Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Whatsapp, o "Esnaquizaparellas"
"A túa conexión foi fai cinco minutos, e eu envieiche un Whatsapp fai dez; por que non me contestaches?" Esta frase, e todas as súas variantes, convértense nunha das preguntas máis temidas do momento. Xa saben: mensaxe enviada, un check, mensaxe recibida (que non lida), dobre check, última conexión, en liña…

Estas tecnoloxías fan máis fluído o noso día a día, pero convertéronse nunha inmensa fonte de problemas, sobre todo de parella. Un alarmante dato publicado polo diario CyberPsychology revela que polo menos 28 millóns de parellas rompen por causa do Whatsapp e as redes sociais.

Esta focha sentimental foi bautizada como "síndrome do dobre check" facendo referencia ao pequeno visto que aparece na pantalla cada vez que se envía unha mensaxe a través do popular servizo.

Un dos grandes problemas xorde concretamente aquí, cando o usuario cree erroneamente que ese dobre check significa que a mensaxe foi ademais de recibida, lida. O outro problema ten peor xustificación: a infalible hora de conexión.

A conclusión que intelixentemente pódese sacar de este estudo é o deber de encarar as relacións amorosas dende a perspectiva tradicional, intentando non obsesionarse con dobres check, últimas conexións ou actualizacións cargadas de dobres sentidos que non provocan nada máis que malos entendidos.

Alba Baltar Janeiro, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2013 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
128 mozos españois abandonados en Alemaña
Un grupo de mozos marcharon cara Alemaña fai xa varias semanas para participar no Programa de mobilidade de Erfurt, organizado pola Cámara de Oficios da cidade, consistente nunha formación dual práctica e teórica cunha duración duns tres anos e de cuxa xestión se fixera cargo unha empresa intermediaria.

Están á espera de iniciar o programa de formación profesional que lles prometeran. Atópanse tristes e indignados, pero confían nunha saída tras a firma dos primeiros contratos.

Prometéranlles tamén unhas vivendas, mais cando chegaron a Alemaña os pisos prometidos estaban xa todos ocupados así que se atopan dende fai máis dunha semana nunha antiga escola militar remodelada como albergue e que localizou a embaixada española, na cal pagan entre tres e quince euros por durmir nunhas condicións lamentábeis . Viviron momentos moi duros, o que fixo que algún voltase a España, pero os que alí quedaron están á espera de que as xestións que realiza a Embaixada Española coas autoridades alemás e a cámara de comercio da cidade dean resultado.

A noticia tivo unha gran repercusión na cidade de Erfurt e algúns habitantes ofrecéronse nos últimos días a axudar a estes mozos do noso país.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-10-2013 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal