Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non queda outra...
Sorrí. Sorrí porque non queda outra opción e ben o sabes. Que o amor doe, os amigos fallan, os achegados vanse e déixannos, o destino interrompe as nosas vidas, o pesimismo entúrbanos... Pero o seu contrario dános forza. Decatémonos de que os cans seguen ladrando, as follas seguen a caer en outono, quizá neve en inverno, as plantas florecen coa primavera e o sol segue ofrecendo a súa calor en verán. A vida segue, con todos os seus “peros”, coas malas épocas, que veñen e van, cos seus rexeitamentos e as súas barreiras, pero vida só temos unha e é a que nos tocou vivir. Aquí e agora. Sorrí porque non necesitas máis receita que un pouquiño de esperanza e ilusión mesturadas coas ganas de lograr para conseguir todo o que te propoñas. Sorrí porque tes mil motivos e no fondo sábelo, o mundo segue xirando a miles de quilómetros por segundo e miles de desgrazas acontecen aí fóra. Sorrí porque o teu sorriso pode namorar, porque non temos máis deber que ser felices e facer feliz ao resto, que o noso maior temor é non encaixar, que temos unha forza desmesurada, é a nosa luz non a nosa escuridade o que máis nos asusta, empequenecerse non axuda ao mundo. Todos deberiamos brillar como o fan os nenos e ao deixar brillar a nosa propia luz inconscientemente damos permiso a outros para facer o mesmo, ao liberar o noso propio medo a nosa presenza libera automaticamente a outros. Xa o dixo Pablo Neruda: "Poderán cortar todas as flores pero non poderán deter a primavera". Sorride porque nunca dixeron que a vida fose doada, intentarán facernos tropezar mil veces pero tócanos levantarnos mil e unha. Malia todo xa non espero que pase a tormenta, aprendín a camiñar baixo a chuvia.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
PINTURAS EN INDONESIA DE 39.000 ANOS

A revista Nature publicou o descubrimento por arqueólogos de Australia e Indonesia dunhas pinturas prehistóricas de máis de 39.000 anos de antigüidade. As 12 pinturas, encontradas na illa Célebes, mostran animais e mans e aportan novas pistas sobre a orixe deste tipo de manifestacións artísticas que, de acordo cos expertos, emerxeu de forma independiente en Europa e o sureste asiático.

As anlálises determinan que poderían ter máis de 39.900 anos, xa que as probas feitas só aclaran a idade mínima. A representación máis antiga corresponde co contorno dunha man humana. Ademais, segundo os expertos, nestas pinturas hai representada unha baribusa, mamífero da rexión que se estima que viviu fai 35.400 anos.

Aínda de que este descubrimento é de gran importancia, todavía as pinturas europeas son as máis antigas coñecidas, pero facilitaron a eliminar a hipótese de que a arte abstracta só se desenvolveu en Europa exclusivamente.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2014
O escritor francés Patrick Modiano foi galardoado co Premio Nobel da Literatura 2014 "pola arte da memoria, que evocou inintelixibilidade dos destinos humanos e revelou ao mundo da vida da ocupación", anunciou o xoves a academia Sueca. Modiano é o undécimo francés a obter o maior premio das letras.

Naceu o 30 de xullo de 1945, na cidade de Boulogne-Billancourt, un suburbio de París, fillo dun empresario e unha actriz. Mentres na escola, el era un profesor parisiense de xeometría en Raymond Queneau, un escritor que desempeñou un papel fundamental no seu desenvolvemento.

En 1968, fixo o seu debut como escritor con 'La place de l'étoile "(Praza da Estrela), unha novela que atraeu moita atención. As obras de Modiano a miúdo concéntranse en temas como a memoria, o esquecemento, a identidade e a culpa. A cidade de París tende a estar moi presente e pode mesmo ser considerada como un participante creativo das súas obras, destaca a Academia Sueca na súa nota biográfica sobre o escritor.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
O ENGANO DO ''WHATSAPP OURO''

Os estafadores tratan de aproveitar o nome da app, máis alá das súas alternativas, para sacar diñeiro. Promete fondos e emoticonos exclusivos, pero o único que trae consigo é unha factura mensual. O 'Whatsapp Edición Ouro' é a nova estafa que se está a propagar polas redes sociais.

Se se clica no enlace para proceder á súa descarga, aparecerá unha ventá na que se pide o número de teléfono do usuario: 'Por verificación', especifica. Unha vez enchido o campo, o titular terase subscrito a un servizo de mensaxería de pagamento. Seguindo estes pasos, o usuario subscríbese a un servizo de mensaxería instantánea. Whatsapp Edición Ouro cobraralle 1,45 euros por cada SMS que lle envíen, ata un máximo de 36,25 euros mensuais.

Un cebo doado xa que, segundo o barómetro do CIS, un 96,4% dos españois xa utiliza esta aplicación de mensaxería instantánea. É por iso que a Policía Nacional e a Garda Civil xa alertaron do engano a través dos seus perfís nas redes sociais. Os que aínda así caian na trampa, supostamente poden darse de baixa a través dunha mensaxe de texto ou chamando a un número de atención ao cliente.
¡NON PIQUES!

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
COMENDO LIBROS

O delegado provincial de Cultura, Mario Outeiro, e o presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) Xoán Costa presentaron o novo programa no Museo Provincial, sede da semana. Mario Outeiro animou “a todas as familias a participar nestas actividades abertas”. Xoán Costa explicou que o obxectivo principal das xornadas é “motivar aos nenos e nenas, abrirlles a curiosidade nos libros que faga que no futuro teñamos unha sociedade de lectores e lectoras”.

O coro infantil do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo abrirá o programa o día 19 ás 12.30 horas e, xa desde a segunda feira até a sexta o Museo Provincial abrirá as súas portas todas as tardes ás actividades da Semana que terán o seu inicio ás 18.30 horas. Andrea Bayer con “Comendo Contos”, o mago Martín Camiño con “Contos de maxia”, o achegamento a culturas e gastronomías distintas por medio dos contos de Oqo, os “Contos como rosquillas” de Soledad Felloza e o Matapiollos Teatro coa obra “Comelibros” serán as propostas para cada un dos días da semana. A clausura do programa desenvolverase o sábado ás 12.30 horas co contacontos teatrais Trinketrinke e as súas “Aventuras na cociña” coas ratas Avoa Violeta e Lilí Gruyére como protagonistas.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-10-2014 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
ANTONIO HERNÁNDEZ: PREMIO NACIONAL DE POESÍA
Antonio Hernández resultou galardoado co Premio Nacional de Poesía polo seu poemario Nova York después de muerto, unha obra "totalizadora, arriscada e comprometida que recolle a herdanza literaria", segundo o xurado, que destaca tamén que é "un libro que rehumaniza e salva do esquecemento". O galardón, que está dotado con 20.000 euros, recoñece a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada no ano 2013.

Nacido en Arcos da Fronteira (Cádiz) en 1943, Antonio Hernández xa obtivo este ano o premio Nacional da Crítica española con este mesmo poemario. "Séntome igual que Rafael Chirbes, un estupendo escritor ao que admiro, porque eu tamén gañei este ano o da Crítica e o Nacional, e como a poesía é a irmá bela e pobre de toda a literatura faime moita ilusión", explicou o poeta.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
PROTESTA POLO SACRIFICIO DE EXCALIBUR
O xoves día 9 pola tarde producíase o sacrificio de Excalibur, o can de Teresa Romero, a enfermeira infectada polo virus do ébola. Según a Consellería de Sanidade a decisión do sacrificio debeuse ao "estreito e permanente" contacto coa paciente afectada polo virus e, de acordo cós descubrimentos científicos dispoñibles, "supón un posible risco de transmisión da enfermidade ao home".

Ese mesmo día, dende a mañá até á tarde, numerosas persoas manifestáronse diante da casa dos afectados polo mortal virus, obrigando a máis de trinta axentes da Policía Local e Nacional a custodiar a vivenda.

Pero onde maior relevancia tiveron estas protestas foi nas redes sociais. Dende o día anterior cando se informou da decisión de sacrificar ó can, máis de 300.000 persoas firmaron para tratar de impedilo. Ademáis, #SalvemosaExcalibur convertíuse en Trending Topic mundial e diversas celebridades (Carlos Bardem, a cantante Alaska e o presentador Jorge Javier Vázquez entre outros) apoiaron tamén esta causa.

Este feito tamén fixo que numerosas persoas se sorprenderán deste inmenso apoio a un can, cando en Serra Leoa morren máis de 120 persoas cada día, preguntándose que vale máis, se a vida dun can ou as mortes diarias de deceas de persoas.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
O IPHONE 6 POLA MIÑA CASA!

Un home de Detroit, Estados Unidos, ofreceu a súa casa a cambio de obter o IPhone 6, o último dispositivo que sacou Apple ao mercado. Segundo informou a cadea de noticias Fox 2, o dono da casa tivo dificultades para vender a propiedade. O reporteiro, incrédulo, pregúntalle a Else -que representa o dono da casa- se é unha broma. O axente asegura que é real. "O meu cliente encóntrase no estranxeiro e díxome que está disposto a comerciar a propiedade a cambio dun iPhone 6. Creo que quere a versión do iPhone 6 Plus, pero está disposto a negociar".

A casa foi valorada inicialmente en 5.000 dólares, pero na actualidade no mercado está en 3.000 dólares. Conta con tres dormitorios, un soto rematado e un garaxe para dous coches, aínda que necesita reparacións. Else agregou que o dono da casa podería mesmo negociar a propiedade por un iPad de 32 GB.

Hai que estar realmente obsesionado para estar disposto a facer iso a cambio dun móvil; está claro que hoxe en día o que move a humanidade son as novas tecnoloxías, e nun futuro, serán elas as que manden sobre nós e os dispositivos móviles terán máis que controlados os seus donos. A evolución das tecnoloxías vai máis que rápido.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
DANI DÁ UN PASO MÁIS ADIANTE
O neno Cambre con parálise cerebral necesita novas terapias para mellorar..
CORUÑA / A Voz Outubro 11, 2014 00:07
Tome unha simple carta que caeu no seu colo é un esforzo enorme para Dani Prieto. Con todo, el non perde o sorriso e traballo duro pode superar este obstáculo, un máis dos moitos que están enfrentando cada día. Acaba de completar 13 e "un loitador", como el chama a súa nai, Conchi Ageitos que inclinaron cara atrás para a parálise cerebral, non naceu condenada a estar parado nunha cadeira de rodas.
Dende a reunión discapacidade do seu fillo vén tentando recibir coidados e terapias avanzadas, tratamentos caros que o levaron a volver a hipoteca da súa casa e vivir no límite cada mes. Con todo, todo esforzo é pouco para obter unha pequena mellora no estado de Dani ", que se recuperou moito, sobre todo a nivel cognitivo que física. Fala, exprésase, come só, e xoga cartas na consola e Brile, el adora. É un neno moi activo que nunca perde o seu sorriso ".
Para estes avances non paran, pequena tía comezou hai un ano para desenvolver broches boneca que vendeu por 5 euros en forma, e co produto foi capaz de recibir unha nova sesión do método TheraSuit, que custa 2500 €. Con todo, ese esforzo non foi suficiente para levantar máis diñeiro para un novo terapia, e toda a familia de Dani volveu buscar novas ideas para conseguir recadar máis fondos para pequenos tratamentos.
"O meu marido fai chaveiros, venden 5 €, e eu tamén xa comezaron a facer pulseiras, que custa 3-5", explica Conchi Ageitos, roubando tempo de sono, a fin de facer estes subsidios, tamén venden a través do www.teaming.net web ou conta de Facebook colabora con Dani.
Aínda incapaz de recibir novas terapias, Dani continúa coa terapia da fala e fisioterapia tres veces por semana, nas últimos clases en que se está traballando para avanzar. "Agora é unha grúa que vai, e fai un esforzo enorme. El xa percorrer un longo camiño, xa que en principio foi moi difícil, pero como super-traballador, non se cansa. Sempre segue a traballar cun sorriso na cara ", explica a nai, que cre que esta actitude ten feito todo o mundo quere.
Conchi Ageitos lembra emocionada a cerimonia de graduación dos seus ex-compañeiros, el tivo que repetir, "cando chamado Dani dixo, todos os nenos comezaron a berrar e bater palmas. Tiven que me conter para non chorar ", explica, pero tamén recoñece que os novos compañeiros non fan nada para axudar e xogar con el" para manter sempre sorrindo ".

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
DESASTRE NAS COSTAS IRLANDESAS
Catro baleas piloto apareceron hoxe mortas nunha praia do condado de Donegal, no noroeste de Irlanda, onde un grupo de activistas locais lograron salvar a vida doutras nove e devolvelas ao mar.

En torno a un centenar de persoas participaron nos labores de rescate dun grupo destes cetáceos que quedou varado na area da praia de Ballyness, na localidade de Falcarragh  deste remoto condado irlandés.

Unha das baleas que foi rescatada con éxito presentaba inflamacións e inchazóns no pel, o que suxire que puido enfermar e, no seu empeño por chegar ata augas pouco profundas, arrastrou tamén ao resto do grupo.
O Grupo Irlandés de Golfiños e Baleas (IWDG, nas súas siglas en inglés) dixo que o incidente de hoxe é o décimo terceiro que se rexistra no condado de Donegal durante este ano.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2014 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal