Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIGO, ANEGADO.

Vigo intenta recuperarse do paso de «Margit». A cidade levantouse empapada aínda polos efectos da primeira cicloxénese da cidade, que o Xoves deixou ao seu paso un regueiro de inundacións, caos de tráfico, 9.000 persoas sen luz e unha morea de incidentes.

Segundo os datos de Meteogalicia, os 100 litros por metro cadrado recollidos onte na cidade son un fito histórico, do que non teñen constancia nos anos anteriores con medicicións. Froito destas torrenciais chuvias, producíronse inundacións en baixos comerciais e garaxes, nas que os bombeiros de Vigo estiveron a traballar durante toda a noite. Balaídos foi a zona mais afectada, con inundacións dentro do propio estadio do Celta de Vigo e polas rúas nas que a auga anegou os vehículos que se atopaban pola carretera.

Esta mesma madrugada, os efectos do temporal tamén tiveron consecuencias no tráfico marítimo. O buque «Celebrity Eclipse», con 4.000 persoas a bordo, tivo que refuxiarse na ría de Vigo sobre as 6.30 horas. A forte ondada e a borrasca fixeron que a tripulación decidise incluír esta escala imprevista na súa ruta. Está previsto que hoxe a partir das 17.00 horas continúe o seu rumbo a Southmapton.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2014 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Novo gañador do premio Planeta

O escritor mexicano Jorge Zepeda gañou a 63 edición do Premio Planeta, dotado con 601.000 euros, coa súa novela "Milena ou o fémur máis belo do mundo", na que ofrece unha mirada crítica á corrupción política e ao tráfico de persoas para a súa explotación sexual.

O gañador do Planeta ocultara o seu nome tras o pseudónimo de Eduardo Nevado e o título ficticio da súa obra era "Os crimes do cromosoma XY", mentres que a finalista deste destacado premio literario foi a xornalista Piar Eyre, que se escondía tras o pseudónimo de Coral Teide, pola novela "A miña cor favorita é verte".

A novela gañadora céntrase nun grupo de antigos compañeiros de colexio, que actualmente ocupan importantes postos en diversos ámbitos da sociedade, que salvan a vida dunha prostituta croata, Milena, vítima dunha rede dedicada á trata de persoas.

O xurado do premio Planeta, que seleccionou a novela de Jorge Zepeda entre as 453 obras presentadas este ano, estaba integrado por Alberto Blecua, Juan Eslava Galán, Pere Gimferrer, Carmen Posadas, Rosa Regàs, o debutante Fernando Delgado e o editor Emili Rosales.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2014 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Devolven a visión mediante células nai.
Usando células nai, os científicos lograron devolver a visión a pacientes con enfermidades maculares. Según publica a revista “The Lancet”, os investigadores conseguiron que pacientes con dexeneración macular de Stargardt (SMD) e dexeneración relacionada coa idade seca macular (ADME) volvan ver, utilizado células nai derivadas da retina.

A dexeneración macular é unha enfermidade ocasionada por danos ou deterioro da mácula do ollo, unha capa de texido sensible á luz, situado no centro da retina.

Os resultados proveñen de dous ensaios clínicos con resultados positivos a longo prazo dados a coñecer por Advanced Cell Technology, sobre 18 pacientes en Estados Unidos e tras seis meses de seguimiento mínimos tras o trasplante.

"Os nosos resultados demostran o potencial de reparar ou reemplazar os texidos danados por estas enfermidades. Temos a intención de iniciar a fase 2 de ensaios clínicos completos para conseguir unha cura eficaz", asegura Paul K. Wotton, presidente e director executivo da compañía.


Según Steven Schwartz, profesor de oftalmoloxía, investigador e autor principal da publicación, os datos respaldan a seguridade, potencial e actividade biolóxica de células nai derivadas do texido da retina. “Estos datos suxiren que esta estratexia rexenerativa debe seguir cara adiante. Este é un avance esperanzador e emocionante para a oftalmoloxía e a medicina rexenerativa", engade. Ademáis, afirma que estos ensaios demostraron que non existen efectos adversos relacionados co texido trasplantado.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2014 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Márquez agasalla a España co seu título de motocliclismo número 42.

Marc Márquez logrou no circuito de Motegi, Japón, o cuadraxésimo segundo mundial dos españois na competición de motociclismo, o cuarto na súa conta persoal, sacándolle o título de piloto máis mozo en obter dous mundiais consecutivos na categoría reina a Hailwood, que estivo nas súas mans dende o ano 1963, trinta anos antes de que o novo campión nacese.

Só dezaseis pilotos españois poden decir ter un mundial niste deporte en calquera categoría; lista liderada por Ángel Nieto, que conta cos seus 12+1, e un segundo posto ocupado por Jorge Martínez ‘Aspar’, Lorenzo, o primeiro español en obter doblete en MotoGP ca tecnoloxía de motores a catro tempos, e o mesmo Márquez.

A pesar de ter 21 anos, todos os récords de precocidade e rapidez nas súas mans, e o mundial do ano 2014 xa no seu peto, Marc, (o máquina, o neno, o extraterrestre, e outros moitos alcumes que lle quedan moitas veces ata pequenos), declarou que por moitos sorrisos que poña diante das cámaras, a presión estaba presente e aínda quedan 3 carreiras nas que debe dar espectáculo e, se se pode, gañar.

E así trasmitiu a súa dedicación ao o seu irmán, Álex Márquez, que vai liderando as clasificacións de Moto3, e que, ‘‘grazas a axuda do Estrella Galicia 0,0 e do seu irmán, pódese obter o título con esforzo e dedicación’’. E que estes Márquez déixanos sen palabras, sen bágoas aos aficionados e sen aplausos á pantalla do televisor ao ver como o esforzo faiche conseguir todo o que te propoñas, aínda que ao principio estea todo de cor negra.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2014 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os galegofalantes deixan por primeira vez de ser a maioría da poboación en Galicia.
Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso da lingua evidencian que os galegofalantes deixan por primeira vez de ser a maioría da poboación. Só o 43,8% dos preguntados afirman usar sempre o galego, fronte o 56,8% que o facía dez anos atrás. Pero as porcentaxes son aínda moito máis baixas na Coruña, cun 20,66%; Vigo, cun 21,38%; Ferrol, cun 22,45%, e Pontevedra, cun 26,77.Pola contra, na Terra de Soneira (que integra a Camariñas, Vimianzo e Zas) o 89,7% dos seus habitantes asegura falar sempre en galego, convertíndose na comarca que ten a porcentaxe máis elevada. E aínda que por baixo da media, o uso practicamente en exclusiva do galego é máis habitual nas áreas de Ourense e Lugo, con porcentaxes que superan lixeiramente o 40% en ambos casos.

Na miña opinión hai que fomentar moito máis o idioma, xa que se temos a posibilidade de ter unha lingua propia hai que saber aproveitala. As novas xeracións coma nós somos os encargados de facelo e non debemos ter vergoña á hora de empregar dita lingua. Vése claro nas estatísticas que en so dez anos o idioma decaiu un 13%, se seguemos así, que pasará nos vindeiros?

Irene Iglesias Bastos,1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-10-2014 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
AS TARXETAS OPACAS
Ben, pois eu na miña primeira publicación neste blog gustaríame falar e dar a miña opinión sobre este tema de actualidade que chegou a nós nesta semana. Paréceme indignante e vergonzoso que estes directivos tiveran a cara de crear unhas tarxetas chamadas co nome de “Black” coas que se podían retirar diñeiro dos fondos públicos.

Para a miña indignación, estas tarxetas estaban en funcionamento dende xa hai bastantes anos, coas que estes individuos as utilizaron para satisfacer todos e cada un dos seus caprichos, dende botellas de cava de tres mil euros, o caso de Rafael Spottorno que se gastou máis de dez mil euros en traxes dunha marca destacada, pasando tamén por José Antonio Moral Santín que retirou entre os anos 2003 e 2012 unha cifra redondeada de trescentos sesenta mil euros.

Cada vez síntome máis desconsolado e indignado por todos os casos de corrupción que se están acadando neste país e que parece que ultimamente saen á luz. Espero que estas 86 personaxes de Bankia sexan castigadas e xuzgadas como verdadeiramente se merecen e que se sigan a destapar máis casos de corrupción e roubo neste país, porque de seguro que hai máis.

Grazas pola súa atención, espero que fose do voso interese.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Armas, puros, lotería e supermercados caros
Nos miles de apuntamentos rexistrados polos altos cargos de Caja Madrid pódense encontrar circunstancias de todo tipo. Posiblemente, un dos máis sobresaíntes sexa o caso de Ricardo Romero de Tejada, quen fora un dos homes máis poderosos do PP madrileño (vinculábase ao chamado Tamayazo). Nos documentos remitidos á Audiencia Nacional figuran 130 anotacións de pagamentos en varios establecementos de tabaco. Só en cavas de puros, este conselleiro gastou 26.000 euros entre o 2005 e o 2011. Tamén era un home con gusto polas armas: en varias tendas especializadas de Madrid gastou, grazas á súa tarxeta opaca, outros 4.500 euros.

Hai máis casos de desembolsos sen medida. Por exemplo, Estanislao Rodríguez Ponga. Tras recibir a tarxeta como vicepresidente de Caja Madrid, o que foi secretario de Estado de Facenda entre o 2001 e o 2004 durante o Goberno Aznar, saltouse aos 30 días as supostas normas de gastos de representación e viaxes e pagou un moble en Becara por 750 euros. A partir dese momento, entre o 31 de xullo do 2006 e decembro do 2011, espremeu a súa tarxeta en múltiples pagamentos para chegar a 255.372,5 euros de gastos, como recollen os máis de 1.400 apuntamentos reflectidos na información da que dispón o xuíz. Igual pasaba un billete de aparcadoiro por 75 céntimos que desembolsaba 16.266 euros en tres días en viaxes.

Exemplos como o do socialista Antonio Romero, que empregou boa parte dos 250.000 euros que dilapidou en viaxes: foron 25.000 euros en apenas tres anos. Do mesmo partido, o ex ministro Virgilio Zapatero usou o seu “black” para libros e pagar comidas.

Outro caso sería o do expresidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio, exsecretario de Estado de Comercio e persoa de confianza de Rato: Xosé Manuel Fernández Norniella entrou no consello de Caixa Madrid en xullo do 2006. En seis anos, a súa tarxeta acumulou gastos por valor de 175.400 euros, a maior parte deles en cafetarías, restaurantes de alto copete, viaxes e compras nuns grandes almacéns. O frenesí desbaldidor de Norniella alcanzou o seu punto álxido nos meses de novembro e decembro do 2010, cando gastou máis de 27.000 euros. Só o 4 de novembro realizou compras por valor de 4.500 euros.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Marina Castaño, sen honras nin fortuna
"O que resiste, gaña". O vello Nobel repetía unha e outra vez o seu lema para adoutrinar a Marina Castaño, a súa novísima esposa e administradora da súa fortuna. Pero el tivo que esperar a morrer para gañar. Na batalla polo legado do escritor ao final venceron os dous Celas, fillo e pai. O último, que morreu en 2002 tecnicamente insolvente, viu cumprido o seu desexo dende o outro mundo, posto que a súa viúva queda fóra da Fundación Camilo José Cela. O propio escritor así deixouno establecido no caso de que ela volvese casar. Como consecuencia deste triunfo sae tamén beneficiada a súa neta Camila, de 25 anos, que non coñeceu o avó do que, ata o momento, só herdara un nome e uns poderosos xenes que saltan á vista.

Castaño perdera en pouco tempo as honras e boa parte da súa fortuna. A Xunta de Galicia arrebatoulle o título de presidenta de honor da Fundación Camilo José Cela e esta semana o Tribunal Supremo condeouna a entregarlle ao fillo do escritor as tres cuartas partes da súa fortuna. O Supremo, en cambio, permite a Marina Castaño seguir disfrutando dos dereitos de autor dun escritor cuxos libros seguen a ser lectura obrigatoria para os estudantes de Secundaria.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Neira Vilas, Premio Otero Pedrayo
O Premio Otero Pedrayo -instituído en 1977 co obxectivo de recoñecer persoas e entidades distinguidas polo seu labor en defensa e promoción da cultura galega- é concedido por un xurado do que forman parte, entre outros, a presidencia da Xunta de Galicia, o conselleiro de Cultura, representantes de cadansúa deputación provincial e das universidades galegas, así como por un membro da Academia e outro do Instituto Padre Sarmiento.

O acto, celebrado no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, contou coa presenza, entre outros, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; do conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez e do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Logo de definir a Xosé Neira Vilas como un "activista literario", o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, salientou no seu discurso o carácter multifacético –no eido creativo, xornalístico, editorial- do seu quefacer cultural, así como a súa concepción da literatura como un acto de compromiso cos máis desfavorecidos, tal e como pon de manifesto na súa obra máis coñecida, "Memorias dun neno labrego". Este premio supón un recoñecemento á extensa traxectoria en defensa e promoción da cultura galega do escritor e académico de Vila de Cruces.

Outras persoas e institucións recoñecidas co Premio Otero Pedrayo ao longo das súas trinta e cinco edicións foron, entre outros, Carlos Casares, Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, o Instituto da Lingua Galega, o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Bos Aires.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
De festa en festa: Feira da Carne de Montederramo
Unha das cousas características dos galegos é que facemos festa de calquera acontecemento e a gastronomía é de vital importancia no calendario festivo galego. Durante todo o ano atopamos celebracións que inclúen a preparación e degustación dos produtos, receitas e exquisiteces da rexión.

Este domingo 12 de outubro poderemos asistir á feira da carne en Montederramo. Foi creada en 1993 e celébrase o día do Pilar por coincidir coa Feira dos Bois que se realizaba antigamente. O obxectivo da celebración é servir de escaparate e de promoción para a actividade gandeira que se desenvolve na zona (é unha das zonas galegas con máis actividade bovina, tendo unha media de catro vacas por cada veciño) orientada de xeito preferente á produción de carne de primeira calidade.

Durante estes últimos anos veuse transformándo o carácter desta celebración, deixando a un lado o seu obxectivo netamente comercial e pasando a converterse nunha feira gastronómica, así como turística e polo tanto, cultural, na que teñen cabida dende actuacións musicais ata exposicións de artesanía organizadas pola Asociación de Mulleres Rurais.

A feira da Carne converteuse nunha cita ineludíbel para veciños, visitantes e familias enteiras da comarca de Terra de Caldelas que acoden cada ano a este concello para gozar dunha xornada de ocio e unha festa na que, ademais de comida, hai mercado e festa con charanga.

Oitocentos quilos de carne cociñados en empanada, ao caldeiro e richada servida con viño da Ribeira Sacra, e a sobremesa non podería ser outra que a afamada bica mantecada de Castro Caldelas acompañada de licor café elaborado por produtores da zona.

Recordade que estades todos convidados!

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2014 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal