EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Oito xabaríns percorren o centro de Cambre escoltados pola Policía Local

Pasaban entre coches, sobre o asfalto, en sentido inverso ao que mandaban a pintura da calzada. Subíanse á beirarrúa camiño dalgunha zona axardinada, para volver despois á estrada. Pero sempre de maneira ordenada e en perfecta fila india. Oito xabarís percorreron así o barrio de Ou Amorne, no municipio de Cambre, na medianoite do xoves, escoltados por unha patrulla da Policía Local. Un dos axentes gravou a escena entre exclamacións de sorpresa -provocadas pola perfecta orde da fila máis que pola propia presenza dos xabarís-, e o fenómeno fíxose viral. O episodio comezou ás once e media da noite, cando a central da Policía comezou a encherse de avisos.«Nunca houbo un risco con eles por posibles ataques ás persoas, pero a situación era especialmente perigosa pola inseguridade viaria», explicou un dos oficiais da Policía de Cambre, que dirixiu aos oito mamíferos cara á zona de presunta procedencia, unha pequena área boscosa no veciño municipio de Oleiros. «Parece ser que accederon por unha ponte sobre a N-VI», explica o oficial.

Aitana Lanzós Gomez 4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2016 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
A OCU denuncia o caro que salgue morrer en España, 3.500 euros por enterro.
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) denunciou que "morrer salgue caro en España", onde un enterro sinxelo costa de media uns 3.500 euros que os cidadáns pagan sen apenas posibilidades de elección, dada a escasa competencia e transparencia no sector funerario.Un custo que se dobrou desde 2003 e que inclúe o féretro, el apartado más caro con 1.200 euros de media; otros 100 euros por una corona de flores; el alquiler del tanatorio (algo más de 500 euros por 24 horas) y de un nicho, que puede llegar a costar 1.500 euros por cinco años, o la lápida, que también se abona aparte. La cremación no sale mucho más barata y su coste guarda relación con su alternativa, la inhumación, situándose el precio medio en los 657 euros.

En todos estes prezos a OCU advertiu diferenzas substanciais dunhas cidades a outras, xa que un enterro en Cuenca, Tenerife ou As Palmas custa a metade que en Vigo ou Cidade Real.
Os seguros por decesos están ben vistos entre os españois pola súa comodidade, aínda que a organización de consumidores avisa de que non son rendibles: o valo

Esther Barreira Cartelle 4ºESO. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2016 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Folga contra a LOMCE.


A primeira folga educativa do curso 2016-2017 baleirou onte as aulas dos institutos ourensáns, segundo os datos da Federación de ANPAS de centros públicos de Ourense (FAPA), que cifran nun 98% o paro estudantil en Bacharelato. A mobilización vén promovida polo rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e a implantación este ano das avaliacións externas, bautizadas como reválidas, en 4º da ESO e 2º de Bacharelato. "Estamos enormementes satisfeitos polo éxito desta convocatoria. As familias volveron a expresar ou seu rexeitamento ás reválidas, á Lomce e ós recortes na Educación", destacou o presidente de FAPA Ourense, José Antonio Álvarez Caride.
"En Bacharelato a incidencia foi do 100% e en 3º e 4º da ESO do 95%", destacan. A xornada de folga contra as probas de reválida e a LOMCE paralizou tamén a actividade docente no IES Branco Amor, situado no barrio da Ponte. "Houbo actividade normal en 1º e 2º dá ESO mentres en 3º e 4º dá ESO e Bacharelato non houbo clase. Non veu ninguén", indican desde dirección.
En canto ás avaliacións de ESO e Bacharelato, a portavoz do Sindicato de Estudantes, destacou que os profesores están totalmente desorientados sobre o temario que vai entrar nas probas que contempla a Lomce.

Sara González Belloso 4ºE.S.O. - B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2016 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua celta , un tesouro.
A lingua celta non chegou á Península desde as Illas Británicas, nin tampouco fixo a viaxe inversa desde Galicia, como cren algúns expertos. Un novo estudo asegura que a lingua celta orixinouse na actual Andalucía, entre a zona de Huelva, Sevilla e Cádiz, onde esta asentada a civilización tartessa.

Esa, cando menos, é a nova teoría do director do Instituto de Estudos Celtas, Ramón Sainero, que foi presentada no VII Congreso Transfronteirizo de Estudos Celtas España-Portugal, celebrado en Ávila. Unha teoría que, ademais, está collendo certo pulo entre certos sectores académicos.

E é que lembran que recentes estudos de expertos das universidades de Oxford e Galessinalan que as linguas celtas primitivas do occidente atlántico atópanse na Península Ibérica, e non en Centroeuropa, para reforzar esta idea. Pero a Península Ibérica é moi grande, e tanto pode ser o norte dela, coma o sur.O celta falado e escrito nas Illas Británicas e na Bretaña, no Occidente Atlántico, é o mellor conservado e existe en diferentes dialectos falados e escritos até hoxe en día.

Ainda asi esta so é unha mostra mais do excelente que é a nosa propia lingua que debemos de coidar coma un tesouro.
Lucas rodríguez 4b
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
O OSO POLAR MÁIS TRISTE DO MUNDO”
En china pagan uns 600 dólares diarios por un canguro, 150 por unha llama o 90 por un camelo. Calquera animal salvaxe está en aluguer en China para exhibilo nun centro comercial, é a última moda neste país para atraer clientes.
O oso polar “Pizza” móvese dun lado a outro polo pequeno espazo no que permanece, non ten acceso á luz do día e a o aire puro.
Din que o oso polar “pizza” chora, pero os visitantes que pasean polo centro comercial de Cantón (sur) onde está pechado non parecen decatarse, móvese constantemente dun lado para outro polo escaso espazo no que permanece, sin ver a luz do día e sen respirar aire puro, mentres os nenos berran dende o outro lado do cristal e os adultos fotografan deseguido
As organizacións en defensa dos animais ao decatarse do caso, xa recolleron mais dun millón de sinaturas para poder salvar ao oso pizza do seu terrible cativerio.
En China é habitual atoparse cun dos miles de xigantescos centros comerciais, que ante o incremento da venta online, para atraer a presenza de potenciais clientes, empregan animais de todo tipo como reclamo. Canto mais exóticos mellor. Ata o de agora era relativamente habitual atopalos en hoteis e restaurantes, pero ao ver que era eficaz, os centros comerciais non dubidaron en sumarse á “moda”
O oso polar “pizza” non é un caso illado. En xaneiro en Xinjiang montaron un circo con leóns e tigres nas tendas de luxo e restaurantes. En Agosto un centro comercial de Pekin empregaba un enorme elefante para entregar os terminais aos clientes.
En China non existe ningunha lei de protección de animais dende 1930, e a actual ten moitas eivas e so prohibe o emprego de certos animais salvaxes. Algunhas localidades crean lexislación propia, pero insuficiente e sen indicios de pronta solución. Polo tanto é de esperar que pronto “pizza” este acompañado de tigres brancos e osos panda
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
ESTUDIANTES OURENSÁNS A FAVOR DA FOLGA
O 26 de outubro foi o primeiro día de folga educativa do curso 2016-2017. A mobilización vén promovida polo rexeitamento á Lei Orgánica para a mellora da Calidade Educativa (Lomce) e a implantación das reválidas en 4º da ESO e 2º de Bacharelato.
As familias consideran que estas probas buscan que só unha minoría chegue á Universidade,e que nin tan sequera foron desenvolvidas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle examinará, nin para que o profesorado saiba como axudar.
O seguimento da folga, segundo os datos da Federación de ANPAS cifra nun 98% o paro estudantil en Bacharelato e en Secundaria un 90%.
A xornada de folga continuou pola tarde cunha concentración da Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público nos xardíns de Pai Feijóo e diante da Subdelegación de Goberno. Dita convocatoria celebrouse de forma simultánea en toda Galicia.



ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense: un plan perfecto para este outono
O Concello de Ourense presentou o paso 23 de outubro na Casa de Galicia en Madrid a súa campaña turística "Ourense, un plan perfecto", coa que pretende situar á cidade como destino de referencia nas próximas semanas. A iniciativa inclúe un vídeo promocional e un acordo de colaboración con Renfe para abaratar nun 30% os billetes de tren entre Madrid e Ourense do 27 de outubro ao 9 de noviembre.
A delegación ourensá estivo composta polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez,e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar. Ámbolos dous estuvieron acompañados polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e Mariano Santiso, en representación de Renfe. O rexidor explicou a campaña, que engloba accións promocionais do Festival de Cine, Concurso de Pinchos, Samaín, Magostos e recursos termais, patrimoniais, culturais e comerciais.
Vázquez puxo en valor o termalismo como "gran tesoro" de Ourense, xa que ainda que non sexamos una cidade costeira, temos un océano de auga quente baixo os nosos pés. Esa riqueza pobla as nosasas riberas do Miño en forma de termas, que deixan maravillados a todos aqueles que nos visitan. Tamén puxo en valor a identidade, que se deixa ver, por exemplo, no Magosto.
Entre outras cosas, o alcalde ourensá lembrou a celebración do Festival de Cine Internacional de Ourense, con un total de 73 proxeccións ao longo de 109 sesións distintas, o concurso de pinchos "Sabores de Ourense" de outono, que alcanza este ano a súa novena edición.
Por todas estas razóns, e porque Ourense é unha cidade sorprendente, con un carácter amable, hospitalario e cheo de vida, foi polo que o Concello presentou 'Ourense un plan perfecto’ nesta época do ano.
Ademais, o alcalde lembrou na presentación celebrada en Madrid a cercanía da Ribeira Sacra á cidade ou as actividades culturais que se celebrarán, como o Outono Fotográfico, o proxecto "Prego, 100 años", dedicado a un dos artistas ourensás más importantes, Manuel Prego de Oliver.



Lucía Alvarellos Garea, 4º B, ESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
A OPOSICIÓN DO PARLAMENTO REÚNESE PARA ESIXIR A TRANSFERENCIA DA AP-9
O rechazo do Goberno en funcións de Mariano Rajoy a debatir a transferencia da Xunta de la AP-9 terá resposta o próximo martes no recén constituído Parlamento de Galicia, onde reuniranse tódolos grupos da oposición.
Aunque Feijoo segue defendendo a transferencia desta infraestrutura esencial para Galicia, a Xunta o pasado xoves, tras a reunión semanal do seu Executivo, recordó que plantear esta necesidade dun Goberno en funcións “só é querer falar do asunto, non querer resolver o asunto”, xa que un Executivo en funcións non debería adoptar este tipo de decisións.

Eva Muñiz Outeiriño 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2016 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
A Garda Civil segue a pista do fugitivo portugués acusado de asasinar a un axente en Portugal
A Garda Civil segue a pista, en Ourense, ao fugitivo portugués que fuxiu tras asasinar, presuntamente, a un axente dese país, e a un condutor ao que asaltou para roubarlle o vehículo.

Pedro Joao Piñeiro, o presunto asasino portugués fuxido, podería estar no noso país. Búscaselle desde o 11 de outubro, día en que, segundo sospeita a policía, matou a un garda luso e a outra persoa á que lle roubou o coche a 90 quilómetros da fronteira con Salamanca.

Varias testemuñas sitúanlle en Ourense, concretamente na poboación de Sandiás. O fugitivo entraría para tomar un refresco e un bocadillo nun bar, e marchouse antes de que lle servisen a comida.

Os pasos fronteirizos están vixiados desde os días posteriores aos feitos aínda que non se sabe se entrou en territorio español.

Trátase dunha persoa cunha ampla formación militar e as autoridades cren que podería sobrevivir en condicións extremas. Búscaselle tamén en bosques e pistas forestais.


Lucía López Álvarez 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Morre unha persoa e outras dúas resultan feridas nun accidente en Padrón (A Coruña)
Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas de diversa consideración tras sufrir un accidente na parroquia de Carcacía, en Padrón (A Coruña). O turismo no que viaxaban saíuse da vía e chocou contra unha árbore. O sinistro ocorreu apenas uns minutos despois das 1,00 horas do anterior domingo. A voz de alarma dérona os profesionais sanitarios, que solicitaron medios de rescate para sacar á vítima atrapada no interior do vehículo, a pesar dos seus esforzos unha persoa morre e outras dúas resultan feridas no accidente.
Os xestores do 112 Galicia enviaron un aviso aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Padrón. E os bombeiros e efectivos de emerxencias, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do instituto forense.


Ana Ramos Gallego 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2016 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal