Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARDEN 50 HECTÁREAS NUN INCENDIO FORESTAL XUNTO AO MIÑO EN CARBALLEDO
O incendio comezou á derradeira hora da tarde de onte na parroquia de Chouzán e está controlado dende as tres e media da madrugada.

Todas as hectáreas afectadas polo incendio foron de terreo arbolado o fogo foi detectado as 20:38 da tarde de onte e controlado as 3:30 de hoxe.

Nos traballos de extinción intervIiron dous axentes forestais e once brigadas, axudados por nove motobombas e dúas pas escavadoras.
Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Catástrofes en Haití
Haití e Santo Domingo formaban a antiga illa “ La Española” , a primeira terra americana que foi avistada por Cristóbal Colón.
Haití ten un 68% de poboación por debaixo da liña da pobreza, pero últimamente varias catástrofes naturais centráronse neste pequeno país.
No ano 2008 tres furacáns: IKE, GUSTAV e HANNA, arrasaron o país causando unha enorme devastación e máis de 1000 mortos.
Dous anos máis tarde, o 12 de xaneiro de 2010, ás 16:53 horas, Haití sufriu un terrible seismo de 7.0 grados con epicentro na súa capital (Porto Príncipe) causando 300.000 mortos e milleiros de desaparecidos. Estas catástrofes obrigaron ós superviventes a loitar por sobrevivir ao día, esgotando os recursos naturais do país, impedindo o desenvolvemento económico e sendo máis vulnerables a calquer outro fenómeno natural ( viven en chabolas, non teñen infraestruturas adecuadas …..) e así foi como o furacán MATTHEW golpeou Haití fai uns días, causando 800 mortos e novamente deixando no caos á illa.
Haití quedou destrozado mentres os seus veciños da República Dominicana, coa que comparten illa, apenas sufriron danos significativos.







Sofía Cougil García, 4º E.S.O
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
A empresa Bayer desafía aos mozos españois a buscar solucións aos problemas de alimentación mundial
Bayer e as asociacións de mozos agricultores belgas, Groene Kring e Fédération des Jeunes agriculteurs (FJA), presentou a terceira edición do Youth Ag-Summit, a realizarse de 9 a 13 de outubro de 2017, en Bruxelas (Bélxica) e que están invitados a participar os mozos de todo o mundo presentando as súas propostas para "alimentar a un planeta con fame."
Os cen mozos seleccionados de todo o mundo han compartir ideas, desenvolver solucións e participar nun debate aberto sobre unha das cuestións máis difíciles dos debates mundiais: Como alimentar un planeta con fame de forma sostible?
Para participar os mozos de 18 a 25 son invitados a presentar un ensaio sobre as causas da inseguridade alimentaria e do efecto que pode ter sobre unha poboación crecente, unha cuestión directamente relacionada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. A capacidade de demostrar ideas orixinais e paixón para axudar a construír o futuro serán os principais criterios para a Xuventude Ag-Summit. Os textos serán enviados vía online ata o 13 de xaneiro de 2017 por: www.youthagsummit.com.
O obxectivo a largo prazo é inspirar aos xóvenes participantes non só a pensar senón que tamén a actuar e acción é claramente necesario mellorar o coñecemento dos mozos sobre a agricultura, como moitos deles están desconectados do sector e dan pouca importancia saber onde vén a súa comida.
Alba Gonzalez de 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Durmir a sesta axuda a estudar
A sesta é unha tradición moi arraigada nos países latinos, tanto así que a palabra sesta converteuse case no termo universal para referirse ao sono tras o mediodía. Segundo un estudo, a sesta permite despexar a mente e deixala lista para ser máis eficiente despois.

Durante o sono, a información que está acumulada no teu cerebro na zona de memoria de curto prazo, trasládase ao "disco duro" - a memoria de longo prazo. Así, deixas libre a memoria de curto prazo para procesar novas informacións e limpas a túa mente, permitindo aceptar novas experiencias.

Matthew Walker, a cargo do estudo da Universidade de California, afirmou que "non só é importante durmir despois de estudar, senón que o é tamén durmir antes". Durante a investigación pedíuselle a 39 mozos realizar distintas tarefas relacionadas coa aprendizaxe. Un grupo debía durmir 90 minutos de sesta mentres o outro debía permanecer esperto. Logo, ambos os dous grupos debían facer tarefas. E resultou que os que quedaron espertos tiñan un rendemento moito peor que a xente que durmiu sesta.

Unha medición da actividade cerebral das persoas que durmiron revelou que durante a etapa 2 do sono que non é REM, "borrouse a caché" dos dormentes. O estudo explicaría tamén para que serve esta etapa 2 do sono non-REM, na que os humanos pasan a metade do tempo que dormen.



Wuimer Alvarez Célix 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os nenos de Cambados din "non” ao maltrato animal
O Refuxio de Animais de Cambados celebrou o día 4 de outubro o Día Mundial dos Animais cun acto no que os protagonistas eran os animais e os nenos. Estes procederon á lectura de manifestos en contra dos malos tratos aos animais, do abandono destes, dos circos con animais e das corridas de touros.
Estes nenos levaban na súa roupa lazos laranxas que simboliza a repulsa aos malos tratos animais, así como os representantes dos partidos políticos que asistiron ao acto.
Os voluntarios do Refuxio baixaron cara ao Concello con cans e gatos que sufriron malos tratos ou que foron abandonados e agora xa estaban recuperados. Foron moitos os nenos que quixeron fotografarse con eles.
Outro dos momentos máis emotivos do acto foi a presentación pública do videoclip de "Bestia", que foi gravado en Cambados. Trátase dunha canción que forma parte do novo disco de Miguel Costa, un dos padriños do Refuxio cambadés, que está dedicada aos animais.



Sara González Belloso, 4ºB E.S.O.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os españois creen que se poñen demasiados deberes escolares:

O sondeo de Metroscopia para EL PAÍS, con entrevistas realizadas entre o 3 e 5 de outubro, reflexa que son a maioría quenes consideran que se lle mandan demasiados deberes aos alumnos. Ao 27% parecenlle adecuados e so un 3% estimaos insuficientes.
A maioría de españois cree que unha hora é o tempo razonable para estas tareas. Así o ve o 61% dos enquisados cuhna diferencia significativa entre aqueles que responderon e teñen fillos en primaria. A porcentaxe rebaixase ao 52%, fronte a un 39% que estima cos alumnos deberían emplear menos tempo. O Conselloo Escolar de Castilla-León sumouse onte a esta reflexión recomendando buscar consenso sobre a carga de traballo en función das etapas que cursen os alumnos. Entre as 24 propostas lanzadas nun documento público, recomendan que se abra o diálogo entre os centros e as familias. Os Gobernos rexionais de Madrid, Canarias, Cantabria ou Murcia han aprobado recomendacións en ese sentido.


Aitana Almarcha Blanco 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
OBSESIONADO DOS ANIMAIS

Antonio Fernández Prado leva toda a súa vida rodeado de animais. Pero os paxáros e os cans son os que máis lle gustan e os que ocupan boa parte do seu tempo. Ten cerca de 400 paxáros de distintas especies e 21 cans de diferentes razas, os inspectores da Xunta foron a inspecionar as súas instalacións e dixéronlle que nunca vira un espazo tan ben coidado. Non entendo á xente que ten animais e non os coida, ao estar metido neste sector podo dicir que vin cousas que me dan vergoña axena, dixo el nunha entrevista.
Foi tres veces campión de España en concursos de ornitoloxía, pero agora, a súa gran preocupación é que unir os aficionados das distintas agrupacións do entorno do sur de Galicia para poder por en marcha un concurso que inclúa a Vigo, O Grove e o Val Miñor. Ata elaborou un cartel có seguiente lema: Todos xuntos voaremos moi lonxe».
Ester Barreira 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Crise no PSOE

Durante estes últimos tempo España vive una incertidumbre política debida á falta de goberno. No PSOE existe unha gran diferenza de opinión, uns pensan que mellor deixar gobernar a Mariano Rajoy e outros queren probar unha vía alternativa con Podemos. Esta gran diferenza se fixo máis notable no 27 de septembro cando 17 membros da cúpula do partido presentaron a súa dimisión co obxectivo de forzar a Pedro Sánchez a absterse nunha hipotética investidura de Rajoy ou a dimitir .

E cumpliron o seu obxectivo xa que debido á falta de cargos na directiva xeneral Pedro Sánchez tivo que dimitir e se convocaran novas primarias dentro do partido. Este feito provocou unha gran axitación nos medios de prensa, non só españois, xa que nesas primarias podría decidirse un hipotético pacto de futuro goberno ou outras elección.
Lucas Rodríguez Cancio 4B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-10-2016 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Conmemoración do centenario da creación das Irmandades da Fala
O pasado 6 de outubro, no ourensán Centro Cultural Marcos Valcárcel, inagurouse a exposición conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala “Saúde e Terra, irmá(n)s”.
A través desta mostra, podemos coñecer o labor realizado no seu día polas Irmandades en prol da lingua galega, nun momento fundamental na historia da nosa lingua.
Centenario das Irmandades da Fala
A mostra “Saúde e terra, irmá(n)s”, que abriu o pasado xoves a súa itinerancia na cidade das burgas logo de pasar pola Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, poderase ver ata o día 30 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel e proseguirá a partir de novembro polas cidades de Lugo e Ferrol.
A exposición, que está estruturada arredor de dez temas (”Da lingua á fala”, “A razón da causa galega”, “Letra a letra”, “Arte e galeguismo”, “Os medios necesarios”, “A nación galega”, “Nós sós”, “Subir a escena”, “Saber de nós” e “As mulleres erguen a voz”), contén documentos, publicacións, imaxes e obxectos, entre os que se poden encontrar curiosidades como os lentes de Vicente Risco, a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade ou o violín de Antón Losada Diéguez. Ademais, durante a visita pódense escoitar gravacións musicais e discursos da época.
A exposición forma parte das actividades que diversas institucións culturais están desenvolvendo ao longo do ano 2016 para conmemorar o centenario da fundación da primeira Irmandade da Fala, fundada o 18 de maio de 1916 na Coruña.
O secretario xeral de Política Lingüística participou en Ourense na inauguración de 'Saúde e Terra, irmá(n)s'.



Lucía Alvarellos Garea, 4º B, ESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
DIANA QUER CONTINÚA DESAPARECIDA


Diana Quer é unha nova estudante madrileña desaparecida en Poboa do Caramiñal na pasada madrugada do 22 de agosto. A moza acudiu a unha festa. Non se sabe o que sucedeu ao seu regreso. Uns afirman que a moza volveu á súa casa e cambiouse de roupa, pero non levou o seu DNI, mentres que outros din habela visto ás 7.30 horas da mañá. Non hai evidencias de violencia nos rastreos e batidas realizadas, polo que nun principio pensouse nunha marcha voluntaria. Os axentes interrogaron ao seu círculo máis íntimo de amigos e familiares sen resultado algún.
A pegada que deixou o seu móbil na madrugada que desapareceu converteuse no centro da investigación.
Está confirmado que o teléfono da madrileña percorreu nun espazo curto de tempo o traxecto pola autovía do Barbanza. As últimas conexións sitúanse nalgún punto aínda por determinar con exactitude da parroquia de Taragoña.
Mentres avanza a investigación, os pais agradecen ás forzas de seguridade do Estado o enorme esforzo que realizan para esclarecer os feitos.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2016 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal