Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Descobren unha posible diana terapéutica contra o Alzhéimer e a síndrome de Down
O neurólogo Huntington Potter cuestionouse en 1991 se o Alzheimer podería ser unha especie de síndrome de Down adquirida que sostén que ambas as dúas patoloxías son as dúas caras dunha mesma moeda.

Estadísticamente comprobado, aquelas persoas que padecen síndrome de Down teñen 6 veces máis probabilidades para desenvolver alzhéimer. A causa hai que buscala polas tres copias do cromosoma 21 que caracteriza a súa patoloxía. Neste cromosoma encóntrase tamén o xene que dá lugar á proteína beta-amiloide, a marca característica da enfermidade de Alzheimer. É por iso que Potter está convencido de que para buscar a cura do Alzheimer hai que estudar a fondo a síndrome de Down. Onde xa se está a estudar é no Instituto Linda Crnic, na Universidade de Colorado. Nos comezos a teoría non convencía moito, pero vai gañando peso.

O resultado da busca foi o descubrimento dunha proteína que traballa como 'axente dobre'. O seu nome é SNX27 e encóntrase na membrana celular. As persoas con síndrome de Down teñen niveis baixos desta proteína, o que explica que hai unha unha mala transmisión da información entre as neuronas que dificulta a aprendizaxe e a memoria. A outra función desta proteína relacionada, teñen visto que tamén regula a formación da proteína beta amiloide.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Álvaro Bautista chega aos 200 grandes premios no Mundial.
Cita especial a de Australia este ano para Álvaro Bautista, porque coa carrera do pasado domingo alcanzou os 200 grandes premios realizados. Aos seus 29 años, o talaverano disputou 67 en 125cc, 49 en 250cc e 83 en MotoGP, categoría na que, Rossi alcanza os 250 grandes premios no mesmo circuito. Bautista foi capaz de gañar un Mundial (o de 125cc en 2006), 16 carreiras e 49 podios, ademais de 18 poles.

Os membros do Go & FUN Honda Gresini, equipo no que está actualmente, celebraron no box tal ledicia cun recibimento sorpresa e o seu home de máxima confianza, Mario Ruiz, preparoulle un casco especial, diseñado por el, para o fin de semana cun 200 combinado con fotos da súa carreira e todos os 19 que levou dende o seu inicio en Jerez '02.

E algo de sorte obtivo desta ocasión especial, xa que fixo unha posición moi boa, quedando na sexta plaza, tras todas as caídas debidas as condicións do asfalto, como a de Márquez e os irmáns Espargaró, entre outros, situándose así no undécimo posto da clasificación do mundial 2014, ao que lle quedan dúas carreiras para que chegue ao seu fin, mais non supón unha mágoa, xa que se vai poder ver a un Bautista dando o mellor na súa nova moto grazas a incorporación de Aprillia, que xunto con Suzuki, o ano que ven ofrecerán a oportunidade de que, pilotos como Viñales ou Miller, poidan ascender de categoría e poder pilotar unha moto oficial e así darlle máis emoción a este deporte.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Tatoos en galego, a lingua a flor de pel.
O obxectivo do concurso de tatuaxes en galego ou sobre temática propia é, para a equipa de normalización do IES Marco do Caballón de Vila de Cruces, visibilizar que tanto a nosa lingua como a nosa identidade fan parte tamén da cultura do tatoo.

A tatuaxe como forma de expresión artística contemporánea ten, segundo a entidade promotora, unha crecente relevancia como se aprecia en exposicións de galerías e libros que mostran un interese en aumento polo tema.

Aclaran, iso si, que a idea non é promover que a xente se tatúe, senón coñecer a través das redes sociais e nun proceso de participación colectivo, cal é a presenza da nosa lingua e cultura nas expresións que a xente leva marcada na pel.

“A nós, na Galiza do século XXI, interésanos coñecer as tatuaxes da xente que decidiu gravar na súa pel palabras da nosa lingua ou motivos gráficos da nosa cultura”, explican, dun proxecto que quere compor un álbum de fotos dos tattoos galegos.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-10-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Saber moito vocabulario protexe contra o dano cerebral
Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (España) levou a cabo un estudo para descubrir que indicadores inflúen en mellorar a reserva cognitiva, isto é, a capacidade cognitiva e intelectual que unha persoa acumula ao longo da súa vida mediante coñecementos académicos, culturais, lectura, idiomas, pasatempos... que levan a compensar ao cerebro da perda das súas funcións.

A reserva cognitiva, que non se pode medir directamente, pode calcularse a través de certos indicadores que aumentan a súa capacidade e, polo tanto, protexen da deterioración cognitiva e da enfermidade de Alzheimer, por exemplo.

O estudo, que foi publicado na revista Anales de Psicoloxía, traballou cunha mostra de 326 persoas maiores de 50 anos, 222 sans e 104 con deterioración cognitiva lixeira. Ao longo do estudo, os científicos mediron o seu nivel de vocabulario, os anos de escolarización, a complexidade do seu traballo e os seus hábitos de lectura. Tamén utilizaron o subtest de vocabulario Escala Wechsler de Inteligencia para Adultos e o test de vocabulario de imaxes Peabody.

"Centrámonos no nivel de vocabulario, tendo en conta que se considera un indicador da intelixencia cristalizada [o uso das habilidades intelectuais xa aprendidas]. O que pretendiamos era afondar na súa relación coa reserva cognitiva. Cunha análise de regresión, calculamos a probabilidade de que houbese deterioración en función do nivel de vocabulario que tiñan os participantes, declara a Sinc Cristina Lojo Seoane, coautora do estudo.

Os resultados mostraron unha maior prevalencia de deterioración cerebral nos participantes que obtiveron unha menor puntuación no seu nivel de vocabulario, o que, segundo os expertos, é un indicador clave de que canto maior nivel de vocabulario posuamos, máis protexidos estaremos fronte á deterioración cognitiva.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Inmaterial, no Museo Nacional de Antropoloxía
O Museo Nacional de Antropoloxía presenta a exposición Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva, un evocador percorrido a través de 93 fotografías, seleccionadas dalgúns dos fotógrafos documentalistas máis importantes da historia, tanto españois coma estranxeiros. Fotógrafos que souberon capturar coa súa cámara as expresións vivas da cultura, as cales son un legado dunha riqueza incalculable, como Jean Laurent, Mariano Moreno, Otto Wunderlich,Baltasar Cue, Escobar López ou Cristina García Rodero.

As fotografías que se expoñen son polo tanto a memoria visual de distintas manifestacións culturais de España e proceden, na súa maioría, do fondo documental custodiado no arquivo do Instituto do Patrimonio Cultural de España, probablemente o máis importante do noso país en relación coas raíces do Patrimonio Inmaterial.

Antonio Muñoz Carrión e María Pía Timón Tiemblo, comisarios a mostra, dispuxeron unha estrutura de once grupos temáticos, mostrando deste xeito as manifestacións máis importantes do patrimonio inmaterial.

Carlos Seoane Martínez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ergue a ollada do móbil dunha vez e espabila!
A medida que se fai máis sinxelo estar conectado co mundo, é cada vez máis frecuente estar só. Esa é a idea detrás de "Look up", que busca mostrar como a adicción ás pantallas afecta as relacións persoais. Ter centos de amigos en Facebook non é sinónimo de ser popular. En moitos casos pode equivaler a quedarse esperando un '"Me gusta" que quizais nunca chegue. Estar atado a Whatsapp durante unha reunión entre amigos non fai que esteamos en máis lugares ao mesmo tempo, senón, máis ben, leva a non estar en ningún.

Máis de 17 millóns de persoas miraron un vídeo en YouTube - "Look up"- que chama a reflexionar sobre como as novas tecnoloxías afectan as relacións cotiás, chegando a romper parellas ou impedindo que algunhas se formen. O responsable do video é Gary Turk, un escritor e director británico que chama a levantar a mirada da pantalla do celular e entaboar relacións directas cos cales nos rodean. A historia do vídeo mostra esceas cotiás, con homes e mulleres interactuando a través das redes sociais e sen sequera mirarse á cara por estar chateando dende o celular.

Mostra como tamén os máis pequenos non son capaces de divertirse sen unha tablet e o triste que resulta non velos xogar nun parque, ensuciarse... O relato inclúe unha conmovedora historia de amor nada dunha acción tan simple como preguntar unha dirección, algo que nunca tería sucedido se o protagonista se tivese deixado guiar ata o destino polo seu celular. A idea de Turk é mostrar que as persoas na actualidade se comunican mediante dispositivos en lugar de charlar, interactuar cos que nos rodean. Formula dunha forma acertada se a tecnoloxía fai que gocemos a vida ou todo o contrario. Bótalle unha ollada ao vídeo en inglés, concéntrate na rima das palabras e déixate levar polas imaxes. Entenderás TODO.

Ana Martínez Fernández, 2ºB de Bacharelato.
PREME NO VÍDEO Look UP
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Carreiras, apertas e bailes no Día Contra o Cancro de Mama
Carreiras, marchas, apertas, bailes e soltas de grobos son algúns dos actos que se celebraron o sábado en diversas cidades españolas co motivo do Día Contra o Cancro de Mama para plasmar o compromiso da sociedade fronte este tumor, o máis frecuente na muller. En Madrid, máis dun centear de persoas se deron cita en pleno centro da capital para apoiar ás máis de 22.000 mulleres que son diagnosticadas cada ano de cancro de mama en España. A coreógrafa Miryam Benedited dirixiu este multitudinario baile, que se enmarca dentro do proxecto #SuperWoman cuxos beneficios foron destinados á Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM). Acolle a primeira edición da carreira en marcha contra o cancro, que organiza a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con dous circuitos de 4 e 10 quilómetros no parque Xoán Carlos I, tamén en Madrid.

En Barcelona, máis de 25.000 mulleres participaron na décima edición da Carreira da muller, cuxo inicio ten lugar nas Fontes de Montjuïc. San Sebastián, Zamora, Porto do Rosario (Forteventura), Tomelloso (Cidade Real) e Alcalá de Henares (Madrid) son outras das localidades nas que se celebran carreiras o marchas en solidaridade coas mulleres afectadas do cancro de mama.

Con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, a AECC alerta de que non hai que baixar a garda fronte a este tumor, que supón o 28,5 por cento de todos os tumores femininos. Según esta asociación, a familia e os amigos son o principal apoio para as pacentes con cancro e o principal temor, a recaída. Nas mulleres dáse, ademais, unha situación específica: debido ó seu rol de “coidadoras”, cástalles asumir o papel de “coidadas”.

A AECC pón o acento na investigación, xa que vanse coñecendo mellor os factores pronósticos da enfermidade. A maioría dos casos de cancro de mama diagnostícanse en idades comprendidas entre os 35 e os 80 anos. As tasas de incidencia están aumentando lentamente no mundo e en España, probablemente debido ó envellecemento da poboación. Aínda que non hai que esquecer que o diagnóstico é cada vez máis temprano, aumentando a supervivencia.

Os expertos recordan que o diagnóstico precoz é a mellor ferramenta para loitar contra esta enfermidade. Recoméndase realizar mamografías periódicas a partir dos 45-50 anos.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Nova xornada de enfrontamentos en Hong Kong con 26 detidos
Polo menos 26 persoas foron detidas e decenas resultaron feridas durante a noite do venres polos enfrontamentos mantidos entre manifestantes e as forzas de seguridade en Hong Kong, cando se cumpren tres semanas de protestas prodemocráticas na antiga colonia británica.

Os detidos foron acusados de asalto, danos, desorde pública, asalto a membros das forzas de seguridade, obstrución á autoridade e posesión de armas, segundo informaron as autoridades. Ademais, decenas de persoas resultaron feridas, das que 15 serían policías. Entre os arrestados encóntrase a xornalista Paula Bronstein, unha detención que foi criticada pola asociación de xornalistas local, que considerou que se trata dun intento por parte da Policía de «intimidar» aos xornalistas. As autoridades hongkonesas estimaron en 9.000 manifestantes os que se encontraban nas rúas de Mong Kok, preto do edificio gobernamental, nesta madrugada, sendo a primeira vez que a Policía ofrece unha cifra dos asistentes dende o comezo das protestas. Pouco despois de que a Policía despexase a zona tomada polos manifestantes en Mong Kok, máis de mil manifestantes regresaron á praza, enfrontándose ás forzas de seguridade, segundo informou o diario South China Morning Post na súa edición dixital.

Como resultado, os antidisturbios empregaron gas lacrimóxeno e porras para intentar expulsar aos asistentes á protesta, nun enfrontamento que provocou a detención de numerosos manifestantes.

Os recentes enfrontamentos entre manifestantes e forzas de seguridade en Hong Kong puxeron en perigo os pasos dados polo Goberno para continuar as conversacións cos manifestantes co obxectivo de poñer fin a tres semanas de protestas.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-10-2014 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
O fenómeno Barbie
Quen non tivo unha Barbie cando era cativo ou quixo tela? É o fenómeno Barbie. A boneca de plástico máis coñecida e que aínda ten moita incidencia na poboación infantil.

Barbie foi creada por Ruth Handle en 1959, pola empresa estadounidense Mattel. Ata entón ten moita incidencia, como xa dixen, é a boneca máis popular e coa que todos xogamos nalgún momento.

Consolidada como a boneca predilecta de xeracións e xeracións de nenas, Barbie acumula ás súas costas un foco de numerosas controversias, demandas e parodias. Foi un exemplo a seguir para millóns de nenas e iso trouxo consecuencias.

Unha das principais críticas por excelencia é a superficialidade que irradia: “muller perfecta, cunha vida perfecta cun mozo perfecto”. Pero a perfección e a superficialidade só son, en realidade, a punta do iceberg do mundo Barbie. A anorexia é unha das eivas que perseguiron a este boneco nas últimas décadas.

O seu tamaño estándar dá, nunha muller real e de carne e óso, unha altura de 1,75 e unhas medidas de 91-46-84, lonxe claramente dun modelo saudable.

Estas soamente son algunhas das críticas que leva consigo un referente de infancia para moitas persoas, con isto soamente pretendo que pensedes no tema e saquedes as vosas propias conclusións.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os beneficios de bailar
O baile é un gran xeito para que a xente de todas as idades logre manterse en forma. Ademais de ser divertido, o baile ten moitos beneficios positivos para a saúde.

A danza axuda a mellorar a confianza. Cada vez que dominamos un novo paso de baile, experimentamos un aumento da confianza, ademais dun estado de ánimo elevado. Ese aumento da confianza é trasladado a todos os aspectos da vida.

De acordo cun estudo publicado no New England Journal of Medicine, o baile pode aumentar a memoria e previr a aparición da demencia a medida que envellecemos. A ciencia revela que o exercicio aeróbico pode reverter a perda de volume no hipocampo, a parte do cerebro que controla a memoria. O hipocampo encóllese de forma natural durante a idade adulta, o que a miúdo conduce a problemas de memoria e, ás veces, a demencia.

Durante séculos, os manuais de danza e outros escritos gabaron os beneficios do baile para a saúde, polo xeral como o exercicio físico. Agora, grazas a estudos, demostrouse que aumenta a túa intelixencia. A esencia da intelixencia é tomar decisións.

Hai moitos tipos de baile, soamente temos que atopar un que nos guste para poder sentir todos estes e outros moitos beneficios. Dende o meu punto de vista é unha das formas máis equilibradas de facer exercicio físico, pasalo ben e desconectar do resto do mundo e, polo tanto, desfacernos do estrés acumulado.

Atrévete a próbao! Non te arrepentirás!

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2014 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal