (Felicity Jones), viuse obrigado a tomar as rendas do seu fogar. Ademais, debido ao acoso escolar que sofre no colexio, creou un mundo de fantasía infestado de fadas, trasgos e demais criaturas marabillosas, que lle permite escapar da súa rutina e superar os seus medos. Porque mesmo no seu propio ambiente familiar, a súa inventiva ten que enfrontarse mesmo coa visión da súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). A través da xanela da súa habitación, o mozo pode divisar un tezo, unha vella árbore que leva en pé miles de anos. Uns minutos despois da medianoite, Conor esperta e atópase cun monstro (Liam Neeson) a través do cristal. Pero non se trata da aterradora criatura que el esperaba, a que aparece no pesadelo que ten case todas as noites desde que a súa nai empezou o duro e inacabable tratamento contra o cancro. Non, este monstro é moi diferente, e quere o máis perigoso de todo: a verdade. Poderá esta incrible árbore que cobrou vida na súa imaxinación axudarlle a superar os seus problemas?

Sara Belloso 4ºESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Burkinis
‘’Burkinis’’ feitos en España.

Unha muller de orixen marroquí e outra de ascendencia arxentina deseñan, fabrican e exportan as prendas dende Cantabria.
Este verán, a raíz da polémica desatada pola expulsión dunha muller con esta indumentaria de unha praia de Niza (Francia), Elouali e Cusulini viron cómo o seu negocio comezaba a crecer. “Cada vez chamábanos maís gente para interesarse nos nosos produtos. Antes ninguén sabía o que era un burkini, agora é unha prenda coñecida a nivel mundial”, comenta Romina Cusulini.

Para elas, o debate sobre o uso do burkini é unha cuestión persoal que debe decidir cada cliente. “É absurdo prohibir que estas mulleres poidan ir vestidas así á praia. Deixando ao marxen a relixión, hai moitas persoas que o usan por pudor, ou porque teñen algún tipo de enfermidade de pel ‘’¿Tamén deberíamos prohibir aos surfistas ir con neopreno e obligarlles a usar un tanga?”, defende Soumia Eloual.

Aitana almarcha blanco 4°B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Unha intrigante sinal de radio desconcerta ós científicos
Un intrigante sinal de radio extraterrestre desconcerta aos científicos

Un equipo de investigadores atopáronse con algo completamente enigmático; trátase dun sinal de radio que procede dunha distancia de 95 anos luz, concretamente da estrela HD164595; segundo crese, podería ser emitida por unha civilización de extraterrestres que pretendían porse en contacto con outras formas de vida.







Para detectar este sinal, tívose que utilizar o radiotelescopio Ratan-600 de Rusia. Con todo, este sinal detectouse fai máis dun ano, concretamente o 15 de maio do 2015, e o máis intrigante é que non soubemos nada ata agora.
Trátase dun sinal que ten unha lonxitude de onda de 2,7 centímetros e, segundo crese, considérase demasiado extrema para que poida ter unha orixe natural.
Aínda non se chegou a ningún tipo de conclusión, pero está a facerse todo o imposible para chegar á súa orixe.
Preto da estrela existe un planeta, HD164595b, que pesa 16 veces máis que a masa do noso Planeta. Con todo, non está preto dunha zona de habitabilidade, polo que se descarta que o sinal chegue de alí.

Ester Barreira Cartelle. 4ºESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [14]
© by Abertal