Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O pequeno Nicolás en realidade chámase Fran
Nicolás é o seu segundo nome e o seu apelido non é o composto Gómez-Iglesias, que probablemente era para darse maior importancia. Simplemente, o seu pai se apelida Gómez e a súa nai, Iglesias.

Francisco Nicolás, fillo único, vive desde hai cinco anos coa súa avoa paterna, unha muller maior que, segundo os seus veciños, non sae nunca de casa, o que lle facilitou levar unha dobre vida de mozo formal pola mañá e adiñeirado home de negocios, espía ou asesor da vicepresidenta do Goberno, segundo a fantasía que tocase cada día, pola tarde.

O que ninguén se explica é como os seus pais, un repartidor de mensaxería en paro e unha muller sen traballo, podían pagar a matrícula no Colexio Universitario de Estudos Financeiros (Cunef), que ascende a máis de 9.000 euros ao ano. Ou como pensaban que podía pagala o seu fillo de 20 anos.
Mentres os seus pais vivían con estreitezas nun ático modesto, Francisco Nicolás regalábase unha vida de luxo nun impresionante chalé do barrio do Viso, no que non só se citaba cos empresarios aos que estafaba ou pretendía estafar, senón que tamén celebraba festas xuvenís ao grande. A factura do aluguer pagábaa unha construtora, sen que se saiba aínda a cambio de que.

Aínda que a dobre vida de Fran púxose ao descuberto, quedan aínda moitas incógnitas por resolver.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-10-2014 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
A Garda Civil investiga dous intentos de secuestro a nenas.

Alarma e preocupación entre os pais e nais con fillos en idade escolar de Celanova ante dous supostos intentos de secuestro a dúas nenas de cinco anos. Os feitos sucederon os días 10 e 15 de outubro na zona do Cercado e O Areal, respectivamente e, aínda que oficialmente non se presentou ningunha denuncia, tanto a Policía Local de Celanova coma a Garda Civil están a investigar ámbo-los dous casos ante "os indicios de feitos delituosos".
Axentes da Policía Local e da Garda Civil falaron xa con ambas as dúas familias e estableceron un férreo control nas rúas celanovesas, sobre todo coincidindo co horario de entrada e saída dos colexios. "Controlaranse os coches e estase facendo unha labor preventiva coa colaboración dá Garda Civil", relataba Fernando Mouriño, xefe da Policía Local. A pesar do dispositivo, o estado de nerviosismo estendeuse por toda a poboación ante o temor de que poida pasar algo cos pequenos. "Non se fala doutra cousa no pobo. Sexa verdade ou mentira, non imos deixar ós nenos sós, e o certo é que os axentes están pasando continuamente por aquí", recoñecía Eduardo Gómez, un dos pais que onte acudía como cada día a recoller ós seus fillos ó colexio.

Cristina Rey Pérez, 4º da ESO, B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-10-2014 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, quilómetro 0 de Europa
As vías locais, provinciais, autonómicas e estatais posúen denominacións e van numeradas para unha mellor organización. A trillada A9, autoestrada de peaxe rebautizada como AP9, espiña dorsal da comunidade, e as dúas autovías principais -a do Noroeste ou A6 e a das Rías Baixas ou A52- son as máis coñecidas.

Pero hainas dunha categoría superior: a europea. As rutas internacionais do vello continente cóntanse por ducias e conforman unha rede de comunicación transnacional. E en Galicia hai unha deste tipo que, sorprendentemente, ten o seu arranque aquí -ou o seu destino, segundo se mire-, e que pasa desapercibida para a maioría, agás quizais para os camioneiros. Cando un viaxeiro interpreta de modo rutineiro a información que lle ofrecen os sinais de tráfico e ve escrito en verde E70 descoñece a que se refire. Máis letras e díxitos que dixerir, chega a pensar. Ignora de que nó viario se trata. A Coruña é o quilómetro 0 ou o 4.550 dunha das grandes vías que atravesan Europa de leste a oeste. É a E70, encargada de comunicar o fin do mundo occidental, o seu Finisterre, coas montañas do Cáucaso, aí onde Europa se debate entre chamarse ou non Asia. Unha vía de comunicación que foi trazada copiando itinerarios clásicos da Antigüidade e que agora une Galicia con Xeorxia, un montañoso país entre dous mares, o Negro e o Caspio.

En total, máis de 4.000 quilómetros a través de dez países. A quen lle guste facer quilómetros e turismo, coñecer Europa en coche, bicicleta ou a pé, sabe que agora ten unha nova ruta e un quilómetro 0 que parte de Galicia. Un itinerario de luxo descoñecido que atravesa un continente.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
As parroquias dos mortos galegos teñen que falar o mesmo idioma que a dos vivos
Cando os galegos morren, case todos viven a eternidade en español. Incluso ese 44% que sempre respira en galego. A morte non parece cousa do idioma propio. Dous de cada 100 esquelas publicadas nos medios de comunicación están en galego. Nos cemiterios, esa porcentaxe todavía mingua máis: só unha de cada 1.000 lápidas están no idioma propio de Galicia. A Xosé González, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, removíanselle os sentimentos cada vez que un dos seus coñecidos galegofalantes morría en perfecto español de Miguel de Cervantes. Agora, tras dúas décadas de meticuloso traballo, conseguiu que unha treintena de alcaldes, todos a unha, únanse á causa para espolvorear de galego os seus cemiterios.

Hai máis de 3.600 en toda a comunidade. No de San Xoán de Río (Ourense), o municipio máis monolingüe da comunidade, no que a práctica totalidade dos seus habitantes pensan e senten en galego a todas horas e tódolos días do ano, soamente hai unha lápida neste idioma. Non é o único caso estrambótico. González explica que esta anomalía sociolingüística “non sucede noutros sitios como Cataluña ou Euskadi onde a xente morre no idioma no que vive”. “Ou os galegos teñen moi poca autoestima ou hai algún problema cultural herdado do pasado”, matiza, case entre lamentos, para chegar ao núcleo do problema situado, na súa opinión, no “desprezo ancestral” que dende a igrexa rodeou ao idioma propio e na deixadez das empresas funerarias. De feito, o próximo ano e con motivo do día da Restauración da Memoria Lingüística, pretende reunirse con este sector para facelo partícipe da iniciativa.

A proposta quere implicar ao Goberno galego. Dende a asociación reclaman a axuda da Consellería de Cultura para a edición dun libro que sirva de guía ás empresas funerarias, no que se recollan modelos de esquelas e lápidas para todas as ideas e confesións, co fin de facilitar “ao máximo” o seu traballo. “As parroquias dos mortos galegos teñen que falar o mesmo idioma que a dos vivos”, conclúe González.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ignacio Uriarte extrae unha visión artística da rutina laboral
O Marco presenta «Uns e ceros», traballo que reflexiona sobre o tránsito do mundo analóxico ao dixital, empregando material de oficina. Foi Ignacio Uriarte quen traballou durante algún tempo coa colección Sirvent de máquinas de escribir. O resultado é unha peza, denominada Uns e ceros, que reproduce os debuxos que fan os ordenadores, combinando uns e ceros, pero utilizando máquinas de escribir. En torno a esta peza, o comisario Juan Canela articulou unha exposición con outras pezas de Uriarte, sempre feitas con material de oficina.

Fotogramas realizados con clips, pezas conformadas por arquivadores ou xogos de formas confeccionadas con cartabóns propoñen unha reflexión sobre as rutinas laborais e o tránsito actual cara ao mundo dixital. Uriarte opina que ese cambio se está realizando sen problemas porque as novas ferramentas, como o ordenador, imitan as formas analóxicas.

Poderase ver ata o 25 do próximo mes de xaneiro, de martes a sábados, entre as 11 e as 14.30, e de 17 a 21 horas; e os domingos, de 11 a 14.30 horas.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
A opinión é túa, pero a vida é miña
“Non vivas para que a túa presenza se note, vive para que a túa ausencia se sinta”. Está é unha das oracións que Bob Marley lle deixou ao mundo ao igual que un longo número de cancións, acordes e unha forza que axudou a difundir tanto a música de Xamaica como o movemento rastafari.

O artista xamaicano, máximo expoñente da música reggae, conseguiu traspasar todas as barreiras musicais e converterse nunha icona mundial na loita en favor dos desfavorecidos e, ademais, nun rotundo líder espiritual para os seguidores da súa relixión, a rastafari.

Bob Marley tivo que soportar burlas e desprezos por parte de negros xamaicanos pola súa condición de mulato. Pero despois Bob demostrouse indiferente a eses desaires e dicía non se avergonzar da súa mestura racial; aínda que el se identificaba simplemente como negro e esa foi a única parte da súa herdanza racial pola que demostrou interese. No tocante a esta parte da súa vida Bob Marley comenta: “as guerras seguirán mentres a cor da pel siga sendo máis importante que a cor dos ollos”.

Nunha sociedade como a de hoxe na que cada vez estamos máis deshumanizados, probablemente precisaríamos alguén que nos fixera ver os pequenos detalles, que nos devolva as ganas de loitar, que nos aporte ese chisco de forza que precisamos para seguir cara adiante e que nos axudase a darnos conta que “non todo o que reloce é ouro”.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Levantemos a cabeza
Aínda sen abrir os ollos estendemos o brazo para acadar o noso smartphone e así damos por empezado o noso día. Algunha vez nos paramos a contar cantas veces o miramos ao longo do día? Cantas horas ao día lle adicamos?

Estudamos ao lado do móbil, é a única cousa que non se nos esquece ao saír da casa, entramos en pánico se non o atopamos no fondo do bolso, adiantamos a hora de chegada á casa se a batería do mesmo se acaba, reunímonos cos amigos e sempre estamos a falar con outros que non son os que temos ao lado mediante a mensaxería instantánea pensando que así estamos en máis lugares á vez cando o único que logramos é non estar realmente en ningún…

Cando escoitamos unha noticia que fala da adición ás novas tecnoloxías pensamos que non nos abrangue, pero Marc Masip, director da asociación Desconect@, afirma que «se tomas unha cervexa ao día non tes por que ser alcohólico, pero se non podes pasar un día sen esa cervexa é posible que teñas un problema. Isto é, exactamente, o que sucede coas novas tecnoloxías».

E se probamos a levantar a cabeza? A sentirnos guapos por cantos sorrisos recibimos ao longo do día e non polos “gústame” que acadou a nosa foto?

Premede no enlace da dereita para ver o vídeo.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
VER VÍDEO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2014 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Blues 2014 Ourense

Gran concerto dos Delta Moon, a mellor banda de blues de Michigan, Indiana (EEUU)

No serán de outono do 24 de outubro, o Teatro Principal da nosa cidade acolleu unha nova edición do Festival de Blues. Nesta ocasión, os programadores decidiron apostar polos valores garantidos para a principal xornada do sábado e cun teatro cheo nas súas dúas terceiras partes de público verdadeiramente melómano, a banda sureña composta por catro brancos, dous sesentóns verdadeiramente virtuosos, acompañados nesta xira por un baixista e un batería novos, que mesmo poderían ser os seus fillos, fixéronnos deleitar a toda a audiencia con duas horas de auténtico sabor bluseiro.

A banda tocou todos os seus clásicos e mais os bises de costume. Chegaron a tocar sentados ao pé do público e amosáronse especialistas en levantar o público dos seus acomodados asentos e facelos bailar sen parar.

Ao remate, ofreceron un pasarrúas en pleno corredor central do teatro que fixo as delicias do persoal. En definitiva, un concerto imborrábel para os que alí estivemos. Agora, a esperar pola extraordinaria banda de boggie-blues, os MORELAND& ARBUCKLE, desde Wichita, Arkansas.

Vede un dos seus vídeos no enlace que se vos recomenda á dereita do artigo.

The Master and Commander
PREME Vídeo de Delta Moon
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-10-2014 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
A curiosa fecundación dos peixes
A copulación e a fertilización interna xurdiu a través duns peixes prehistóricos chamados placodermos que poboaron a Terra hai 385 millóns de anos, segundo anunciou un grupo de científicos. A investigación, liderada polo paleontólogo australiano John Long, da Universidade Flinders (Australia do Sur), e publicado na revista Nature, supón unha das grandes revelacións da historia da evolución da reprodución sexual. Os extinguidos placodermos, primeiros antecesores vertebrados dos seres humanos, foron peixes con mandíbulas con placas cortantes, medían uns 8 centímetros de longo e habitaban os antigos lagos de Escocia e partes de Estonia e China.

A investigación mostra que os fósiles machos dos Microbrachiusdicki, que pertence ao grupo dos antiarchios dos placodermos, desenvolveron uns membros xenitais osudos coa forma dun L que lles permitía trasferir o esperma ás femias, segundo un comunicado da Universidade de Flinders.

Polo seu lado, as femias desenvolveran pequenos ósos pares para asegurar os órganos masculinos durante a copulación. Long descubriu o ano pasado como copulaban estes peixes cando estudaba un óso fósil da colección da Universidade de Tecnoloxía en Tallin, Estonia. .
Este fósil simboliza a forma máis primitiva que se coñece dun órgano sexual e demostra o primeiro uso dunha fertilización interna e unha copulación como unha estratexia reprodutiva coñecida nos rexistros paleontolóxicos, de acordo ao comunicado. "Microbrachius significa pequenos brazos. Os científicos estiveron desconcertados durante séculos sobre a utilidade destes pares de brazos osudos. Resolvemos este gran misterio porque sabemos que servían para a copulación, para que o macho poida posicionar o seu membro na área xenital da femia," indicou Long á canle de raio ABC.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Unha cabaza de récord

Despois de rexistrar recentemente ante notario a cabaza máis grande de España cun peso de 506 quilos, Fina Fernández acaba de cultivar unha que fulmina o récord cos seus 578,5 quilos. Destaca que a cultivou con «moitos coidados e só aboamentos naturais» na súa horta na parroquia de Sedes (Narón). Leva cultivando esta exemplar dende o mes de maio.
Recentemente acaba de rexistrar ante notario outra que pesa 506 quilos polo que conseguiu ser recoñecido como a máis grande de España. Por entón, admitiu que o tamaño non era casualidade: «A semente é dunha cabaza campioa». A semente procede de EE. UU., onde son habituais as competicións.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2014 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal