Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Emilio Rúa leva as súas cancións ás Américas
A veces, entre tanto cantautor e tanta música, un pode pensar que xa non lle queda nada novo por descubrir… Claro está, que entonces chega alguén como o propio Emilio Rúa e rompe literalmente os teus esquemas. É un artista que apenas se coñece fora da súa Galicia natal, (nace concretamente en Riós) e sin duda é un dos máis destacados cantautores que se poden escoitar no noso país. Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as características de Emilio Rúa.
Hoxe, sábado 11 de Outubro, Emilio Rúa levará a súa música a uns lugares ben lindos do Brasil onde fará varios concertos por diferentes cidades. Por si non fora pouco, dende alí, vaise para Arxentina actuando en varios teatros. Emilio Rúa espallará toda a súa música por estos lares, e nós estamos moi orgullosos de él.
Moita sorte, Amigo!

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Voz Natura e o seu décimo aniversario
A aula da Natureza de Oira estivo de aniversario o martes 7 de outubro e celebrouno cos alumnos do noso colexio Divina Pastora-Franciscanas de Ourense.Os alumnos de segundo de bacharelato e doutros cursos da E.S.O do noso colexio, en colaboración e guiados polo profesor Gonzalo Sánchez participaron nunha conferencia sobre os distintos produtos propios do outono así como axudando en diversas labores ecolóxicas.

Os escolares seguirán realizando as súas rutas de «ecovixiantes» polol concello pero tamén, e según o lema deste ano do programa ambiental, traballarán nunha horta ecolóxica que se atopa nas propias instalacións da Aula da Natureza do río Miño.

Parabéns Voz Natura!!!!

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-10-2014 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NOBEL DA PAZ: E O GAÑADOR É...

De todos os premios outorgados cada mes de outubro durante a semana Nobel, ningún é tan esperado e discutido como o da paz. Este ano, o comité que escolle ao gañador recibiu 278 nominacións, máis que en calquera outro momento no pasado. E, debido a isto, xerouse unha gran expectativa en torno ao anuncio deste venres.
As apostas centráronse no Papa Francisco. O seu triunfo sería histórico, pois convertiríase no primer pontífice católico romano en obter o Nobel da Paz. Pero o comité Nobel é coñecido polas súas decisións sorprendentes...
Finalmente, anunciouse o premio. E os gañadores foron a paquistaní Malala Yousafzai, unha moza de 17 anos, estudante e activista pola educación en Pakistán, que atopouse de cara coa morte cando un combatente talibán disparoulle á cabeza en 2012, pero sobreviviu e convertiuse nun símbolo de triunfo sobre a adversidade, e o activista e avogado indio Kailash Satyarthi, de 60 anos, que mantivo a tradición de Mahatma Gandhi e dirixiu diversas formas de protesta pacíficas centrándose na grave explotación dos nenos con fins económicos, foron galardonados este venres co Premio Nobel da Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e polo seu dereito á educación", según anunciou o Comité Nobel Noruego.
O galardón non foi otorgado ao papa Francisco, que estaba entre os favoritos para a distinción. Xunto coa activista paquistaní e o Sumo Pontífice, a lista de 278 candidatos tamén era encabezada pola ex analista da CIA Edward Snowden.
A Academia Sueca considerou un punto importante que un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, se unisen nunha loita común pola educación e contra o extremismo.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal