Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XX FEIRA DA CASTAÑA E DO COGOMELO EN RIÓS
Dende 1990, o Concello de Riós organiza unha festa para dar a coñecer dous productos do outono típicos desta zona montañosa do Sueste da provincia de Ourense; a castaña e os cogomelos. Para iso celébranse durante dous días actividades de tipo cultural e gastronómico e de divulgación de distintos aspectos da economía agropecuaria da zona.
Durante os días 1 e 2 de Novembro, o municipio de Riós celebrará a sua tradicional Feira Da Castaña e do Cugumelo. Os asistentes a esta feira, poderán disfrutar coa seguinte programación:
O día 1, as 19.00h no salón de actos, será o concertó de Emilio Rúa, o cal cantará coa colaboración de Xestreu. A partir das 22.00h haberá un magosto popular.
O día 2, as 9.30h haberá unha salida do Tour Ciclista da Castaña. As 10.30h procederáse no recinto feiral a apertura dos stands, e tamén haberá unha exposición de variedades de castañas. As 11.00h comezará no recinto feiral o pasacalles, e as 12.00h recibiranse ás autoridades e as 12.30h o Desfile do traxe do Entroido do Concello de Riós: O vellarrón. Pola tarde, as 16.30h haberá un concerto de acordeóns da man da Escola de Música Bieito Blanco. As 17.30h os asistentes poderán deleitarse co espectáculo visual “Galicia terra meiga; rito ancestral da queimada.” E por último, as 20.00h procederase a claúsula oficial da XX Feira da Castaña e do Cogomelo.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2014 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Misteriosos versos ilustran os pasos de peóns do centro da cidade
Dende hai pouco máis dunha semana, o xesto dos peóns en 22 dos pasos de cebra do centro da cidade cambiou: sacan o móbil e fotografan o chan. Miles de imaxes dos versos que apareceron
pintados nos cruces inundan as redes sociais. E atribúen a acción a Boamistura, un colectivo de artistas urbanos. Aínda que eles non o confirman. Quizais porque en 2012, nunha das súas accións, "Madrid, quérote en cores", foron "pillados in fraganti", explica o arquitecto Javier Serrano, un dos cinco membros de Boamistura, que non quere dicir a contía da multa á que se enfrontaron.
Actuaban en pleno día, vestíanse de obreiros e pintaban os muros grises inutilizados da cidade.

A intervención de agora, denominada "Madrid, comeríate a versos", é tamén ilegal. Un grupo de mozos chega de noite a pasos de cebra estratexicamente seleccionados, sempre céntricos e con moito tránsito. Usan equipos milimétricamente preparadas, cada verso ten a lonxitude axeitada ao lugar onde se plasma. Pintan cos seus sprays brancos e vanse ao próximo paso. Javier Serrano di que Boamistura comparte a acción porque lles gusta e coincide coas súas ideas: humanizar a cidade. A acción estase a converter en viral nas redes sociais, onde, a pesar da negativa de Boamistura, non parece haber dúbidas sobre a súa autoría. Como di a frase situada na rúa de Segovia: "Ás veces rir é o máis serio".

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Womex, a maior feira de "world music", atrae bandas e programadores de medio mundo
Cheo en moitos hoteis da capital galega pola chegada de máis de 2.600 persoas // O certame estará dedicado este ano á música iberoamericana

Womex, considerada a maior feira internacional de profesionais da denominada "world music", incluídos sons tradicionais e de fusión, celebrará a partir deste mércores en Santiago de Compostela a súa vixésima edición con bandas e programadores de medio mundo.

Moitos hoteis da capital galega atópanse desde hai varios días coas reservas esgotadas debido ao festival que espera reunir até o domingo a máis de 2.600 persoas, incluídos novos músicos e profesionais da programación de diversos continentes.

O certame, que no últimos vinte anos celebrouse en diversas cidades europeas, a última delas en Cardiff (Reino Unido), estará dedicado este ano á "música iberoamericana", comentou un dos responsables da organización, Antón Martínez.

Experto en contratación de artistas españois e latinos, Martínez indicou nunha conversación telefónica con Efe que medio centenar de bandas e artistas foron seleccionados para participar nesta edición, dun total de 900 aspirantes, e recoñeceu que este ano non hai estadounidenses ou canadenses, aínda que si mexicanos, porque "foron os máis interesantes de Norteamérica"

O Womex, que atrae anualmente por centos de responsables de contratación de espectáculos de entidades públicas e privadas de varios países, está considerado como o máis relevante mercado de artistas de "world music", que inclúe música étnica, tradicional, folk ou de fusión con ritmos máis modernos como hip hop.

Martínez subliñou que cando Womex (das súas siglas en inglés de exhibición de músicas do mundo) celebrouse por primeira vez en Berlín en 1994 e os concertos eran de "ritmos tradicionais ou de raíces", pero desde entón houbo unha evolución con tendencias como a "nova cumbia", as "fusións con hip hop", a denominada "música mestiza" e "a salsa caribeña, que está con moito auxe".

A filosofía de Womex, que anualmente se celebra nunha cidade europea diferente, é ofrecer enfoques diferentes con "sabor e colorido local e rexional", subliñou Martínez, un dos membros do xurado que seleccionou aos grupos participantes, entre os que figuran os galegos Mercedes Peón e Xabier Díaz, que hoxe estiveron ensaiando; o canario Germán López, o madrileño Jorge Pardo e os vascos Oreka TX.

Así mesmo, participan artistas e grupos de Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Polonia, Hungría, Dinamarca, Estonia, Suecia, Finlandia, Noruega, Rusia ou a antiga república de Macedonia.

Tamén figuran como invitados grupos de Curaçao, Cuba, México, Honduras, Colombia, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Marrocos, Alxeria, Guinea Conakry, Camerún, a República Democrática do Congo, Angola Sudáfrica, Etiopía, Exipto, Israel, Iraq, India, Malaisia, China, Corea do Sur e Australia.

Á feira concorren 800 programadores musicais, máis de 500 editores e distribuidores, e máis de 300 xornalistas especializados e 130 emisoras de radio de preto dun centenar de países, que poderían deixar entre 2,5 e 3 millóns de euros na capital galega, segundo cálculos da organización.

O director de Womex, Alex Walter, evocou recentemente as dificultades que atopan algúns dos músicos de países en desenvolvemento para conseguir visados de acceso a Europa.

A propagación do virus do ébola podería complicar o labor dalgúns músicos como Sékouba Bambino, de Guinea Conakry -un do tres países máis afectados de África-, aínda que como reside en Francia non prevé ter dificultades para participar, indicaron os organizadores.

Martínez recoñeceu que cando comezou a estenderse a enfermidade, houbo preocupación" na organización de Womex de que iso dificultase o labor, pero asegurou que non foi así e que, afortunadamente, este ano "conseguimos todos os visados" e a pesar dunha folga da compañía alemá Lufthansa, "non detectamos ningún problema" e "todos os artistas están a bordo" para participar en Compostela.

O festival, que o ano pasado premiou ao grupo cubano Vanos Van co Womex Award, prevé atribuír este ano o galardón á portuguesa Marisa Segala. EFE.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
O MALO DA SOBREPROTECCIÓN:
Moitos pais cren que a mellor forma de educar aos seus fillos é a través da sobreprotección. Non obstante, a psicóloga infantil Silvia Álava Reyes manifestou no seu recente libro 'Queremos fillos felices. O que nunca vos ensinaron.' que os nenos que reciben ese modelo de educación desenvolven menos competencias emocionais, como a tolerancia, son máis inseguros, teñen menos habilidades, e é máis probable que sexan vítimas de acoso e co tempo son máis infelices.

"Os pais a miúdo cometen o erro de asumir parte da responsabilidade dos seus fillos, resólvenlles todos os problemas e non lles deixan facer as cousas que xa están preparados para facer, o que dá lugar á perda de autonomía do neno," agregou a psicóloga en declaracións a Europa Press.

O libro abrangue a franxa de idade comprendida ata os seis anos. "Os primeiros anos na vida dos nenos son fundamentais, tanto para o seu posterior desenvolvemento cognitivo, como na parte emocional,". Polo tanto, a intelixencia emocional dos fillos hai que traballala dende que son "moi pequenos".

Dende o meu punto de vista, todos os pais teñen que educar aos seus fillos a súa maneira, pero sempre dentro duns parámetros; de feito, estou de acordo co que a psicóloga Silvia Álava Reyes conta xa que, chegada unha idade creo que todos os rapaces deberiamos comezar a valernos por nós mesmos e non estar tan protexidos polos nosos pais. Así, nun futuro, todos poderemos solucionar sós os problemas que teñamos e que non teñan que estar eles detrás dándonos as indicacións apropiadas. Deste xeito, seremos sempre máis seguros e poderemos tomar as nosas propias decisións.

Con isto eu non quero dicir que os pais non teñan que educar e controlar os actos dos seus fillos, que iso está máis que claro que ten que ser así, pero chegados unha idade, en certos casos, hai que ser menos protectores.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
TERESA ROMERO.
O próximo luns serán dados de alta, previsiblemente, os dez contactos de alto risco de Teresa Romero, a auxiliar de enfermaría curada do ébola, que permanecen ingresados en observación no hospital Carlos III de Madrid ao ter superado, sen síntomas, os 21 días de incubación do virus.

Entre os pacientes que serán dados de alta encóntrase o marido de Romero, Javier Limón, que foi ingresado neste centro hospitalario tras coñecerse que a súa muller se contaxiara polo virus do ébola mentres atendía ao misioneiro Manuel García Viejo, que finalmente faleceu. O pasado xoves xa abandonaron o hospital cinco contactos da auxiliar de enfermaría. Trátase das dúas perruqueiras que a depilaron, unha amiga de Teresa que acudiu con ela ao peiteado, unha limpadora do centro de saúde de Alcorcón (Madrid) e unha doutora. Todos eles encontrábanse en vixilancia activa na quinta planta do hospital, onde permanecen os dez contactos de alto risco que mañá serán dados de alta.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
ESPECIAL ENTREGA DOS PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS

Os galardoados cos oito Premios Príncipe de Asturias 2014 recibiron este venres esta distinción de mans do rei Felipe VI nunha ceremonia que se celebrou no Teatro Campoamor de Oviedo coa presencia das raíñas Letizia e Sofía. Esta foi a primeira vez que Felipe entregou os premios dende que fora proclamado rei e a última vez na que se entregarán baixo a actual denominación, xa que a próxima edición serán xa os premios Princesa de Asturias, para acomodarse á actual herdeira da Coroa, Leonor.

Os Reis presidiron a ceremonia a partir das 18:30 horas, tras recibir en audiencia aos galardonados, presidentes dos xurados que os conceden e aos patronos da Fundación que otorga os galardóns dende fai 34 anos.

Nesta ocasión déronse cita no escenario do Campoamor ó escritor irlandés John Banville (Artes); ós químicos Avelino Corma, Mark E.David e Galen D. Stucky (Investigación); o óistoriador francés Joseph Pérez (Ciencias Sociais); á periodista congoleña Caddy Adzuba (Concordia); ó arquitecto Frank O. Gehry (Artes) e ó debuxante Joaquín S. Lavado 'Quino' (Comunicación e Humanidades).

En representación do Maratón de Nova York (Deportes) recolleron o galardón a directora da proba Mary Wittenberg, e un dos seus fundadores, George Hirsch. E a subsecretaria de Estado para Asuntos Educativos e Culturais do Goberno dos Estados Unidos, Evan Ryan, en nome do programa Fulbright, (Cooperación Internacional).

Coincidindo coa entrega destos premios, a campaña 'Somos reales' promoveu reunir en Oviedo a miles de manifestantes de todo o país para protestar contra a entrega destos galardóns e facer visible a delicada situación que vive o país, as desigualdades e recortes que afectan a boa parte da sociedade.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Almodóvar descúlpase polo seu comentario sobre @s galeg@s‏
Pedro Almodóvar saíu esta terza feira ao paso das críticas após o seu comentario a respeito d@s preferentistas galeg@s e dixo "lamentar profundamente" se na entrevista concedida a Cadena Ser "puiden ofender a alguén".

O director de cinema español emitiu un comunicado de imprensa logo de que o seu comentario fora duramente criticado nas redes sociais. Almodóvar asegurou que se el for "un home analfabeto galego" tería cortado a gorxa a Blesa ou a Rato, en relación ao calote das preferentes.

"Quero aclarar a intención real das miñas palabras en relación aos preferentistas galegos", afirma. O manchego sinalou que quería "amosar a miña solidariedade coas persoas que foron enganadas polas entidades bancarias" e "manifestar a súa indignación cos directivos" das mesmas. Neste senso, explicou que o seu comentario se refería a aquelas persoas cuxas participacións preferentes e subordinadas foron asinadas "cun xis" ou coa "pegada dixital" o que di, evidencia "a súa absoluta falta de coñecemento do que asinaban".

"Sinto admiración pola cultura, a paisaxe, a gastronomía e o pobo galego", conclúe o director após asegurar terse expresado "torpemente".

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Inventan unha máquina que podería obter do aire 5.000 litros de auga potable ao día.

Este invento que capta a humidade do aire e a converte en auga empezou a usarse no estado de Sao Paolo, Brasil.
O inventor, Pedro Ricardo Paulino, empezou en 2010 co seu proxecto 'wateair' e agora 200 unidades das súas máquinas úsanse xa no estado brasileiro de Sao Paolo, que intenta aliviar así a súa crise hídrica. A súa máquina é capaz de xerar ata 5.000 litros de auga potable ao día, informa Efe.

A máquina funciona a través da condensación de aire, que permite captar a auga presente na humidade do aire grazas a un "equipamento de alta eficacia". Unha vez filtrada, á auga engádese calcio, magnesio, potasio e silicio para que sexa potable. "Todo o que necesita a máquina para funcionar é unha fonte de enerxía eléctrica e unha humidade do aire superior ao 10% (recomendación mínima da OMS)”.

O invento ten dúas versións, unha que obtén 15 litros ao día, mentres que a outra é capaz de xerar 5.000 litros por xornada. A pequena (o seu tamaño é como o da típica máquina para filtrar auga) custa aproximadamente 3.000 dólares, mentres que a outra versión, cuxo volume é comparable ao colector dun avión, custa 160.000 dólares, segundo o seu inventor. "Un dos nosos retos é lograr reducir os custos. Para iso estamos a traballar en mellorar a eficiencia dos nosos equipamentos e a eficiencia enerxética", sinalou o enxeñeiro.

Comunícase que un país de Oriente Medio fixo unha petición para substituír co seu sistema unha turbina de desalinización de auga.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Óscar de la Renta, o deseñador de moda que fixo do bonito, beleza.

O mundo da moda perdeu a un dos seus mestres coa morte de Óscar de la Renta, tras 82 anos dunha vida tan exuberante como as súas creacións. Campión incansable da beleza, o creador dominicano anunciara sete días antes que o británico Peter Copping sería o novo director creativo da firma que leva o seu nome. Pero, segundo a súa gran amiga Carolina Herrera, nin sequera así pensara en retirarse. “A súa intención era traballar con Copping”, revela. É un detalle elocuente sobre o carácter loitador do modista, nacido en Santo Domingo en 1932.

Diagnosticado de cancro fai oito anos, neste período conseguiu que o seu negocio crecera un 50%. Un espírito que explica a súa constante vontade de adaptarse ó seu tempo. O que lle permitiu manter a vixencia durante medio século de traballo e vestir co mesmo brío a mulleres de sensibilidades e épocas tan dispares como Marella Agnelli, Nancy Reagan, Hillary Clinton ou Sarah Jessica Parker.

De la Renta defendeu unha idea da moda entregada ao pracer do exquisito na que a tradición europea e a americana dábanse a man. Era un home carismático, divertido, xeneroso e sedutor que desafiaba o tópico do artista torturado. Encamaba exactamente a clase de luminosa existencia que os seus deseños evocaban.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
O nacemento de internet e a súa importancia.
O nacemento de Internet foi o acontecemento máis relevante da década dos noventa, segundo un estudo realizado por National Geographic que deu lugar ás novas miniseries Os 90: a década que nos conectou e O mellor dos 90, un repaso aos feitos e protagonistas dunha época na que o máis relevante foi a expansión das comunicacións.

Famosos, políticos, músicos e personalidades de todo tipo, como Courtney Love, Vanilla Ice, Jerry Springer, Colin Powell ou Tonya Harding, entre outros, reflectirán os inventos, tendencias e decisións que deron forma aos anos noventa. Foron anos nos que comezaron a triunfar na televisión os programas de telerrealidade, concluíu a Guerra Fría entre Estados Unidos e a antiga Unión Soviética liderada por Mijail Gorbachov, galardoado co premio Nobel de la Paz en 1990. Ademais a tecnoloxía entrou na vida de persoas cunha forza inusitada, como mostra un estudo para National Geographic Channel elaborado por The Cocktail Analysis con base nunha enquisa en liña realizada a internautas españois habituais de entre 30 e 50 anos.

O estudo mostra que a década dos 90 se caracterizou polo crecemento das comunicacións e a conectividade: para o 54% dos enquisados, o maior acontecemento daqueles anos foi o nacemento de Internet e o comezo do seu uso de forma xeralizada, seguido, a continuación, polo inicio do emprego dos teléfonos móbiles, cun 41 %. Séguenlle acontecementos sociopolíticos como a abolición do réxime do apartheid en Sudáfrica (25%), Maastricht (20%) ou a desintegración da Unión Soviética (16%), disolta oficialmente o 25 de decembro de 1991.

Martin Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-10-2014 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal